Decreto 159/2004, do 7 de xullo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, do dereito real de uso do edificio situado en Valverde, na parroquia de Requeixo, no termo municipal de Allariz (Ourense).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Pleno da Corporación Provincial da Deputación Provincial de Ourense, reunido en sesión ordinaria do día vinte e cinco de xuño de 2004, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia o dereito real de uso, a título gratuíto constituído sobre o edificio situado en Valverde, no termo municipal de Allariz (Ourense).

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución de dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que a Deputación Provincial de Ourense acordou a cesión, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de xullo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión feita pola Deputación Provincial de Ourense a favor da Comunidade Autónoma de Galicia do dereito real de uso, a título gratuíto e polo prazo de vinte e cinco anos constituído sobre o inmoble que se describe a continuación:

Urbana: casa-vivenda, situada en Valverde, parroquia de Requeixo, municipio de Allariz. Ten unha superficie aproximada de novecentos metros cadrados. Estrema: á dereita, entrando, ao sur, campo público, casa habitación e palleiras de Victorino Vila; á esquerda, ao norte, curral de gando; ao fondo, ao leste, predio descrito no número tres, hoxe predio descrito co número dous; e á fronte, ao oeste, estrada do Alto do Couso a Celanova. Está formada por planta baixa, planta primeira, planta segunda e bufardas. Existen outras dependencias destinadas a vivenda do caseiro, bodega e tulla. Estas dependencias e a casa principal enmarcan un patio central con piso e cemento. Cortello principal, palleira e hórreo.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade de Allariz, no tomo 329...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR