SAP Pontevedra 287/2011, 17 de Octubre de 2011

JurisdicciónEspaña
Fecha17 Octubre 2011
Número de resolución287/2011

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00287/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección núm. 2

Rolo: PO 3/2010 C

Órgano de procedencia: Xulgado de Instrución núm. 3 de Ponteareas

Procedemento de orixe: Sumario 1/2010

Acusados: Esteban, Hilario

Procuradores: LUCIA RODRÍGUEZ GESTO, ANTONIO D. RIVAS GANDASEGUI

Letrados: ALFREDO RODRÍGUEZ VARELA,CESAREO FERNÁNDEZ BOUZAS

Acusado-Acusación particular : Obdulio

Procurador: SENEN SOTO SANTIAGO

Letrado: VICENTE FERNÁNDEZ VICTORIA

SENTENZA NÚM. 287

==========================================================

Presidente:

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado

Maxistradas:

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, a dezasete de outubro de dous mil once.

VISTA en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 1/2010, procedente do Xulgado de Instrución núm.3 de Ponteareas, e seguida polo trámite de procedemento sumario, polo delito de Lesións, contra Esteban, con DNI número NUM000, nado o día 29/09/1962, en Mondariz Balneario, fillo de Vicente Julio e de Cristina, con domicilio en c/ DIRECCION000 nº NUM001, portal NUM001 (Pontecesures-Pontevedra), cuxos antecedentes penais non constan, solvente parcial, en situación de liberdade por esta causa, representado polo procurador Sr. Senen Soto Santiago e defendido polo letrado Sr. Alfredo Rodríguez Varela, contra Hilario, con DNI número NUM002, nado o día 13/07/1987, en Vigo, fillo de Fernando e de María Jesús, con domicilio en c/ DIRECCION000 nº NUM001, portal NUM001 (Pontecesures-Pontevedra), con antecedentes penais non computables, solvente parcial, en situación de liberdade por esta causa, representado polo procurador Sr. Antonio D.Rivas Gandasegui, e defendido polo letrado Sr. Cesáreo Fernández Bouzas, contra Obdulio, con DNI número NUM003, nado o día 3/11/1948, en Vigo, fillo de Cándido e de Aleira, con domicilio en AVENIDA000, nº NUM004, NUM005 NUM006, (Vigo-Pontevedra), cuxos antecedentes penais non constan, solvente, en liberdade por esta causa, representado polo procurador Senen Soto Santiago e defendido polo letrado Sr. Fernando Camba Rodríguez, exercitando tamén a Acusación Particular. É parte acusadora o Ministerio Fiscal en representación do cal intervén dona Carmen Díez García, e como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións provisionais e que elevou a definitivas no acto de xuízo oral, cualificou os feitos como constitutivos de a)dun delito de lesións, previsto e penado no artigo 149.1 do código penal ; b)dunha falta de lesións prevista e penada no artigo 617.1 do código penal .

Os procesados Esteban e Hilario son responsables como coautores do delito de lesións.

O procesado Obdulio é responsable da falta de lesións.

Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade penal respecto a ningún dos procesados.

Procede impor aos procesados polo delito de lesións Esteban e Hilario á pena de 8 anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena e custas, e ao procesado Obdulio pola falta de lesións á pena de 45 días de multa cunha cuota diaria de 10 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de impago dun día de privación de liberdade por cada dous cuotas diarias insatisfeitas e custas.

En canto a responsabilidade civil os procesados, Esteban e Hilario, conxunta e solidariamente indemnizarán a Obdulio na cantidade de 1.780,16 euros polas lesións causadas, en concepto de secuelas a suma de 40.000 euros e como prexuízo estético a cantidade de 15.000 euros, así como os gastos médicos e farmacéuticos debidamente acreditados, e o procesado Obdulio indemnizará a Esteban na suma de 96 euros pola curación das súas lesións. Coa aplicación para as referidas cantidades dos xuros que prevé o artigo 576 da Lei de Axuizamento Civil .

Segundo

A acusación particular cualificou os feitos como constitutivos dun delito de lesións previsto e penado no artigo 149.1 do CP . Do referido delitos os procesados son responsables en concepto de autores, conforme o art. 28 do CP . Non concorren circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Procede impor a cada un dos procesados polo delito de lesións a pena de 12 anos de prisión con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivos durante o tempo da condena, así como a imposición das custas procesuais, incluídas as da acusación particular.

En canto á responsabilidade civil, os procesados indemnizarán solidariamente a Obdulio polos danos causados nas seguintes cantidades: polos días impeditivos e de ingreso hospitalario 5.500 euros, polas secuelas consistentes en perdida de globo ocular esquerdo e consistente perdida total da visión de dito ollo 290.000 euros, polo prexuízo estético importante 175.000 euros, polos gastos soportados 241,43 euros.

Estas cantidades deberán incrementarse nos xuros por mora correspondentes, computado dende a data do acaecemento dos feitos.

Terceiro

A defensa dos procesados Esteban e Hilario, en idéntico trámite, mostraron a súa disconformidade co manifestado polo Ministerio Fiscal e a Acusación Particular, concorrendo a eximente de responsabilidade criminal prevista e penada no artigo 20.4 do vixente código penal o, no seu, caso a atenuante recollida no artigo 21.1ª do mesmo corpo legal, e concorre a circunstancia atenuante recollida no artigo 21.6º do CP ., solicitaron a libre absolución dos seus representados.

FEITOS PROBADOS

Sobre as 22:15 horas do día 29 de xullo de 2007, o acusado Hilario conducía un vehículo de motor no que, como acompañante, ía o seu pai, o tamén acusado Esteban . Ao chegar á rotonda que conforma a encrucillada entre a PO-254 (Ponteareas-Mondariz) e a N-120 (Vigo-Logroño), no punto quilométrico 644,500 desta última, xurdiu un incidente de tráfico entre aqueles e o condutor doutro automóbil, o coacusado Obdulio

, que viaxaba acompañado pola súa dona, María Virtudes . Xa fóra dos seus respectivos coches, nun primeiro momento os acusados Obdulio e Esteban enleáronse a golpes e puñadas, e caeu ao chan este último. E, deseguido, tras facerse Esteban cunha lata de líquido de pulido do interior do automóbil conducido polo seu fillo Hilario, ambos os dous acusados agrediron a Obdulio na cara e no resto do corpo, o fillo dándolle puñadas e patadas e o pai valéndose da amentada lata.

Como consecuencia dos feitos, Obdulio padeceu un hematoma supraciliar, unha ferida ocular perforante circunferencial con herniación de tecidos intracelulares e estoupido do globo ocular esquerdo por traumatismo ocular, lesións que precisaron de tratamento cirúrxico consistente nunha primeira asistencia e posterior intervención e en diversas asistencias médicas posteriores. Tardou en curar 33 días, dos que 2 estivo hospitalizado e 31 en ambiente extrahospitalario e impedido para realizar as súas ocupacións habituais. As secuelas que lle restan son a perda do globo ocular esquerdo, pendente da colocación dunha prótese, sufrindo, dende o punto de vista funcional, unha perda total da visión do ollo esquerdo e, dende o punto de vista estético, un importante prexuízo estético. Tivo gastos médicos, farmacéuticos e por desprazamentos por importe de 241,43 #.

Esteban tamén sufriu lesións consistentes en erosións superficiais lineais no tórax e no primeiro dedo da man dereita, precisou dunha primeira e única asistencia médica e tardou en curar 3 días, sen incapacidade para as súas ocupacións habituais.

Non costa que os procesados teñan antecedentes computables na presente causa.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Os feitos declarados probados legalmente son constitutivos dun delito de lesións, previsto e penado no artigo 149.1 do Código penal, e dunha falta de lesións, prevista e penada no artigo 617.1 do mesmo texto legal .

É reiterada a doutrina que sinala que o ollo é un membro principal ( SSTS do 8 de marzo de 2002, do 3 de marzo de 2005 e do 29 de abril de 2008 -ROJ STS 1598/2008 -), sen que obste a esta conclusión o feito de que existan dous ollos ( STS do 3 de febreiro de 2009 -ROJ STS 882/2009 -). E á perda do membro principal equipárase a perda de funcionalidade do membro afectado que non debe entenderse en termos absolutos ao ser suficiente cun menoscabo substancial ( SSTS do 5 de marzo de 1993, 796/2005, 1728/2001, 1495/2005 e 715/2007 ). A perda, no presente caso, é total. Xa que logo, as lesións padecidas por Obdulio non se poden encadrar máis que no artigo 149.1 do Código penal .

E as padecidas por Esteban son constitutivas da falta do artigo 617.1 do Código penal por só precisaren da primeira e única asistencia médica para a súa curación.

Segundo

Son autores ( artigos 27 e 28 do Código penal ) do delito de lesións do artigo 149.1 do Código penal, os procesados Hilario e Esteban .

É autor ( artigos 27 e 28 do Código penal ) da falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal o acusado Obdulio .

Terceiro

Chegamos á declaración de feitos probados logo da valoración en conciencia dos medios probatorios practicados na presente causa, sobre todo, no acto da vista oral ( artigo 741 da Lei de axuizamento criminal ). As manifestacións que nel prestaron os tres acusados, a dona dun deles - María Virtudes -, a testemuña presencial dos feitos - Mauricio - e un dos axentes da Garda Civil de Ponteareas -número de carné profesional NUM007 - non nos merecen a máis mínima dúbida.

A existencia dun previo pique automobilístico semella que foi o que deu orixe ao posterior incidente. Nun primeiro momento enleáronse Esteban e Obdulio . Este saíu do coche que conducía e o primeiro do posto de acompañante do automóbil conducido polo seu fillo Hilario . Esteban...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR