Multilingüismo e xustiza

AutorCarlos Varela García
CargoFiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra
Páginas95-103

Page 95

Aclaraba o sociolíngüista Peter Trudgill nunha publicación realizada no ano 1974 que:

Existen nacións multilingües en tódalas partes do mundo, poderíanse citar moitísimos exemplos. Só xorden dificultades cando se intenta localizar un país xenuinamente monolingüe. Pode haber moi poucos. Mesmo en Europa non hai moitos exemplos verdadeiros aínda cando esteamos afeitos a pensar na maioría das nacións europeas como monolingües. A maioría da xente aceptaría como afirmacións certas a estes efectos que os alemáns falan alemán, os franceses, francés,etc. Hai boas razóns para isto, pero a realidade da cuestión é algo diferente. Cáseque tódolos países europeos conteñen minorías lingüísticas, é dicir, grupos de falantes que teñen como variante nativa un idioma distinto do oficial dominantes ou máis importante no país onde viven

.

A Constitución de 1978 ó dar carta de natureza ás «nacionalidades históricas» non fixo máis que constata-la natureza heteroxénea do Estado español e a diversidade dos seus componentes culturais dentro dos cales a pluralidade lingüística debe converterse nun dos vínculos máis fortes que conforman e unifican as distintas sociedades que se axuntan no seu seo para poderen construir, a partir das mesmas, a verdadeira e auténtica unión europea, a Europa dos pobos.

Para a ordenación dunha realidade europea sen tensións estructuráis, faise necesario o respecto á diversidade dos componentes culturáis das colectividades que a forman. Neste senso, a lingua como elemento histórico de cohesión social e definitorio do feito diferencial convértese nun marcador social e así mesmo nun marcador definitorio das relacións de igualdade/desigualdade.

Page 96

Dende o momento en que unha lingua falada no seo dunha sociedade, na que se producen tensións e antagonismos, é fonte de xuízos de valor e de prexuízos aparecen chantadas as bases para que o conflicto lingüístico se manifesté e con el a dísfuncionalidade comunitaria ou do grupo derivada das diferentes valoracións e actitudes.

Deste xeito, o uso lingüístico termina por se converter indefectiblemente nun producto da superestructura ó ser susceptible de quedar marcado ou impreso ideoloxicamente. Neste senso, chegouse a sinalar que a controversia sobre a discriplina xurídica de determinadas linguas españolas non debe ser analizada unicamente baixo o prisma idiomático, senón que, pola contra, constitúe a manifestación lingüística dun conflicto político.

Isto acontece cando a estas linguas, ó considéralas estrictu senso como «vernáculas» ou «maternas», se lles quere reduci-lo ámbito das relacións cotiás, primarias e privadas fronte ás relacións públicas, oficiais e formáis que quedarían reservadas á lingua estatal maioritaria.

A constitucionalización do pluralismo lingüístico, no presente contexto de integración europea, debe actuar coma un factor aglutinante das culturas diferenciadas facendo que o noso Estado sexa, ó propio tempo que democrático, social e de dereito, un «Estado de cultura» no que debe ser garantido.como principio estructural básico, a restauración pública, social e cultural das linguas propias das comunidades autónomas que o integran, seguindo a liña marcada polos seus respectivos estatutos e leis normalizadoras.

Para isto compre que as linguas cooficiais gocen da mesma igualdade de oportunidades verbo da lingua estatal maioritaria coa que cohabitan, para evitar, con isto, os efectos da diglosia que foi definida polos sociolingüistas como aquela «relación que se establece entre dúas variedades lingüísticas, pertencentes ou non á mesma lingua, reservándose cadansúa función social máis elevada ou formalizada, mentres que a outra queda vencellada ás funcións sociais máis baixas, familiares, domésticas ou de carácter informal».

Compre distinguirmos así, dous conceptos claramente diferenciados: o do bilingüismo, referido ó comportamento lingüístico individual ou capacidade para utilizar dúas linguas indistintamente; e a diglosia que se corresponde cun tipo de organización lingüística a nivel social, na que a lingua que ten maior peso político, social ou económico se sobrepón sobre a variedade idiomática destinada a cumprir funcións inferiores, segundo a xeraquía politicamente establecida.

Partindo da idea de que non hai sociedades natural e espontaneamente bilingües, xa que a lingua como producto social precisa sociedades co-Page 97herentes e homoxéneas que a produzan, a manteñan e a fagan evolucionar, os sociolingüistas sinalaron que, en rigor, só os individuos poden ser considerados bilingües mentres que as sociedades son sempre diglósicas pola competencia que se establece, no seu seo, entre ámbalas dúas linguas na que unha tratará de ganar posicións no uso social a custa da outra, cando non claramente de asimílala ou progresivamente dialectizala.

De cal sexa a posición de respecto que se adopte, derivarán consecuencias sumamente importantes para a interpretación da orde constitucional interna á hora de aborda-lo contido, o alcance e as técnicas de garantía e tutela das liberdades lingüísticas, tendo sempre presente que, nalgunhas ocasións e baixo a óptica dun pretendido dereito á igualdade, se realiza un uso demagóxico dunha suposta protección dos dereitos individuáis daqueles ós que, singularmente, se lles está sacrificando, ás veces nin tan sequera compensatoriamente, os seus dereitos colectivos ou de carácter social máis importantes.

Neste senso compre sinalar que existe unha tendencia a concebi-la problemática da diversidade lingüística dun xeito simplista e mesmo erróneo convertendo o feito idiomático -en concreto do catalán, do vasco e do galego- nun problema individual, estático e, en todo caso, de liberdade individual máis ou menos restrinxida, á marxe de calquera interrelación e de transmisión social de linguas e culturas.

Neste punto pode dicirse con claridade que se as solucións normativas que se articulen non están á altura que a obxectividade social demanda, na medida que non contemplen valores axeitados á realidade multilingüe subxacente, corren o risco de resultar superadas na súa aplicación práctica, producíndose unha indesexable desconexión da norma reguladora do plurilingüismo con respecto á realidade social na que se aplica. Isto podería suceder se a lexislación se limita a realizar un mero recoñecemento simbólico das linguas propias das respectivas comunidades autónomas, contemplándoas coma unha especie de código particular ou de código de claves, que necesitarían da correspondente homologación na lingua estatal maioritaria.

Así mesmo, observouse que; nalgunhas ocasión, as sentencias dos tribunais ó referírense ás devanditas linguas lles outorgan a mera consideración de «peculiaridades» ou «aquel outro idioma distinto» (vid. sts 6 marzo 95, Sala 3a) nun contexto narrativo que foi valorado como un trato pouco respectuoso dispensado ás linguas oficiais distintas do castelán.

Non existirían, deste xeito e baixo esta perspectiva individualista, as sociedades ou pobos gaiegos, basco, catalán ou valenciano como suxeitos colectivos destinatarios da lexislación lingüística, senón individuos ou gru-Page 98pos illados, mesmo élites, carentes de cohesión social ós que se lles permite o uso da súa «particularidade» ou «peculiaridade» lingüística.

A problemática lingüística debe afrontarse dende unha perspectiva da conceptualización científico-xurídica da construcción do Estado plurinacional como principio estructural básico que se corresponde co pluralismo de culturas e coa coexistencia no seu seo de nacionalidades con personalidade histórica propia.

Dende este aspecto, o punto de partida ten que ser necesariamente a construcción dunha verdadeira garantía constitucional do multilingüismo, en termos dunha «garantía superior de proxección pública institucional», consistente en asegura-la igualdade entre rédalas línguas e do normal exercicio polos cidadáns das súas liberdades lingüísticas nas súas relacións cos poderes públicos.

Agora ben, para que exista unha igualdade de trato real e non meramente formal compre, parafraseando á xurisprudencia norteamericana, que se produza a «afirmación positiva» da situación máis feble. A articulación xurídica desta afirmación conténse no artigo 14 da ce cando ó proclama-la non discriminación nomea o nacemento, a raza, o sexo, a relixión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social (dentro da que se podería incluí-lo uso da lingua, agora salientado no artigo 314 do cp) e tamén no artigo 9.2 ce cando sinala que «Corresponde a los poderes públicos promover las condiciones para que la libertad y la igualdad del individuo y de los grupos en que se integra sean reales y efectivas; remover los obstáculos que impidan o dificulten su plenitud y facilitar la participación de todos los ciudadanos en la vida política, económica, cultural y social».

A restauración pública das linguas propias das comunidades autónomas esixe a creación dun marco xurídico que garante e fomente o libre e pleno uso das mesmas no ámbito da función pública establecendo os mecanismos necesarios para a realización deste obxectivo e dentro destes os relativos á súa valoración como mérito e capacidade, pois do contrario estaríase a facer de peor condición ás devandítas linguas oficiáis cos idiomas extranxeiros (que, ás veces,teñen un peso importante nas probas selectivas para o acceso á función pública).

Moitos dos procesos xudiciais que chegan ó Tribunal Supremo, con certo interese dende a perspectiva xurídico-lingüística, refírense a cuestíóns relativas ó acceso á función pública. Nas súas resolucións pode observarse a consolidación da doutrina do Tribunal Constitucional implantada a partir das stc 82/1986 e 46/1991 que supuxeron un cambio na tradicional visión que tiña o Tribunal Supremo verbo do multilingüismo.

A sts do 29 de abril de 1995 anulou o acordó do cxpx segundo o cal sePage 99 computaba o coñecemento, oral e escrito, das linguas oficiais distintas do castelán como mérito preferente, nos concursos de traslados de xuíces e maxistrados a unha praza do territorio dunha comunidade autónoma que teña unha lingua oficial propia, facéndoo equivalente a seis anos de antigüidade.

Con independencia do acerto de tal criterio estimativo da capacitación lingüística, que actualmente está fixada en un ano para xuíces, dous anos para maxistrado individual e en tres para maxistrado de órgano colexiado (Acordo cxpx do 25 de febreiro de 1998), é evidente que tendo en conta a situación marxinal que padecen determinadas linguas no ámbito da Administración de Xustiza debe plantearse a cuestión de se os servidores públicos, nomeadamente os defensores da legalidade como fiscais e xuíces, poden permitirse o ignorar sistemáticamente a lingua propia do país no que exercen as súas funcións e se a devandita actitude non é susceptible de causar indefensión e unha clara discriminación ós cidadáns que optan polo devandito idioma nas súas relacións coa Administración de Xustiza.

Non deixa de sorprender que, fronte ó dereito «a usar» a lingua propia que lles asiste ós cidadáns das comunidades autónomas, o correlativo sexa un negativo «deber de coñecela», que ampara ó funcionario eventualmente destinado nas mesmas. Con isto faise claudicar un dereito social (o idioma dunha colectividade) ante os dereitos lingüísticos individuais dun funcionario, que pode negarse por simple prexuízo ou antollo a facer uso daquela lingua (estamos a referir ós supostos frecuentes de declaración realizada no idioma propio da comunidade autónoma e recollida en castelán ó procede-lo funcionario, por indicación do xuíz ou por conta propia, a súa plasmación gráfica mecanizada). Tai contrasentido trata de ser correxido polo Tribunal Constitucional mediante o emprego dun mecanismo compensatorio cal é o de indicar que é á Administración e non ó funcionario a quen lie corresponde a obriga de responderlle ó cidadán na lingua elixida por este (o que ademais resulta sistematicamente incumprido na Administración de Xustiza).

Por outra banda, non estaría de máis preguntarse de que serve esixir como mérito o conecemento do idioma da comunidade autónoma na que se exerce, co conseguinte plus de antigüídade, se non se establece unha esixencia mínima verbo do seu uso na producción das resolucións e actos xudiciais ou os propios do ministerio fiscal. A esixencia dun mero coñecemento académico, sen esixi-lo seu uso práctico no procedemento posterior, pode levar ós servidores dos poderes públicos a operar por forza da inercia como se nada ocorrese despois de acreditado o mérito da capacidade lingüística. De observarse esta actitude sería moito máis positivo para oPage 100 uso administrativo do idioma propio da comunidade autónoma o establecemento, en sede xudicial, dun servicio de traducción, que sempre garantirá aquel uso en relación cos cidadáns, antes que un coñecemento idiomático teórico sen ningunha praxe posterior e que foi obtido exclusivamente para ganar antigüidade a efectos de concurso.

A consecuencia derivada deste planteamento é que o réxime de cooficialidade lingüística que establece o artigo 3 da Constitución para as comunidades autónomas con lingua oficial de seu ademáis do castelán afecta á competencia idiomática esixible ós funcionarios públicos (do Estado, autonómicos e locais) con destino no seu territorio, o que leva implícito as seguintes conclusións:

  1. A oficialídade das linguas (a do castelán e a das demais linguas españolas) determina a igualdade destas como vehículo de relación dos cidadáns cos poderes públicos.

  2. O lexislador constituínte incluíu un deber constitucional e individualizado verbo do coñecemento do castelán, o que non sucede coas demais linguas cooficiais das comunidades autónomas, nunha redacción moi similar á establecida polo artigo 4 da Constitución republicana de 1931 e que non ten ningún precedente no dereito comparado. Sinalouse que a declaración do artigo 3 ce fundaría unha presunción de coñecemento do castelán para tódolos cidadáns, que coloca a esta lingua, por non alcanzar ás demais linguas oficiais, nunha situación de vantaxe, mentres podería ser lexitimamente preferida e, xa que logo, imposto o seu entendemento ou uso pasivo ós cidadáns polos poderes públicos radicados nas comunidades autónomas cunha segunda lingua oficial propia.

    Para evitar este perigo de «autismo» ou desinterese por parte dos poderes públicos respecto da outra lingua cooficial, o Tribunal Constitucional remachou que «nos territorios dotados dun estatuto de cooficialidade lingüística, o uso polos particulares de calquera lingua oficial ten efectivamente plena validez xurídica nas relacións que manteñan con calquera poder público radicado no devandito territorio, sendo o dereito das persoas ó uso da lingua oficial un dereito fundado na Constitución e o respectivo Estatuto de autonomía» (stc 82/1986 do 26 de xuño fx.3).

    A doutrina moderna propuxo unha interpretación do artigo 3 ce á luz do principio de liberdade da lingua que leva implícito un sistema de pluralismo lingüístico no que se recoñece a dobre oficialidade e posibilidade de usar unha ou outra lingua.

    Esta nova hermenéutica do «deber de coñecela», referido á lingua cas-Page 101telán, tería o seu fundamento nos debates parlamentarios, nos que se insistiu e coincidiu en que é, sobre todo o do ensino, o ámbito normal de proxección do deber, así como nos antecedentes históricos do precepto, o aludido artigo 4 da Constitución de 1931, no que se falou do «deber de sabelo» referido ó idioma oficial do Estado: «Todo español ten a obríga de aábelo e dereito a usalo [...]».

    A vontade do constituínte republicano foi a de sancionar na propia Constitución a obriga, para tódolos cidadáns do Estado, de acepta-la aprendízaxe do castelán e a correlativa carga, para os poderes públicos, de facilita-lo seu ensino.

    Do mesmo xeito, unha interpretación do artigo 3 ce, respectuosa co plurilingüismo do Estado, levaríanos a entende-la expresión do «deber de coñecela» non tanto coma deber de usa-la lingua castelán (o que implica a posibilidade para o poder público de impoñe-lo seu uso en relación co cidadán), canto de chegar a sábela a resultas dun proceso de aprendizaxe (o que supon a posibilidade para o poder público de impoñe-lo ensino do mesmo no sistema educativo coma contido imprescindible da instrucción obrigatoria en tódolos centros docentes do sistema escolar -art. 27.4 ce).

    Ese mesmo respecto para coa realidade estatal multilingüe esixe que as linguas propias das comunidades autónomas poidan ser tamén obxecto de ensino obrigatorio en tódolos centros escolares situados nelas como presuposto básico para a súa integración cultural nun Estado plural e para converter en normal o uso das mesmas no seu ámbito territorial (art. 148 apartado 17 ce).

  3. Partindo da idea de que os chamados dereitos ou liberdades lingüísticas constitúen, en realidade, unha liberdade complexa, poliédrica e con múltiples facetas público-subxectivas, resulta que (fx oitavo stc 82/1986):

    1. Recoñéceselles ós cidadáns a facultade de poderen elixi-lo uso dunha ou doutra lingua oficial perante os poderes públicos. Son aqueles e non estes os únicos suxekos investidos da facultade de optaren polo uso dunha ou doutra lingua.

    2. Os cidadáns teñen dereito a ser atendidos na lingua oficial que elixan e o seu exercicio garantirá de «xeito progresivo» conforme se vaian adoptando as «medidas oportunas».

    3. Os cidadáns teñen dereito a non ver rexeitadas as comunicacións que dirixan a calquera ente público na lingua oficial elixida, o que non é outra cousa ca consecuencia directa do «dereito a usala» recoñecido pola ce e os estatutos de autonomía.

      Page 102

    4. A posición subordinada dos poderes públicos no seo das relacións lingüísticas cos cidadáns fai, asemade, que, no desenvolvemento das funcións públicas, as preferencias destes no exercicio daqueles dereitos sexan preferentes respecto ós que, como cidadáns, poidan ser titulares os empregados e funcionarios públicos.

    5. Como consecuencia do anterior correspondelle á Administración autonómica a carga de estimula-lo coñecemento das linguas oficiáis propias por tódolos funcionarios ó seu servicio, podendo establecer para o acceso á función pública os méritos lingüísticos que resulten proporcionados (art. 148.1.-17 ce).

    6. A instauración polo artigo 3.2 ce da cooficialidade das respectivas linguas españolas en determinadas comunidades autónomas ten consecuencias para tódoios poderes públicos nas devanditas comunidades, e, en primeiro termo, o dereito dos cidadáns a usaren calquera das dúas linguas perante calquera Administración na Comunidade respectiva con plena eficacia xurídica (stc 82/86, fx. 5).

    7. As Comunidades autónomas que teñen recoñecida outra lingua oficial, xunto co castelán, son as de Galicia, Cataluña, Euskadi, Baleares, Navarra e Valencia. Así mesmo, recoñécenselle certas peculiaridades lingüísticas, sen chegaren a ser oficiáis, a Asturias, Aragón e Val de Aran.

      A Constitución española limítase a falar de «oficialidade» sen facer ningunha referencia ós concretos dereitos e liberdades lingüísticas dos cidadáns, malia a faceta público-subxectiva que caracteriza a estes dereitos e que lle impón ós poderes públicos non só o deber de respecta-lo seu exercicio, co conseguinte recoñecemento de plenos efectos xurídicos ó seu uso, senón tamén a prestación de servicios públicos no idioma recoñecido como cooficial debendo establecer ademáis os mecanismos amparadores perante a eventual conculcación destes dereitos.

      O lexislador constitucional non incluíu os dereitos lingüísticos recoñecidos no artigo 3 ce, dentro do círculo de técnicas xurídicas dos artigos 53 e 81 da ce (reserva de lei orgánica, respecto do seu contido esencial, proceso preferente e sumario da Lei 62/1978 e recurso de amparo) que só quedan reservadas para os dereitos fundamentais e as liberdades públicas comprendidas entre os artigos 14 e 29 da ce.

      Sinalouse, sen embargo, pola doutrina que na práctica os dereitos derivados do artigo 3 ce poden acceder a este sistema superior de protección de tutela xurisdiccional en todos aqueles casos nos que a lingua aparece coma un requisito inexcusable para o exercicio doutros dereitos fundamentais coma a igualdade, a non discriminación, a educación, líberdade dePage 103 creación, liberdade de expresión, etc. Liberdades todas elas incluídas no ámbito protector superior.

      Se a isto lle engadíno-la consideración de enunciado aberto, na relación nominativa das causas de discriminación recollidas no artigo 14 ce, non pode haber dúbidas de que, en boa lóxica, deberán incluirse dentro das circunstancias do devandito artigo a lingua e mailos dereitos lingüísticos, tal como foi recoñecido polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ó interpreta-lo artigo 14 do Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e Liberdades Fundamentais de 1950, que foi ratificado por España o 26 de setembro de 1979.

      Específicamente o cp de 1995 veu sancionar no artigo 314 a grave discriminación no emprego público ou privado «polo uso dalgunhas das linguas oficiáis dentro do Estado español», como un dos posible delictos contra os dereitos dos traballadores.

      Para finalizar, a Administración de Xustiza non pode quedar á marxe desta función regulamentadora e normalizadora das linguas catalá, galega e vasca, xa que do contrario privaríaselle ós cidadáns, dentro dos seus respectivos territorios, do dereito a utilizar estas linguas como vehículo de interlocución perante os órganos encargados de administraren xustiza e mesmo de aportar ó proceso documentos ou testemuños nas devanditas linguas que,en atención á súa prevalencia dentro do discurso procesual, poideran dar lugar a unha situación de indefensión para a parte ou persoa que as pretendese facer valer.

      Ás previsións recollidas nos artigos 231 da lopx e 36 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común unirase, en breve, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, que xa recíbiron a adhesión do Congreso dos Depurados no mes de setembro do 96, contemplando os seus artigos 15.2, 16, 17, 18 e 20 como dereito irremprazable, aplicable a toda comunidade lingüística o de seren atendidos na lingua propia polos poderes públicos, e dentro deles pola Administración de Xustiza, ademais de procurarenlle ós cidadáns formularios, impresos, textos legais e soporte informático para o seu uso efectivo. Establecen do que «tódalas persoas teñen dereito a usar de palabra e por escrito, nos tribunais de xustiza, a lingua históricamente falada no territorio onde estean situados. Os tribunais deben utiliza-la lingua propia do territorio nas súas relacións internas e, se por razón da organización xudicial do Estado, o procedemento se segue fóra do lugar de orixe, deberase mante-la lingua de orixe» (art.20).

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR