STSJ Galicia 277/2010, 24 de Marzo de 2010

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2010:2891
Número de Recurso15682/2008
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución277/2010
Fecha de Resolución24 de Marzo de 2010
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00277/2010

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15682/2008

RECURRENTE: Fernando

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e catro de marzo de dous mil dez.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15682/2008, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por don Fernando, representado polo procurador don LUIS SANCHEZ GONZALEZ, e dirixido pola letrada dona MARIA DEL CARMEN GONZALEZ GOMEZ, contra

ACORDO DO 7-02-08 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OUTRO DA A.E.A.T. DE PONTEAREAS SOBRE SOLICITUDE DEVOLUCION INGRESOS

INDEBIDOS POLO IMPOSTO RENDA PERSOAS FISICAS, EXERC. 2005. NUM000 . É parte a Administración demandada o TRIBUNAL ECONOMICOADMINISTRATIVO REXIONAL DE GALICIA, representado polo AVOGADO DO ESTADO. É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitaron o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 19.000 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 07.02.2008 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativo contra a denegación da solicitude de devolución de ingresos non debidos, IRPF ano 2005: incremento de patrimonio derivado dunha expropiación.

SEGUNDO

O recorrente basea a sua pretensión na STSX Valencia de 22.04.2005.

O letrado do Estado opón que a xurisprudenza do TS é contraria a esta pretensión e que, inclusive o propio TSX valencia en sentenzas posteriores,así na 983/2008 mudou de criterio.

Proba deste cambio de criterio é a Senteza de 03.06.2009 (rec. 2191/08): Centrando a cuestión na determinación de se o prezo obtido pola expropiación forzosa dun inmoble debe tributar para os efectos do

I.Sociedades, convén anticipar que a mención do artigo 49 da lEF é actualmente inoperante, pois, sendo certo que o artigo 49 da Lei de Expropiación Forzosa de 16-12-1954 contemplaba que o prezo das expropiacións estaba exento do pagamento de impostos, non é menos certo que, para os efectos de impostos como o IRPF, o I. sobre Sociedades e o IVE, os sucesivos cambios lexislativos na normativa tributaria española e a entrada de España na Unión Europea, supuxo un cambio de marco tributario e a aplicación da Sexta Directiva europea (IVE), que estableceu unha harmonización das lexislacións dos Estado membros relativas aos impostos sobre as prestacións de servizos e, con carácter xeral, un sistema común de impostos sobre o valor engadido aplicable ao comercio de bens e servizos, un imposto xeral sobre o consumo proporcional ao prezo dos bens e dos servizos, resultando de aplicación ó respecto a Lei 37/1992 do IVE, o que, unido aos cambios producido na tributación da renda física e de sociedades veu a supoñer a derogación implícita dunha norma legal de 1954 que eximía de impostos os pagamentos do prezo das expropiacións.

En canto á suxeición e non exención do prezo xustoo á tributación por IRPF e I. sobre Sociedades, esta Sala, harmonizando a súa postura coa doutrina do Tribunal Supremo recollida na sentenza ditada en interese da Lei de 23/09/2004, en repetidas Sentenzas como a 293/06, a 1849/04, a 695/08, 983/08,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
3 sentencias
  • STSJ Galicia 19/2015, 21 de Enero de 2015
    • España
    • 21 Enero 2015
    ...que tratándose del impuesto y ejercicios expresados, el mentado artículo 49 LEF es inoperante. Así lo declaramos en nuestra sentencia de 24/3/2010 (recurso 15682/08 ): " El acto que se recurre es el acuerdo de 07.02.2008 del TEAR que rechaza la reclamación económico administrativo contra la......
  • STSJ Galicia 543/2015, 20 de Noviembre de 2015
    • España
    • Tribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
    • 20 Noviembre 2015
    ...que tratándose del impuesto y ejercicios expresados, el mentado artículo 49 LEF es inoperante. Así lo declaramos en nuestra sentencia de 24/3/2010 (recurso 15682/08 ): " El acto que se recurre es el acuerdo de 07.02.2008 del TEAR que rechaza la reclamación económico administrativo contra la......
  • STSJ Galicia 473/2016, 5 de Octubre de 2016
    • España
    • 5 Octubre 2016
    ...que tratándose del impuesto y ejercicios expresados, el mentado artículo 49 LEF es inoperante. Así lo declaramos en nuestra sentencia de 24/3/2010 (recurso 15682/08 ): " El acto que se recurre es el acuerdo de 07.02.2008 del TEAR que rechaza la reclamación económico administrativo contra la......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR