Crònica legislativa de Galícia

AutorAlba Nogueira López
CargoProfesora titular de dereito administrativo, Universidade de Santiago de Compostela
Páginas351-356
CRÓNICA LEGISLATIVA DE GALICIA
Segundo semestre de 2016
Alba Nogueira López
Galicia: Fin dunha lexislatura gris e incógnita sobre o alcance do Plan de dinamización da lingua no tecido
económico
Resumen
Normativa lingüística aprovada en Galicia entre Xullo y Decembro de 2016. Fin dunha lexislatura gris e incógnita sobre
o alcance do Plan de dinamización da lingua no tecido económico.
Palabras clave: Galicia; derecho lingüístico.
LEGISLATIVE REPORTS ON GALICIA
Abstract
The text includes new regulations that affect the uses, the linguistic rights and the legal system of the language adoped
in Galicia during the second half of the year (between July and December 2016).
Keywords: Galicia; Linguistic Law.
*Alba Nogueira López, profesora titular de dereito administrativo, Universidade de Santiago de Compostela.
Citación recomendada: Nogueira López, Alba. «Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2016», Revista de Llengua i
Dret, Journal of Language and Law, núm. 67, 2017, p. 351-356. DOI: 10.2436/rld.i67.2017.2959.
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2016
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 67, 2017 352
1 Introdución
O contexto pre-electoral apenas remexeu as estancadas augas da protección da lingua en Galicia. Se ben
varias leis teñen algunha mención ao uso do galego e a lingua neste nal de lexislatura, o seu alcance é moi
limitado e non articula un réxime de protección sectorial nos campos que tocan. O anuncio dun Plan de
dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 nos suspiros nais da lexislatura terá que ser
contrastado coa realidade orzamentaria e a vontade política efectiva nos vindeiros tempos.
2 Leis con referencias ao uso da lingua
O Parlamento de Galicia aprobou na segunda parte do 2016 varias leis con algunhas referencias á lingua.
Non son normas que vaian producir cambios profundos nin que teñan un alcance moi relevante xa que na
súa maioría teñen un contido máis declarativo-programático que de articulación dun réxime de protección e
impulso sectorial con medidas concretas.
A actuación de defensa xurídica da Xunta e os seus organismos dependentes foi regulada pola Lei 4/2016,
do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de
Galicia e do seu sector público (DOG de 12 de abril)1. Esta lei tan só contén unha mención á lingua galega
que é precisamente a de recomendar o uso dela pola Asesoría Xurídica Xeral nas súas actuacións.
Disposición adicional primeira. Uso da lingua galega
De conformidade co disposto no artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galicia e nos artigos 4 e 6.4 da Lei
3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no ámbito da Asesoría Xurídica Xeral coidarase de que
todas as súas actuacións, en especial as dirixidas a outros órganos da Administración autonómica e as que se
produzan fronte aos órganos xurisdicionais radicados no territorio galego, se fagan en galego.
Do texto da lei sorprende a súa inclusión nunha disposición adicional e o uso do verbo “coidarase” para
regular esta previsión. Parece como se o lexislador non quixera establecer unha obriga de uso do galego
para a Asesoría xurídica. Isto é pouco comprensible tendo en conta a alusión a que esta recomendación vai
dirixida “en especial” aos órganos da Administración autonómica e os órganos xurisdiccionais radicados
en Galicia cos que parece que non debería haber problema para que a lingua normal de uso dos servizos
xurídicos da Xunta fora o galego.
Pola súa banda tamén existe unha alusión á lingua galega na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural
de Galicia (DOG de 16 de maio)2. Esta lei unica o tratamento xurídico que contiñan ata ese momento á Lei
8/1995, do 30 de outubro, de Patrimonio cultural de Galicia e a Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos
Camiños de Santiago. A lingua pasa a ser considerado un dos bens que forma parte do patrimonio cultural
inmaterial aínda que, como lembra a lei, “como elemento identitario, ten a súa regulación especíca na Lei
de normalización lingüística, [pero] aprovéitase nesta lei para situala como canle pola que vehiculizar o noso
patrimonio inmaterial”. O título V da lei inclúe como novidade a regulación, nun título especíco e separado,
das peculiaridades propias do patrimonio inmaterial, tendo en conta a súa natureza e as medidas especícas
de protección. Na relación de bens, como diciamos, gura a lingua e tamén outros bens con clara conexión
coa lingua, como son a tradición oral e a toponimia.
Art.9.3. Natureza dos bens
Considéranse bens do patrimonio cultural inmaterial para os efectos desta lei:
a) Os usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas, xunto cos instrumentos, obxectos, artefactos
e espazos culturais que lles son inherentes, que as comunidades, os grupos e nalgúns casos os individuos
recoñezan como parte integrante do seu patrimonio cultural, e en particular:
1º. A lingua, como vehículo do patrimonio cultural inmaterial, regulada pola súa normativa especíca.
1 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160412/AnuncioC3B0-070416-0002_gl.html
2 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2016
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 67, 2017 353
2º. As tradicións e expresións orais.
3º. A toponimia. (...)
Tamén se inclue outra referencia ao regular a sinalización do Camiño de Santiago na que, ademáis doutros
elementos relativos á imaxe e contido, se xa que dentro de Galicia estarán en galego en tipografía preferente
e respectarán a toponimia ocial en galego.
Artigo 81. Sinalización dos Camiños de Santiago
1. A Xunta de Galicia establecerá unha sinalización uniforme das rutas dos Camiños de Santiago en Galicia,
e procurarase o mesmo no resto de rutas, en colaboración co resto de comunidades autónomas e co Consello
Xacobeo e segundo as recomendacións do Consello de Europa.
2. A rotulación dentro do territorio de Galicia empregará a lingua galega. No caso de que se empreguen varios
idiomas, o galego terá lugar preferente na orde de colocación e maior relevancia na dimensión tipográca.
3. Fóra do territorio da Comunidade Autónoma promoveranse os acordos oportunos para que na rotulación
se empregue o galego e para que os topónimos se expresen de forma correcta.
Lei 9/2016, do 8 de xullo, pola que se modica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías
locais (DOG de 12 de xullo).
Pola súa banda a Lei 9/2016, do 8 de xullo, pola que se modica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación
de policías locais (DOG de 12 de xullo)3 cambia lixeiramente a redacción existente da acreditación do
coñecemento da lingua galega na selección do persoal, pero sen variar a súa esencia. No artigo 32 engade unha
especicación sobre que esa acreditación poderá ser mediante un exame ou ben acreditando o coñecemento
do xeito previsto na lexislación (superación de probas do CELGA, convalidación de títulos…) mentres que
a lei de 2007 tan só establecía que “deberase demostrar o coñecemento do idioma galego”.
“art.32. 4. As probas selectivas para ingresar nas escalas e categorías dos corpos da Policía local de Galicia
son de carácter teórico e práctico e poden incluír probas de capacidade física, psicotécnicas, médicas e de
coñecementos, que se xarán nas bases da convocatoria.
Así mesmo, incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua
galega conforme a normativa vixente”.
O artigo 33 reproduce esa previsión ao regular as probas selectivas de ingreso na categoría de policía cun
cambio, con respecto ao texto de 2007, parecido no alcance ao do art.32.
Finalmente, inclúese na categoría de faltas moi graves a discriminación por razón de lingua (art.79.n).
Asimesmo, seguindo a tónica das leis reguladores dos colexios profesionais aprobadas nos últimos anos, a
Lei 13/2016, do 26 de xullo, de creación do Colexio Ocial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia (DOG
de 29 de xullo)4 xa o compromiso desta organización colexial co galego no seu articulado. A vontade de
uso do galego tanto nas comunicacións internas como externas polo colexio sitúase na onda das previsións
existentes para os colexios profesionais regulados por leis galegas recentes.
Artigo 5. Uso do galego nas comunicacións
O Colexio Ocial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia procurará e fomentará o uso do galego en todas
as súas comunicacións, tanto internas como externas, segundo o establecido no Estatuto de autonomía de
Galicia e na regulación de normalización lingüística.
Cun carácter puramente instrumental cabe mencionar tamén que a Lei 15/2016, do 28 de xullo, do Plan
galego de estatística 2017-2021 (DOG de 2 de agosto) inclue dentro do listado de actividades estatísticas
previstas no seu Anexo III o “uso e coñecemento do galego”.
3 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160712/AnuncioC3B0-080716-0001_gl.html
4 http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160729/AnuncioC3B0-270716-0001_gl.pdf
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2016
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 67, 2017 354
Aínda que xerou certa polémica en relación coa lingua, polo xeito en que se presentou en sociedade polo
Presidente da Xunta, aprobouse o Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención
á cidadanía no sector público autonómico de Galicia (DOG de 30 de setembro)5 que non contén case
ningunha mención relevante á cuestión lingüística. Tan só unha mención á posta en marcha dun servizo de
videointerpretación en lingua de signos coa nalidade de garantir a atención cidadá ás persoas xordas ou
con discapacidade auditiva. E no caso concreto da lingua galega a previsión de que frente ás queixas das
persoas usuarias dos servizos públicos a Ocina de Defensa garantirá “unha resposta rápida á cidadanía sen
necesidade de esgotar prazos, personalizada, sinxela e sen tecnicismos, integral da cuestión formulada e
empregando a lingua coocial solicitada pola persoa interesada, de ser o caso”. Unha previsión que recolle
o dereito de elección das persoas usuarias da lingua de relación cando asi o solicitan pero que non debería
impedir o principio de oferta positiva en galego se non hai esa solicitude.
3 Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020
A aprobación do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-20206 nos estertores da
lexislatura coincidindo coa convocatoria electoral é reveladora da atonía das políticas da Xunta coa lingua cun
efecto supercial máis ligado á propaganda que a un labor de planicación efectivo con medidas concretas,
xación de obxectivos, avaliación de resultados e apoio orzamentario. A conrmación nas súas funcións do
responsable político e o mantemento sen cambios da estrutura organizativa despois das eleccións permitirán,
en todo caso, darlle unha continuidade a ese plan de haber vontade.
Os datos estatísticos negativos en relación coa transmisión xeracional do galego son o elemento que o goberno
manifesta como razón para promover este plan xuntando “dous deberes: dunha parte, a creación de maiores
oportunidades económicas e, doutra, velar pola viabilidade do noso idioma”. Este plan parte do diagnóstico
que realizaba o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004 que dividía o sector da economía
en cinco áreas (industria, comercio, cooperativismo, banca e traballo) e establecía para cada unha delas uns
obxectivos especícos de área acompañados dun grupo de medidas para os pór en práctica. Búscabase con
elas tanto incrementar o uso por parte das empresas (interno e cara o público), como aanzar o uso pola
clientela do galego. Resulta sorprendente que 12 anos despois se obvie un diagnóstico máis anado da
situación no sector empresarial e se opte por trazar as medidas sobre o diagnóstico que se efectuaba en 2004
cando os cambios sociais, económicos e mesmo institucionais foron relevantes.
Organizativamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística vai coordinar o seguimento do Plan
acompañada por unha Comisión de Seguimento, cuxos membros serán nomeados pola Secretaría Xeral
de Política Lingüística, e que estará integrada inicialmente por: Dúas persoas representantes da Secretaría
Xeral de Política Lingüística, dúas persoas representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria,
unha persoa representante da Federación Galega de Municipios e Provincias, unha persoa representante
da Confederación de Empresarios de Galicia, unha persoa representante da Real Academia Galega, unha
persoa representante do Consello da Cultura Galega,unha persoa representante do sector da hostalería, unha
persoa representante do sector do comercio, unha persoa representante do sector da banca, unha persoa
representante do sector das TIC e unha persoa representante dos sindicatos. Farase un seguimento anual
cunha comprobación semestral da evolución.
As medidas propostas por sectores son variadas, pero centran o seu alcance no plano publicitario, terminolóxico
e de concienciación sobre a importancia do galego. As medidas máis incisivas en canto á variación de condutas
enúncianse de forma vaga e non son acompañadas por compromisos detallados ou reformas normativas que
garantan a súa efectividade (etiquetaxe de produtos, lingua da contratación e as relacións laborais, atención
ao público garantida en galego cando menos para os establecementos dun certo tamaño, relación coa propia
Administración en galego na execución de contratos administrativos). Tampouco o orzamento previsto é moi
elevado porque as previsións que detalla o plan xirán aoredor do millón de euros anual.
5 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160930/AnuncioG0244-290916-0001_gl.html
6http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/plans-e-actuacions/_/contido_0004/plan-dinamizacion-lingua-galega-tecido-
economico-2016-2020
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2016
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 67, 2017 355
4 Magro balance no ecuador da lexislatura para os concellos e deputacións
A superación da metade do mandato dos entes locais pode servir para facer un pequeno balance das
realizacións en materia de lingua. Non obstante, tamén aí poucos avances ou cambios no enfoque das
políticas existentes ten deparado este periodo. Os servizos de normalización lingüística nos concellos seguen
a ser unha excepción; a precariedade do emprego do persoal destes servizos é a tónica xeral e a relevancia
desta política na acción de goberno escasa en gobernos de todos os signos políticos, mesmo en cuestións
relativamente doadas de artellar como o cambio na sinaléctica de rueiros ou nas páxinas webs municipais.
Unha iniciativa municipal lanzada en 2015 por 12 concellos ao que se uniron 11 máis en 20167 (acadando
un 40% da poboación galega) para a promoción do galego na primeira infancia é case o único proxecto
cunha certa visibilidade que pode destacarse neste periodo como novidade nos concellos. O proxecto Apego
busca promover e arroupar a transmisión da lingua ás nenas e nenos. O impulso inicial da Coordinadora
de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que xa xenerara algunhas das campañas máis
novidosas de apoio á lingua dos últimos anos, foi acollido por eses concellos para vertebrar unha oferta
dirixida á primeira infancia. Para iso as familias que van ter unha crianza reciben unha caixa con materiais
especícos para facer uso da lingua desde o nacemento (contos, música, suxerencias de nomes en galego)
e son obxecto dun seguimento polos servizos municipais e o acompañamento con actos especícos de
transmisión da lingua (concertos, teatro, recursos, formación…) nunha idade determinante para garantir a
transmisión xeracional.
Apenas houbo tampouco novas ordenanzas de uso da lingua neste periodo. Cabe destacar a que en 2016
aprobou a Deputación de Lugo (BOP de 16 de decembro)8. A Ordenanza declara o galego lingua propia da
institución e establece que esta será a lingua de uso normal tanto da propia Deputación, como dos seus entes
dependentes e dos contratistas e concesionarios no desenvolvemento dos contratos que os unan á Deputación.
Regúlase a oferta positiva en galego para a atención ao público nos servizos da institución. Tamén o uso do
galego na publicidade, publicacións, actividades e formación impulsada desde a Deputación. A ordenanza
detalla como introducir o impulso á lingua galega na contratación pública (pregos, prestacións…) e na
sinaléctica provincial. En denitiva, é unha ordenanza completa que establece cunha perspectiva global o
impulso ao uso do galego por parte da institución provincial lucense.
Malia esta ordenanza o certo é que se bota en falta unha acción decidida en materia de lingua por parte das
Deputacións que, máis alá da promoción cultural en galego, directa ou a través de subvencións, teñen unha
actividade moi limitada e circunscrita a convocatorias alleas a criterios de planicación lingüística (bolsas,
premios, axudas de diverso tipo). Neste mandato ademáis a pluralidade de signos políticos nos gobernos
(unha gobernada polo PP, dúas polo PSOE-BNG e unha inicialmente tamén aínda que agora polo PSOE
en solitario) podería facer pensar que se abrirían portas para políticas máis ambiciosas e diferenciadas.
Sen embargo, logo de dous anos longos de goberno non se aprecian cambios signicativos impulsados
polas deputacións provinciais. Máis alá dalgún medre orzamentario para apoiar liñas xa existentes, a
mellora puntual de aspectos das iniciativas xa en marcha e liñas complementarias con estas, o certo é que a
maioría das iniciativas concéntranse na actividade cultural, tanto de programación estable como de apoio á
celebración de certas efemérides relevantes. Tendo en conta a relativa marxe orzamentaria con que contan as
Deputacións bótase en falta a planicación de medidas de apoio á lingua que cubran as eivas (económicas,
de persoal, técnicas…) que teñen moitos concellos para as deseñaren e que de contaren cunha dirección
decidida e impulso polas deputacións (singularmente polas das provincias atlánticas gobernadas polos
bipartitos PSOE-BNG) poderían chegar á maioría da poboación galega suplindo algunhas das carencias que
existen na política da Xunta de Galicia.
7 En marzo de 2015, asinaban un protocolo de colaboración os concellos da Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón,
Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo. O 9 de abril de 2016 adheríanse 11
novos concellos: A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo.
8 http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_14446_1.pdf#page=1
Alba Nogueira López
Crónica legislativa de Galicia. Segundo semestre de 2016
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 67, 2017 356
5 Ausencia de avaliación da efectividade das axudas públicas á lingua
En materia de axudas cremos que o dato máis relevante neste periodo é a avaliación realizada polo Consello
de Contas de Galicia no Informe de scalización de Subvencións e Axudas da Administración da Comunidade
Autónoma (Fondos Propios), exercicios 2012-2013 entregado ao Parlamento Galego en xullo de 2016 no
que sinala que a Xunta non comproba se as súas subvencións para a normalización e promoción da lingua
galega dan resultado, isto é, se serven ou non para impulsar o idioma propio do país ademáis de apuntar os
fortes recortes orzamentarios experimentados con respecto a exercicios anteriores9. O Consello de Contas
analiza tres liñas de axuda da Consellería de Cultura e Educación de algo máis de 800.000 euros e conclue
que o Executivo non planica nin comproba o efecto destes fondos. Tamén lle pon tachas á concesión
directa por convenios para a “colaboración de entidades representativas” axudas entregadas á patronal e
varios sindicatos nas que tampouco se xo “unha avaliación das actividades obxecto do convenio” e da “súa
incidencia efectiva na dinamización da lingua”.
9 http://www.consellodecontas.es/sites/consello_de_contas/les/contents/documents/2013/161_D_Subvencions_e_
Axudas_Admon_CA_2012_2013_G.pdf

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR