A normalización lingüística na administración de xustiza: situación e alternativas

AutorAlberte Gonzàlez Montanés
CargoXefe do Gabinete de Traducción e Normalización. Audiència Provincial de Ourense
Páginas105-117

Page 105

0. Introducción

Desde que no ano 1984, o daquela presidente da Audiència Territorial de Catalufía, Cesàreo Rodríguez Aguilera, abordarà o espinento tema do uso do galego na Administración de xustiza1 ninguén se volvera ocupar de cheo do estado e perspectívas do proceso de normalización lingüística da administración xudidal en Galícia. Dez anos màis tarde e, sen pretendermos ser exhaustivos na nosa analise, decidimos publicar este estudio no que intentamos analizar de que maneira evolucionou o galego nesta última dècada na administración xudicial. As dificultades e os obxec-tivos seguen, con escàs as diferencias, sendo os mesmos però as estratexias, tanto polos medios de que disponemos como por algunhas modificacions estatutarias, cambiaron a sua dirección ou os seus prazos temporais.2

A nosa achega pietende se-la dun técnico de normalización e non a dun xurista polo que evito o desenvolvemento e as implicacions xurídicas das leis ou regulamentacións que afectan à nosa lingua no àmbito da xus-

Page 106

tiza -tarefa para a que non es tou capacítado e que ademais xa està ex-cepcionalmente executada por outros (Rodríguez Aguilera,3 Monteagudo Romero,4 etc.)- e procuro centrarme nas consecuencias pràcticas que is-to supón no desenvolvemento cotiàn dun xulgado.

1. Dificultades

1.1. Extemas: Relacions exteriores; Supostos de indefensión; Xuíces e maxistrados non galegos; Corpo lexislativo castelàn.

Chàmolles dificultades extemas a aquelas que nos venen dadas da si-tuación sociopolítica na que estamos inmersos e que non podemos obviar nin solucionar a curto ou medio prazo. O àmbito xurídico ó que pertence-mos establece unhas pautas que temos que acatar e que escapan non só as actuacions dun normalizador ou dun planificador senón mesmo a supostos intentos de intervención por parte dos poderes autónomos, Deste xeito, teremos que enviar versions bilingües sempre que tefian que facer efecto fóra do territorio galego ou sempre que se alegue indefensión por desconecemento idiomàtico.5 Ademais, o feito de que a carreira xudicial sexa global para todo o estado espaiiol implica que calquera funcionario da xustiza pode optar a unha praza en calquera punto do estado sen ter que pasar polo requisito do idioma. Este feito, desde o meu punto de vista, tan só se podería solucionar no caso de adquiri-lo poder autonómico competencias no persoal da xustiza como as adquiriu, por exemplo, no persoal docente. Cómpre a territorialización dos procesos de selección dos funcionarios e a dotación de bolsas e axudas para a preparación de funcio-narios na lingua e dereíto galegos. Finalmente, o corpo lexislativo que posuímos é castelàn e, aínda que podemos proceder à sua traducción, o certo é que hai unha sèrie de figuras xurídicas que son inamovibles e coas que pouco podemos facer amais dunha adaptación gràfica ou morfolóxica (reparese en formas como cèdula de citación, auto, providencia, oficio, etc.).6

Page 107

1.2. Internar, Creación e adaptacíón da linguaxe administrativa; Po-sibles alegacións das partes; Implicacions xurídicas das traduccions.

As dificultades internas son aquelas propias das carencias da nosa inci-piente linguaxe administrativa, amais dos problemas derivados do réxime de of icialidade desigual para os dous idiomas que conviven na actualidade no noso territorio. O punto 1 do artigo 231 da Lei Orgànica do Poder Xudicial (en adiante lopx) de 1985 establece taxativamente que o caste-lan é a lingua que se empregara en tódalas actuacions xudiciais. No punto 2 deste mesmo artigo admítese, sen embargo, que «Os xuíces, maxistra-dos, fiscais, secretarios e demais funcionarios de Xulgados e Tribunais poderàn usar tamén a lingua oficial pròpia da Comunídade Autònoma, se ningunha das partes se opuxer, alegando desconecemento deia, que puider producir indefensión». Isto é, un xuíz poderà empregarlo galego sempre que non exista alegación dunha das partes, suposto no que non terà màis remedio que usa-la lingua oficial da xustiza: o castelàn. Ademais, co arti-go 231 da lopx na man, un xuíz pode, alegando desconecemento idiomà-tico, expresarse en castelàn e tradueix escritos ou manifestacions orais fei-tas orixinalmente en galego polo que a modificación da lopx, no sentido de recofiecer tódalas linguas oficiais como linguas da Admínistración de xustiza e por tanto reconecer unha dobre of icialidade real e non só formal, faise totalmente inescusable.

Doutra banda, se se traduce unha resolución e esta se publica en galego, tal versión é a única que ten validade xurídica conforme ó punto 4 do devandito artigo 231 da lopx. Isto, que en principio é un logro legal, vólvese contra nós cando topamos reticencias por parte de xuíces e maxis-trados a galeguiza-las súas resolucions xa que alegan carecer de dominio abondo do idioma para saberen se o contido da resolución, unha vez gale-guizada, é o mesmo có da sua versión manuscrita en castelàn. Só o rigor profesional do traductor e a preparación do xuíz nas bases do idioma poden dar solución satisfactòria a este atranco que, tamén hai que dicilo, agocha na maioría dos casos unha desculpa para quedar exentos da obriga moral da galeguización cando non un autentico prexuízo dado que non

Page 108

admiten modificacions da forma sen que lles pareza que obrigatoriamente ten que sufrir modificacions o contido. No fondo esta a concepción de que ese contido só se pode expresar dunha maneira: coa fraseoloxía e es-tereotipos da linguaxe xurídica castelà.

2. Obxectivos

2.1. Galeguización progresiva de tódolos impresos Administración-Administrado

Axentes Xudiciais:

Notificacions

Citacions

Emprazamentos

Secretarios Xudiciais:

Cédulas de citación

Oficiós

Notificacions

A Administración de xustiza debe, amparàndonos no art. 5 punto 3 do Estatuto de Autonomia de Galícia (en adiante eag),7 comprometerse na normalización da lingua galega no noso país para o que se debe incorporar ó proceso de galeguización sen mais dilacions. Repàrese en que é, sen dúbida e agàs a administración militar, a administración mais remisa a este proceso cando debería se-la mais permeable debido a que unha das súas funcions principals é a de respectar e garanti-la identidade persoal e colectiva, sendo unha das súas manifestacions o dereito a usa-la pròpia lingua (conforme ó art. 231 da lopx).

Por todo isto a comunicación da Administración co Administrado é un dos aspectos fundamentais do proceso de galeguización da xustiza xa que é esta document ación a que lle chega realmente ó cidadàn e a que lle establece unha pauta para seguir. A galeguización destes impresos é, talvez, a mais doada de conseguir sendo, probablemente, a que mais re-percusión ten de maneira directa no cidadàn galego.

Ademais disto, as relacions Administración-Administrado ou mesmo Administración-Administración, se nos atemos ó Proxecto da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, aprobado polo comitè de mi-nistros do Consello de Europa o 22 de xuno de 1992, deberían preve-lo

Page 109

uso do galego por parte das autoridades ou servicios xudiciais se o deman-dase ünha das partes (Parte III, artigo 10, paràgrafos l.A.l e l.B.l). Ma-lla dispormos dunha certa cobertura legal, gracias a este proxecto, paréce-me que o cumprimento desta Carta en Galícia aínda esta moi afastado. Doutra banda, este soporte legal favorable tampouco supón panacea nin-gunha xa que, aínda no suposto de que sexa ratificada por Espafia, estes requirimentos estan redactados de tal maneira que obvia-lo seu cumprimento é, coa carta na man, ben fàcil:

[As partes comprométense a:]

1. prever que as autoridades ou servicios xudiciais, se o demandase unha das partes, utilicen as linguas rexionais ou minoritarias; e/ou

2. garantirlle 6 acusado o dereito de se exprés ar na súa lingua rexio-nal ou minoritària; e/ou...

Non fai falta ser un experto xurista para comprobar que o enlace co-pulativo ou disxuntivo, a gusto do país, deixa totalmente sen validez esta disposición legal.8

2.2. Galeguización progresiva dos impresos Administración-Administra-ción: exhortos, actas, oficiós, etc...

Conforme dispón o artigo 7, paràgrafo 2, do titulo II da Lei de Nor-malizacíón Lingüística (en adiante lnl): «As actuacions xudiciais en Gali-cia seran vàlidas e produciràn os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada. En todo caso, a parte ou interesado terà dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que elixa». A Administración non precisa, xa que logo, no seu labor cotiàn en Galícia, recórrer, se non o desexa, ó castelàn.

2.3. Garanti-los dereitos lingüísticos Administrada-Administración. Notificacions, decforacións, etc...

Seguindo este mesmo artigo, o administrado ten dereito a que se lle notifique na lingua oficial que elixa e a prestar declaración no idioma que

Page 110

escolla, mesmo esixindo que se recolla a súa declaración no idioma en que foi realizada ou ben mediante a intervención dun traductor-xurado. Com-plétase este dereíto co disposto no titulo III, art. 231, paràgrafo 3 da lopx: «As partes, os seus representantes e quen os dirixa, así como as testemunas e peritos, poderàn utiliza-la lingua que sexa tamén oficial na Comunidade Autònoma no territorio da cal tefian lugar as actuacions xu-díciais, tanto en manifestacions orais como escritas».

Estàs disposicions legais a penas tenen utilidade xa que non se fai uso delas. A dívulgación destes dereitos nos xulgados galegos (os funcionarios deben de informarlles ós administrados que estan no seu dereito de em-prega-lo galego e de recibir notificacions neste idioma) podería levar a que miles de cidadàns galegos se decidisen a relacionarse coa xustiza no seu idioma e a esixir deia o mesmo trato. Però dificilmente poderemos conciencia-lo cidadan de que execute este dereito cando os poderes públi-cos rara vez o ponen en pràctica. Talvez haxa que lembrarlles ós concellos e mesmo à Xunta que deberían realiza-las súas demandas en galego e esi-xiren dos xulgados as notificacions no mesmo idioma. Isto suponería a galeguización obrigatoria dunha porcentaxe bastante elevada de expedientes xudiciais que conducirían, case inexorablemente, a resolve-Io asunto cun-ha sentencia redactada no mesmo idioma que foi empregado cando menos por unha das partes.

2.4. Galeguización progresiva das resolucions xudiciais. Bilingües //Mo-nolingües

As resolucions haberàn de ir en bilingüe nos seguintes supostos:

- Sentencias, autos e providencias que tefian que facer efecto fóra do territorio da Comunidade Autònoma.

- Sentencias, autos e providencias que tefian, cando menos, unha das partes non galega nin residente en Galícia.

- Cando, facendo efecto en Galícia e a galegos, algunha das partes solicita que sexa en castelàn conforme à sentencia n.° 56 de 1990 do Tribunal Constitucional (en adiante tc).

Nestes tres supostos a lingua orixinaria debera se-lo galego aínda que vaia acompanada dunha traducción ó castelàn. No caso de discrepancias xurídicas entre unha e outra versión, a resolución vinculante serà sempre aquela na que foi redactada e publicada, isto é, a galega, que terà plena validez e efectos xurídicos conforme à sentencia n.° 82 de 1986 do TC.

O resto das resolucions xudiciais poderan, e este ha de ser un dos

Page 111

nosos obxectivos, ser monolingües en galego. Isto é, conforme à legalida-de vixente, poderàn ser monolingües en galego todas aquelas sentencias, autos ou providencias que fagan efecto na comunidade galega, sexan par-tes persoas físicas ou xurídicas desta comunidade e que non exista oposi-ción explícita por par te de ningunha delas.

2.5. Eüxencia do cumprimento do art. 25 do eag:

Na resolución dos concursos e oposicions para prove-los postos de Maxistrados, Xuíces, Secretarios Xudiciais, Fiscais e tódolos funcionarios ó servicio da Administración de Xustiza, serà mérito preferente a especia-lización en Dereito Galego e o conecemento do idioma do país.

O maxistrado Daniel García Ramos9 denunciou reiteradamente o in-cumprímento sistemàtico do art. 25 do eag e outras disposicions seme-llantes como son os artigos 341 e 471 da lopx. Se a Administración de xustiza é a primeira en incumpri-la lei, ^con que forza moral pode esixirlle o seu cumprimento à sociedade? ^De que xeito imos impulsa-la galeguiza-ción da xustiza cando os profesionais que a imparten desconecen, con f re-cuencia, o idioma propio dunha boa porcentaxe de demandantes e deman-dados? Como se recolle nas conclusions das Jornades a Platja d'Aro sobre ambito xurídico e normalización lingüística, celebradas o 27 e 28 de xuno de 1991, é imprescindible «promoure professionalment el coneixement i ús continuat del català (= galego) parlat e escrit» así como «exigir el coneixement del català ( = galego) en el procés de selecció de magistrats, jutges, fiscals, secretaris i funcionaris de l'Administració de justícia que han de servir a Catalunya, com també, amb caràcter general, una mínima permanència temporal».10

3. Estratexias

3.1. Traducción de novos corpos legais 6 galego. Urxentes: lacrim, lopx, lac

Cómpre, con urxencia, disponermos de novos corpos legais traducidos ó galego que faciliten o traballo daqueles xuíces, fiscais, avogados ou pro-

Page 112

curadores que decidan emprega-lo noso idioma11 así como o traballo dos, todo hai que dicilo, escasos gabinetes de traducción e normalización que operan no ambito da xustiza. A leis corao a lacrim (Lei de Axuizamento Criminal), a lopx (Lei Orgànica do Poder Xudicial) ou a lac (Lei de Axui-zamento Civil) podemos engadir, pola súa frecuencia de uso, a Lei de Trafico e Seguridade Vial.

3.2. Conformación da linguaxe xurídica galega: seminarios, xornadas, etc... coa participación de filólogos e xuristas

A conformación da linguaxe xurídica galega é crucial para o obxectivo de normaliza-lo galego neste ambito. Aquí, como na traducción do corpo legal, a Escola Galega de Administración Pública "(en adiante egap) ten a obriga de dirixir, pone-Ios medios e financia-los proxectos encaminados cara à consecución desta fin (vid. artigo 3 da Lei 10/89 de modificación da lei de creación da egap). A dxpl (Dirección Xeral de Política Lingüística) e a dxx (Dirección Xeral de Xustiza) deben, neste punto, comprome-terse como impulsores e responsables últimos dos servicios de normalización. A primeira como responsable dunha política lingüística (aínda por desenvolver) e a segunda como responsable dos servicios de traducción e normalización que operan no seu ambito. Os gabinetes e servicios preci-san do apoio incondicional, tan to material como persoal, da Xunta de Ga-Iicia se queremos que tenan rendemento e eficàcia para rompe-lo inmobi-lismo lingüístico no que se atopa a xustiza.

3.3. Elaboración durt Diccionario Xurídico Galego

Co traballo debidamente configurado, seleccionado e estudiado das diversas tarefas dos servicios que estan vencellados à Administración de xustiza, todo coordenado mediante periódicas xornadas ou seminarios de traballo, procederase à elaboración dun diccionario xurídico o màis rigo-roso, amplo e científico posible elaborado por lingüístas en estreita coope-ración con xuristas.

3.4. Programas informàticos en galego para a xustiza

Recentemente a Xunta subvencionou a informatización dos xulgados galegos. Esta informatización, sen dúbida positiva pola rapidez e preci-

Page 113

sión que supón, pode acarrexar un gra ve atranco para a galeguización da xustiza xa que os programas destes ordenadores foron elaborados polo Ministerío de Xustiza de Madrid integramente en castelàn. Na actualida-de corrémo-lo risco de perde-lo camino andado ó se produci-lo abandono dos escasos modelos en galego en favor dos xa informatizados en castelàn. En novembro do ano 1993, nunhas Xomadas sobre Normalización Lingüística nas Institucions Galegas realízadas en Pontedeume, o daquela Director Xeral de Xustiza asegurounos ós alí presentes que había dous equipos na-queles momentos en Galicia traballando en programas informaticos para a xustiza en galego. Ante esta boa e alentadora noticia só nos queda anima-los autores e demandar desta Dirección Xeral a màxima celeridade posible na empresa xa que na actualidade unha boa parte dos funcionarios da xustiza estan asistindo a cursos de informàtica especíalmente desena-dos por Madrid para o usuario dos seus programas (un de penal e outro de civil) polo que se deixamos que este proceso de preparación asente nos usuarios, serà despois abondo complicado convencelos da necesidade de aprender a manipular outros programas.12 Ademais sei, polas minas relacions cos funcionarios, que os programas de castelàn son realmente confusos, de difícil manexo e mesmo defectuosos, polo que uns bos programas en galego ràpidos e sinxelos poderían provocar que moitos funcionarios se inclinasen por eles. Seria unha verdadeira màgoa deixar pasar esta oca-sión para ganarlle pola man ó espanol a batalla do progreso.

3.5. Uftificación de modelos administrativos en galego

Cómpre evita-los reinos de taifas no traballo, polo que debemos man-ter un contacto permanente entre todos aqueles que empregamos, estudia-mos e tentamos depura-la nosa incipíente linguaxe administrativa, a fin de homoxeneiza-los resultados e evita-las repeticions. De novo a coorde-nación xorde como unha medida imprescindible mesmo coa necesidade de establecer un servicio de normalización lingüística coordenador que garanta o traballo sumativo e planificado.

3.6. Estratexias de normalización no ambito dos avogados e dos procuradores

O poder autónomo debe toma-las medidas necesarias encaminadas a conseguir que os colexios profesionais defendan o uso da Iingua galega

Page 114

tanto na actuacíón extraxudicial como na xudicial, asumindo corporativa-mente os inconvenientes derivados do seu uso.

As demandas constitúen unha das prioridades da normalización lingüística na Administracíón de xustiza. Se non conseguimos implica-los avo-gados e procuradores nesta tarefa, dificilmente podemos agardar que xuí-ces, secretarios e funcionarios leven adiante un proceso galeguizador. Por ponérmo-lo exemplo de Ourense, a penas 3 ou 4 avogados instrúen as súas demandas en galego e non conezo nin un só procurador que envíe os seus escritos de representación neste idioma. Así as cousas, calquera medida encaminada a modificar estes hàbitos debe ser ben vista e contar co apoio dos poderes públicos: cursos, campanas de información e promo-ción, subvención e promoción de libros e revistas xurídícas en galego, dis-tribución de modelos de demanda ou de representación nos colexios de avogados ou procuradores, informatización dos despachos dos avogados e difusión de programas infortnàticos en galego, etc, etc.

3.7. Estratexias de normalización no àmbito notarial

Cómpre que se faga efectiva a obrigatoriedade do uso do galego nos documentos nos que intervenan administracions galegas, que se promova o galego nas escrituras nas que intervenan institucions privadas galegas, que se esixa de maneira individual o conecemento da lingua e mailo derei-to galegos no proceso de provisión de notarios para Galicia e que se ga-ranta que tódalas notarías tenan persoal capaz de escribir correctamente o galego.13

3.8. Creación dunha oficina de traducción das linguas oficiais territorials do estado

Tràtase de establecer unha grande, àxil e ben dotada oficina de traducción das linguas tamén oficiais do estado espanol no órgano estatal que He corresponda coa fin de asegura-la traducción de oficio de toda a documentación escrita nesas linguas.14

Page 115

3.9. Galeguización primària das reso lucións civís e incorporación paula-tina das resolucions penals

Consideramos que a galeguización das resolucions debe comezar polas de àmbito civil e, sobre todo, por aquelas que tenen que ver coa nosa tradición xurídica. Isto, tanto por entender de cuestións propias do noso dereito como por seren, os problemas de índole civil, maioritariamente establecidos entre partes galegas e con efectos dentro da pròpia cotnuni-dade, o que permite a publicación monolingüe das resolucions (evidente-mente cómpre dar prioridade as monolingües sobre as bilingües que, sen ser descoidadas, deben ser un obxectivo secundario). Por outra banda, o dereito civil carece das dificultades lingüísticas engadidas do dereito penal por mor da peculiar complicación terminolóxica das leis procesuais.

Así e todo, as resolucions penais deberàn comezar paseninamente o seu proceso de galegui2ación para o que serà unha axuda inestimable dis-poner da lacrim en galego. Procuraremos sempre escoller das sentencias penais aquelas que sexan entre partes galegas. Tendó en conta que, no noso ordenamento xurídico, o trafico e a seguridade vial son considerados materias penais, a traducción da Lei de Trafico e Seguridade Vial faise, como xa apuntabamos, inescusable. As resolucions que entendan destas materias, hoxe as maioritarias nos xulgados do penal e mesmo nos de pri-meira instància e instrucción, deberàn ser, dentro do àmbito penal, as prioritarias tanto pola súa repercusión social como por se-las màis achega-das à gran maioría da poboación (exceso de velocidade, accidentes, alcole-mia, etc...).

3.10. Normalización mental de xutces, maxistrados e secretarios15

Deixamos para o final o que, en realidade, é o primeiro e principal labor dun servicio de normalización na Adminístración de xustiza. Só se somos quen de modifica-las actitudes dos profesionais da xustiza con respecto ó idioma, desmontando sistematicamente as ideas preconcibidas e os prexuízos, poderemos ir modificando paseninamente os seus habitos profesionais ou mesmo vitais. O emprego oral do galego en audiència pública é algo, baixo o meu punto de vista, fundamental e estamos en condicions de solicitalo de todos aqueles que sexan galego-falantes aínda que na escrita aínda mantefian o castelàn. A rutina de usa-lo castelàn por par-

Page 116

te dos xuristas é, talvez, como sostén Carles Anguela «l'obstacle més important per a la normalització lingüística en l'àmbit jurídic».16

Esta modificación mental, sendo importantísima nos xuíces ou maxis-trados, é vital nos secretarios que son os que realmente levan o peso do xulgado e os que realizan unha boa parte do papelorio cotiàn amais de facer de vinculo de unión entre o xuíz e o funcionariado.

3.11. Normalización mental do resto do funcionariado

Todos sabemos que quen realmente se relaciona coa xente, quen confecciona todo o papelorio dun xulgado, mesmo o que vai ser asinado polo xuíz ou polo secretario, quen organiza, distribúe e vehiculiza a adminis-tración é, sen dúbida, o funcionariado. Del depende, en boa medida, o éxito ou fracaso da galeguización da xustiza. Se cando falamos dos altos funcionarios (maxistrados, xuíces, secretarios...) temos que ter en conta que en Galícia, por diversas razóns ben corïecidas, son maioría os caste-làn-falantes, tnoitos deies non galegos, cando falamos do resto do funcionariado da xustiza a porcentaxe de galego-falantes elévase considerable-mente. A partir deste dato cuantitativo non moi difícil de comprobar (con todo, cumpriría a elaboración dunha enquisa seria na Administración de xustiza en Galícia para sabermos de maneira precisa sobre que traballa-mos);17 a partir deste dato, digo, o labor do normalizador ha de discórrer cara à consecución do emprego do galego oralmente (nos xulgados das vilas isto é, afortunadamente, o mais habitual), cara a facilitar, informar e garanti-los dereitos lingüísticos dos cidadàns e cara a promove-la progresiva galeguización de toda canta documentación pasa polas súas mans. Para isto, precísase a comprensión e apoio do xuíz e do secretario do xulgado (o labor dificúltase enormemente se os temos en contra aínda que non é imposible xa que o funcionario conta tamén cos seus dereitos lingüísticos) e a boa disposición do funcionario. Por desgracia, os prexuízos nos funcionarios tamén abondan e o alegar desconecemento converteuse xa nunha desculpa que os libera de se comprometer a traballar en galego.

Page 117

4. Algunhas conclusions

Cómpre un apoio decisivo dos poderes públicos galegos, no marco do Estatuto de Autonomia e da Lei de Normalización Lingüística, se non queremos perder definitivamente esta segunda oportunidade que ten o galego para penetrar na Administración de xustiza na que, agas na Idade Media, sempre estivo vedado. Os atrancos, como vimos, son moitos e va-riados però se se leva a cabo unha planificación lingüística en condicions aínda estamos a tempo de introduci-Ia nosa lingua na xustiza e con ela darmos un paso màis como pobo que quere recupera-la sua dignidade, co-mezando pola dignidade do seu idioma.

Se conseguimos ir forxando un funcionario competente no galego ad-ministrativo (seriedade e formación nos cursos), competente no galego oral (son, por àgora, maioría) e convencido de que el é unha peza fundamental para garanti-la presencia do galego na xustiza e, en consecuencia, na nosa sociedade, estaremos a piques de alcanza-lo obxectivo final: a plena e efectiva galeguización da Administración xudicial. Se Iogramos isto, estaremos moi preto de converte-lo galego na lingua vehicular da nosa sociedade. Non podemos esquece-lo feito, sociolingüisticamente constante, de que os usos lingüísticos das institucions determinan de maneira decisiva os dos indivi-duos, polo que os notarios, procuradores, avogados, administrados etc... cambiaràn os seus usos lingüísticos a medida que estes sexan modificados pola administración.18 Non se nos escapan as dificultades però paga a pena intentalo.

------------------------------

[1] Rodríguez Aguilera, C, «A lingua galega na Administración de Xustkia», Revista de Administración Galega, n.° 1, pp. 41-54, 1985. A redacción, malia a súa publica-ción, é do ano 1984 porque fala do proxecto de Lei Orgànica do Poder Xudicial que se converteu en lei o 1 de xulío de 1985.

[2] Hai que ter en conta que Rodríguez Aguilera consideraba que o proceso de normalización, cando menos no resto da socíedade, se realizaría sen graves atrancos, como llo indicaba a súa experiència persoal en Cataluna. A realidade sociolingüística galega é, sen embargo, abondo diferente e as súas previsions non se cumpriron como el agardaba.

[3] Cfr. op. cit.

[4] Monteagudo Romero, X., «A oficialidade da lingua galega: o marco legal», GRIAL, n.° 107, pp. 387-398, 1990.

[5] Este era un dos aspectos que foi obxecto de recurso de inconstitucionalidade pro-movido polos gobernos de Galicia, Cataluna e Euscadi por entenderen que había discrimi-nación dunha das linguas oficiais e que foi desestimado pola Sentencia 56/1990 do TC.

[6] Así e todo, a maioría destas formas pertencen ó que o profesor Antón Santamari-na denomina «esperanto tecnolectal» [C/r. Santamarina, A., «A documentación dialectal no establecemento dunha ünguaxe administrativa», Revista de Administración Galega, n.° 1, pp. 109-117, 1985), isto é, son comuns à maíorfa das linguas do noso contorno polo que o problema queda un tanto reducido. Outra cousa ben distinta é a terminoloxía administrativa específica do castelàn e que non conta con equivalentes noutros idiomas. Ai é onde a enxeüerfa lingüística ten moito que ofrecer, seguindo os dous criterios basicos para a fixación do léxico administrativo dun idioma como o galego: «l.° A harmonización coas solucions adoptadas poks restantes linguas romanicas. 2.° O respecto ó patrimonio léxico galego» (c/r. BoullÓn Agkelo, A. e outros, «Problemas e métodos para o establecemento do léxico administrativo galego», Cademos de Lingua, n.° 2, pp. 83-91, 1990).

[7] «Os poderes públicos de Galícia promoveran o uso normal da lingua galega, oral-mente e por escrito, nas súas relacions cos cidadans.»

[8] A súa operatividade vese, desde o inicio, reducida se consideramos, ademais, que o Consello de Europa é unha organización incergobernamental «sense capacitat d'imposar normes als estats membres» e que «no passarà de ser un recull de bones intencions -molt lloable, això sí-» (Alfred Sixto, «Aprovació de la Carta europea de les llengües regionals o minoritàries», Llengua i Administració, n. ° 31, 1988).

[9] Vid. García Ramos, Daniel, «A lingua galega na administración de xustiza», GRIAL, n.° 107, pp. 309-402, 1990.

[10] Vid. Perena i Pérez, Mònica, «Àmbit jurídic i normalització lingüística: conclusions de les Jornades», Llengua i Administració, n.° 43, 1991.

[11] «...va quedar ben clar que hi ha una lligam entre el dret que cal aplicar a l'ús de la llengua, de manera que ei fa imprescindible que eh textos legals que s'al·leguin i s'apliquin siguin escrits en llengua catalana-», Lluís Jou i Mirabent, «Àmbit jurídic i normalització lingüística», Revista de Llengua i Dret, n.° 18, p. 215, 1992.

[12] En setembro de 1994, data da redacción deste traballo, tales programas aínda non chegaran ós xulgados polo que semella que algunha pexa atranca, de xeito insalvable, i galeguización informàtica da xustiza.

[13] Estàs medïdas estan extraídas das conclusions das Jornades a Platja d'Aro (vid. PerenA i Pérez, op. cit.) e parécennos axeitadas para o galego aínda que a aplicación delas sexa, hoxe por hoxe, case inviable. Ténase en conta que recentemente varios empresarios galegos tiveron seriós atrancos para autentifica-las súas escrituras en galego por mor da negativa da notaria a dar fe de documentos redactados en lingua galega.

[14] Vid. Perena i Pérez, op. cit.

[15] Para o sentido que l'e damos aquí ó concepte «normalización mental» véxase o estudio de López Valcarcel, X., «Normalización afectiva», Cademos de lingua, n.° 2, pp. 93-104, 1991

[16] Anguela, Carles, «Àmbit jurídic i normalització lingüística», Revista de Llengua i Dret, n.° 19, p. 174, 1993.

[17] Como di Lluís i Mirabent: «Per acabar d'enfosquir el panorama, falten dades de camp fiables. Efectivament, hi ha estudis jurídics importants sobre la temàtica de fo doble oficialitat i de l'ús de les llengües oficials [...] Però no hi ha estudis sociolingüístics específics dels diferents camps jurídics (Facultats de Dret, Administració de Justícia, Registres Públics, Notariat, Advocats i Procuradors...)»(cfr. op. cit., p. 213).

[18] Vid. Anguela, C, op. cit., p. 174.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR