Decreto 302/2003, do 3 de xullo, polo que se modifican os estatutos do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, aprobados polo Decreto 270/2000, do 26 de outubro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

A disposición transitoria da Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que os colexios profesionais galegos que estivesen constituídos á entrada en vigor da dita lei deberán adapta-los seus estatutos a ela.

En cumprimento da dita disposición o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia procedeu á modificación de determinados artigos dos seus estatutos.

Tendo en conta o disposto no artigo 18.1º da Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no artigo 36 da Constitución española, no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, no Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, de traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado na materia de colexios oficiais e profesionais, no Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia sobre asunción de funcións e competencias ó que se refire o real decreto citado, e no Decreto 161/1997, do 5 de xuño, polo que se regulan os consellos galegos de colexios profesionais e se crea o Rexistro de Colexios Profesionais e os seus consellos; por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de xullo de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícanse os artigos 4, 5, 8, 13, 21 e 40 dos estatutos do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, que pasarán a te-la seguinte redacción:

  1. Artigo 4:

    O ámbito territorial do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia será a Comunidade Autónoma galega.

    O colexio terá sede na cidade da Coruña e o seu domicilio social será na rúa San Roque, 10-1º, 15001 A Coruña.

    Os cambios de enderezo poden ser acordados por proposta da xunta de goberno, por asemblea ordinaria por maioría

    .

  2. Artigo 5:

    O colexio réxese polos presentes estatutos, pola súa lei de creación, pola Lei de colexios profesionais

    de Galicia, e por calquera outra lexislación autonómica, estatal ou comunitaria que lle afecte

    .

  3. Artigo 8:

    O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia asume as funcións que a Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, determina para os consellos galegos de colexios profesionais

    .

  4. Artigo 13:

    Será requisito indispensable para o exercicio da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR