SAP Pontevedra 28/2015, 29 de Enero de 2015

PonenteJUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO
ECLIES:APPO:2015:100
Número de Recurso527/2013
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución28/2015
Fecha de Resolución29 de Enero de 2015
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 6ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00028/2015

CIVIL

Rolo: 527/2013

Procedemento de orixe: Ordinario 746/2012

Órgano de procedencia: Instancia núm. 1 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZABAL, PRESIDENTE, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e

D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA NUM.28/2015

En Vigo, a vinte e nove de xaneiro de dous mil quince.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 746/2012 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo, ós que correspondeu o rolo 527/2013, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Desiderio, representada polo/a procurador/a D./D.ª Monica Vidal Fernández e asistida do/da letrado/a D./D.ª Clara Beiro Calvo, e comoparte contra da que se apela e demandados D./D.ª Marí Trini e D. Epifanio, representados polo/a procurador/a D./D.ª Aurosa Alonso Mendez e asistida do/da letrado/a D./D.ª Javier Pérez Estévez e a Comunidade Hereditaria de D. Faustino no persoada nesta instancia.

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 12/4/2013, ditou unha sentenza coa

seguinte parte dispositiva:

"Desestimando integramente las acciones promovidas por la representación de Desiderio, en propio nombre y representación y beneficio de la comunidad hereditaria de Faustino, contra Epifanio y Marí Trini, debo absolver y absuelvo a los demandados de las pretensiones contra ellos deducidas, sin hacer expresa imposición de las costas procesales."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Monica Vidal Fernández, en representación de D./D.ª Desiderio, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC). Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 8/1/2015.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Exercitada pola parte actora unha acción negatoria da servidumes -que deseguido se

concretarán-, acumulada a outra acción, de reconstrucción dos galpóns existentes no terreo de lite, e subsidiarimante unha acción indemnizatoria, a Xuiza a quo rexeita integramente a demanda, ao entender que o demandante non acredita un dos presupostos necesarios para o triunfo da primeira das accións, é dicir, que sexa dono dese cacho de terreo, onde estaban ubicados os galpóns ou cortellos, e onde os demandados levaron a cabo diversas obras (retirada dos galpóns, desescombro, pavimentación, conducción subterranea de augas, contadores e curte na parte inferior do muro de entrada), obras que os demandados efectivamente admiten. Pois ben, recurrida a sentenza de primeira instancia polo demandante, reproduce nesta alzada os mesmos pedimentos, o que lévanos a valorar novamente as distintas probas achegadas aos autos (fotografías e restante documental, interrogatorio dos demandados, pericial e testemuñal), nova valoración da que coleximos, contrariamente ao criterio da xulgadora de primeiro grao, que a parte demandante deu debido cumprimento á carga da proba do referido presuposto, cuxa carencia, por outra banda, impediría a acollida da primeira das accións -negatoria de serevidumes-, pero non necesariamente a desestimación da segunda das pretensións, relativas aos galpóns, pois ainda que non resultase acreditado que o terreo en discusión pertecía ao demandante, sería posible, sen embargo, condenar aos demandados a repoñer os galpóns se os mesmos, alomenos, foran propiedade do actor, o que, como agora veremos, non ofrece ningunha dúbida á luz das probas practicadas, dominio do actor que ven ser admitido, en último termo, polos propios demandados.

Segundo

Os elementos de proba e argumentos da sentenza recurrida para desestimar a demanda estribarían -dito en síntese- nunha falta de identificación plena a sen dúbidas do predio do demandante, comprensiva do terreo litixioso no que os demandados efectuaron as obras denunciadas, insuficiente identificación que sería achacable a unha confusión ou "xiro" dos lindeiros. E esa carencia ou incerteza, en unión, por unha banda, a que no Catastro figura o cacho do terreo fora do fundo propiedade do demandante, e por outra, a que o título de dominio deste último reseña como lindeiro Este -na realidade física Norte- "entrada para esta leira", levarían a dar por incumprida a carga probatoria que incumbe ao demandante. En definitiva, e na tese da sentenza apelada, hai unha insuficiencia probatoria ou unha insuficiencia de titulación. Conclusión que non compartimos polas razóns, probanzas directas e datos indiciarios que pasamos expor.

Terceiro

Ante todo, non podemos pasar loxicamente por alto, tanto a postura e manifestacións da parte demandada ao contestar á demanda, como nos seus respectivos interrogatorios como, en fin, na precedente causa penal, da que achéganse as súas declaracións.

En efecto, e primeiramente, na contestación á demanda os demandados exteriorizan unha postura ambigua sobre a titularidade do terreo. Así dise que tal "terreo podería configurarse a primeira vista como un terreo a serventía, a fin de facilitar o paso aos tres fundos lindeiros", para acto seguido indicarse, en cambio, que "nin tan siquera é isa a calificación que merece, senón que é propiedade compartida pro indiviso pola propietaria da leira numerada como NUM000, que é a demandada... e polos actuais propietarios do predio nº NUM001 ", situación de copropiedade que se reitera noutra paraxe do escrito de contestación (baixo o epígrafe "feitos segundo, terceiro e cuarto"). En definitiva, os demandados non se atribúen a propiedade exclusiva do terreo, e non existe a máis mínima proba do dominio a prol do terceiro que se di, a quen, doutra parte, nin tan siquera se propón como testemuña, e cuxo sedicente dominio compartido se contradí, derradeiramente, coas manifestacións do demandado no proceso penal, como agora veremos. O posicionamento evasivo e indeterminado da parte pode -e debe-ser considerado nos termos prexudiciais para ela, reseñados polo artigo 405. 2 da L. A. C..

En segundo lugar,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • ATS, 8 de Noviembre de 2017
    • España
    • 8 Noviembre 2017
    ...con fecha 29 de enero de 2015, por la Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección 6.ª, con sede en Vigo), en el rollo de apelación n.º 527/2013 dimanante del juicio ordinario n.º 746/2012, del Juzgado de Primera Instancia n.º 1 de Mediante diligencia de ordenación la referida Audiencia Prov......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR