Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González
CargoXefe do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas491-499

Page 491

(Primer semestre de 2006)

Presidencia
Desenvolvemento lexislativo

Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración Pública galega.(D.O.G. núm.136, do 14.07.2006)

No Preámbulo sinálase a importancia que ten a participación da cidadanía nos asuntos públicos. Arguméntase, a maiores, que nas raíces da tradición democrática europea xa está implícita a necesidade de transparencia administrativa, toda vez que no artigo 15 da Declaración dos dereitos do home e dos cidadáns de 1789 se establece que a sociedade ten dereito a todo axente público que lle renda contas da súa administración.

A transparencia — engade o Preámbulo- permite facer efectivo o dereito dos cidadáns e da sociedade civil a coñecer a actividade da Administración e favorece o control da legalidade e oportunidade das decisións administrativas, facilitando que a sociedade asuma un papel activo da vida administrativa.

No artigo 2º preceptúase que: «As entidades comprendidas no ámbito de aplicación desta lei e o persoal ao seu servizo, ademais de cumpriren o disposto na Constitución, no Estatuto de autonomía e no resto do ordenamento xurídico, adecuarán as súas actividades aos seguintes principios xerais:

j) promover o uso normal do galego, oralmente ou por escrito, nas relacións coa cidadanía, sen prexuízo do dereito de non-discriminación por razóns da lingua.

O artigo 12 («Concesión de servizos públicos») especifica no parágrafo 3º): «A utilizar, á súa elección, o galego ou o castelán nas súas relacións coa entidade concesionaria e cos seus presentantes e traballadores».

No tocante aos principios de actuacións, estes son regulados polo artigo 15, apartado 7º, que estipula que os órganos da Administración «Usarán normalmente o galego, oralmente e por escrito, nas relacións coa cidadanía.»

Page 492

Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Fomento

Decreto 127/2006, do 27 de xullo, polo que se crea o Consello Galego de Inmigración. (D.O.G. núm. 150, do 4.8.2006).

A Secretaría Xeral de Emigración, centro directivo, que segundo o Decreto 231/2005, do 11 de agosto, depende funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, é o órgano superior da Administración da Comunidade Autónoma ao que, segundo o Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia, lle corresponden as competencias en materia de política inmigratoria.

O Preámbulo do Decreto esténdese en consideracións analíticas sobre o fenómeno inmigratorio, recoñecendo que a sociedade galega non é allea aos profundos cambios que está a experimentar coa constante chegada de poboación de oríxe diversa. Cidadáns portadores de linguas e tradicións culturais diversas que configuran unha nova sociedade plural e complexa.

O respecto polos dereitos das persoas inmigrantes supón partir de que estes tamén son protagonistas das nosas políticas públicas. A integración das persoas inmigrantes na nosa comunidade non debe ser contemplada como unha cuestión periférica ou sectorial xa que é clave na consecución dunha cidadanía plural e inclusiva. Por iso a chegada e permanencia de persoas estranxeiras a Galicia e a diversidade cultural deben ir acompañadas de actuacións públicas que faciliten a súa integración na nova realidade social.

A diversidade cultural tamén ten efectos transformadores na sociedade receptora. O recoñecemento da interculturalidade como un elemento estrutural e ao mesmo tempo transformador da sociedade galega, implica a xeración de actitudes e comportamentos baseados na empatía, no respecto e na comprensión mutua. De aí a necesidade de propoñer medidas que permitan desenvolver instrumentos, actitudes e alternativas que deriven na convivencia intercultural dentro dunha sociedade diversa e activa.

O Consello Galego da Inmigración que se crea terá as seguintes funcións:

a) Elaborar propostas e recomendacións tendentes a promover a integración das persoas inmigrantes na sociedade galega.

b) Promover a formulación das políticas transversais en materia de inmigración na Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 493

c) Emitir informes sobre calquera cuestión que poida afectar a integración social das persoas inmigrantes, cando por estimalo conveniente lle sexan requiridos por instancia da Secretaría Xeral de Emigración.

d) Recabar e canalizar as propostas das organizacións sociais con actividade no ámbito inmigratorio de cara a facilitar a convivencia e a cohesión entre a poboación inmigrante e a sociedade de acollida.

Contempla o Decreto outras funcións máis, que, nalgúns casos, son de cariz orgánico, como é o artigo 4 que regula a súa composición: presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a e 34 vocais.

Resolución do 28 de abril de 2006, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de encontros, seminarios, xornadas e actividades de formación e de intercambio de experiencias para os responsables e os compoñentes dos equipos de normalización lingüística e para o profesorado en xeral dos centros de ensino non universitario públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 88, do 9.52006).

A Lei 3/1983, de normalización lingüística, encoméndalles ás autoridades educativas que tomen as medidas oportunas para promover o uso progresivo do galego no ensino. Ese uso debe contribuír a que o alumnado do ensino non universitario vaia acabando os distintos ciclos cun dominio similar de galego e de castelán. Cómpre, entón, dinamizar as actuacións deses equipos mediante a promoción da formación dos seus membros e o intercambio e a difusión das experiencias entre os distintos centros.

Por outra banda, e dado que o labor de promoción lingüística é tarefa xeral de todo o profesorado, é preciso mellorar a formación, especialmente lingüística, non só dos membros deses equipos, senón tamén de todo o profesorado en xeral.

Así mesmo, o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 22 de setembro de 2004, contén, entre outras, varias medidas dirixidas ao profesorado e encamiñadas a renovar a política lingüística con respecto ao uso do galego, axeitándoa aos tempos actuais, co fin de equilibrar unha situación social de desigualdade entre os dous idiomas, o que esixe medidas favorables ao galego para acadar ese equilibrio.

Os seminarios, xornadas, encontros e actividades de formación e de intercambio de experiencias que se subvencionan para os equipos de norma- lización lingüística constituídos nos centros educativos non universitariosPage 494(públicos ou privados e privados concertados) están sometidos a diversos criterios.

Os obxectivos desta subvención son conseguir un aumento da utilización da lingua galega no ensino e, en consecuencia, mellorar o dominio que o alumnado deberá ter do idioma galego e incrementar o seu uso.

Resolución do 22 de maio de 2006, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se convocan axudas para a promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego. (D.O.G. núm. 104, do 1.6.2006).

Correspóndelle á Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, o fomento da promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego e das artes da imaxe, de acordo co previsto no Decreto 44/2006, do 2 de marzo.

As subvencións que se convocan recoñecen a importancia do primeiro acto de promoción das producións audiovisuais e o relevante impacto divulgativo que producen, achegando aos profesionais e ao público en xeral un coñecemento e información da obra audiovisual rematada que se vai integrar nos circuítos do sector audiovisual. Xa que logo, estas axudas procuran apoiar eses actos de estrea ou presentación de producións audiovisuais galegas ou en lingua galega dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución do 10 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego conforme a normativa oficial vixente (dog núm.137, do 17.7.2006).

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu artigo 5º que a lingua propia de Galicia é o galego e que os poderes públicos potenciarán o seu uso en todos os planos da vida pública, cultural e informativa.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, establece o apoio económico e material para os medios de comunicación que, sen seren de titularidade pública nin sometidos á xestión ou competencia de institucións da comunidade autónoma, empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo.

O mesmo Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2004, establece como obxectivos centrais da área de medios de comunicación a necesi- dade de incrementar anualmente e de maneira constante o uso do galego nos medios públicos e privados, que supere a actual situación de marxinación e de confinamento no eido cultural.

Page 495

Poderán optar a estas subvencións aquelas publicacións que estean escritas integramente en galego conforme á normativa oficial vixente.; que se publiquen periodicamente; que non se distribúan como suplementos, ou de forma conxunta a outra publicación. Quedan excluídas da concesión os boletíns de información interior ou de institucións; as publicación de organizacións políticas, empresariais, profesionais, sindicais ou de entidades públicas; as publicacións de difusión total ou maioritariamente gratuítas, e as publicacións que, estando sometidas ao control da Oficina de Xustificación da Difusión, non presenten o certificado acreditativo da difusión expedido polo dito organismo.

Resolución do 10 de xullo de 2006, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión (dog núm.138, do 18.7.2006).

Esta Resolución ten por obxecto o establecemento de subvencións ás empresas xornalísticas radicadas en Galicia que estean debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten. Enténdese por empresas xornalísticas, as que teñen por obxecto da súa actividade, entre outras, a edición e distribución de xornais diarios co mesmo título e numeración sucesiva, as empresas radiofónicas privadas e aquelas que transmitan a súa actividade informativa diaria a través da internet, vía satélite ou por calquera outro sistema que empregue soportes das novas tecnoloxías da comunicación. Tamén aquelas empresas radicadas en Galicia que conten cun cadro de persoal estable de cando menos cinco traballadores e que elaboren e difundan toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da comunidade autónoma.

Poderán solicitar as axudas aquelas que difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións orientadas a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a difusión da súa cultura. Na súa produción informativa deberá ter un especial protagonismo o idioma galego.

Quedan excluídas destas axudas os boletíns interiores de institucións, de partidos políticos,asociacións relixiosas ou entidades públicas, as de distribución gratuíta e as empresas que emitan a través de sinal de Televisión.

Page 496

Consellería de Cultura e Deporte
Fomento

Orde do 12 de maio de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para producións ou coprodución audiovisuais e interactivas en lingua galega (dog núm. 97, do 23.52006).

Mediante a presente orde, a Consellería de Cultura e Deporte establece as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a produción audiovisual e interactiva en lingua galega, co fin de fomentar o desenvolvemento das industrias culturais na nosa comuni- dade autónoma, e de contribuír ao cumprimento das tarefas que a Lei do audiovisual atribúe ao sector na normalización da lingua galega.

O artigo 2º sinala os tipos de proxectos subvencionables. Entre eles aqueles «documentais de difusión cultural: sobre temas vencellados coa cultura galega, a memoria histórica e o patrimonio histórico e etnográfico de Galicia». E estes clasifícanse segundo dous modelos de produción:

  1. Se a lingua orixinal de rodaxe/gravación é a galega, e

  2. Se a lingua orixinal de rodaxe/gravación non é a galega. Estas posibilidades vánse debullando ao longo do articulado, non deixando a Consellería ningunha lagoa na disposición, que provoque indefensión ou discriminación nas empresas que opten á subvención. En todo caso, remáchase que a Memoria explicativa do proxecto cunha extensión mínima de dez páxinas declarará cal será a lingua orixinal de rodaxe/gravación.

Orde do 27 de xuño de 2006 pola que se convocan axudas á produción editorial para apoiar a tradución de obras ao galego, e a tradución e edición noutras linguas e de obras publicadas orixinariamente en galego, así como os grandes proxectos editoriais (dog núm. 137, do 17.7.2006).

Unha das funcións máis importantes da Consellería de Cultura e Deporte é a promoción de obras editadas en lingua galega. Por iso, consciente da responsabilidade que lle corresponde en canto á normalización da nosa lingua, procura pór a disposición dos cidadáns que utilizan esta lingua con normalidade obras que abrangan toda as materias, incluídas as que teñan un mercado moi reducido.

Na valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos: calidade da obra, calidade da lingua, interese xeral da obra, interese da obra para as bibliotecas públicas, etc.

Page 497

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Fomento

Orde do 31 de maio de 2006 pola que se fai pública a convocatoria para seleccionar 10 proxectos de innovación educativa que desenvolvan en centros de primaria aulas bilingües (dog núm.111, do 12.6.2006).

A orde recoñece que os cambios tecnolóxicos, sociais e económicos e mais as expectativas de innovación no contexto educativo véñense multi- plicando nas tres últimas décadas, influíndo na organización dos sistemas educativos e moi especialmente nos seus sectores. A integración plena no contexto europeo esíxenos unha intercomunicación, tanto no plano cultural como no laboral, en que o coñecemento de varias linguas se fai imprescindible.

Para acadar este obxectivo a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aposta por mellorar as competencias lingüísticas da poboación galega, dotándoa de competencias plurilingües e pluriculturais coa implantación de proxectos de innovación de aulas bilingües na educación primaria, poñendo en práctica un dos obxectivos do Consello de Europa para o ano 2010.

Trátase de estudar determinadas materias en dúas linguas, castelá/galega e unha lingua estranxeira. Deste xeito, a finalidade xeral das aulas bilingües pasa a ser o fomento do plurilingüismo e da diversidade lingüística converténdose a lingua estranxeira en lingua instrumental para a aprendizaxe doutras materias.

Os proxecto seleccionados terán unha duración máxima de catro anos. A Orde define unha aula bilingüe como a organización da ensinanza de materias non lingüísticas de educación primaria de xeito bilingüe, en gale- go ou castelán, segundo corresponda de acordo coa normativa vixente en materia de normalización lingüística, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

O alumnado deberá contar coa autorización escrita dos seus pais/nais ou titores legais para poder incorporarse a unha aula bilingüe e non poderá abandonala antes de rematar o curso escolar, agás por razóns xustificadas ante a dirección do centro e coa autorización desta.

Tamén hai directrices para o profesorado. No caso de non estaren en posesión de especialidade de lingua estranxeira e que non teñan certificación do ciclo elemental de escolas oficiais de idiomas nin posúan ningunha outra certificación que poida ser tida en conta, deberán acreditar o coñecemento do idioma mediante a realización dunha proba en que se compro-Page 498bará se posúen un nivel axeitado de comprensión e expresión oral e escrita desa lingua.

Todos os proxectos presentados deberán contar cun profesor ou profesora que desempeñe as funcións de coordinador ou coordinadora da aula bilingüe, de entre os que imparten docencia de lingua estranxeira ao alum- nado das aulas bilingües, que coordinará as actividades de tipo lingüístico que se desenvolvan con este alumnado.

Consellería de Innovación e Industria
Fomento

Orde do 31 de maio de 2006 pola que se establecen as bases e se pro- cede á convocatoria para o ano 2006, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a asociacións e entidades sen fins de lucro para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización da indus- tria galega (dog núm.111, do 12.6.2996).

A promoción e internacionalización do tecido produtivo galego e o fomento daquelas fórmulas asociativas, de cooperación ou de actuación conxunta que contribúan ao dimensionamento e capacidade das empresas e sectores galegos non mercado doméstico e internacional, son as intencións que animan esta Orde.

Son subvencionables os soportes publicitarios que conteñan información sectorial e que contribúan á divulgación e coñecemento dos sectores produtivos galegos fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, incluídos os mercados internacionais.

Na publicidade e no material promocional cuxa difusión estea pre- vista nos mercados internacionais utilizarase, como mínimo, o idioma galego e un idioma estranxeiro; no caso de que a súa difusión estea prevista nas restantes comunidades autónomas do Estado empregarase, como mínimo, o idioma galego e o castelán. Tamén terán especial valoración as accións formativas enfocadas á mellora do coñecemento de linguas estranxeiras.

Orde do 1 de xuño de 2006 pola que se establecen as bases e se procede á convocatoria para o ano 2006, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas (dog núm. 111, do 12.6.2006).

Con esta Orde pretende a Consellería fomentar aquelas actuacións de promoción que contribúan ao dimensionamento e capacidade das empre-Page 499sas e produtos galegos nos mercados exteriores e que incidan na creación dun tecido produtivo diversificado, competitivo e internacionalizados.

Os redatores da Orde recorren a unha formulación semellante á anterior, cando contemplan como un dos requisitos para recibir subvención a utilización da lingua galega, como mínimo, e un idioma estranxeiro, na publicidade e no material promocional cuxa difusión estea prevista nos mercados internacionais.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR