Decreto 53/2006, do 9 de marzo, polo que se derrogan os decretos 344/1999, do 23 de decembro, 171/1999, do 27 de maio, e 134/2001, do 7 de xuño, polos que se establecen, respectivamente, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango de LeyDecreto

Os programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego naceron para darlles resposta a unhas altas taxas de desemprego con baixos niveis formativos e graves problemas non só de inserción laboral senón tamén de integración social. Neste sentido, estes programas véñense recollendo nos plans de Acción para o Emprego do Reino de España, elaborados de acordo coas directrices de emprego europeas, como unha das accións dirixidas a mellorar a capacidade de inserción profesional das persoas desempregadas, consolidándonse, desde a súa creación, como unha eficaz medida de política activa de emprego para fomentar a empregabilidade das persoas desempregadas, a través da cualificación e profesionalización do alumnado-traballador mediante a formación en alternancia co traballo e a práctica profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.

De acordo co Estatuto de autonomía para Galicia, no seu artigo 29.1º, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado en materia laboral, correspondéndolle á Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 289/1997, do 9 de outubro, de asunción das transferencias en materia de políticas activas de emprego, a xestión e execución destas políticas.

No citado marco estatutario, a regulación autonómica dos programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, está constituída por tres normas con rango de decreto que, respectivamente, establecen as liñas básicas de cada programa, así como polas respectivas ordes anuais de convocatoria que os desenvolven e que establecen as bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións para cada exercicio.

Esta regulación, pola rixidez e falta de flexibilidade que a caracteriza, non semella a canle normativa máis axeitada para posibilitar unha ordenación desta materia. Por un lado, trátase dunha regulación que desenvolve a normativa básica estatal e acomádaa ás especialidades derivadas da propia organización; por outro, o mercado de traballo actual caracterízase por estar nun proceso de continuo movemento e adaptación. Tendo en conta ambas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR