Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoXefe do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas314-321

Page 314

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Decreto 231/2005, do 11de agosto, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. (DOG núm.155, do 12 de agosto de 2005)

Este Decreto incorpora á Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza á Dirección Xeral de Política Lingüística que durante moitos anos dependeu da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, agora con rango de Secretaría Xeral. Con esta decisión política ponse cabo a unha vella reivindicación expresada mesmo en sede parlamentaria de que a política lingüística dependese de Presidencia.

Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local

Orde do 11 de xullo de 2005 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a normalización da lingua galega (D.O.G. núm.139, do 20 de xullo de 2005).

A Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, ten como obxectivos de normalización lingüística no ámbito da Administración local os mencionados nos artigos seguintes:

Artigo 1

As convocatoria de sesións, ordes do día, votos particulares, proposts de acordo, ditames das comisión informativas e acta das entidades locais de Galicia, redactaranse en lingua galega.

Artigo 2.1

Correspóndelle á Xunta de Galicia o impulso do proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega;

e no punto 2.2:

Page 315

Sem prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua galega.

Por outra banda, a Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administrción local de Galicia, nos seus puntos 1 e 3 do artigo 7 dispón, respectivamente:

O galego como lingua propia de Galicia, éo tamén da súa Administración local.

As convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de cordo, ditames das comisións informativas, actas, notificacións, recursos, escrituras públicas, compare- cencias xudiciais e todos os actos de carácter público ou administrativo que se realicen por escrito en nome das corporacións locais redactaranse en lingua galega».

»A Xunta de Galicia impulsará o proceso de incorporación da lingua galega na Administración local, especial- mente a través de programas de formación de funcionarios das entidades locais en lingua galega.»

Consonte con todo o exposto a Orde da Consellería dispón a convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a sufragar os custos de contratación de persoal polas entidades locais, para a realización de funcións de tradución para o galego dos documentos aos que se serife o artigo 1 da Lei 5/1998, do 21 de xuño, e a subvencionar a organización de campañas de normalización lingüística. O orzamento destinado a tal fin é de 228.385 a.

As modalidades que adoptan estas axudas son as que a continuación se relacionan:

  1. Mantemento dos servizos municipais de normalización lingüística xa existentes.

  2. Creación de novos serivizos municipais de normalización lingüística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficiente.

  3. Organización de campañas co obxecto de lograr a normalización lingüística na entidade local.

Os servizos de normalización lingüística deberán contar, cando menos, cun especialista titulado en lingua galega: licenciado en filoloxía galegoportuguesa, en filoloxía galega ou en filoloxía hispánica; mestre co diploma de especialista en lingua galega ou co diploma do curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega.

Os gabinetes de normalización lingüística deberán cumprir as seguintes misións:

Page 316

a) Velar porque sexa aplicada a Lei de normalización lingüística de Galicia, no ámbito de actuación da entidade local correspondente, así como a Lei do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais. As accións máis importantes serán: confección en galego das actas, edictos, convocatorias de sesións, ordes do día, ditames das comisións informativas, mocións e traducións de todos os impresos oficiais en lingua galega.

b) Ofrecerlle ao público asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos e para a súa tradución se fose posible.

c) Impulsar a normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública.

Orde do 11 de xullo de 2005 pola que se convocan os cursos básicos, medio e superior de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal da administración local galega. (dog núm. 139, do 20 de xullo de 2005)

O preámbulo desta Orde fai referencia a varias leis para xustificar a necesidade da convocatoria de cursos de linguaxe administrativa: Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística; Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais; e Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Ese conxunto de leis contén no seu articulado preceptos relativos á lingua galega e mandatos expresos que obrigan á Administración autonómica a articular medidas para fomentar o seu uso.

Ao abeiro deste marco legal o Goberno redactou un Plan integral de estudos iniciado en 1990, mediante o que se pretende que en todas as corporacións locais exista, polo menos, un funcionario que se responsabilice da tradución dos documentos sinalados no artigo 1 da Lei 5/1988 e conforme o Decreto 226/2003, modificado polo Decreto 16/2004, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

Convócanse cursos de nivel básico, medio e superior destinados ó persoal das Administracións públicas, establecéndose os criterios organizativos dos mesmos.

Parlamento de Galicia

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar o proxecto de Estatuto de Galicia. Un proxecto que, ó día seguinte de facerse público, provoca controversias. Gobernos de comunidades autónomas extremeiras —Astu-Page 317rias e Castela-León— xa manifestaron os seus desacordos coas pretensións do articulo do texto verbo da posibilidade incorporar a Galicia concellos da Galicia irredenta. Neste debate apareceron tamén os forxadores de opinión nos medios de comunicación, que se manifestaron a prol e en contra.

Ofrecemos algúns artigos que teñen que ver coa lingua galega, por ser os que interesan ós lectores de la Revista de Llengua i Dret.

Preámbulo

Convencidos de que esa unión somente pode ser froito da libre vontade dos pobos, os galegos e galegas proclamamos conxuntamente a nosa identi- dade política, cultural e lingüística, o dereito a decidir sobre nós mesmos, e a nosa inequívoca vontade de colaborar na instauración dunha comunidade internacional que asuma o principio pleno da democracia universal.

Título preliminar

Artigo 3. A língua galega

1. O galego é a lingua propia e oficial de Galicia. Todos os cidadáns e cidadás galegas teñen a obriga de coñecelo e o dereito a usalo.

2. O castelán será co-oficial no territorio de Galicia.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas, potenciarán o emprego da lingua galega en todos os eidos da vida pública, cultural e informativa e disporán os medios necesario para facilitar o seu coñecemento. Todos os funcionarios e traballadores ao seu servizo teñen a obriga de o usar no desempeño das súas funcións. O emprego do caste- lán realizarase a pedimento de parte.

4. Ninguén poderá ser discriminado por razón da lingua

5. O galego, como língua propia, é:

a) A línguga de todas as institucións galegas, e en especial da Administrción galega, da Administración local, dos seus entes dependentes, das corporacións públicas, das empresas e os servizos públicos, dos medios de comunicación institucionais, do ensino e da toponimía.

b) A língua preferentemente utilizada pola Administración do Estado e demais entes estatais en Galicia na forma que ela mesma determine, polas demais institucións e,en xeral, polas empresas e entidades que ofrecen servizos á cidadanía.

6. O idioma galego será a língua oficial no ensino en todos os nveis educativos, a tal efecto:

a) O alumnado terá dereito a recibir o ensino en língua galega, nomeadamente no primeiro ensino.

b) O persoal docente dceberá facer uso da lingua galega no exercicio das súas funcións educativas conforme se eestablecer legal- mente.

Page 318

c) A língua galega será materia de ensino obrigatorio en todos os centros educativos.

d) As administracións educativas promoverán o uso progresivo do galego como lingua vehicular en todos os niveis educativos.

7. O coñecemento da lingua galega será requirimento obrigado para o exercicio en Galicia da representación política e das funcións administrativas, notariais, rexistrais e xudiciais.

8. Os topónimos terán como única forma oficial a galega. Correspóndelle ao Goberno galego a determinación dos nomes de lugar de Galicia.

9. A competencia sobre a fixación da variedade estándar da lingua galega correspóndelle á Real Academia Gale- ga, dacordo cos informes das universidades galegas e das organización dinamizadoras do uso público do galego.

10. O Goberno galego fomentará o emprego do galego nas zonas galegofalantes do exterior de Galicia.

11. A língua galega, como parte do sistema galego-portugués, será difundida, en toda a súa produción cultural, nos países de língua potuguesa.

A disposición adicional segunda, di:

O Parlamento de Galicia reclamará ás Cortes Xerais que declaren a lingua galega idioma oficinal nos órganos centrais do Estado español.

Como lingua de Galicia, o galego será de uso oficial no Senado, en canto Cámara de representación territorial, así como, no seu caso, no Congreso dos Deputados. Recoñecerase ademais o seu emprego polos representates gale- gos nas institucións da Unión Europea como língua oficial da mesma.

A disposición final segunda, di:

O Parlamento de Galicia reclamará aos Parlamentos da Comunidades Autónomas ás que actualmente pertencen as comarcas limítrofes de fala galega, que a declaren co-oficial no territorio dos concellos desas comarcas e nos órganos institucionais centrais das respectivas Comunidades Autónomas.

Nes aperspectiva está tamén a de:

Poderán incorporarse a Galicia aqueles concellos limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análagoas, mediante procedemento democráticos que serán regulador por lei.

O artigo 6, «Os símbolos de Galicia», especifica cales son:

1. Por lei do Parlamento de Galicia fixaranse os símbolos distintivos de Galicia, que son a bandeira, o escudo e o himno.

Page 319

2. A bandeira e o escudo figurarán en lugar preferente nos edificios públicos situados no territorio galego e nos actos públicos que se celebren en Galicia.

3. Institúese o 25 de xullo como Día da Nación Galega.

Plan xeral de normalización lingüística

Atendendo ao solicitado pola Dirección Xeral de Política Lingüística e tendo en conta as propostas dos sete grupos sectoriais, a Comisión Técnica do Plan Xeral de Normalización Lingüística (pxnl) presenta a programación de medidas a executar no primeiro período.

A presentación pública do pxnl e constitución dos Grupos Sectoriais fíxose o 22 de xaneiro do 2005 e propoñíase como data de entrega do traballo dos Grupos Sectoriais o 15 de febreiro para que a últimos de marzo estivese lista a programación co fin de presentala no Parlamento. En consecuencia esta Comisión Técnica entende que procede presentar un plan de traballo para o que queda do ano 2005 e todo o 2006.

Esta programación do pxnl para o período 2005-2006 está montada cos seguintes criterios:

— priorizar, por mor do momento de inicio da execución aquelas medidas que non teñan un custo económico elevado;

— priroriza la execución de medidas que, por máis urxentes, deberán estar realizadas antes de decembro do 2006; coma tal, as seguintes:

• medidas que supoñan a aparición dunha renovada vontade política a prol do galego:

• Campaña de difusión do PXNL, que faga ver que hai unha nova dinámica na lingua.

• Encontros de alto nivel que, pola vía da relación cordial entre persoas, desbloqueen situacións nas que a lingua galega padece unha espera innecesaria. Este vai ser un dos traballos fundamentais a realizar este período: establecer contactos que hoxe non existen pero que lle poden abrir portas á lingua (Pacto pola Fala).

• Encontro de membros da Mesa do Parlamento con representan tes da industria, a empresa, o comercio, a publicidade, a banca, os medios de comunicación e maila área do deporte para un Pacto pola Fala.

• Encontro das Autoridades galegas coas de Asturias, Castilla-León e Extremadura.

Page 320

• Encontro das Autoridades galegas co Goberno español para ofrecer toda a colaboración institucional de Galicia nos proxectos de apertura de espazos á lingua galega en España e en Europa.

• Encontro das Autoridades galega coa dirección do Instituto Cervantes.

• Inicia-la execución de medidas que, por seren de máis longo percorrido, cómpre que se poñan en marcha xa.

• Creación de ferramentas que posteriormente permitirán desenvolver accións.

• Modificacións legais que habiliten avances lingüísticos.

Os redactores desta Programacións consideran que a situación do galego esixe unha planificación lingüística nova, moderna e audaz, un exceso de retórica a prol do galego podería suscitar reaccións que se manifestarían en terreos aparentemente neutros e iso podería crear inimigos que o pxnl precisa non ter.

O pxnl non ve a situación actual só como un perigo senón tamén como unha fonte de oportunidades e preten de aproveitalas todas para que a lingua galega circule no fluxo dinámico da actual globalización. É posible un salto cualitativo, se se aproveitan:

— a fortaleza oculta da lingua;

— o conseguido nas anteriores lexislaturas;

— o clima de concordia lingüística que se vive en Galicia;

— o clima de concordia lingüística que se empeza a vivir en instancias españolas e europeas;

— as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

A estratrexía a seguir parece clara: a innovación do pxnl. Parece claro que o galego podería entrar en crise se non der conquistado as cidades, o mundo xuvenil, o empresarial, o mediático e se non se consolida no ensino; se a sociedade se conformar con que o galego sexa a pauta escrita dunha actividade que se desenvolve oralmente só en castelán; se a sociedade se conformar con que o cidadán galego falante deba seguir ocultando a súa lingua ante unha persoa galega pero descoñecida ou ante un funcionario público; se a sociedade se conformar coa turina secular desfavorable ao galego; se a sociedade non aproveitar aqueles recursos que ofrecen a sociedade da información e as tecnoloxías da información e da comunicación.

A oferta positiva será, a xuízo dos redactores desta programación de medidas, o medio a utilizar. Pero, ¿Qué é a oferta positiva? É unha corte-Page 321sía que lle dá a unha lingua con problemas a oportunidade de emerxer, facerse presente, normalizarse.

Outro medio a utilizar será o Pacto pola Fala, que consistirá nun acordo multisectorial no que as 200 entidades máis relevantes de Galicia (grandes industrias, lideres do comercio, mundo da comunicación, da ciencia, do deporte, da sanidade, da relixión), asuman de maneira voluntaria compromisos simples pero firmes de uso profesional crecente da lingua galega.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR