Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoConsellerta da Presidencia e Administradón Pública
Páginas266-274

Page 266

a) Lexislación

Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago (DOG núm.101 do 23 de maio de 1996).

Título V

Da promoción do Camiño

Art. 27.

  1. A rotulacíón dentro do territorio de Galicia farase en galego. No caso de utiiización de varios idiomas, terá aquel lugar preferente na orde de colocación e maíor relevancia na dimensión tipográfica.

  2. Fóra do territorio galego, promoveranse os acordos oportunos para que o noso idioma figure na rotulación e se expresen de forma correcta os topónimos.

Decreto 55/1996, do 1 de febreiro polo qye se determinan os nomes ofíciais das parroquias pertencentes ós concellos de: Brión {provincia da Coruña), Pantón (provincia de Lugo), Agolada, Dozón, A Guarda, Rodeiro e Tui (provincia de Pontevedra).

A Lei de de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística dispón no seu artigo 10 que «os topónimos de Galícia terán como única forma ofícial a galega». O mesmo artigo establece no seu apartado 2 que Ue corresponde á Xunta de GaJicia a determinación dos nomes ofíciais dos concellos, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicadón interurbanas e dos topónimos de Galicia.

A Comisión de Toponímia emite, xa que logo, dictame previo á deliberación do Consello da Xunta que, a proposta do Conselleiro da Presidencia aproba este Decreto. OficiaJízanse cento oito topónimos, completándose deste xeito un irnportante baleiro nesta materia.

Decreto 330/1996, do 18 de xullo, polo que se determinan os nomes ofíciais das parroquias pertencentes ós concellos de: Rois (provincia da Coruña), Baleira, Negueíra de Muñiz e Ribeira de Piquín (provincia de Lugo), A Estrada, Ponteareas e PonteCaldelas (provincia de Pontevedra) (DOG núm. 164, do 22 de agosto de 1996).

Disponse a aprobación de cento vinteseis parroquias pertencentes ós concellos sinalados.

Page 267

Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense (DOG núm. 169 do 29 de agosto de 1996).

Trátase dunha norma que no seu artigo único declara aprobado 0 nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Orense (sic) que figura como anexo ó presente decreto. O feito de que o topónimo provincial apareza no presente Decreto na súa forma expúrea obedece a que o Congreso dos Deputados aínda non aprobou a Proposición de Lei cambiando a denominación oficial da cídade, capital de provincia: Ourense.

O Decreto oficializa os topónimos correspondentes a setenta e nove entidades de poboación da provincia.

A Disposición derradeira establece a entrada en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial dc Galicia.

Orde do 18 de maio de 1996 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencentes ós concellos de: Ares, Cabanas, A Capela, Ferrol, Mugardos, Muxía, Santa Comba, As Somozos e Val do Dubra (provincia da Coruña), Barreiros, A Fonsagrada e Sober (provincia de Lugo), Lalín, Oia, O Rosai e Tomiño (provincia de Pontevedra) (DOG núm. 142, do 19 de xullo de 1996).

A Orde desenvolve a Lei de Normalización Lingüística, que dispón no seu artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.

Oficialízanse varios centos de nomes de lugares e parroquias, despois de que a Comisión de Toponimia fixese o correspondente dictame.

A Disposición adicional dí que do establecido na presente orde e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

A Disposición Derradeira prevé unha vacatio dun día, é dicir, que entrou en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
a) Fomento

Orde do 11 de xaneiro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades e institucións sen fin de lucro para a relización de cursos e doutras actividades formativas de lingua galega (DOG núm. 54 doi 15 de marzo de 1996).

Page 268

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, mándalles ós poderes públicos de Galicia que garantan o uso normal do galego, lingua propia e oficial da Comunidade Autónoma.

Para que ese uso normal chegue a ser unha realidade, cómpre levar a cabo un labor de formación e de mellora do dominio do idioma galego entre toda a poboación.

Un importante sector da sociedade, especialmente sensible co idioma e coa cultura de Galicia, é o que abrangue as entidades e institucións sen fins de lucro. Nelas agrúpanse libremente cidadáns que, usándoa, lle confiren á lingua galega ante outros sectores sociais o prestixio necesario que os anime a utilizala.

A orde no seu artigo 3.° establece: «Poderanse subvencionar tamén proxectos presentados por varias entidades ou institucións sen fin de lucro, sempre que se trate da realización dun programa de formación conxunto».

As comisións avalíadoras das propostas concederanlles prioridade, entre outros, ós seguints criterios de actuadón:

  1. Preferencia dos cursos de íníciación e de perfeccionamento sobre outras actividades formativas.

  2. Que o curso ou actividade complete ciclo.

  3. No caso de que o custo dos cursos e actividades solicitadas supere a contía total especificada no artigo 1.°.3 desta orde, atenderase unicamente un curso ou actividade por entidade ou insticución solicitante.

  4. Respecto á distribución desa contía total por províncias, afectuarase un reparto proporcionaf entre as actividades susceptibles de subvención segundo o exposto nos tres anteriores apartados.

Orde do 8 de marzo de 1996 pola que se fan públicas as axudas económicas concedidas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística e de potenciacíón do uso do galego dos centros educativos de educación infantil, primaria, xeral básica, especial e permanente de adultos, e de bacharelato, formación profesional e institutos de educación secundaria e profesional, respectivamente, convocadas por unha orde do 10 de outubro de 1995 (DOG núm. 59 do 22 de marzo de 1996).

Vistas as propostas formuladas nas actas das comisións constituídas nas deJegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Uníversitaria na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, outórganse axudas económicas para os proxectos e os traballos dos equipos de normalizadón lingüística e de potenciación do uso do galego nos centros educativos de educación ínfantil, primaria, xeral básica, especial e permanente de adultos e de bacharelato, formación profesional e institutos de educación secundaria e profesional.

Page 269

Orde do 1 de marzo de 1996 pola que se aproba o temario que rexerá nos procedementos de ingreso, adquisición de novas especialidades e rnobüidade para especialidade de gaiego do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (DOG núm. 62, do 27 de marzo de 1996).

O Real Decreto 850/1993, do 4 de xuño, polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes a que se refire a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece un novo sistema de acceso que pon fin ó procedemento previsto na disposicíón transitoria quinta da mesma lei para as tres primeiras convocatorias posteriores á súa promulgación,

A fase de oposición regulada no artigo 22 do citado real decreto articúlase sobre os correspondentes temarios que deberán incluír dúas partes que comprendan, respectivamente, os contidos propios e específicos do ámbito científico correspondente e os coñecementos de carácter didáctico e educativo en xeral.

Apróbase o temario da especialidade de galego do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, integrado por 80 materias.

Orde do 21 de xuño de 1996 pola que se aproban as bases do concurso público para a adxudicación de axudas de profesor/a bolseiro/a de lingua e literatura galegas nas universidades de Bahía, Barcelona, Madrid, París e Salamanca (DOG núm. 138, do 15 de xullo de 1996).

A presente Orde fundaméntanse no disposto polo artigo 148.17.° da Constitución española, que establece que as comunidades autónomas poden asumir competencias no ensino da lingua da Comunidade Autónoma, e que a riqueza das distintas modalídades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección (art.3.3).

A selección farase entre licenciados en filoloxía hispánica (subsección galegoportugués), licenciados en filoloxía galega ou licenciados que gañaron a oposición de lingua e literatura galega de ensinanza secundaria.

A axuda será por un período mínimo dun ano académico, prorrogable como máximo ata tres. No caso de que o seleccionado/a sexa un profesor/a funcionario/a da Comunidade Autónoma galega, o nomeamento irá acompañado da correspondente comisión de servicios.

Orde do 21 de outubro de 1996 pola que se convocan axudas económica para os proxectos e os traballos dos equipos de normalización lingüística e de potenciación do uso do galego nos centros de educación infantil,Page 270primaria, permanente de adultos, secundaria, bacharalato e formación profesional (DOG núm. 219, do 8 de novembro de 1996).

A Administración educaciva de Galicia ten o deber de garantir que os alumnos, conforme van acabando cada un dos cicios nos que o ensino do galego é obrigatorio, vaian acadando un dominio oraJ e escrito, similar dos idiomas galego e castelán, tal e como determina o artigo 14.3 da Lei 3/1983 de normalízadón lingüística.

Para poder conseguir iso, di o Preámbulo da Orde, esta mesma lei obriga á Xunta de Galicia a que regulamente no ensino o uso desas dúas linguas oficiais en Galicia. Esa regulamentación levouse a cabo a través do Decreto 247/1995, do 14 de setembro.

Por todo isto, a ConselJería convoca axudas económicas destinadas a contribuír ó financiamento dos proxectos e dos traballos que realicen no ano académico 1996/97 os equipos de normalización lingüística e de potenciación do uso do galego nos centros de educación infantil, primaria, especial, permanente de adultos, todos eles de Galicia.

As axudas establécense para materiais operativos na organización de actividades en galego, destinadas ó fomento do uso da lingua propia de Galicia, tanto por parte dos alumnos, dos profesores e do persoal non docente, coma da comunidade escolar en xeral; para a adquisión de materiaJ bibliográfíco, fonográfico, videográfico e lúdicodidáctico en galego imprescindible para a realización do proxecto; preparación e realización de prensa escolar en galego e de materiais didácticos relacionados coas materias que se imparten en galego.

Orde do 22 de outubro de 1996 pola que se anuncian cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega para adultos e colectivos da Comunidade Autónoma de GaJicia (DOG núm. 220 do 22 de novembro de 1996).

A Lei 3/1983 de normaüzación lingüística, recollendo o que díspoñen a Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia, establece que o gaJego é lingua ofícial en Galícia. En consonancia con iso, recoñéceseíles ós cidadáns o dereito de coñecelo e de usalo. Máis non estaría garantido ese dereico se os cidadáns non tivesen a posibilidade de aumentar ou iniciar, segundo o caso o coñecemento e o dominio dos distintos rexistros da lingua propia de Galicia.

Ós cursos de lingua galega iniciación e perfeccionamento poderán asistir tódalas persoas maiores de idade que o desexen, ben individualmente ou ben agrupadas por colectivos.

Para acceder ó curso de perfeccionamento é requisito indispensable ter aproboado ou validado o curso de iniciación. Os cursos terán unha dura-Page 271ción de 75 horas e neles impartiranse os contídos sinalados na Orde do 1 de marzo de 1989, pola que se regulan os cursos de iniciación e de perfeccionamento.

Orde do 11 de novembro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (DOG núm. 240, do 10 de decembro de 1996).

O Estatuto de autonomía de Galícia, no seu artigo 5, especifica que a Üngua propia de Galícia é o galego e que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitalo seu coñecemento.

Así mesmo, no artigo 1 do Decreto 346/1996, do 13 de setembro, polo que se establece a estructura orgánica da Conselkría de Educación e Ordenación Universitaría, disponse que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensíno regrado, en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, así como a promoción e ensino da lingua galega.

Tamén a Lei 3/1983 de normalización lingüística, no seu título III, do uso do galego no ensino establece que o galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos e «as au toridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promovelo uso progresivo do galego no ensino».

A orde vai dirixída ás editoriais legaimente constituídas como empresas privadas que elaboren material escolar incluíble no seu ámbito de aplicación.

Subvencionarase ó abeiro desta orde os libros e material didáctico que cumpran as seguintes condicíóns:

  1. Estar correctamente escritos en galego, segundo o disposto na lexislación vixente.

  2. Corresponder ós niveis de educación infantil, primaria, postobrigatoria (bacharelato, formación profesional, módulos profesionais), educación especial e educación permanente de adultos. Poderanse acoller tamén os libros destinados ó ensino especializado e ó non regrado.

O artigo 4, na súa base 4, di que se lle dará preferencia a aqueles proxectos presentados por editoriais que empreguen o galego dun xeito habitual e progresívo.

Page 272

Consellería de Cultura e Comunicación Social
  1. Fomento

    Orde do 2 de setembro de 1996 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas diríxidas a publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado (DOG núm. 184 do 19 de setembro de 1996).

    O Goberno, como consecuencia do progresívo incremento da presencia da lingua galega no ámbito da prensa escrita, ten que prestalo seu máis decidido apoio a tódalas iniciativas que xurdan neste ámbito, establecendo as axudas dirixidas a publicacións periódicas escritas integramente en gaiego normativizado.

    Poden optar a estas subvencións as empresas que editen publicacións que reúnan as seguintes condicións:

  2. Que estean escritas integramente en galego normativizado. b) Que teñan un mínímo de 24 páxinas en formato din A3 ou de 32 páxinas en formato din A4, c) Que se publiquen periodicamente, d) Que inclúan o pé de imprenta con tódolos datos que estableza a lexislación vixente; e) Que se distribúan como suplementos, ou de forma conxunta a outra publicación.

    Orde do 15 de novembro de 1996 pola que se convocan subvencións á edición discográfica galega (DOG núm. 239, do 9 de decembro de 1996).

    Convócanse subvencións a empresas discográficas que editen música galega e interpretada en lingua galega. Poderán optar a estas subvencións as persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de productores discográficos segundo a lexislación vixente.

    Con esta medida de fomento a Consellería de Cultura e Comunicación Social quere seguir contribuíndo á potendación das empresas discográficas en canto considera que a colaboración coas iniciativas de producción de discografía é a mellor forma de participar activamente na creación dunha infraestructura empresarial, imprescindible para a difusión da nosa riqueza musical folclórica, tanto popular ou clásica como moderna.

Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Orde do 2 de setembro de 1996 pola que se convocan cursos superiores de linguaxe xurídica galega para o persoal ó servicio da Administración de Xustiza (DOG núm. 185 do 20 de setembro de 1996).

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co obxecto de impulsala normalización lingüística, convoca, en colaboradón coa ConselleríaPage 273de Educación e Ordenación Universitaria, cursos superiores de linguaxe xurídica galega para fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, oficiais, auxiliares, axentes xudiciais, e persoal laborai e ínterino vencellado á Administración de Xustiza. Estes cursos celebraranse nas localidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense.

O número mínimo de admitidos será de 20 e o máximo de 40 persoas por curso. Deste número reservaranse o 40% das prazas para fiscais, secretarios xudiciais e médicos forenses. Outro 40% para oficiais, auxiliares e axentes xudiciais e o 20% restante para o persoal laboral e interino da Administración de xustiza de Galicia.

Orde do 3 de setembro de 1996 pola que se convocan cursos de formación en lingua galega (niveis de iniciación e perfeccionamento) e de linguaxe xurídica galega (niveis básico e medio) para o persoal ó servicio da Administración de Xustiza (DOG núm. 187 do 24 de setembro de 1996).

A Lei 3/1983 do 15 de xuño, de normalización lingüística, recollendo o que dispoñen a Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma. En consecuencia con isto, recoñécelles ós cidadáns 0 dereito de usalo, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración de xustiza. Ademais, para facer efectivo ese dereito, encoméndalles ós poderes públicos autonómicos que vaian capacitando progresivamente no uso do galego ó persoal que traballa ó servicio da Administración de xustiza.

Os cursos de iniciación e perfeccionamento terán unha duración de 75 ho ras e neles impartiranse os contidos sinalados na orde do 1 de marzo de 1989.

Os cursos de linguaxe xurídica de nivel básico e medio terán unha duración de 75 horas, e os contidos corresponderán ós fixados pola comisión mixta de seguímento do acordo sobre normalización lingüística.

Orde do 1 de outubro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións ós concellos de Galicia para a normalización da lingua galega (DOG núm. 202, do 15 de outubro 1966).

A Consellería, unha vez máis, desenvolvendo o mandato da Lei 5/1988, do 21 de xuño, de uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, que no seu artigo 1.° establece que as convocatorias de sesións, ordes do día, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas das entidades locais de Galicia, redactaranse en lingua galega.

O arcigo 2° desta mesma Lei preceptúa que lle «corresponde á Xunta de Galicia o pulo do proceso de incorporación da lingua galega na Admi-Page 274nistración local, moi especialmente a través de programas de formación de funcionarios en lingua galega; e no punto 2.°.2, sen prexuízo do anterior, a Xunta de Galicia adoptará as medidas oportunas para que nos concursos de acceso de funcionarios á Administración local se garanta o coñecemento da lingua gaiega».

Co fin de acadar estes obxectivos a Xunta de Galicia convoca axudas destinadas a sufragalos custos de contratación de persoal aileo polos concellos, mentres estes non dispoñan do persoal funcionario preciso e suficientemente formado, para encargarse da traducción ó galego dos documentos ós que se refire o artigo 1.1 da Lei 5/1988, do 21 de xuño.

As axudas concederanse para as modalidades que a continuación se relacionan;

  1. Mantemento dos servicios municipais de normalización lingüística xa existentes.

  2. Creación de novos servicios municipais de normalización lingüística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficiente.

  3. Organización de campañas co obxecto de lograla normalización lingüística do concello.

Orde do 1 de outubro de 1996 pola que se convocan os cursos básico e mediode línguaxe adminístrativa galega para o cadro de persoal das corporacións Iocais (DOG núm. 202, do 15 de outubro de 1996).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, no seu artigo 4.1,°, establece que «o galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da Comunídade Autónoma...»

Outra Lei, a de uso do galego polas corporacións locais, dispón que as convocatorias de sesións, ordes do día... redactaranse en lingua galega.

A Comisión Coordinadora para a Normalización Lingiiística, creada polo Decreto 221/1990, determinou a urxente necesidade de proceder a potenciala normalización lingüística no eido da Administración Local.

Por todo isto a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais convoca oito cursos de nivel medio para o cadro de persoal dos concellos e deputacións, como continuación ó curso básico convocado en 1995 e outros seis de nivel básico.

Os cursos van dirixidos a formar un funcionario por corporación local, en concellos con menos de 10.000 habitantes; dous funcionarios, en municipíos en 10.000 e 50.000 habitantes; e catro funcionarios, en concellos con máis de 50.000 habitantes de todo o territorio da Comunidade autonóma galega.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR