A lei de normalización lingüística do idioma galego
Autor | Xoán X. Santamaria Conde |
Cargo | Responsábel do Setvizo de Normalización Lingülstica do Coléxio de Economistas de Pontevedra e membro do Comité de Ensinamento do Consello Xeral de Economistas de España |
Páginas | 295-217 |
Page 205
A princípios de Maio de 1983 elabora-se en ponéncia do Parlamento da Galiza o proxecto de lei do uso do idioma galego. O primeíro de Xuño ditamina-o a Comisión Institucional de dito Parlamento. A Cámara, con lixeiras modificacións, aproba por unanimidade o texto definitivo da Lei de Normalización e, por aioria, a disposiciión adicional que fai referéncia á normativLzación da língua galega. Eta o 15 de Xuño cando tal acontecimento se producia. Finalmente promulga-se o 14 de Xullo de 1983 no Diário Oficial da Galiza para tomar vigor ao dia seguinte.
A devandita* lei recolle un preámbulo no que se fai referéncia ao proceso centralizador que, no decorrer dos séculos, anulou a posibiKdade de constituir na Galiza institucións próprias e impediu o desenvolvimento xenuíno da nosa cultura precisamente canao a imprensa ía promover o grande despegue das culturas modernas. Despois de aludir á crecente sensibilidade, desde os ilus-Page 206trados do século XVIII e especialmente a partírer de mediados dol XIX, avalia-se no devandito preámbulo a respeito da despexsonalización e marxinación cultural da Galiza, a língua como a criación mais importante de povo galego como colectividade que, ademais, serve de vínculo esencial entre os galegos afincados na terra e os emigrados polo mundo adiante. Ao remate de tal limiar, salienta-se que: «A presente lei, de acordo con o estabelecido no artigo 3° da Constitución e no 5° do Estatuto garante a igualdade do galego e do castellano como Iínguas oficiais da Galiza e asegura a normalización do galego como língua própria do noso povo.»
Referindo-se aos direitos e deberes lingüísticos na Galiza a Lei de Normalización sinala literalmente:
Artigo 1.° O galego é a língua própria da Galiza. Todos os galegos teñen o deber de coñece-lo e o direito de usa-lo.
Artigo 2° Os poderes públicos da Galiza garantirán o uso normal do galego e do castellano, línguas oficiais da Comunidade Autónoma.
Artigo 3.° Os poderes públicos da Galiza adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de língua.
Os cidadáns poderán dirixir-se aos xuíces e tribunais para obter a protección xudicial do direito a empregar a sua língua.
Ainda que non coinciden con a literalidade dos catro apartadoí do artigo 5.° do Estatuto de Autonotnia para Galiza, estes tres artigos veñen a corresponder-se con el; apresentando, ademais, certas novidades con respeito ao texto estatutário. Por unha banda temos, no segundo parágrafo do artigo 3.° da lei, que os cidadáns poderemos, previsibelmente, acudir aos xuíces e tribunais para non sermos discriminados, se é o caso, no uso que fagamos da nosa língua en lugar de empregarmos, na Galiza, o castellano ou español. Este direito, como calquera outro, ven deterrainado pola simples aplicación do artigo 24.1 da Constitución. Non obstante pensamos que non está demais reforzar, neste eido, a posibilidade de acudir aos xuíces e tribunais en prol da protección xudicial dos direítos de calquera cidadán, ainda que nada mais sexa a efeitos recordatórios. Deste xeito contribue-se, ademais, a que este diploma Iegal non fique en letra morta ou en papel mollado sen prexuízo do que, como se sina-la no artigo 3.°, lles cumpre aos poderes públicos que, por outra banda, terán de garantír o uso das duas línguas oficiais na Galiza: o galego como própria e o castellano ou español por ser a oficial en toda España segundo o estabelece o artigo 3.1 da Constitución,
Temos taraén o que da leitura da lei resulta certamente chamativo. No entanto que o Estatuto fala só do direito a coñecer e usar as duas linguas oficiais das que o castellano é de obrigado coñecimento como se indica no de-Page 207vandito artigo constitucional, nesta lei sinala-se, sen rodeos, que todos os galegos teñen o deber de cofiecer tamén o idioma galego. E son galegos, segundo o artigo 3.° do Estatuto, os españois que teñen viciñanza administrativa en calquera dos municípios da Galiza ou, no caso dos emigrantes, os que a tívesen por última vez, como tamén os seus descendentes nados no exterior que figuren inscritos como españois, Quere-se dicer, por tanto, que o galego e o castellano, como línguas oficiais, fican equiparadas polo que fai ao seu coñecimiento como ao seu uso optativo. No obstante, en utubro de 1983, o Goberno Central aceitou, en parte, a proposta de recurso perante o Tribunal Constitucional que, contra concretos contidos da Lei de Normalízación Lingüística do idioma galego, lle elevou a Delegación na Galiza do devandito Goberno. Consecuentemente recorreu-se o «deber» de coñecer a língua galega que o 1.° artigo desta lei estabelece con a mesma literalidades que, para o castellano en toda España, recolle o 3.1 da Constitución. Unha vez mais, non se cuestiona aberta e claramente o uso das demais línguas cspañolas, na terminoloxia constitucional, mas si encobeitamente en defensa dos direitos dos castellanos parlantes que, en todo caso, resulta ínecesária até o momento. Unha vez mais, como cando o Decreto 2.929/ 75, parece que custa recoñecerlle aos dcmais, galego-parlantes, os direitos que se recaban para sí os castellanos parlantes.
Na medida en que o recurso non afecta apenas ao resto da lei e, por conseguinte, ao deber dos funcionários de coñeceren a lingua galega como a dos escolares a respeito da sua aprendizaxe, custa traballo entender as razóns, salvo as mais ou menos ocultas, do tal recurso. O mesmo Sr. Ministro de Administración Territorial sinalaba que o recurso somente afecta á permanéncia ou non do vocábulo indicado: «deber», e non ao conxunto da lei que, en cumprimento de tal deber ademais, desenvolve-o e o concreta. A suposta coeréncia das declaracións aludidas non se albisca salvo se se pensa que do que se trata é simplesmente de poder contar con unha Iei inútil e inaplicábel. O Delegado do Goberno Central na Galiza asumiria como próprias, mesmo na sua condición de Presidente da Real Académia Galega, declaracións similares ás do Ministro indicado.
A inexisténcia de tal deber de coñecimento, sequera sexa implidtamente, privaria-nos aos galegos parlantes do direito a usarmos a língua própria cando calquera interlocutor noso diga non entender-nos ou se negue a atender-nos. Á marxe da resolución que adopte, ao respeito, o Tribunal Constitucional e sen prexuízo nen prexulgamento da mesma, cumpre resaltar que, en todo caso, hai que entender que o «deber» de coñecer, tanto o galego como o castellano, subsistirá implicitamente, cando menos. O direito que non se nos nega a optar libremente polo uso do galego ou do castellano obrigalle ao outro ou outros interlocutores, que se poden expresar na outra h'ngua, a atender-nos e entender-nos, na Galiza, en galego como en castellano. E neste senso é no que hai que entender as obrígas de coñecer tanto unha como a outra língua oficiais. En función do direito dos demais a usaren aquela ou esta da sua preferéncia xa que nomeadamente non se impón coactivamente o coñecimento delas. Trata-se,Page 208se se quere, dun deber étíco ou dun princípio programático que, con estes alcanzos, recolle unha norma legal sexa constitucional ou, ao amparo mesmo da Constitución española, de carácter autonómico. Se a lei non dixese nada sobre o tema, haberia que entender que, como xa se sinalou, tal deber subxace ainda que nada mais sexa dun xeito implícito pois que o mesmo Estatuto sina-la que ninguén pode ser discriminado por razón da llngua (art. 5.4) tal como acontece con outros diplomas autonómicos. A existéncia, ademais, nos tempos que corren de analfabetos en Espafía, ou de persoas na prática analfabetas que dificilmente len ou escreben mesmo en castellano, evidéncia que non hai mecanismos coerciúvos que impoñan un deber de tais características. En troca, este feito pon de relevo como si se trata dun princípio programático. Neste caso, por outra banda, dada a condición de vítimas das persoas implicadas, a responsabilídade polo incumprimento dun deber de tais caracteristicas haberia que imputarlla, sobre todo, aos poderes públicos.
O único que acontece é que, desde o ponto de vista sinalado, a redacción do artigo 3.° do Estatuto galego, polémico xa na sua discusión nas Cortes Xerais neste e outros pontos concretos, non é a mais afortunada, O noso Estatuto limitar-se a dicer, de maneira simüar ao artigo 7.1 do valenciano para a sua específica modalidade do catalán, que os idiomas galego e castellano son oficiais e nen sequera, segundo o artigo 6° do vasco, utilizando a expresión: «... cotno o castellano», nen como o 3.° do balear: «... xunto con a Iíngua castellana». O Estatuto catalán que, en troca, non fala do direito nen do deber a tespeito da língua catalá, explicita perfeitamente a co-oficialídades en pé de igualdade. O seu artígo 3.° sinala que: «O idioma catalán é o oficial —observe-se que non di simplesmente "oficial" senón "o oficial"— de Catalunña asi como tamén o é o castellano en todo o Estado español.»
Os artigos 4.°, 5°, 6.°..., até o 11 incluído referen-se ao uso ofícial do idioma galego, tanto na Administración Autonómica como nas Corporacións Locais. Fica fora desta lei, pois, a Administración Central que, por unha elemental coeréncia, debe asumi-la na sua organización periférica na Galiza e sobre todo polos direitos que perante calquera persoa ou institución recoñece a lei de normalización lingüística aos cidadáns galegos. E isto non significa, como despois veremos, que as Cortes Xerais non podan regular todo isto para o caso da Administración Central sempre que o fagan en concordáncia con o disposto no Estatuto de Autonomia e ao amparo da Constitución. De todas as maneiras, se temos en conta que ninguén pode ser discriminado por razón da língua, a presente lei supón unha referéncia obrigada nuns casos e indicativa en outros, para a Administración Pública galega e a española, respectivamente.
As leis da Galiza, os decretos lexislativos, as disposicións normativas e as resolucións oficiais da Administración Pública galega redixiraís enPage 209galego e castellano (art. 5.º) dado que a galego é a língua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da sua Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da devandita Comunidade (art. 4.°). De conformidade con o artigo 6.º, polo que os cidadáns teñen direito ao uso do galego, oralmente e por escrito, nas suas relacións con a Administración PúbGca, as actuacións administrativas na Galiza serán válidas e producirán os seus efeitos calquera que sexa a língua oficial empregada. Os poderes públicos galegos están obrigados a promover o uso normal da Iíngua galega tanto oralmente como por escrito nas suas relacións con os cidadáns. No entanto que á Xunta da Galiza lle corresponde ditar as disposicións precisas para a normalización progresiva do galego, as Autarquias ou Corporacións Locais: Deputacións e Concellos deberán facer o próprio de acordo con esta lei. Na prítnitiva redacción do proxecto de lei asignaba-se-lle á Xunta a responsabilidade da normalización da língua galega no seu ámbito e no das Autarquias Locais. En prol da autonomia local, no texto definitivamente aprobado, deixa-se en mans destas-entidades o estabelecimento dos decretos correspondentes na execución da lei de normalización á que fican obrigadas polo artigo 6.4. O artigo 7.°, tamén recorrido nos números 1 e 2, estabelece a mesma oficialidade do galego e do español na Administración de Xustiza, reservandolle á Xunta a promoción, de acordo con os organismos correspondentes, da normalización progresiva do uso do galego, no território da Comunidades Autónoma Galega, polo que respeita á AdmÍnistración de Xustiza. Os docutnentos públicos outorgados na Galiza poderán-se redixir en galego ou castellano e, en caso de desacordo entre as partes, empregarán-se ambas as duas línguas (art. 8.°). Os asentamentos, nos Rexistos Públicos dependentes da Administración Autonómica, farán-se na língua oficíal en que estexan redixidos os documentos ou se faga a manifestación. No caso de documentos bilingües inscreberán-se na língua que indique quen os presente no Rexisto, Nos Rexistos Públicos non dependentes da Admínistración Autonótni-ca, a Xunta promoverá, de acordo con os órgaos competentes, o uso normal do idioma galego. Non obstante, para rexistadores e notários ainda perviven instrucións recomendando a inscrición en castellano ou, no seu caso, bÜingüe cando se trate de documentos redixidos en español ou en galego e bilíngües, respectivamente. Cando as certificadóns non sexan literais, pois nestes caso estenderán-se na língua utilizada na inscrición, empregará-se a língua oficial interesada polo solicitante do mesmo xeito que, cando se trate de textos bilingües, poderán-se obter as certificacións de tais documentos en calquera das versións, a vontade do interesado segundo o artigo 9.°.
Unha cuestión intencionadamente eludida é o de que língua ou línguas prevalecen aos efeitos de interpretación de textos Iegais e documentos bilingües. Na Administración Central do Estado patece que, a estes efeitos, prevalece a versión en castellano ou español. Non obstante o mais riguroso, desde o ponto de vista da seguranza xurídica, seria que prevalecese o texto correspondente á língua na que orixinariamente foi redixido. A outra versión non ten, en princípio, tnais valor do que lle corresponde a unba simples traducción. Seria preciso, para isto, que se estabelece que, en todo texto bilingüe, semprePage 210se deberá indicar abreviadamente cal é a versión orixinal (t.o. = texto orixinal). Ainda que non existe unha lexislación en matéria de língua aprobada como tal polas Cortes Xetais do Estado que afecte ou poda afectar á Administración Central, hai perspectívas de que, no cadro de leis de outras matérias, se contemple esta cuestión podendo-se, ademais, colisionar direitos mais ou menos recoñecidos polas diferentes normas de ámbitos autonómicos. Tal é o caso do proxecto de lei do Poder Xudicial que, en esta cuestión, ocupa-se novamente, sobretudo, da defensa do uso do español ou castellano.1 E teña-se en conta que, ao tratar-se dunha lei orgánica, é unha norma equiparábel aos Estatutos de Autonomia e de maior rango do que mesmo as leis de normalización lingüística vixentes nos respectivos territórios autónomos. Este proxecto de lei estabelece que en todas as suas actuacións xudiciais, os xuíces e maxistrados, fiscais e secretários dos xulgados e tribunais usarán o castellano, língua oficial do Estado. En consecuéncia ao non dicer: «poden usar...», obriga taxativamente aos profisionais e funcionários da Xustiza ao emprego, en todo caso, do español. O galego, catalán ou euscaro, «poderán-se usar...», sempre que os correspondentes escritos vaian acompañados dunha traducción ao castellano. Ante isto, se o uso do galego, no noso caso, implica o simultáneo do castellano, non se poderá facer uso del dun xeito optativo e en pé de igualdade con o español do que sempre se fará uso. O que teria de estabelecer-se, en senso contrário, é que no caso de escritos, documentos ou declaracións que teñan de surtir efeitos fora da Comunidade Autónoma que conta con língua própria, será a mesma Administración Central a encarregada de realizar as correspondentes tradúcións ao español ou, se é o caso, ás outtas línguas. En todo caso ten-se de procurar, en aras da normalización das outras línguas, que calquera tipo de tradución non lle reporte aos cidadáns nenguntipo de moléstias nen perdas de tempo. Neste senso os artigos 2.2 da lei de nortnalización do catalán e o 12.1 do valenciano, recollen explicitamente consideracións deste tipo. Os cataláns poden realizar as suas manifestacíóns de pensamento ou de vontade na sua língua própria con os mesmos efeitos xurídicos do que se o fan en castellano non podendo, ademais, seren obxecto de dificuldade ou retraso algun como tampouco exíxir-se-lles traducíón ao castellano. Os valencianos, pola sua banda, poden dirixir-se, concretamente á Administración de Xustiza, na língua oficial que estimen conveniente sen que tampouco se lles poda impor tradución algunha nen seguir dernora na tramitación das suas pretensións. Prevé-se, non obstante, o uso do castellano cando se trate de cópias ou certificacións de documentos que teñan de surtir os seus efeitos fora do território da Comunidades Autónoma Valenciana. Perante isto cabe perguntarmonos: ePage 211tamén cando os tais efeitos teñan de producir-se, por exemplo, en Cataluña ous nas Illas Baleares? Por certo que esta lei valenciana non fala do deber de coñecer o idioma próprío da Comunidade Autónoma, mas sinala-o como princípio programático cando di: «A incorporación do valenciano ao ensinamento en todos os niveis educativos é obrigatória...» Caben, pois, diferentes formulacións para estabelecer, implícita ou explicitamente, o deber de coñecer e, en consecuéncia, estudar a língua própria da Comunidade Autónoma que se trate.
Cando resulte inevitábel a redacción e tramitación biüngüe de documentos, dado que isto supón o emprego de tempo e despesas dobros, a mesma lexislación fiscal e os honorários dos notários e rexistadores deberian contempla-lo. Concretamente no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados poderia-se estabelecer unha boníficación do cincuenta por cento no caso de que, por doble extensión, se dupliquen os timbres impositivos.
Postos a considerar a lexislación estatal de matétias diversas que tamén alude ao uso da Iíngua castellana e, no seu caso, aos das outras, temos de lembrar que, de conformidade con as Ordenanzas Militares vixentes, o castellano é a única língua de uso na vida interna de todas as dependéncias castrenses. E até o momento non se harmonizaron ainda as disposicións que, en temas pontuais, podan resultar contraditórias con as específicas de normalización lingüística. Tal harmonización, neste caso, poderia arbitrar-se mediante o estabelecimento de algun tipo de extraterritorialidade autonómica respeitante ás dependéncias militares situadas en Comunidades Autónomas con idioma próprio. En contrapartida, o mesmo Ministério de Defensa deberia prover-se, dos correspondentes servizos de tradución a fin de que, cando sexa o caso, podan os diversos ógaos autonómicos, entes locais e cidadáns civis dirixir-se a institucións castrenses nas suas línguas específicas. Deste xeito evitarian-se devolucións de escritos dirixidos a autoridades militares por non estaren redixidos en castellano e non contaren, tais autoridades, con os correspondentes servizos de tradución a este idioma, como xa aconteceu concretamente na Galiza.
Por outra banda, no caso de produtos alimentícios envasillados en Comunidades Autónomas con língua própria, estabelece-se que, en todo caso, as etiquetaxes deberan expresar, en castellano, as indicacións legalmente obrigatórias. Non obstante, para produtos deste tipo importados, consumíbeis en percentaxes ímportantes en zonas como Canárias, Ceuta ou Melilla, nengunha disposición se encarrega de que, ao seu paso polas alfándegas españolas, se reetiqueten en español. Unha vez mais repíten-se, como se ve, tratamentos, para as demais Hnguas españolas, tanto ou mais desfavorábeis dos que se Iles dipensan, en España, ás estranxeiras.
Polo que respeita aos topónimos da Galiza, de conformidade con o artigo 10, sinala-se que terán como única forma oficial a galega. Unha vez determinados pola Xunta os nomes oficíais dos municípios, dos tertitórios, dos núcleos de poboación, das vias de comunicación interurbanas e os topónimos da Galiza, estas denominacións e non outras serán, pois, as legais a todos os efeitos. A denominacióa dos nomes das vias urbanas será estabeledda poloPage 212Concello que corresponda con os mesmos efeitos legais do que as anteriores denominacións. Con o Decreto 132/1.984 de 6 de Setembro desenvolve-se este artigo da Lei de Normalización Lingüística (D. O. da G., 21-IX-84).
O artigo 11 é o que, a fin de facer efectivos os direitos recoñecidos nos antigos anteriores, estabelece a progresiva capacitación dos funcionários no uso do galego, asi como do personal cías empresas públicas da Galiza. No caso de futuros nomeamentos e probas de acceso ás prazas das Administracións Autónoma e Local considerará-se e ponderará-se o coñecimento das duas línguas oficiais, no entanto que para a provisión de postos de Maxistrados, Xuíces, Secretários Xudiciais, Fiscais e restantes funcionários da Administración de Xustiza, asi como no caso dos Notários, Rexistadores da Propriedade e Mercantis, o coñecimento do idioma galego será méríto preferente a calquera outro, posto que xa asi o estabelecen os artigos 25 e 26 do Estatuto.
A diferenza do Decreto 2.929/75, a lei de normalización lingüística do idioma galego non contempla outro tipo de entidades vinculábeis ao proceso mesmo de normalización, como as corporacións de direito público ou calquera tipo de asociación. En todo caso hai que entendet que, para faceren efectivo o direito ao uso do galego polos seus membros, teñen de posicionar-se en prol do uso normal deste idioma. Os coléxios profisionais teñen, por exemplo, un amplo campo de actuación: o deber de respeitar o emprego tanto do galego como do castellano, o de propiciar os diferentes exercícios profisionais en galego e, finalmente, polo que respeita á normativización deben ocupar-se e preocupar-se pola elaboración dunha lexicografia profisional e científica acaída en língua galega.
Os artígos 12 ao 17, ambos inclusive, adicados ao uso do idioma galego no ensinamento son dos poucos, até o momento, desenvolvidos e que polo tanto se aplican minimamente ao amparo do Decreto 135/1983 de 8 de Setembro. Outro decreto, o da normativización, fora promulgado con anterioridade á lei de normalización e, mesmo por isto, non resulta, como xa se verá, mui coerente con a disposición adidonal da Iei devandita.
Como lingua própria da Galiza, o galego é tamén oficial en todos os niveis do ensinamento, correspondendo-lle á Xunta da Galiza regulamentar, como xa o fixo, a normalización lingüística neste eido. Os alunos teñen direíto a receber o primeíro ensino na sua língua materna, cumprindo-lle ás autoridades educatívas a promoción do uso progresivo do galego no ensinatnento. O texto do proxecto, elaborado en Ponéncia conxunta, falaba de l'otgua habitual en vez de língua materna. Este cámbio, que desde o ponto de vísta semántico non ten excesiva releváncia, supón un certo avanzo dado que resulta mui frecuente que pais galego-parlantes se expresen con os seus fillos, desde o berce, en castdlano e, en ocasions, como proban algunhas investigacións levadas a efeito en bairros periféricos de cidades galegas poboados pot campesinosPage 213emigrados á cidade, fanno mais ben cun «castrapo» que, sobre todo, conttibue ao deficiente coñecimento tanto do galego como do español á vez que favorece incorrectas e múltiples interferéncias lingüísticas. E todo pola falta do uso normal do galego na nosa sociedade até o momento. En consecuéncia a consideración dos alunos como galego parlantes vai vir determinada, mais que pola língua habitual dos fillos, pola dos seus proxenitores. Esta circunstáncia ten o inconveniente de que pode ptopiciar, polo sentimento de automenosprezo cara todo o galego, a continuidade e resurximento de conflitos e enfrentamentos xa producidos con anterioridáde entre pais e mestres. Na actualidade existe algun expediente en curso incoado a unha profesora de língua e literatura española no bacharelato por impartir a docéncia en galego. E isto sen que se teñan en conta, que se saiba, posíbeis razóns pedagóxicas polo uso diglósíco das línguas co-oficiais como as que mesmo recolle o artigo 2.1 do Decreto devandito 135/1983 cando fala de que se empregará o galego nas clases de língua e literatura galegas e o castellano nas españolas, sen mais excepcións que as exixidas pola própria eficácia do ensinamento. En troca, non se ten constáncia da existéncia de posíbeis expedientes aos profesores que, en castellano ou español, imparten a disciplina de lingua e literatura galega. Outra posibilidade que se contemplou tamén, no caso do ensinamento en galego ou en castellano, foi a da língua do entorno que foi rexeitada ao discriminar aos alunos segundo vivan no campo ou na cidade en lugar de face-lo segundo a língua familiar e desde o ponto de vista individual. Tendo en conta que o galego é a língua de uso oral normal, ainda que cada dia mais esmorecente, na Galiza rural e coexistindo con o español nas cidades en maior ou menor medida, esta opción frenaria a expansión e recuperación do galego na Galiza urbana sen reducir, previsibelmente, o decaimento do mesmo na Galiza rural. Por outra banda tal conceición entraria en colisión con o que se persegue con a alínea 3.a do artigo 13 segundo a que os alunos non poderán ser separados en centros diferentes por razóns da língua como tamén se evitará, salvo por excepcionais razóns pedagóxicas, a separación en aulas diferentes. Para mellor propiciar o domínio equüibrado no posíbel, nas duas línguas ofidais, procura-se evitar calquera tipo de segregación por razón da língua dos alunos. En fin, calquera das opcións baralladas apresenta as suas vantaxes e inconvenientes e a escollida, ao final, é talvez a menos dificultosa. Para o ensino univetsitário nada contempla a Iei de normalización nen o decreto que a desenvolve ao efeito por entender-se que nese nivel educativo a comprensión de ambas as línguas oficiais é e terá de ser o suficiente para que empregando-se calquera delas, deban os alunos, profesores e personal de administración e servizos entender e atender na que, en cada caso, se Iles fale. As tnesmas autoridades educatívas teñen de garantir, ao remate dos ddos educativos obrigatórios, que os alunos coñezan o idioma galego en igualdade con o castellano (art. 14.3) para, entre outros, non ser preciso regular a normalización Iingüística nos niveis superiores do ensinamento. Tanto os profesores como os alunos, neste nivel, teñen direito a empregaren a língua da sua preferéncia (art. 15.1).
En función da obrigatoriedade do coñecimento do galego, nengun alunoPage 214poderá ser dispensado de tal obriga se, pot viver habitualmente na Galiza, cursou os seus estudos sen interrupción no país. E asi, o Decreto 135/1983 estabelece a dispensación de realizar exames de língua galega por un prazo máximo de dous anos. E isto sen prexuízo de que o aluno düpensado teña de acudit obrigatoriamente ás dases de língua e Iiteratura galegas (art. 14.2 da lei e 8.° do decreto).
En outros ensinamentos especiais como o de adultos e o de alunos con deficiéncias físicas ou mentais é preceptivo o emprego do galego cando se ensine língua galega, no primeiro caso. No segundo, utilízará-se como língua instrumental aquela que raellor conttibua ao desenvolvimento dos alunos con deficiéncias. Nos detnais centros de ensino especializado, dependentes da Xunta da Galiza, estabelecerá-se o ensino da Iíngua galega nos casos en que o seu estudo non teña catácter obrígatório (art. 16).
A fin de facer efectivo todo o que se pretende no correspondente Título III da lei, o artigo 17 da mesma sinala que a língua galega será obrigatória nas Escolas Universitárias e demais Centros de Formación do Profesorado debendo adquirir, os alunos destes centros, a capacitación necesária para tal obxectivo. E isto estabelece-se non só para o profésorado da EXB senón que inclue tamén ao formado en outros centros como é o caso de licenciados e doutores que imparten docéncia nos diferentes niveis do ensinamento (art. 17). Non obstante o que non se contempla é, sen prexuízo da formación do profesorado polo que fai á língua galega, a formación do mesmo en galego tamén. Deste xeito dificilmente o profesorado galego poderá dominar con perfeición a lexicografia científica e técnica a empregar despois no ensinamento en galego.
Os artigos 18, 19 e 20 da lei de normalización lingüística referen-se ao uso do idioma galego nos meios de comunicación. Un ámbito que pola sua importáncia na sociedade actual non pode ficar fora do proceso de normalización da língua galega. De conformidade con o 18, o galego será a língua usual nas emisotas de rádio e televisión e nos demais meios de comunicación submetidos á xestión ou competéncia da Comunidades Autónoma. A respeito dos restantes meios, non submetidos á sua xestión ou cotnpeténcia, nos que, ao amparo da lexislación vixente, os seus titulares e profisionais poden optar, en todo momento, polo uso do galego ou español como línguas co-oficiais, o Goberno galego prestará apoio económico e materíal para o emprego da língua galega sempre que o fagan dun xeito habitual e progresivo (art. 19). E o artigo 20 sinalalle á Xunta da Galiza as seguintes obrigas nesta matéria: 1) O fomento da produción, doblaxe, subtitulación e exibición de películas e outros meios audiovisiais en Iíngua galega. 2) Estimular as manifestacións culturais, representacións teatrais e os espectáculos feitos en língua galega, e 3) Contribuír ao fomento do libro en galego con medídas que potencien a produción editorial e a sua difusión.
Page 215
De conformidade con o artigo 21, a Lei do uso do idioma galego non somente se ocupa da matéria no ámbito tenitorial da Galiza senón, ademais, no exterior ao sinalar que o Goberno galego fará uso dos recursos que lle confiren a Constitución e mais o Estatuto para que os emigrantes galegos podan dispor de servizos culturais e lingüísticos en língua galega. Ao respeíto lembre-se que tamén gozan da condición política de galegos os cidadáns españois que residindo no estranxeiro tiveron a última viciñanza administrativa (art. 3.° do Estatuto) en calquera dos municípios da Galiza e mesmo os seus descendentes nados fora, sempre que figuren inscritos como españois. E isto fai que, a estes e a calquera outros efeitos de tipo autonómico, os nosos emigrantes teñan a mesma condición do que os galegos residentes na Galiza (art. 3.2 do Estatuto). En todo caso, polo que ten de precedente sintomático e preocupante ao respeito, temos de recordar que o actual Goberno español entende que todo o referente á emigración e relacións exteriores é da competéncia exclusiva Administtación Central do Estado. Asi o manifestou cando acudiu ao Tribunal Cotistitucional polo artigo 2° do Decreto da Xunta da Galiza de criación do Instituto Galego de Bacharelato a Distáncia (INGABAD). Como consecuéncia do recurso interposto polo Goberno central o artígo 2.2 do Decreto da Xunta 120/1982 está actualmente en suspenso mentres non sé falle o recurso correspondente. Neste parágrafo do artigo prevé-se que as actividades de tal Instituto se estendan até os emigrantes tal como, por exemplo, se interesou a sodedade galega «A Nosa Galiza» de Xenebra. O feito de que as comunidades galegas asentadas fora da Galiza podan solicitar, ao amparo do art. 7.° do Estatuto, desenvolvido pola Lei de 15 de Xuño de 1983, o recoñecimento da sua galeguidade entendida sen direitos políticos mas si con os de colaboraren e compariren a vida social e cultural do povo galego, parecenos que permite legalmente que a Xunta se ocupe e preocupe polos emigrantes galegos nesta como en calquera outra cuestión. Unba cousa é que sexa a Administración Central á que lle corresponde regular todo tipo de relacións exteriores e outra que quen as realice non sexa sempre, como acontece con o comércio de Estado, o mesmo Estado. Desde outra perspectiva, á que ao respeito mantén o Goberno español, dificilmente seria posíbel a aplicación do artígo 21 da lei de normalización lingüística. Dado, ademais, que no ensinamento galego se contempla o da língua galega, os ausentes, sobre todo temporais, teñen direito a que os centros de ensimatnento españois no estranxeiro recollan, para os emígrantes galegos, os planos de estudo que rexen en cada momento na Galiza.
A alínea 2.a do artigo 21 sinala, ademais, que o Goberno galego fará uso do previsto no artigo 35 do Estatuto a fin de protexer a língua galega falada en territórios autónomos limítrofes con a nosa Comunidades. Con isto o que se pretende é que, por medio dos correspondentes convénios entre Galiza e o Principado de Astúrias como con a Comunidade Castellano-Leonesa, se protexa a língua galega no território asturiano compreendido entre os rios Návia e Eu, no Bierzo leonés e na bisbarra lubianesa da província de Zamora. Territórios estes tres que ficaron fora da Galiza desde a vixente división provincial española de 1833. Os Estatutos asturiano e castellano-leonés non contemplan,Page 216por certo, nada disto. O primeiro só alude á protección e ensino voluntário das distintas modalidades do bable sen nengunha aspiración, por conseguinte, de unificación do mesmo (art. 4° e lOn). Unicamente, pois, o artigo 21.2 do Estatuto galego pode posibilitar unha protección mínima da língua galega nos territórios devanditos. Casos similares hainos, por exemplo, con o atanés segundo o artigo 3.4 do Estatuto catalán, con o euscaro en Nafarroa (art. 9.2 da Lei Orgánica de amelJoratnento foral), con o catalán en Aragón ao aludiren, os arts. 7.° e 35.1.23 do seu Estatuto, á protección e conservación das modalidades lingüísticas de Aragón, e con o valenciano que é co-oficial con o castellano na —en toda— a Comunidade Autónoma e mesmo nas zonas que son castellanas parlantes nas que, ademais, o seu ensinamento non é obrigatório (arts. 7.1 do Estatuto valenciano e 18.1 da lei de uso e ensinamento do valenciano). OEstatuto extremeño nada di do portugués, mas alude á defensa das peculiaridades dos extremeños ao mesmo tempo que contempla o estreitatnento de relacións con Portugal (arts. 7.1.15 e 6.2g e b). Cabe pois pensat que, se hai vonta-de política, o Estatuto extremeño posibilita implicitamente algun tipo de medidas en defensa do portugués no território extremeño, limíttofe con Portugal, onde ainda está vivo. Consecuentemente existen diferenzas fundamentais entre o tratamento legal que se lle dá, por exemplo, ao euscaro en Nafarroa, ou ao catalán en Aragón, e, por outra banda, á modalidade valenciana do catalán na Comunidade Valenciana. Os primeiros fican circunscritos ás zonas onde aqueles idiomas ainda están vivos e, para o valenciano, prevé-se a progresiva incorporación ao ensino nos territórios castellano-parlantes.
O último Título, o VI, da lei de normalización do uso do galego ocupa-se da función normalizadora no que lle cumpre á Administración Autonómica. O artigo 22 responsabiliza ao Goberno galego da dirección técnica e seguimento do proceso de normalización asesorando á Administración e aos particulares, asi como coordenando os servizos —que ainda non existen salvo a Dirección Xeral de Política Lingüística en matéria de ensinamento— correspondentes para tal obxectivo. Deberá, ademais, a Xunta da Galiza estabelecer un plano —tampouco elaborado ainda— de actuación destinado a resaltar a importáncia da língua galega como património histórico da Comunidade e a pór de manifesto a responsabilidade e os deberes que esta ten respeito da sua conservación, protección e transmisión (art. 23). O que se bota en falta nestes artigos é a non previsión de posíbeis organismos para a realización da política normalizadora da língua como existen, en troca, en Cataluña ou na Deputación Foral de Guipúscoa. O único ente que se contempla ao respeito é a Escola Galega de Administración Pública á que se lle encarrega a formación dos funcionários a fin de que podan usar o idioma galego nos termos da presente lei (art. 24), sinalando-se que o domínio das línguas galega e española será condición necesária para a obtención do diploma desta Escola. O último artigo, o 25, sinala que tanto a Xunta como as Corporacións ou Autarquias Locais fomentarán, no seu ámbito, a normalización do uso do galego nas actividades mercantis, publicitárias, culturais, asociatívas, deportivas e outras de tal xeito que, con esta fínalidade e por actos singulares, incluso se poderán outorgar reducións ou isen-Page 217cións das obrigas fiscais. Reduccións ou isencións que, no seu caso, afectarán ás receitas dos orzamentos da Coraunidade Autónoma e dos das Autarquias Locais, con o que isto pode supor de poupanza nos pagamentos dos contribuintes por conceitos fiscais.
A disposición adicional e única desta lei sinala como o único critério a ter en conta ao respeito é o da Real Académia Galega e que, por outra banda, a normativa oficial será revisábel segundo transcorra o proceso normalizador. Non existe, pois, nengunha normativa orotográfico-morfolóxica oficial que como tal sexa obrigatória a todos os efeitos.
Ao non existir nengun tipo de disposicións transitórias que progresivamente, e dentro duns horizontes temporais minimamente defiinidos, obrigue ao cumprimento mesmo da lei de normalízación língüística, a sua aplicación prática, como está acontecendo na actualidade, depende da vontade política en que sexa eficaz ou non de cara aos obxectivos que explicitamente sinala.
Nada ten de surprendente, pois, que en mais dun setenta por cento do seu articulado non se aplique até hoxe esta lei, por falta mesrao de desenvolvimento normativo. E que incluso, cando se aplica, non se faga dun xeito minimamente coerente con os fins que se perseguen.
-------------------
* O presente texto, adaptado para csta publicación, é parte da Comunicacíón apre-sentada polo autor no I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (Ourense, 20-24 de Setembro de 1984). O texto restante vai ser recollido en posterior ocasión.
[1] N. áa R.: No seu momento, Revista de Llengua I dret dará conta do tratamento definitivo que, na Lei Orgànica do Poder Xudicial, se lle dispense ao uso, no ;ímbito da Administración de Xustíza, das outras línguas distintas ao español. E islo tendo en conta, sobretudo, que neste aspecto está recorrida tamén a Lei de Normalización Lingüística da Galiza que é, ademais, a mais moderada en matéria de co-oficialidade nos Xuigados e Tribunais.