SAP Pontevedra 13/2002, 26 de Septiembre de 2002

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2002:3035
Número de Recurso3/2001
ProcedimientoPENAL
Número de Resolución13/2002
Fecha de Resolución26 de Septiembre de 2002
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEGUNDA

PONTEVEDRA

CAUSA PENAL

Rolo: 3/2001

Asunto: Sumario

Número: 1/2001

Procedencia: XDO. INSTRUCCIÓN PONTEVEDRA-2

A SECCIÓN SEGUNDA DESTA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA,

composta por DON JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO Presidente, DOÑA ANGELA IRENE DOMÍNGUEZ VIGUERA FERNÁNDEZ, e DON JAIME ESAIN MANRESA, Maxistrados

pronuncian

NO NOME DE EL-REI

a seguinte

SENTENCIA N° 13

Pontevedra, a vinteseis de setembro de dous mil dous.

Vistas as presentes dilixencias seguidas polo suposto delicto contra a saúde pública,

contra Íñigo , con DNI NUM000 , nado en Nigrán o 20 de xaneiro

de 1969, fillo de Jose Ángel e María Angeles , casado, actualmente interno no centro penitenciario de A Lama,

con antecedentes penais non computables, declarado insolvente, en liberdade provisional por

esta causa, na que o representou o procurador don Miguel Martínez Cabrera e defendeuno a

avogada doña Ana Reguera Freire; e contra Inmaculada , con DNI

NUM001 , nada en Baiona o 12 de setembro de 1960, filla de Casimiro e María Purificación , casada, con domicilio en Baiona no BARRIO000 NUM002 , con antecedentes penais, declarada

insolvente, en liberdade provisional por esta causa, na que a representou a procuradora doña

Monserrat Fernández Nazar, e defendeuna a avogada doña María Otero Ruibal. Foi parte

Ministerio Fiscal na representación do cal interveu doña Carmen Novo Colldefors. E MaxistradoRelator o Iltmo. Sr. Don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, por quen se expresa o parecer da

Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O Ministerio Fiscal á hora de elevar as súas conclusións provisionais a definitivas cualificou os feitos como constitutivos dun delicto de tráfico de drogas de substancias que causan grave dano á saúde do artigo 368 do Código Penal en relación co artigo 369.1 do propio Código Penal, do que consideraba autores a Íñigo e Inmaculada , apreciando nesta última a concorrencia da agravante de reincidencia prevista no artigo 22.8 do Código Penal, solicitando para o acusado a pena de 10 anos de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena e multa de

25.000 euros, e para a acusada a pena de 12 anos de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena e multa de 25.000 euros, e custas.

SEGUNDO

En idéntico trámite as defensas dos acusados tamén elevaron as súas conclusións provisionais a definitivas e remataron por interesar a libre absolución dos mesmos con tódolos pronunciamentos favorables.

FEITOS PROBADOS

Na data 3 de agosto de 2000, e a partires das 16'30 horas, o interno no centro penitenciario de A Lama, o procesado Íñigo , das circunstancias persoais que xa constan, tiña autorizada unha comunicación vis a vis coa súa esposa, a tamén procesada Inmaculada , xa circunstanciada.

Ante a sospeita de que se aproveitase a devandita comunicación para no interior do establecemento introducir algún tipo de substancia e, en concreto, drogas ou substancias estupefacientes, dende o amentado centro interesouse do Xuíz de Vixilancia Penitenciaria a correspondente autorización para poder someter ó interno a unha exploración por raios X que por aquela autoridade xudicial a medio de auto do 2 de abril de 2000 foi concedida.

Unha vez rematada a comunicación vis a vis entre os procesados, Íñigo foi cacheado polos funcionarios que non lle atoparon nada. Sen embargo, trasladado que foi á enfermería, unha vez que foi informado de que se lle ia tirar unha placa de raios X, voluntariamente entregou un envoltorio que levaba dentro do seu corpo ("empetado") que, a súa vez, contiña outros seis envoltorios cunha substancia marrón, e outro máis con varias pastillas e dous anacos dunha substancia de cor tirando a negra.

Convenientemente analizadas as substancias que Inmaculada lle entregou o seu marido Íñigo para este poder difundilas dentro do centro penitenciario, resultaron ser as seguintes: 26'997 gramos de heroína cunha pureza do 76'28%; 6'453 gramos de cannabis; e 13 unidades de Trankimazin. A heroína e a resina de cannabis estás incluidas nas Listas I e IV da Convención Única de 1961 sobre substancias estupefacientes, e o Trankimazin resulta ser unha especialidade farmacéutica que contén Alprazolam, incluido na Lista IV Anexo I do Convenio de substancias psicotrópicas de 1971.

O valor no mercado de tales substancias acadaría o importe de 4294,23 euros (714. 499 pts.).

A procesada Inmaculada posúe antecedentes penais por delicto de atentado condenada por sentencia firme do 1 decembro 1989 á pena de un mes e un día de arresto menor; por delicto contra a saúde pública condenada por sentencia firme do 2 xuño 1993 á pena de dous anos, catro meses e un día e multa de un millón de pesetas; e por delicto contra a saúde pública, condenada por sentencia firme do 21 abril 1994, á pena de catro meses e un día de arresto menor.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Os feitos declarados probados legalmente son constitutivos dun delicto de contra a saúde pública, previsto e penado nos artigos 368 e 369.1° do Código Penal.

SEGUNDO

Do referido delicto son responsables en concepto de autores (artigos 27 e 28 do Código Penal) os procesados Íñigo e Inmaculada .

TERCEIRO

Os funcionarios do centro penitenciario de A Lama xa abrigaban sospeitas sobre o aproveitamento por parte do procesado Íñigo das comunicacións vis a vis para fornecerse de drogas que, logo e de seguido, sacaría dentro das cavidades do seu corpo e distribuiría entre os como el internos no amentado centro.

Por iso, e tendo coñecemento os funcionarios do centro penitenciario que, sobre as 16'30 horas do día 3 de agosto de 2000, o acusado Íñigo fa manter unha comunicación vis a vis coa súa esposa, a tamén procesada Inmaculada , solicitaron do Xuíz de Vixilancia Penitenciaria a correspondente autorización para, caso de que resultase infructuoso o cacheo regulamentario, se lle podesen tirar as correspondentes placas de raios x. Así o autorizou o Maxistrado-Xuíz de Vixilancia Penitenciaria a medido de auto dictado o 2 de agosto de 2000 (folios 4 e 5).

Chegado o día da comunicación vis a vis entre ambos procesados e, máis en concreto, logo do seu remate, Íñigo foi obxecto dun cacheo integral por parte dos funcionarios non atopándolle nada en tal intre (folio 7 e máis declaracións dos mesmos no acto da vista oral). Mais, ante a advertencia de que se lle ían tirar unhas placas de raios x polos servicios médicos, na enfermería do centro penitenciario, manifestou que non era preciso e, tras situarse detrás dun biombo, do mesmo saíu entregando un envoltorio que levaba "empetado" e que no seu interior contiña as substancias ás que se fixo mención na declaración de feitos probados desta mesma nosa resolución (folios 7 á 12 e declaracións dos funcionarios no xuízo oral). Ata aquí semella que existe concordancia entre a parte acusadora e as defensas. E a partires de aquí se que defiren, pois, a procesada nega que aproveitase tal contacto para o seu marido pasarlle a droga, e o procesado non só o nega senón que engade que coa mesma se fixera antes para o consumo compartido del e doutros seus colegas.

Pois ben, e malia os esforzos argumentativos despregados ó respecto polas defensas, abofé que con certeza quedou demostrado que a droga incautada ó procesado acaba de serlle pasada pola procesada logo da referida comunicación que tiveron. Así cómpre colixilo do feito da nula credibilidade obtida tralo declarado polas testemuñas propostas pola defensa (os tamén internos no centro penitenciario Julián , e Carlos Francisco ) verbo de que se puxeran de común acordo para que o procesado para todos eles mercase droga a unha persoa do centro que descoñecían, pois, non concordan aquelas testemuñas no número dos interesados en tal operación (catro persoas, Constantino , e dúas, Carlos Ramón ) asemade que, a teor do declarado por este último, a compra sería para el e para outro compañeiro, descartando así o consumo compartido por parte do acusado Íñigo . Amais, estraña que xusto precisamente fose esta a primeira vez que ambas testemuñas lle facían tal tipo de encomenda ó referido procesado. E non menos sorprendente resulta que, tendo xa droga no seu poder, en troques de pedirlle á tamén testemuña Jorge que lla gardase, non solicitase deste que lla fixese chegar, entón, ós seus destinatarios. E máis aínda, cando la manter unha comunicación vis a vis coa súa mullen, a procesada Inmaculada , portando a droga no interior do seu corpo co risco que isto conlevaba, por unha banda, ó manter contacto físico coa súa esposa e, por outra banda, pola implicación da mesma caso de a el atoparlle algunha substancia logo da comunicación, como así aconteceu. E se a todo o anterior lle engadimos o declarado no acto da vista oral por, sobre todo, o subdirector de seguridade da cadea, no sentido de que cada vez que o acusado mantiña un vis a vis notábanse movementos raros no módulo e a salda de droga cara a outras celas e internos, chégase ó pleno convencemento de que a droga incautada ó procesado foille entregada pola procesada con motivo da comunicación vis a vis que momentos antes sostiveron atopándose esta última daquela en situación de liberdade.

Abondando nisto resulta que, segundo o informe dos médicos-forenses (folios 82 e 83 e acta do xuízo oral) o acusado presentábase como un consumidor crónico de drogas de abuso en situación de remisión parcial con algún consumo illado de heroína e a tratamento paliativo para reducción do dano con Metadona ("facía año e medio que non consumía" chegaron a dicir os...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 1553/2003, 21 de Noviembre de 2003
    • España
    • 21 Noviembre 2003
    ...que ante Nos penden, interpuestos por las representaciones legales de los procesados Benito y Angelina , contra Sentencia núm. 13/2002 de 26 de septiembre de 2002 de la Sección Segunda de la Audiencia Provincial de Pontevedra, dictada en el Rollo de Sala 3/2001 dimanante del Sumario núm. 1/......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR