Decreto 27/2009, do 12 de febreiro, polo que se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para o novo Hospital de Vigo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 30 de abril de 2008, adoptou o acordo de declarar a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial para o novo Hospital de Vigo, promovido polo Servizo Galego de Saúde, conforme o establecido no artigo 22.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, quedando definitivamente aprobado o referido proxecto na reunión do Consello da Xunta de Galicia do día doce de febreiro de dous mil nove.

A situación sanitaria de atención especializada en Vigo vén determinada pola presenza de cinco centros hospitalarios o C.H. Xeral-Cíes, o Hospital Meixoeiro, o Hospital Nicolás Peña, o Hospital Rebullón, e a necesidade de complementar os servizos públicos de atención especializada coa utilización, mediante un concerto singular dun hospital privado, o hospital Povisa.

A construción dun novo Hospital en Vigo vén paliar as deficiencias actuais no sistema de atención especializada da área de Vigo, entre as que se poden citar as seguintes: a situación do Hospital Rebullón moi limitado para a prestación de servizos; a prestación da asistencia á poboación que segue estando distribuída e fragmentada en varios centros; a área de Vigo é das poucas que teñen un crecemento demográfico claro; ao tratarse o hospital xeral dun hospital arquitectonicamente limitado, cunha estrutura antiga e cun número importante de obras ao longo da súa historia estaba afectando de xeito importante, nalgúns casos, unha correcta relación funcional entre diferentes áreas do centro; e a necesidade de actualizar a carteira de servizos de atención especializada na área de Vigo, sobre todo tendo en conta que os centros son referencia para pacientes do resto da provincia de Pontevedra e de Ourense.

O modelo asistencial queda configurado pois arredor dun esquema de xestión integrada do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que comprenderá todas aquelas áreas de actividade nas que a coordinación dos recursos dispoñibles nos centros que o compoñen engada valor, cun funcionamento coordinado coa rede de servizos sanitarios especializados e coa atención primaria co fin de garantir a continuidade dos coidados.

O novo Hospital de Vigo deberá...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR