Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

No marco da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece que o galego, como lingua propia de Galicia, é a lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, da súa Administración e da Administración local, asumindo a Xunta de Galicia a obrigatoriedade de ditar as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego, normalización que, así mesmo, deberá fomentarse desde as entidades locais. Neste sentido, o seu artigo 11 dispón que os poderes públicos autonómicos promoverán a progresiva capacitación no uso do galego do persoal afecto á Administración pública.

O progresivo proceso de normalización do galego na Administración local ten a súa expresión normativa na Lei 5/1988, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, e na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

A Lei 5/1997 no seu artigo 7 establece que o galego como lingua propia de Galicia, o é tamén da súa Administración local, así como que a Xunta impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local.

Polo que respecta aos funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, a disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, prevé que nos concursos de traslados que afectan a estes funcionarios/as se inclúa o coñecemento da lingua oficial nos termos previstos na lexislación autonómica correspondente. Esta previsión esténdese tanto ao concurso ordinario de traslados anual para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, cuxas bases específicas aproban as corporacións locais e as comúns cada comunidade autónoma dentro do seu ámbito territorial, como ao concurso unitario que subsidiariamente aproba o Ministerio de Administracións Públicas con idéntica periodicidade anual, en cuxas bases se incluirá o requisito da lingua de acordo co establecido polas comunidades autónomas.

O artigo 99 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no seu desenvolvemento o Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR