STSJ Galicia 514/2016, 21 de Junio de 2016

PonenteLUIS VILLARES NAVEIRA
ECLIES:TSJGAL:2016:5315
Número de Recurso7243/2012
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución514/2016
Fecha de Resolución21 de Junio de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00514/2016

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7243/2012

DEMANDANTE: Luis Pedro

Procurador: JAVIER BEJERANO FERNANDEZ

Letrado: JOSE RAMON CUERVO GOMEZ

DEMANDADA: CONSELLERIA DE SANIDADE; CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS

Procurador:

Letrado: LETRADO DE LA XUNTA DE GALICIA; LETRADO DE LA XUNTA DE GALICIA

SENTENZA

Ilmo. Sr. Presidente:

Julio Cibeira Yebra Pimentel

Ilmos. Sres. Maxistrados :

Blanca María Fernández Conde

Luís Villares Naveira (Relator)

A Coruña, 21 de xuño de 2016

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna as seguintes resolucións: 16/7/2010, da Secretaría Xeral de Ordenación do territorio e urbanismo e a de 5/8/2010, ditada pola Consellaría de Sanidade, ditadas con ocasión do expediente expropiatorio para a execución do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, respecto das parcelas nº NUM000, NUM001 e NUM002 .

No escrito de demanda refire adicionalmente a impugnación do Decreto do Presidente da Xunta de Galicia de 12/2/2009 e da resolución da Consellaría de Sanidade de data 15/10/2009.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. Infracción da CE e do EAG na aplicación das normas de expropiación forzosa, por falta de competencia autonómica; contradición da lexislación autonómica coa estatal na materia; ademais, non se explica por que se elixiu un sistema de actuación e non outro, co que se vulnera a LOUGa. A xunta carece de facultades para declarar a urxente ocupación nin a utilidade pública dun proxecto. Non cabía realizar a taxación conxunta pola diferente natureza das parcelas.

  2. Nulidade da peza de declaración da necesidade de ocupación, por carecer de xustificación da súa necesidade; non se relacionan concretamente os bens nin os propietarios nin se notifican persoalmente aos interesados, entre eles o demandante;

  3. Falta de motivación da declaración de urxente ocupación, nin da súa notificación, nin dos bens afectados;

  4. Ausencia de levantamento da acta previa á acta de ocupación da parcela, nave ou industria; en consecuencia, Nulidade da peza de ocupación efectiva das parcelas expropiadas ao demandante

  5. Ausencia de aboamento dos prexuízos causados pola urxente ocupación, que son diferentes do prezo da expropiación; Nulidade da peza de establecemento e pago de indemnización por perdas por urxente ou rápida ocupación, por non aboar os prexuízos pola urxente ocupación, que implica que só pode desaloxar a industria logo do pago; Infracción dos dereitos a ser instalado nunha ubicación similar e os prexuízos do traslado, consonte co art. 86 LEF .

    A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  6. Existe causa de inadmisibilidade en relación ao recurso contra o Decreto 27/2009, por se ter presentado fóra do prazo de dous meses para recorrer de xeito directo, sen que caiba o indirecto por se tratar dun acto administrativo e non dunha disposición xeral;

  7. A declaración de urxencia deriva do expediente de taxación conxunta dos bens, tal como prevé a lei;

  8. A motivación da declaración de urxencia aparece reflectida no propio decreto en atención á situación

    da área sanitaria de Vigo, que entronca igualmente coa declaración de utilidade pública;

  9. En canto á cuestión competencial, os trámites expropiatorios son conformes coa lexislación autonómica ao abeiro do art. 144 LOUGa. A normativa autonómica na materia foi reputada constitucional polo TC;

  10. A relación de bens e identificación de titulares foi realizada mediante sometemento a información pública, aparecida no DOG correspondente; igualmente foi notificado persoalmente o demandante en data 16/7/2010; doutra banda, a omisión da notificación persoal de actos anteriores ao de necesidade de ocupación non é antixurídica unha vez que foron publicados;

  11. En canto á falta de notificación da acta previa á ocupación, non existe tal trámite no procedemento de taxación conxunta, senón ocupación simultánea ao pagamento.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, ten lugar a práctica sen vista da documental que obra en autos.

A contía do procedemento fixouse en indeterminada.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que:

- O Decreto 27/2009 foi publicado en data 16/2/2009 sen que se procedese á súa notificación individual;

- O expediente administrativo tramitado pola vía da taxación conxunta foi iniciado o 15/10/2009 (DOG nº 235, de 1 de decembro) e concluído o 16/7/2010, resolución notificada o 22/7/2010. Tamén foi notificado persoalmente o inicio do expediente con acuse de recibo o 17/12/2009, con relación individualizada de bens e dereitos afectados, con proposta de valoración.

- Constan como partidas indemnizatorias en relación ás parcelas litixiosas gastos de traslado e aboamento de cantidades por construcións existentes.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a inadmisibilidade do recurso contra o Decreto 27/2009. A primeira das cuestións a resolver é a causa de inadmisibilidade proposta pola demandada, arredor do Decreto 27/2009, do Consello da Xunta de Galicia, pola que se declara a urxente ocupación dos bens e dereitos que se relacionan " no expediente administrativo instruído, para os efectos de expropiación, para a execución das obras previstas no proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o novo Hospital de Vigo ."

Como cuestión procesual previa, sinalemos que malia que o demandante non se pronunciou sobre este particular, consta en autos que recibiu traslado mediante Decreto de 26/11/2013, para os efectos do art. 60.2 LXCA, o que lle permitiu coñecer a existencia de causa de inadmisibilidade e lle garantiu a contradición e defensa dos seus intereses.

Pois ben, entrando no fondo da cuestión, debemos indicar en primeiro lugar que a natureza do Decreto que acorda a declaración de urxente ocupación non é unha disposición xeral, senón un acto administrativo, tal como lembra a STS de 11/5/2015, recollendo abundante xurisprudencia ao respecto, polo que debe descartarse a vía impugnatoria propia das disposicións xerais.

Dito isto, queda por determinar se a súa publicación abondaba para entender correctamente notificado o acto, ou pola contra era precisa a súa notificación particular, cuxa omisión determinaría o inicio demorado da eficacia do acto ata o coñecemento polo interesado, o que se traduciría na súa impugnabilidade fóra do prazo de dous meses previsto no art. 46.1. LXCA .

A cuestión foi xa abordada na STS de 1/2/2008, que á súa vez recolle a xurisprudencia na Sala na materia, nos seguintes termos:

"Terceiro.- Antes de entrar no estudo dos motivos de recurso, resulta necesario realizar as seguintes consideracións previas. Esta Sala e Sección, por sentenza do 24 de Abril de 2.003 (Rec.7693/2000 ) casou e anulou Auto ditado o 18 de Outubro de 2.000 pola Sección Segunda da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana, que acordara inadmitir o recurso contencioso administrativo interposto contra o Acordo obxecto de impugnación do Consello de Goberno da Generalitat Valenciana do 23 de Setembro de 1.997. Na nosa Sentenza ordénase a admisión do recurso interposto e a súa tramitación abordándose nela as cuestións relativas á natureza do acto recorrido e o relativo á súa notificación, sinalándose en canto a esta que era necesaria a notificación aos propietarios afectados pola expropiación que non se realizou, como era procedente, razón esta que é a que leva a realizar un cómputo de prazos, distinta á que facía o Tribunal "a quo", coa consecuencia derivada de ordenar a admisión do recurso contencioso administrativo interposto.

Dicimos na devandita Sentenza:

"A cuestión para dilucidar é a de se o acordo de declaración de urxente ocupación do 23 de setembro de

1.997 do Consello de Goberno da Generalitat Valenciana entra na categoría de disposicións xerais e por tanto non necesita ser notificado sendo bastante a súa publicación no xornal oficial de conformidade co disposto no artigo 52.1 da lei 30/92 ou, pola contra, é un acto administrativo e por tanto élle de aplicación ao artigo 58 da Lei 30/92 coas excepcións a que se refire ao artigo 59.5 da mesma, entre o que se atopa o ser un acto que teña por destinatarios a unha pluralidade indeterminada de persoas.

Que non estamos ante unha disposición de carácter xeral parece evidente dado que a característica indispensable para que esteamos ante unha disposición do tal natureza é que esta forme parte do ordenamento en tanto que non acontece así co acto administrativo que se esgota co seu cumprimento o que, por outra banda, non sucede na disposición xeral. A disposición xeral é un acto ordinamental que crea dereito en tanto que o acto limítase a aplicalo. No caso das declaracións de urxente ocupación non estamos ante o desenvolvemento dunha potestade regulamentaria senón ante a declaración e aprobación dunha resolución administrativa dirixida a unha pluralidade de persoas pero que nin crea dereito nin se integra no ordenamento xurídico como parte do mesmo.

Resolta así a cuestión, o acordo que nos ocupa debeu ser notificado salvo que concorresen algún dos supostos dos artigos 59.5 da Lei 30/92 . É evidente que non estamos ante o suposto previsto no apartado b do citado artigo 59.5 nin tampouco naquel a que se refire o segundo inciso do apartado a, que é aplicable só nos supostos de procedementos incoados para unha pluralidade de persoas e sexa de aplicación o artigo 33 da propia Lei 30/92 .

A cuestión limítase en consecuencia a decidir se estamos ante un acto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR