Crònica legislativa de Galícia. Primer semestre de 2022. 'Sense projecte de normalització, la Xunta es limita a inaugurar esdeveniments i pagar estudis

AutorAlba Nogueira López
CargoCatedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela
Páginas299-302
REVISTA DE LLENGUA I DRET #78
JOURNAL OF LANGUAGE AND LAW
CRÓNICA LEXISLATIVA DE GALICIA
Primeiro semestre de 2022
“Sen proxecto de normalización a Xunta limítase a inaugurar actos e pagar estudos”
Alba Nogueira López*
Resumo
Aínda que a lexislatura xa debería comezar a rodar e as estruturas administrativas dedicadas á lingua mantivéronse
intactas tanto despois das elección de 2020, coma despois do cambio de presidente da Xunta en 2021, o certo é que a
experiencia acumulada non leva a estar en disposición de impulsar novas iniciativas lexislativas ou de planicación
para revertir o debalo de falantes da lingua galega. Neste periodo non houbo ningunha lei, decreto ou plan aprobado con
relevancia para a normalización lingüística. As poucas iniciativas que se poden salientar saen do seo doutras institucións
e a Xunta préstalles o seu apoio económico.
O labor da Secretaría Xeral de Política Lingüística limítase a unha incesante participación en eventos culturais (premios,
xornadas, actos literarios…) cun fío condutor non sempre conectado coa lingua.
Palabras chave: inacción, estudos, intelixencia articial, neofalantes, redución orzamentaria bibliotecas.
LEGISLATIVE REPORTS ON GALICIA
First half of 2022
“As far as language normalisation is concerned, the Xunta de Galicia limits its involvement to opening events
and funding studies”
Abstract
Although the legislature should already have got down to work and the language-related administrative structures have
remained intact after the 2020 elections and the change in the autonomous community’s president in 2021, the fact of
the matter is that past events mean that it is in no condition to promote new legislative initiatives or plans to reverse the
decline in the number of speakers of the Galician language. This period saw the passing of no signicant laws, decrees
or plans on language normalisation. The few initiatives worthy of any note came from other institutions, for whom the
Xunta de Galicia provides nancial support. The work of the Secretariat General for Language Policy would appear to
consist solely of its never-ending participation in cultural events (awards, conferences, literary symposia and the like)
whose themes are not always language-related.
Keywords: inaction; studies; articial intelligence; new speakers; budget reductions libraries.
Alba Nogueira López, catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela. alba.nogueira@usc.es
Cita recomendada: Nogueira López, Alba. (2022). Crónica lexislativa de Galicia. Primer semestre de 2022. “Sen proxecto de
normalización a Xunta limítase a inaugurar actos e pagar estudos”. Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, 78,
299-302, https://doi.org/10.2436/rld.i78.2022.3864
Alba Nogueira López
Crónica lexislativa de Galicia. Primer semestre de 2022. “Sen proxecto de normalización a Xunta...”
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 78, 2022 300
Sumario
1 Introdución
2 Neofalantes
3 Nós: intelixencia articial ao servizo da lingua galega
4 Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de Ames
5 Continuidade nas convocatorias de axuda rutineiras da Xunta de Galicia e minoración dos criterios favorábeis
ao galego
Alba Nogueira López
Crónica lexislativa de Galicia. Primer semestre de 2022. “Sen proxecto de normalización a Xunta...”
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 78, 2022 301
1 Introdución
Aínda que a lexislatura xa debería comezar a rodar e as estruturas administrativas dedicadas á lingua
mantivéronse intactas tanto despois das eleccións de 2020, coma despois do cambio de presidente da Xunta
en 2021, o certo é que a experiencia acumulada non leva estar en disposición de impulsar novas iniciativas
lexislativas ou de planicación para reverter o devalo de falantes da lingua galega. Neste período non houbo
ningunha lei, decreto ou plan aprobado con relevancia para a normalización lingüística. As poucas iniciativas
que se poden salientar saen do seo doutras institucións e a Xunta préstalles o seu apoio económico.
O labor da Secretaría Xeral de Política limítase a unha incesante participación en eventos culturais (premios,
xornadas, actos literarios…) cun fío condutor non sempre conectado coa lingua.
2 Neofalantes
A incorporación de novos falantes á lingua galega é un xeito de corrixir a ruptura da transmisión interxeracional
que se produce en Galicia. Os neofalantes precisan as veces de apoios e referentes para facer esa transición
a utilizar de acotío o galego.
Un proxecto dixital de investigación promovido por un grupo de investigación da Universidade de Santiago
de Compostela de tres anos de duración quere avanzar no estudo do neofalantismo. O apoio económico da
Xunta acompaña este estudo consistente na posta en marcha dunha web que pretende servir de plataforma de
relación da comunidade neofalante en galego. O portal conta con varias seccións: sobre o mundo neofalante,
sobre a actualidade da lingua galega, sobre investigacións lingüísticas, sobre polémicas en redes relacionadas
co galego, unha sección de vídeos e, nalmente, unha de opinión e busca ter presenza activa nas redes sociais,
singularmente nas que máis usa a mocidade. Polo momento o número de seguidores nas diversas redes sociais
é demasiado baixo como para dicir que sexa un proxecto que vai ter un impacto signicativo.
O proxecto conta con dúas fases máis que incluirían unha ferramenta tecnolóxica interactiva que quere ser unha
rede social entre a comunidade neofalante favorecendo a creación de comunidades virtuais de todo o mundo
que empreguen o galego. A terceira fase en 2023 quere incluír unha área empresarial especíca destinada a
conectar a responsables de empresas ou persoas interesadas en crear negocios e a servir de enlace entre estes,
en distintos países, especialmente no mundo lusófono, a través da lingua galega.
3 Nós: intelixencia articial ao servizo da lingua galega
O outro proxecto estrela do goberno en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela é o proxecto
Nós. Aproveitando as capacidades en materia de intelixencia articial existentes na USC a Xunta nancia un
proxecto para desenvolver ferramentas de alta calidade para o procesamento automático do galego, tanto oral
como escrito. A idea é desenvolver ferramentas de licenza libre que axuden a: síntese de voz e recoñecemento
da fala; sistemas de diálogo; tradución automática; corrección e avaliación lingüística automática; xeración
de textos automáticos, extracción de información, e resumidores automáticos; vericación de información e
minaría de opinións.
Sen dúbida é de interese que o galego este presente nun ámbito de clara proxección de futuro que, ademais,
pode facilitar moito o posicionamento de linguas con menos falantes con ferramentas que minoren argumentos
sobre o custe de atención/información/tramitación de procedementos na súa lingua.
4 Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de Ames
A Real Academia Galega decidiu hai un tempo facer un estudo piloto nun concello mediano do entorno
da cidade de Santiago cun nivel de natalidade por enriba da media e unha elevada presenza de poboación
inmigrante sobre o uso do galego e o plurilingüismo. A idea era, partindo dun entorno de grande diversidade
e cunha poboación escolar grande, facer propostas para abordar a planicación lingüística, singularmente nos
centros educativos. Como resultado publicouse unha guía que foi co-nanciada pola Xunta de Galicia no que
se recollen algunhas propostas xerais para abordar este tipo de contextos.
Alba Nogueira López
Crónica lexislativa de Galicia. Primer semestre de 2022. “Sen proxecto de normalización a Xunta...”
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 78, 2022 302
5 Continuidade nas convocatorias de axuda rutineiras da Xunta de Galicia e minoración dos
criterios favorábeis ao galego
Sen grandes mudanzas a Secretaría Xeral de Política Lingüística sigue sacando as convocatorias de axudas
que realiza desde hai anos (entes locais, libros e materiais escolar...). Moitas das actividades que agora se
nancian entran dentro dun fondo especíco para actividades culturais ligadas ao Xacobeo cunha relación
coa promoción da lingua moitas veces moi tenue.
Hai que sinalar, porén, que na liña de axudas ás bibliotecas que tiña dúas liñas unha só para libros en galego
e outra para libro en xeral reduciuse o orzamento da liña para libro en galego e na liña xeral modicáronse os
condicionados de modo que o libro en galego pode non ter ningunha presenza. Canto menos o 50% ten que
ser fondo en castelán e dentro do 50% restante pode destinarse a libro en galego ou castelán (sen o mínimo
do 25% en galego que existía en convocatorias anteriores) e ata un 10% pode dedicarse a linguas estranxeiras
ou outras linguas ociais autonómicas.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR