Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoXefe do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas289-306

Page 289

Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

Fomento

Orde do 29 de abril de 2003 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado (dog núm. 88, do 8.05.2003).

A exposición de motivos desta orde fundamenta a oportunidade da concesión destas axudas como consecuencia do progresivo incremento da lingua galega no ámbito da prensa escrita. O referente normativo invocado é o artigo 5.3. do Estatuto de autonomía que expresa a necesidade de potencia-lo emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa. Eis por qué se promulgou o Decreto 103/1994, do 21 de abril, no que se establecen as axudas dirixidas a publicacións periódicas escritas integramente en galego normativo.

Para optaren a estas subvencións as empresas que editen publicacións deben reuni-las seguintes condicións:

a) Que estean escritas integramente en galego normativizado.

b) Que teñan un mínimo de 24 páxinas en formato din a-3 ou de 32 páxinas en formato din a-4 (ou o equivalente noutros formatos).

c) Que se publiquen periodicamente.

d) Que inclúan o pé de imprenta con tódolos datos que estableza a lexislación vixente.

A Orde contén unha previsión normativa no seu apartado f) relativa á normativización, asunto que preocupa á Consellería.

Orde do 29 de abril de 2003 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas xornalísticas e de radiodifusión (dog núm. 88, do 8.05.2003).

O obxecto da presente orde é a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas xornalísticas e de radiodi-Page 290fusión, domiciliadas en Galicia e debidamente inscritas no Rexistro mercantil ou no que corresponda, que realicen publicacións ou emisións diarias, ou transmitan a súa actividade informativa diaria a través de Internet, alomenos en parte, en idioma galego.

Quedan excluídos da concesión de axudas:

a) Os boletíns interiores de institucións.

b) As publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.

c) As de distribución gratuíta.

As empresas xornalísticas deberán presentar memoria na que se faga consta-los números publicados dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2002, número de traballos ou artigos escritos en lingua galega durante o mesmo período e porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encamiñadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia.

Requisito semellante rexe para as empresas de radiodifusión.

Nun caso maís noutro a valoración das solicitudes presentadas basearanse nos seguintes criterios:

a) Uso da lingua galega.

b) Tirada de exemplares

c) Número de lectores ou oíntes.

c) Número de visitas ou consultas.

Consellería de Educacion e Ordenación Universitaria

Fomento

Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se regula o concurso público para a concesión de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomenta-lo uso social da lingua galega (dog núm. 28, do 10.02.2003).

De acordo co disposto na Lei 3/1983,do 15 de xuño, de normalización lingüística, a Xunta de Galicia promove o uso do galego, lingua propia de Galicia. Por isto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de acordo coa normativa vixente en materia de subvencións, fai pública a presente convocatoria, mediante a que pretende anima-las asociacións ePage 291 institucións privadas sen fin de lucro a que realicen actividades encamiñadas a aumenta-lo uso social da lingua galega a partir do seu emprego no ámbito asociativo.

O artigo 2º (suxeitos), especifica o alcance dos beneficiarios: «Poderán solicita-las subvencións reguladas na presente orde tódalas institucións privadas sen fin de lucro legalmente constituídas e mailas entidades análogas», quedando excluídas as seguintes entidades:

a) As dependentes de entidades locais. Para os efectos da presente orde terán a condición de entidades locais as que gocen de tal carácter no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local.

b) As asociacións de pais de alumnos.

c) Os movementos de renovación pedagóxica que posúan tal cualificación.

d) As diferentes agrupacións das entidades citadas nos puntos anteriores.

Os requisitos para optar a estas subvencións quedan expostos no artigo 5º: «Os proxectos beneficiarios das subvencións deberán cumpri-los seguintes requisitos:

• Só se subvencionarán proxectos que estean correctamente realizados en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro), e non poderán coincidir literalmente con outra lingua.

• Non se subvencionarán as accións que recibisen subvención nalgún dos tres exercicios anteriores ó de 2003 (2000-2002), agás no que se refire ás actividades de dinamización ou ás publicacións periódicas das entidades. Esta circunstancia deberá acreditarse inexcusablemente no anexo da solicitude.

• Os proxectos achegados deberán ter un investimento mínimo de 900 euros por solicitude e, polo tanto, esta cifra deberá respectarse en cada unha das bases na que se encadren.

Os criterios de concesión (artigo 6º) serán:

a) O carácter permanente da acción.

b) O ámbito de actuación da actividade que se pretende realizar, entendéndose como tal tanto o sector xeográfico ó que afecta coma a súa incidencia no entramado soecioeconómico. Isto será directamente proporcional á contía da subvención que se conceda (a maior raio de acción ePage 292 importancia socioeconómica corresponderalle unha axuda máis elevada), sempre dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

c) O grao de elaboración, a creatividade e a anovación da actividade susceptible de percibir unha axuda.

d) A utilización das novas tecnoloxías e os recursos achegados pola propia entidade para a realización da actuación prevista.

e) A adecuación do orzamento previsto ós valores medios reais de mercado (a veracidade do custo declarado).

A Consellería entende, e así consta no artigo 11 (Xustificación) desta Orde, que non terán consideración de subvencionables os conceptos que a seguir se relacionan:

a) Adquisición de material inventariable (ordenadores, cámaras, etc.); consumibles (cartuchos de tinta, disquettes, carretes de fotografías, cintas, etc.); material de oficina (bolígrafos, sobres, papel, archivadores, etc.).

b) Compra de libros, material didáctico ou vestiario, con distintos fins dentro das actividades que se propoñan.

c) Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento, axudas de custo e quilometraxe.

d) Alugamentos de locais e gastos correntes de funcionamento.

e) Gastos relativos á realización de cócteis e actos análogos.

f ) O imposto sobre o valor engadido (ive). Si será subvencionable cando a entidade acredite que non está dada de alta no imposto sobre o valor engadido.

Outros artigos regulan polo miúdo estas subvencións (artigo 11. Xustificación; Perda da subvención, artigo 13).

Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua e extensión cultural galega, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia (dog núm.29, do 11.02.2003).

O Estatuto de autonomía de Galicia confírelle á comunidade autónoma competencia exclusiva en relación coa lingua e coa cultura galegas.

A Lei 3/1983, de normalización lingüística ordénalle ó Goberno galego que faga uso dos recursos necesarios para que os galegos residentes no exterior poidan dispor de servizos culturais e lingüísticos no idioma propio de Galicia.

Poderán asistir a estes cursos os galegos residentes no exterior e os seus descendentes, os membros dos citados centros e asociacións, e outras per-Page 293soas interesadas no idioma e na cultura de Galicia. Os ditos cursos terán unha duración de 75 horas e realizaranse, ordinariamente, con carácter intensivo.

Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se anuncian cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega para mestres e profesores de primaria, secundaria, de ensinanzas especiais e de formación profesional, dos centros públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 29, do 11.02.2003).

Tanto a Lei 3/1983, de normalización lingüística, coma o Decreto 247/1995, que a desenvolve no tocante ó ensino non univesitario, buscan, por unha parte, que os alumnos vaian acabando cada unha das etapas do ensino cun domicilio semellante do galego e do castelán e, por outra, que o galego sexa a lingua de uso habitual non só da Administración educativa, senón tamén das actividades de relación, organizativas e culturais dos centros educativos.

Para axudar a isto, cómpre contar cun profesorado que coñeza e domine o galego dun xeito suficiente non só para imparti-las clases no idioma propio de Galicia, senón tamén para facelo coa calidade que axude a mellora-lo dominio que desa lingua teñen os alumnos.

O artigo 5º di: Tódalas actividades que se realicen nos cursos faranse en galego e ateranse, no tocante á normativa e ó uso correcto do idioma (tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística), ó establecido pola Real Academia Galega.

Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se anuncian cursos básicos e medios de linguaxe administrativa galega para o persoal das administracións públicas de Galicia (dog núm. 29, do 11.02.2003).

A Lei 3/1983, de normalización lingüística, recollendo o que dispoñen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con isto, recoñécelles ós cidadáns o dereito de usalo, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración pública no ámbito territorial da Comunidade Autónoma. Ademais, para facer efectivo ese dereito, mándalles ós poderes públicos autonómicos que vaian capacitando progresivamente no uso do galego o persoal que traballa ó servicio da Administración pública e das empresas de carácter público en Galicia.

O curso vai dirixido ó persoal que realiza funcións administrativas nas diferentes administracións públicas de Galicia. Resérvanse o 75 % das prazas para o persoal da Administración autonómica galega.

Page 294

Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a convocatoria de encontros e actividades de formación e de intercambio de expriencias para os responsables e os compoñentes dos equipos de normalización lingüística, e para o profesorado en xeral, dos encontros de ensino non universitario públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm. 29, do 11.02.2003).

Para dinamiza-las actuacións deses equipos, promovendo a formación dos seus membros e o intercambio e a difusión das experiencias entre os distintos centros, anúncianse encontros e actividades de formación e de intercambios de experiencias para os responsables e os compoñentes dos equipos de normalización lingüística.

A finalidade destes encontros e actividades é a formación lingüística do profesorado, co fin de consegui-la progresiva utilización da lingua galega no ensino e, en consecuencia, mellora-lo dominio que os alumnos teñen do idioma galego.

Os contidos destes encontros e actividades centraranse, fundamentalmente, nas competencias que nos decretos 324/1996 e 374/1996 selles encomendan ós equipos de normalización lingüística, e no establecido no Decreto 247/1995.

Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega para adultos e colectivos da Comunidade Autónoma de Galicia (dog núm.29, do 11.02.2003).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, recollendo o que dispoñen a Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con iso, recoñéceselle ós cidadáns o dereito de coñecelo e de usalo. Mais non estaría garantido ese dereito se os cidadáns non tivesen a posibilidade de aumentar (ou iniciar, segundo o caso) o coñecemento e o dominio dos distintos rexistros da lingua propia de Galicia.

Establécese un número mínimo de asistentes a cada curso, que será de 15 persoas. Asemade, especifícase a duración de 75 horas e as ausencias que non poderán ser superiores ó 10 % da duración do curso.

Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a convocatoria para presentar proxectos de fomento do uso do galego e de formación para os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros públicos de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional, adscritos á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (dog núm. 33, do 17 de febreiro de 2003).

Page 295

A Administración educativa de Galicia garante que os alumnos, conforme van acabando cada un dos ciclos nos que o ensino do galego é obrigatorio, vaian acadando un dominio, oral e escrito, similar dos idiomas galego e castelán, tal e como determina o artigo 14.3º da Lei 3/1983, de normalización lingüística.

No curso escolar 2002/2003 a Administración educativa galega, á parte de manter este proxecto de fomento de uso do galego nos centros educativos, prevé a posibilidade, a través dunha partida adicional orzamentaria, de complementa-los incentivos a aqueles centros que cumprindo os obxectivos que regulan os decretos 247/1995 e 66/1997, que regulan o uso do galego no ensino, destacan por estende-lo seu uso a outras áreas curriculares.

O artigo 1.1., especifica o alcance da Orde: «A presente orde ten por obxecto financiar proxectos de fomento do uso do galego e de formación en réxime de normalización lingüística dos centros públicos que imparten ensinanzas de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional de Galicia, adscritos á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, durante o ano 2003.

Nos proxectos de fomento do uso do galego e de formación atenderase preferentemente:

Na modalidade A:

  1. A satisface-los gastos de adquisición e/ou elaboración de material didáctico, bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático en galego.

  2. A organizar programas e actividades, que teñan como finalidade o fomento do uso da lingua propia de Galicia entre os distintos compoñentes da comunidade educativa do centro.

    Na modalidade B: ademais dos previstos nos epígrafes un e dous deste artigo, á realización de proxectos de carácter excepcional que impliquen un financiamento complementario.

    Para a concesión de incentivos ós proxectos de fomento do uso do galego as comisións de selección terán en conta a calidade do proxecto e o número de alumnos do centro, en ámbalas dúas modalidades. A calidade do proxecto será avaliada en tres tramos, de maior a menor, A, B, C, en función de:

    • Nº de actividades previstas polo centro para fomenta-lo uso da lingua galega.

    • Repercusión das actividades no incremento do uso da lingua galega.

    • Custo e dificultade da actividade.

    Page 296

    Orde do 30 de xaneiro de 2003 pola que se convocan axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística dos centros privados (concertados e non concertados) da Comunidade Autónoma de Galicia que imparten ensinanza de educación infantil, especial, de adultos, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional (dog núm. 33, do 17.02.2003).

    Os argumentos esgrimidos pola exposición de motivos son os mesmos cós da orde anterior: regulamenta-lo uso das dúas linguas oficiais en Galicia.

    As axudas destinaranse preferentemente:

  3. A satisface-los gastos de adquisición e/ou elaboración de material didáctico, bibliográfico, fonográfico, videográfico e informático en galego.

  4. Á organización de programas e actividades, que teñan como finalidade o fomento do uso da lingua propia de Galicia entre os distintos compoñentes da comunidade educativa do centro.

    As comisións de selección terán en conta a calidade do proxecto e o número de alumnos do centro para a concesión de axudas.

    A calidade do proxecto será avaliada en tres tramos, de maior a menor, A, B, C, en función de:

    • Número de actividades previstas polo centro para fomenta-lo uso da lingua galega.

    • Repercusión das actividades no incremento do uso da lingua galega.

    • Custo e dificultade da actividade.

    Orde do 4 de febreiro de 2003 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de doce bolsas para estadías de persoal dos departamentos de estudos galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (dog núm. 42, do 28 de febreiro de 2003).

    O artigo 1º do Decreto 213/1998, do 10 de xullo, en harmonía co artigo 27 do estatuto de autonomía para Galicia, establece a competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a promoción e o ensino da lingua galega e o fomento da investigación.

    A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no seu artigo 22, establece que o Goberno galego asumirá a dirección técnica e o seguimento do proceso de normalización da lingua galega, asesorará a Adminisración e ós particulares, e coordinará os servizos encamiñados a consegui-los obxectivos que esa mesma lei determina.

    Page 297

    Dentro do plan de actividades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para 2003 figura a convocatoria pública de bolsas de investigación para realizar proxectos concretos sobre lingüística, literatura, antropoloxía e historia galegas, no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, centro que debe servir de lugar de conexión e relación para os estudos que se fagan en Galicia e noutras comunidades.

    O concurso ten por obxecto a adxudicación de doce bolsas de estadías e participación en actividades nos proxectos de investigación que aparecen como anexo I, no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, destinadas a licenciados ou estudiantes dos dous últimos anos de licenciatura, vinculados a universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia que teñen centros de estudos galegos por convenio coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

    Orde do 19 de febreiro de 2003 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para impulsa-la creación, traducción e adaptación de libros e materiais didácticos e complementarios, para niveis non univesitarios, impresos en lingua galega (dog núm.40, do 26 de febreiro de 2003).

    A presente Orde vai dirixida ás editoriais legalmente constituídas como empresas privadas que elaboren material escolar incluíble no seu ámbito de aplicación. As subvencións convócanse en réxime de concorrencia competitiva para empresas do sector editorial para impulsa-la creación, traducción e adaptación de libros e material didáctico de niveis educativos recollidos na loce, con suxeición ás normas contidas nesta orde.

    O artigo 5º (Exclusións), di: «Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta orde, aínda cumprindo os requisitos esixidos no artigo precedente:

  5. Os libros de bibliófilo.

  6. Os libros destinados a seren distribuídos gratuitamente.

  7. Os libros publicados por clubs do libro ou entidades similares, destinados a seren distribuídos entre os seu subscritores.

  8. Os libros de uso escolar correspondentes a áreas ou materias de lingua e literatura galegas.

  9. As publicacións ou material didáctico non destinado a uso escolar.

  10. As obras que non sexan primeiras edicións.

  11. As publicacións que recibisen subvención da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

  12. As publicacións ou material didáctico que recibisen subvención daPage 298 Consellería de Educación e ordención Universitaria en anteriores convocatorias.

  13. As que non posúan número de isbn nin depósito legal definitivo.

    As bases específicas para a concesión das subvencións son:

    1. Subvencións a obras editadas orixinalmente nos anos 2002-2003 en lingua galega, ou traducidas ou adaptadas doutra lingua distinta do galego.

    Esta base subdivídese nas dúas alíneas que se describen a continuación:

    a) Comprende os libros de texto e, se é o caso, os cadernos e calquera outro material de traballo que forme parte deles.

    b) Engloba o material didáctico e complementario (agás os libros de lectura). Destínase un máximo de 360.000 euros do orzamento total desta convocatoria ás axudas que se concedan ó abeiro desta tipoloxía. De non se esgotar coas subvencións que se asignen, o sobrante engrosará a dotación económica da alínea anterior.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

Fomento

Orde do 23 de xaneiro de 2003 pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de guións e para a realización de proxectos de producción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores (dog núm. 31, do 13 02.2003).

A Lei 6/1999, o 1 de setembro, do audiovisual de Galicia, dedica o seu capítulo II ás actividades de fomento do sector audiovisual, para promover e potencia-lo ensino do audiovisual e das novas tecnoloxías interactivas así como a actividade profesional no sector audiovisual. Estas axudas teñen como función a formación de todos aqueles que se inicen neste sector. Poderán optar a estas subvencións:

a) No caso de axudas ó desenvolvemento de guións en lingua galega, as persoas físicas residentes en Galicia que teñan prevista a escritura dun guión para proxectos como os sinalados no artigo 13º,

b) Para a realización de proxectos de producción en lingua galega que incorporen novos realizadores, tanto persoas físicas residentes en Galicia, como productoras audiovisuais e empresas de producción multime-Page 299dia legalmente constituídas como tales, con domicilio social en Galicia que incorporen para a dirección do proxecto en cuestión un novo realizador. No caso de productoras cinematográficas deberán estar inscritas no Rexistro Oficial do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais.

As bases específicas para a concesión de subvencións concrétanse do seguinte xeito:

  1. Subvencións para o desenvolvemento de guións en lingua galega:

    Artigo 13º. Tipos de proxectos.

    Serán obxecto de subvención ó desenvolvemento de guións os seguintes tipos de proxectos:

    a) Longametraxes cinematográficas.

    b) Películas para tv.

    c) Produccións multimedia.

    Non se poderán presentar á presente convocatoria adaptacións de obras preexistentes.

  2. Subvencións para a realización de proxectos de producción audiovisual en lingua galega que incorporen novos realizadores:

    Artigo 18. Tipos de proxectos.

    Serán obxecto de axudas a realización das seguintes produccións audiovisuais:

    a) Curtametraxes, as produccións cinematográficas de duración inferior a sesenta minutos.

    b) Video-creación, os proxectos que expresen unha clara vontade de experimentación formal.

    c) Producción multimedia, as que conxuguen o emprego de medios informáticos e audiovisuais tanto na súa elaboración como no seu consumo.

    Orde do 7 de maio de 2003 pola que se convocan subvencións para apoia-la comercialización de productos audiovisuais e a presencia en mercados de obras audiovisuais producidas en lingua galega.

    (dog núm. 110, do 9.06.2003).

    Considéranse gastos subvencionables os seguintes conceptos:

    • A tiraxe e o subtitulado das copias esixidas para participar, de acordo coas normas propias que regulen o evento audiovisual, así como as esi-Page 300xidas para a proxección do producto audiovisual nos mercados que teñan lugar nel.

    • A campaña de publicidade, que poderá comprende-los seguintes conceptos: inclusión de anuncios nas publicacións oficiais do evento; alugamento de espazos publicitarios nos recintos e zonas establecidas en cada evento; material publicitario, tal como carteis, fotografías, diapositivas, carpetas de prensa,etc. nas cantidades que se van utilizar na promoción de cada obra con motivo do evento en que participe; contratación de empresas de relacións públicas, intérpretes e axentes de prensa; e organización de presentacións e conferencias de prensa.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Fomento

Resolución do 18 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello de Cambre (dog núm. 34, do 18 de febreiro de 2002).

O capítulo VIII —Dereitos e Deberes xeraisno seu artigo 46, dedicado ós Dereitos lingüísticos, sinala:

Os traballadores do concello de Cambre teñen dereito a desenvolve-la sú actividade laboral e profesional en lingua galega e a recibi-la formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo, recoñecendo o concello desa maneira a oficialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollido no Estatuto de autonomía de Galicia, Lei de normalización lingüística e demais disposicións legais concordantes.

O Concello de Cambre fomentará o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos cidadáns e administracións públicas en Galicia.

Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local

Fomento

Orde do 26 de maio de 2003 pola que se convocan os cursos básico, medio e superior de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal da Administración local galega (dog núm. 107, do 4.06.2003).

Page 301

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5.º.1º, dispón que a lingua propia de Galicia é o galego.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no seu artigo 4.1º, establece que «o galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma [...]»

A Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, no seu artigo 1, dispón: «As convocatorias de sesións, ordes do día, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas das entidades locais de Glaicia, redactaranse en lingua galega.»

E no seu artigo 2, punto 2º.1, di: «Correspóndelle á Xunta de Galicia o impulso do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega.»

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, nos números 1º e 3º do seu artigo 7, dispón respectivamente:

O galego, como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local.

As convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas, actas, notificacións, recursos, escrituras públicas, comparecencias xudiciais e tódolos actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega.

A Xunta de Galicia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especialmente a través do programa de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega.

Convócanse os seguintes cursos de linguaxe administrativa galega: a) curso de nivel básico; b) curso de nivel medio; c) curso de nivel superior. A duración dos cursos será a seguinte: os cursos básico e medio terán unha duración de 75 horas; o curso superior terá unha duración de 90 horas.

Orde do 27 de maio de 2003 pola que se regula a concesión de subvención ós concellos de Galicia para a normalización da lingua galega (dog núm. 107, do 4.06.2003).

A Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, ten como obxectivos de normalización lin-Page 302güística no ámbito da Administración local os mencionados nos artigos seguintes:

Artigo 1º: «As convocatorias de sesións, ordes do día, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia, redactaranse en lingua galega».

Artigo 2.1. «Correspóndelle á Xunta de Galicia o impulso do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega»; e no punto 2º.2: «Sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua galega».

Por outra banda, a Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración local de Galicia, establece o galego como lingua propia de Galicia.

Este marco xurídico fai que o Goberno galego estea obrigado a dispoñe-los medios necesarios para facer efectiva e progresiva a normalización lingüística. Velaí por qué elaborou un plan integral de estudos dedicados ós funcionarios que presten os seus servizos nas corporacións locais galegas, do que forman parte os cursos básico, medio e superior, obténdose, ó remate destes, o título de traductor oficial de linguaxe administrativa galega, título que habilita, ós que o obteñan, para encargarse da traducción da documentación á que se refire o artigo 1 da Lei 5/1988, do 21 de xuño.

A orde aspira a que os funcionarios que se formen nos devanditos cursos serán a base duns gabinetes de traducción ó idioma galego que deberán estar implantados en tódolos municipios de Galicia co fin de cumpri-los mandatos contidos nas leis 5/1988, do 21 de xuño, e 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

Os concellos poderá solicita-las axudas desta orde para as modalidades que se relacionan:

  1. Mantemento dos servizos municipais de normalización lingüística xa existentes.

  2. Creación de novos servizos municipais de normalización lingüística.

  3. Organización de campañas co obxecto de logra-la normalización lingüística no concello.

O artigo 4º di que os servizos municipais de normalización lingüística deberán contar, cando menos, con un especialista titulado en lingua galega: licenciado en filoloxía galego.-portuguesa, en filoloxía galega ou en filoloxía hispánica (sección galego-portugués); mestres co diploma de espe-Page 303cialista en lingua galega ou co diploma do curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega.

No que fai ó artigo 5º este regula as misións destes gabinetes de normalización lingüística:

a) Velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüística de Galicia, no ámbito de actuación do concello correspondente, así como a lei do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais. As accións máis importantes serán: confección en galego das actas, edictos, convocatorias de sesións, ordes do día, dictames das comisións informativas, mocións e traduccións de tódolos impresos oficiais en lingua galega.

b) Ofrecerlle ó público asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos e para a súa traducción, se fose posible.

c) Impulsa-la normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública.

Consellería de Emigración

Fomento

Orde do 14 de febreiro de 2003 pola que se regulan programas formativos, de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior (dog núm. 34, do 18 de febreiro de 2003).

O feito incomparable e histórico da presencia asociativa de Galicia nos distintos países do mundo ten, neste período constitucional do noso país, un pioneiro recoñecemento no vixente Estatuto de autonomía de Galicia que no seu artigo 7 establece o dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego.

A Lei 4/1983 de, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade evoca o espírito asociativo e solidario dos galegos que os leva a constituíren fóra de Galicia auténticas comunidades que serven de vínculo de unión e comuñón coa terra galega. Varios son os obxectivos que se perseguen:

• Promover unha vez máis intensa e eficaz vinculación entre tódalas comunidades galegas e destas con Galicia, superando así as distancias reais e facilitando a unión de todos na vivencia da nosa identidade común.

• Facilita-lo reencontro coa súa terra por parte dos nosos maiores emigrados e o achegamento e integración na vida social e cultural de Galicia por parte dos membros máis novos das comunidades de galegos asentadas no exterior.

Page 304

• Fortalece-la nosa actual presencia no exterior para acadar aínda unha maior proxección de Galicia que facilite un coñecemento mellor da nosa realidade cultural, empresarial e económica.

• Propicia-la maior promoción das accións dirixidas ós mozos descendentes de galegos, particularmente dos programas formativos, tanto de carácter ocupacional como empresarial, así como das accións culturais, artísticas, deportivas e asociativas, xa que estas favorecen a súa integración progresiva na vida das nosas comunidades e contribúen á renovación e continuidade dos nosos centros, asegurando unha opción de futuro.

• En xeral, garanti-lo benestar social e a calidade de vida de tódolos galegos, alí onde se atopen, especialmente os residentes en países en situación de crise.

A exposición de motivos desta Orde abunda nos razoamentos: «Programaranse cursos de información, estudo e perfeccionamento de materias relacionadas coa cultura galega, tales como a xeografía, a historia, a literatura, as artes, así como aqueles que teñen por contido a aprendizaxe e práctica da lingua galega. Con todos eles, preténdese dar resposta fructífera á incesante demanda que dende as distintas comunidades chega ata nós».

Considera a Consellería que a existencia e actividade destas comunidades no exterior afirman publicamente unha identidade galega profusamente difundida polo mundo mediante o uso dos símbolos e sinais propios de Galicia.

O Capítulo II (Cursos de lingua, literatura, historia e cultura galega), dedícase á concreción e alcance das medidas de fomento da nosa cultura e lingua.

O artigo 9º di:

  1. O programa pretende promove-la realización de accións que eleven o nivel cultural dos emigrantes de orixe galega e manteña viva a súa identidade, así como difundi-la cultura galega nos contornos dos seus asentamentos.

  2. Poderá participar nalgunhas fases deste programa a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os cursos que se programen irán dirixidos a maiores de 14 anos que sexan socios de centros galegos ben que poden participar tamén tódolos membros da colectividade galega e os seus descendentes, así como aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia.

Page 305

Cada curso, de carácter intensivo, terá unha duración de 60 horas de teoría e 15 de práctica. O horario das clases axustarase ás necesidades dos solicitantes e terá unha duración ordinaria dun mes ou, excepcionalmente, ata tres meses para os casos nos que existan profesores de galego xa desprazados ós lugares de impartición, completándose a realización do curso dentro do ano natural.

Os cursos poden ter dúas modalidades, unha de lingua galega con valor académico e dous niveis distintos de coñecementos: cursos de iniciación e cursos de perfeccionamento. Outra, de extensión cultural para persoas interesadas en mante-lo achegamento a Galicia, á súa realidade cultural actual, á súa historia, literatura, lingua e resto de manifestacións culturais da nosa terra.

Parlamento de Galicia

a) Leis

a) O Parlamento de Galicia, na sesión do día 27 de maio de 2003, aprobou a Lei de cooperación para o desenvolvemento (bopg núm 371, do 12.06.2003).

Trátase dunha Lei que se incardina dentro das iniciativas universais de promoción da solidariedade. A consolidación na comunidade internacional de políticas de cooperación internacional para o desenvolvemento, para a erradicación da pobreza e para contribuír á solución destes problemas mediante a achega de recursos que se destinan á promoción do desenvolvemento humano, ten un referente na Conferencia sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento de Río de Xaneiro (1992), convocada polas Nacións Unidas.

En Galicia esta política ten os seus antecedentes máis salientables no asinamento do i Convenio marco entre a Axencia Española de Cooperación Internacional e a Xunta de Galicia con data do 19 de outubro de 1992. En 1994 créase o Rexistro galego de organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, adscrito ó Departamento da Presidencia e Administración Pública. Neste tempo as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento prestáronlle unha positiva asistencia á Xunta de Galicia mediante a súa participación en órganos de asesoramento e en comisións técnicas asesoras de actividades.

Esta Lei de cooperación para o desenvolvemento estructúrase en seis capítulos. No primeiro, ó especifica-los principios, atopamos alusións ás linguas:

Page 306

b) A necesidade de promover un desenvolvemento humano global, interdependente, sostible, participativo, e con respecto á equidade de xénero, evitando toda discriminación por razóns de cultura, raza ou relixión.

c) O recoñecemento do dereito dos pobos a decidiren respecto das súas estructuras políticas, así como da defensa e promoción da súa cultura, lingua e identidade propias e dos valores da convivencia pluricultural.

O artigo 8º matiza os ámbitos de actuación preferente:

d) O respecto e a promoción da identidade cultural dos pobos.

b) Regulamentos

A Mesa do Parlamento de Galicia, na reunión do día 15 de abril de 2003, aprobou o Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia (bopg núm. 362, do 27.05.2003).

O artigo 19 —Competencias da Unidade de Traducción e Corrección— especifica o seu alcance:

a) A traducción de documentos galegos ó castelán e do castelán ó galego.

b) O asesoramento e a emisión de informes en materia lingüística.

c) A participación na elaboración de criterios unificadores de traducción, corrección e redacción de documentos de natureza parlamentaria, así como en materia de técnica normativa e na preparación de manuais de estilo.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR