A recuperacion legal dun toponimo: A Coruña

AutorLois Cambeiro Cives
CargoVicepresidente de la Mesa pola Normalización Lingüística
Páginas137-144

Page 137

Antecedentes a unha sentenza histórica en Galiza

O 14 de xullo de 1983 publicase no Diário Oficial de Galícia a Lei de norraalización lingüística (Lei 3/1983) que «asegura a normalización do galego como lingua propia do noso pobo».

No artigo 6 (apartado 3) di: «os poderes públicos de Galicia promoverán o uso normal da lingua galega, oraltnente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns» e no apartado seguinte engade: «A Xunta dictará as disposicións necesarias para a normalízación progresiva do uso do galego. As corporacións locais deberán facelo de acordo coas normas recollidas nesta Lei».

En efecto, a partir deste momento, a Xunta comeza a promulgar unha serie de decretos e ordes que desenvolven as boas intencións recollidas na Lei. Ao mesmo tempo, algúns concellos dan pasos importantes de cara á normalización da lingua nos seus actos.

0 concello da Coruña adiantarase ao espírito desta Lei e -baixo a dirección dun alcalde nacionalista- nun Pleno celebrado o 29 de maio de 1981 chegouse ao acordo de que «toda a documentación pública, sobre todo a que se refere a anúncios na prensa e bandos da Alcaldia deberá estar no idioma galego». Este Acordo seria suspendido pouco despois polo governador civil da Provincia e ratificado polo Tribunal Supremo o 12 de marzo de 1984, mantendo a vixéncia ainda hoxe.

O 24 de setembro de 1982, o Concello -presidido por un alcalde nacionalista- noutro Acordo decide galeguizar o nomenclátor da cidade e fai unha relación dos nomes das rúas en galego para leválo á Comisión de Toponímia da Xunta e darlle via legal.

Page 138

Estes antecedentes non serán nengun inconveniente para o novo alcalde elexido nas segundas eleizóns democráticas -e que continua hoxe-. Desde o primeiro momento mostrou unha ampla aversión e hostilidade cara a todo o que se relacionase co idioma galego, procurando eliminálo en todos os actos e disposicións que emanaban do concello, obstaculizando os cursiños en galego para os funcionários e realizando declaracíóns públicas degradantes cara este idioma. Por suposto, obviou totalmente os acordos sobre o tema aprobados pola Corporación anterior e o nome da cidade pasou a ter unicamente a forma castelanízada La Coruña.

Os intentos da Mesa pola Normalización Lingüística para entrevistarse con algun representante municipal do grupo de governo foron en van. Ao tnesmo tempo, a Xunta que teria a obriga moral de promover o uso do ídioma galego, mantiña siléncio e mesmo chegou a «comprender» a situación do concello.

Reclamación administrativa e valedor do povo

En toda a declaración de intencións da Lei de normalización lingüística só hai un único artigo prescritivo. O artigo 10 di:

1.Os topónimos de Galicia terán como única forma ofidal a galega.

2. Corresponde a Xunta a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia...

3. Estas denominacións son as legais a tódolos efectos e a rotulación terá que concordar con elas...

O 21 de setembro de 1984 publicase o Decreto 146/1984, polo que se procede a fixar a toponímia e dispónse que A Coruña é o nome oficial desta cidade.

En canto ao uso do idioma nas corporacións locais, o Parlamento galego aprobou o sete de xuño de 1988 (publicada o 13 deste mes) a «Lei do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades Iocais». Nela faise constar no seu artigo 1:

1. As convocatorias de sesións, ordes do día, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das Cotnisións informativas e actas das entidades locais de Galicia redactaranse en lingua galega.

2. Sen prexuício do disposto no apartado anterior, as devanditas entidades poden facelo, ademais, na outra lingua oficial

.

Page 139

Esta Lei que, nunha disposición transitória, concedia un prazo de dous anos ás entidades que non estivesen en condicións de cumprila, terá plena vixencia a partir do 1990.

Pois ben, o Concello coruñés despois deste ano seguia ignorando as duas leis e desoindo as organizacións que pedian un cámbio de rumo na liña idiomática.

Antes de levar a cabo nengunha acción legal, a Mesa pola Normalización Lingüística recorreu ao valedor do pobo para que o prestíxio desta institución fose suficiente á hora de posibilitar o reclamado cámbio. En setembro do 1991, D. Xosé Cora, como valedor do pobo envia un escrito ao alcalde coruñés recordandolle a legalidade polo miúdo. Remata: «Por todo isto... recomendamos a ese Concello o estricto cumprimento do establecido sobre o uso e potenciación do idioma galego no Estatuto de Autonomía de Galicia, obrigación que se impón e extende a tódolos poderes públicos de Galicia, así como tamén o cumprímento de tódalas normas posteriores dictadas en aplicacíón e desenvolvemento do mesmo».

Na resposta o concello di que acata a lei «sobre o uso dos topónimos en galego como o demostra o feito de que pola súa iniciativa se procedeu a rotular as rúas da cidade en ambos idiomas, tanto na lingua castelá ou española, oficial do Estado, como na lingua galega, oficial da nosa Cotnunidade Autónoma.»

A resposta é, cando menos sorprendente, xa que o único que fixera o concello foi pór nas placas «calle/rua» e o nome da respectiva en españoí. E remata argumentando na sua defensa que usa o topónimo La Coruña porque é o da maioria da poboación e «non desexa o Concello que o critério das minorías prevaleza sobre o das maiorías ou ao revés».

En xaneiro do 1992, a Mesa pola Normalización Lingüística decidiu presentar unha Reclamación Administrativa ante o concello para que acatase a legalidade vixente. Este contestou co siléncio administrativo.

Finalmente en febreiro do 1993 a Mesa presenta ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha demanda de recurso contencioso administrativo (n° 4944/1992) contra o concello para que, á falta de razón deste organismo que deberia ser o primeiro á hora de potenciar a normalización, sexa o Tribunal o que a impoña.

A Sentenza

O Tribunal desestima a falta de lexítimación activa da Mesa que alegara o Concello, e o 28 de xullo de 1994 dicta sentenza.

Page 140

Polo que respeita ao topónimo di que «nengunha dúbida cabe de que o nome oficial do município de que se trata é o de «A Coruña' e, polo tanto, tampouco cabe dubidar de que o acatamento e observáncia daquela normativa conduce a que oficialmente haberá de ser utilizada tal denominación, obriga en canto á sua utilización oficial que desde logo comprende tamén a agora demandada.»

En canto ao uso da língua galega nas actuacións do concello considera que a Lei do 21 de xuño do 1988, ademais de obrigar a utilizar a língua própria de Galiza, permite tamén o uso da outra Iíngua oficial, por tanto «a exposta é unha determinación normativa que debe ser cumprida, observáncia inexcusábel que, como ocorre con toda norma, ha de practicarse coa esixíbel racionalidade» e, en consecuéncia,» estabelecese a obriga de garantir o uso normal do galego e do castelán ... asi como a de evitar a discriminacíón por razón de língua».

No fallo instase a «que dito Concello recoñeza e utilice como nome oficial o de «A Coruña» en vez de «La Coruña», asi como que utilice o idioma galego en todas as ordes ofíciais, e en consecuéncia dispoñemos que o Concello de «a Coruña» ha de utilizar como nome oficial o de «A Coruña» e ha de aplicar a lingua galega nas convocatórias de sesións, ordes do dia, mocións, votos particulares, propostas de acordo, dictames das comisións informativas e actas, sen prexuízo de que ademais o poda facer en castelán».

- No mesmo dia, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tamén desestimaba un recurso contencioso administratívo (n° 5073/1992) interposto polo concello coruñés contra o Ministério de Administracións Públicas pola utilización deste da denominación «A Coruña»-.

Vários organismos oficiais (entre eles o Consello da Cultura Galega, que fixo un estudo histórico sobre o topónimo que avalaba o fallo do Tribunal), partidos políticos, sindicatos e organizacións populares mostraron a sua satisfación pola Sentenza, agardando que, sen máis dilación, se puxese en práctica. A Mesa fixo un chamamento ao governo municipal para que non a recorrese. Pediu unha vez máis unha entrevista ao alcalde ao tempo que se ofrecia a colaborar en todo o que fixese falta.

Como cabia esperar por parte dun concello obstinado na defensa a ultranza do uso do español, ínterpón un recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra a Sentenza do 2871994 promovida pola Mesa. Por suposto, non cambiou en absoluto o comportamento: non contestou á soHcitude de entrevistas, arreciou no discurso despectivo cara o galego ePage 141tanto o topónimo como todo tipo de impreso sainte do concello continuaron en español.

Solicitude de execución provisoria da sentenza

Ante o retraso que pode supor a resolución do Tribunal Supremo e as consecuéncias negativas para a cnltura galega que este retraso pode ocasionar, e tendo que conta que hai suficientes argumentos legais, a Mesa nun escrito pide a execución provisória da Sentenza do 2871994.

Alega o Concello o recurso de casación ante o Tribunal Supremo, pero sobte todo, consideraa inadecuada por dous motivos. Un de orde persoal: «a necesidade ímprescindíbel de que o Concello conte con persoal adecuado para redactar correctamente todos os extretnos aos que se refere a sentenza», e como neste momento non o hai, e tampouco hai consignación suficiente, poderia producirse unha «paralización praticamente totalda administración municipal».

É sintomático que sexa un concello dos tnaiores de Galiza o que non pode facer fronte ao gasto que pode producir un asesor lingüístico cando unha boa parte dos concellos pequenos dispoñen del.

O segundo motivo, de orde material, xa que haberia qué sustituir «todo o papel que se utiliza pola Administración municipal, escritos, carpetas, comunicacións, boletins.etc... que teñen un.custe extraordinario e que estimativamente poden calcularse en máis de 100.000.000 de pesetas» e iso supera as previsións do concello. Por tanto pidese a Mesa un aval de 100.000.000 de pesetas para os gastos de persoal e material «e outra cantidade semellante polo retraso que se poda producir para dar cumprimento á sentenza».

Como se ve,.o único que pretende o Governo Municipal é ignorar, ou cando menos retrasar o. cumprimento legal o máis posíbel.

O Tribunal non concorda coas razóns municipais e accede á solicitude da Mesa. En consecuéncia, nun Auto do 24101994 decide que o governo municipal deberá acometer a Sentenza «progresivamente e nun espazo temporal razoábel de cuxos resultados se dará conta periodicamente a esta Sala». Argumenta que, levada deste xeito non cabe apreciar «a previsibilidade de aparición de danos e prexuízos» polo que non cabe esixir nengun tipo de aval.

O Concello formulará un novo recurso de súplica, ao que o Tribunal contesta cun novo Auto (151294) no que se insiste na non previsibilidade de danos ou prexuízos, por tanto accede á execución provisória da senPage 142tenza. Pero vaí máis alá, xa que agora requirese ao Concello «na persoa do seu AlcaldePresidente». Ademais debe informarse « mensualmente a esta Sala sobre a adopcíón e resultados de tales medidas, requerimento que se efectuará á devandita autoridade con expreso apercibimento de que o incumprimento do ordenado no mesmo poderá orixinar as correspondentes responsabilidades penais por delito de desobediencia».

Como vemos, hai unha maior concreción con respeito ao Auto anterior na periodícidade, persoa e responsabUidade da execución da sentenza.

Un longo silencio na execución da Sentenza

Desde o üfrimo Auto, o Conceüo unicamente remitiu ao Tribunal un escrito o 1021995 con cópias de seis convocatórias e ordes do dia en bilíngüe. Un testemuño raoi pobre para poder considerálo un avance no camiño da normalización idiomática.

O Alto Tribunal Galego faise eco disto e envia unha Providéncia (3031995) ao Concello na que indica que este «nen atendeu a indicación sobre remisión de informe mensual», nen se ten constáncia de que se atendera a orde de execución provisória tanto na utilización da Jíngua galega na documentación como na utilización do nome oficial da cidade. E engade: «como exemplos máis evidentes caberia citar a adquisición de novos impresos e material de oficina en xeral para reemprazar o material xa esgotado, novas actuacións en canto á rotukción, ínformación e sinalización en xeral... dandose incluso a circunstáncia de que nen siquera nas mencionadas convocatórias e ordes do dia (enviadas polo Concello ao Tribunal)... se utiliza o topónimo "A Coruña", empregandose a forma «La Coruña» non só nas convocatórias efectuadas en castelán, o cal igualmente desatenderia o ordenado, na Sentenza e Autos de execución, senon incluso tamén nas referidas convocatórias efectuadas en galego».

Ante a evidéncia de desatención e por un princípio de boa fe, o Tribunal decide oficiar ao Concello «para que no termo de tres dias se remita a esta Sala compkto informe relativo ás actuacións e medidas praticadas» por el.

Alegacións do Concello e unha história sen final

A especial consideración que o Tribunal tivo cara o Concello vese contestada por este dun xeito que revela ben ás claras que non ten nen-Page 143gunha vontade de cumprir o mandato xudicial. Todo o contrário, o que pretende é dar longas, manter recurso tras recurso e evitar no posíbel un cumprimento que non toma forma real.

Nas novas alegacións (5 e 10 de abril), o Concello di ao seu favor que está a cumprir a sentenza e pon os seguintes exemplos:

- Prosegue coa Ímpresión bilíngüe das ordes do día. Cita tres casos.

- Comezou a impresión das actas de Comisións Informativas en castelán e galego.

- Pedíu ao Negociado de Imaxe a confección de impresos co topónimo «A Coruña».

- A recente documentación para o cobro do imposto sobre circulación de veículos figura nas duas línguas.

- Ten documentación preparada nas duas línguas para levar a cabo matrimónios civis.

- Hai textos en galego ná Casa das Ciéncias e no Museu «Domus».

Como podemos ver por estas referéncias, o traballo normalizador do Consistório é simbólico e, desde logo, pouco consistente á hora de demostrar que está cumprindo nun espazo temporal razoábel. Pero a terquedade toma tal grau de desprezo ao Tribunal e á sociedade que mesmo chega a atribuirse logros que non son seus. Para comprobálo, vexamos os seguintes feitos que se atribui o Concdlo a si:

- Topónimo correcto nun xardin da Praza de Mina e nun indicador da Avenida Alfonso Molina.

Hai que aclarar que o nome da cidade na Pr. de Mina xa ven de antigo e nel non influiu para nada este governo municipal. O indicador de Alfonso Molina non pertence ao Concello, pero si corresponde un xardin que está neste mesmo ponto (á entrada da Coruña) e que se fixo famoso porque, coa inscrición «La Coruña» feita con mirtos, o «L» desaparece moitas noites roubado por mans ocultas e á mañá seguinte xa están os xardineiros municipais repoñendoo.

- Moi curioso é o apropriamento da Revista da Policia Municipal -redactada integramente en galego- que o Concelio non apoia. Isto provocou unha carta xornalística de estupor e incotnprensión por parte dos policias.

- E indignante foi o aparecer corao impulsor duns diplomas de traductor en linguaxe adtninistrativa galega conseguido por cinco funcionárias no seu tempo libre. Indignante porque o Concello sempre tratou de impedir todo tipo de cursiños para os sus funcionários. -AindaPage 144este ano 1995 se formularon 13 peticións de cursiños de galego, e os 13 foron denegados-.

Tras expor estes «sorprendentes» logros, remata o recurso: «De todo o exposto, cremos que se deduce sen lugar a dúbidas o contínuo esforzo que realiza este Concello para promocionar o idioma galego...'

Ante esta conturaaz conducta do alcalde, que en todo este período nen siquer fora capaz de restituir o nome ofíciaJ do Município nos anúncios pagados na prensa, o Tribunal -a instáncias da Mesa- envia o que pretende ser o último Auto (9 de maio) referido a esta cuestión.

Desestima o recurso de súplica interposto polo ConcelJo debido ao evídente incumprimento do requerimento do Tribunal: «o recurso de súplica formulado contra a referida providéncia presentase non só carente de toda base senon inciuso como temerário, polo que, xunto coa desestiraación do mesmo, procede a imposición ao Concello das costas devengadas pola Mesa pola Normalización Lingüística con ocasión do recurso de súplica».

En canto á utilización da língua galega, debe o concello cumprir o ordenado, di o Tribunal. Pero vai ser contundente co «olvido» munícipal do topónimo correcto: «a partir desta data, e sen máis dilacións, excusas nen pretextos, dito Concello deberá utilizar o topónimo "A Coruña" en todas as suas actuacións, incluídas as relativas á publicidade realizada nos distíntos meios de comunicación social».

Mes e meio despois deste Auto, a situación praticamente non variou. 0 concello enviou ao Tribunal unha convocatória de Pleno en bilíngiie e unhas tarxetas informaíivas sobre as eleizóns. Mentres nos anúncios de prensa segue a manter nalgun caso «Ayuntamiente de La Coruña» ainda que o normal é que os encabece por «El Ayuntamientio informa» e aí hai que saber que se refere ao da Coruña.

O xogo do gato e o rato fixose dono da presente situación. As «dilacións, excusas e pretextos» son os que levan a voz cantante. Mentres o Tribunal segue a pedir con moita consideración o cumprimento da sentenza, o AJcalde, nunha actitude despectiva cara a Xustiza, recorrrendo á malícia e mesmo á mentíra, cumpre un detalliño da sentenza para incumprir a globalidade.

O 13 de xuño, os servizos xurídicos da Mesa enviaron ao Tribunal o -polo momento- último escrito de alegadóns, acompañado de vários documentos onde se demostra que a sentenza segue sen ser cumprida, para que esta se curapra integramente e ao mesmo tempo «se deduza testemuño contra o Alcalde por desobediéncia ao Tribunal».

A Coruña, xullo de 1995

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR