SAP Pontevedra 28/2006, 28 de Marzo de 2006

PonenteLUCIANO VARELA CASTRO
ECLIES:APPO:2006:650
Número de Recurso108/2006
Número de Resolución28/2006
Fecha de Resolución28 de Marzo de 2006
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADOLUCIANO VARELA CASTROMARIA DEL ROSARIO CIMADEVILA CEA

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00028/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 002

Rolo: 0000108 /2006 I

Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 2 de PONTEVEDRA

Procedemento de orixe: PROCEDIMIENTO ABREVIADO nº 0000149 /2005

SENTENZA NÚM. 28

===========================================================

Maxistrados

Don José Juan Ramón Barreiro Prado, Presidente,

Don Luciano Varela Castro

Dona Rosario Cimadevila Cea

===========================================================

Pontevedra, vinte e oito de marzo de dous mil seis

Foi visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial na causa instruída co número149/05, o recurso

de apelación interposto polo procurador don CARLOS VILA CRESPO, na representación de don

Fermín, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do penal núm. 2 de Pontevedra; é

parte o Ministerio Fiscal e actúa como maxistrado relator don Luciano Varela Castro

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Pronunciouse nos autos de referencia a sentenza con data do 5 de outubro de 2005 , que na súa parte dispositiva di literalmente:

"Que debo absolver y absuelvo a Bruno del delito de desobediencia previsto en el artículo 319.1 y 319.2 del Código Penal por los que compareció como acusado, declarando de oficio la parte correspondiente de las costas procesales causadas.

Que debo absolver y absuelvo a Fermín del delito de desobediencia previsto en el artículo 556 del Código Penal y del delito contra la ordenación del territorio previsto en el artículo 319.1 del Código penal , declarando de oficio la parte correspondiente de las costas procesales causadas.

Que debo condenar y condeno a Fermín como autor de una falta de desobediencia prevista y penada en el artículo 634 del Código Penal a la pena de 10 días de multa con una cuota diaria de 6 euros y como autor de un delito contra la ordenación del territorio previsto y penado en el artículo 319.2 del Código penal , a la pena de 6 meses de prisión, multa de 12 meses con una cuota diaria de 6 euros e inhabilitación especial para el ejercicio de la actividad de promotor por tiempo de 1 año, así como al abono de la parte correspondiente de las costas procesales causadas.

Procédase, por Fermín a la demolición de la edificación objeto del presente procedimiento, sin perjuicio de las indemnizaciones debidas, en su caso, a terceros de buena fe".

E como feitos probados expresamente recóllense os da sentenza contra a que se apela:

"Resulta probado y así se declara que Fermín, dueño de un terreno y que actuaba como promotor, llevó a cabo en el lugar de Vilariño-Montemogos (subida desde la playa a Area de Bon) y en dicho terreno, una edificación destinada a vivienda con bloques de hormigón blanco y cubrición de placas de fibrocemento, llevando a cabo la edificación sin haber obtenido licencia municipal de edificación y estando la misma ubicada en el suelo calificado como rústico de protección agropecuaria de especial protección, sin que sea legalizable al no estar vinculada a explotación agrícola, incumpliendo además la superficie mínima de parcela.

En fecha 28 de febrero de 2003 se formuló denuncia por la Policía Local de Bueu, cuando la edificación se encontraba aún en fase de ejecución, dictándose un Decreto por el Excmo. Alcade en fecha 5 de marzo de 2003 ordenando la suspensión inmediata de la obra, apercibiendo de que la no observancia de lo ordenado daría lugar a la formación de atestado por la Policía Local por la presunta comisión de un delito de desobediencia o contra la ordenación del territorio, habiéndose notificado dicho Decreto a Fermín quien no obstante lo ordenado continuó con la ejecución de la obra, lo que se comprobó en la visita efectuada por el agente de la Policía Local de fecha 17 de abril de 2003.

Bruno colaboró con Fermín durante dos o tres días, no continuados, en la ejecución de la obra, sin percibir cantidad alguna por ello y sin que se hayan acreditado otros hechos".

Segundo

Contra a dita sentenza, a representación procesual do agora recorrente interpuxo o recurso de apelación que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal se atopa unido ás actuacións.

Terceiro

Tras lle dar a coñece-lo escrito de formalización do recurso ó Ministerio Fiscal, este presentou un escrito de impugnación no que solicita a confirmación da sentenza contra a que se recorre xa que se axusta a dereito.

Acéptanse e danse por reproducidos os feitos que na sentenza obxecto de recurso se declaran probados.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

O condenado por delito contra a ordenación do territorio -do apartado 2 do artigo 319 do CP- alega, en primeiro lugar, que a edificación non pode cualificarse de "non autorizable" (imposible ilegalización, segundo di), o que podería afirmar por combater tamén a conclusión de feitos probados, no sentido de que o edificado non ten o uso para vivenda que lle adxudica a sentenza, senón, afirma o apelante, uso agrícola.

Segundo

Esa alegación leva, en primeiro lugar, a lembra-la regulamentación establecida na lei da Xunta de Galicia 9/2002, neste particular semellante á do Estado 6/1998.

Partindo do dato non discutido de que o solo onde se sitúa a edificación denunciada é dos que están cualificados de protección agrícola, debe advertirse que o artigo 37 daquela lei regula o seguinte réxime de uso:

1 Usos permitidos por licenza municipal:

Os relacionados no apartado 1, letras b) e c), e no apartado 2, letra i), do artigo 33 desta lei.

2. Usos autorizables pola Comunidade Autónoma:

Os relacionados no apartado 1, letra a), e no apartado 2, letras e), f) e k), do artigo 33 desta lei. Ademais, no solo rústico de protección agropecuario poderán autorizarse as actividades relacionadas no apartado 2, letras a), b) e h), e no solo rústico de protección forestal as relacionadas no apartado 2, letras a), b) e c), do citado artigo 33, así como os que se poidan establecer a través dos instrumentos previstos na lexislación de ordenación do territorio.

3. Usos prohibidos:

Tódolos demais.

O artigo 33 establece baixo esas letras o seguinte:

"Os usos e actividades posibles en solo rústico serán os seguintes:

  1. Actividades e usos non construtivos::

    [...]

  2. Actividades e usos construtivos:

    1. Construcións e instalacións agrícolas, tales como as destinadas ó apoio das explotacións hortícolas, almacéns agrícolas, viveiros e invernadoiros.

    2. Construcións e instalacións destinadas ó apoio da gandería extensiva e intensiva, granxas, currais domésticos e instalacións apícolas.

    3. Construcións e instalacións forestais destinadas á extracción da madeira ou a xestión forestal e as de apoio á explotación forestal, así como as de defensa forestal.

      [...]

    4. Construcións e rehabilitacións destinadas ó turismo rural e que sexan potenciadoras do medio onde se localicen.

    5. As infraestruturas e obras públicas en xeral, tales como os centros e as redes de abastecemento de auga; os centros de produción, servizo, transporte e abastecemento de enerxía eléctrica e gas; as redes de saneamento, estacións de depuración e os sistemas vinculados á reutilización de augas residuais; os centros de recollida e tratamento dos residuos sólidos; os ferrocarrís, portos e aeroportos; as telecomunicacións; e, en xeral, tódalas que resulten así cualificadas en virtude da lexislación especifica, dos instrumentos de ordenación territorial ou do planeamento urbanísticos.

      [...]

    6. Construcións destinadas a usos residenciais vinculados á explotación agrícola ou gandeira.

    7. Cerramento ou valado de predios con elementos opacos ou de fábrica, cunha altura máxima de 1,5 metros e o resto das características determinadas polo planeamento municipal.

      [...]

    8. Construcións destinadas a actividades complementarias de primeira transformación, almacenamento e envasado de produtos do sector primario, sempre que garden relación directa coa natureza, extensión e destino do predio ou da explotación do recurso natural.

  3. Outras actividades análogas que se determinen regulamentariamente e coordinadas entre a lexislación sectorial e esta lei."

    Daquela, o que o apelante pretende é que a súa edificación poida chegar a obter autorización, malia se situar en solo rústico protexido do apartado 2 a) do artigo 32 da devandita lei. A autorización abeiraríase nos apartados 2 a), h) e k) do artigo 33 en relación co 37, que deixamos transcritos.

    Certamente, a alegación de que rústico e non urbanizable non son sinónimos é intranscendente. Admitido que se trata de solo rústico de protección agropecuaria, a calidade de non urbanizable é indiscutible. Malia non usar tal terminoloxía a lei galega, a diferenza da lei estatal 6/1998, esa...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • SAP Soria 27/2011, 13 de Abril de 2011
    • España
    • 13 Abril 2011
    ...despreciable ( SAP de Burgos de 29 de marzo de 2003 ). Viviendas con bloques de hormigón blanco y placas de fibrocemento ( SAP de Pontevedra de 28 de marzo de 2006 ). No se ha considerado como edificación una caseta para usos pecuarios y dos cobertizos,( SAP de Madrid de 16 de septiembre de......
  • SAP Soria 30/2012, 18 de Abril de 2012
    • España
    • 18 Abril 2012
    ...despreciable ( SAP de Burgos de 29 de marzo de 2003 ). Viviendas con bloques de hormigón blanco y placas de fibrocemento ( SAP de Pontevedra de 28 de marzo de 2006 ) . Por el contrario, no se ha considerado como edificación una caseta para usos pecuarios y dos cobertizos,( SAP de Madrid de ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR