Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade

AutorXosé Manuel Pacho Blanco
CargoAvogado en exercicio e doutor en dereito
Páginas110-131
OS DEREITOS DAS MULLERES. AS XERACIÓNS DE DEREITOS E OS ANTECEDENTES
HISTÓRICOS DA LOITA POLA IGUALDADE
Xosé Manuel Pacho Blanco*
Resumo
Na presente contribución preténdese facer unha análise da loita pola igualdade e da conguración dos dereitos
das mulleres, e da evolución das distintas xeracións de dereitos. Examínanse os antecedentes históricos do seu
desenvolvemento e a súa relación coas distintas xeracións de dereitos. Dende os memoriais de agravios medievais á
reclamación do político no ámbito persoal da sociedade. A análise dos dereitos das mulleres debe ter en conta o marco
conceptual que precongurou e precongura a súa defensa e a súa concreción, que se afasta da evolución dos dereitos
humanos porque as mulleres foron marxinadas por unha estrutura social patriarcal. O recoñecemento dos dereitos da
muller implica, dende as súas reivindicacións, comprender a dialéctica que xorde entre discriminación e desigualdade.
Palabras chave: dereitos das mulleres; xeracións de dereitos humanos; vindicacións feministas; historia dos dereitos
das mulleres.
WOMEN RIGHTS. THE GENERATIONS OF HUMAN RIGHTS AND THE HISTORICAL
BACKGROUND OF THE STRUGGLE FOR EQUALITY
Abstract
This paper aims to analyse women’s struggle for equality and the establishment of their rights as well as how the
different generations of human rights have evolved. To do so, we examine the historical background of this struggle’s
development and how it closely relates to the different generations of human rights, from memories of medieval
grievances to political claims in the personal sphere of society. The analysis of women’s rights should take into account
the conceptual framework that preconditioned their need to be defended and specied, one that moves away from the idea
that human rights evolved because women were marginalised by a patriarchal social structure. As women themselves
demand, recognising the rights of women implies understanding the dialectic that arises between discrimination and
inequality.
Key words: women rights; generations of human rights; feminist claims; history of women’s rights.
* Xosé Manuel Pacho Blanco, avogado en exercicio e doutor en dereito. Profesor na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo,
Universidade de Vigo. Campus Lagoas, Estrada Colexio Universitario, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra. xmpacho@uvigo.es.
Artigo recibido o 15.05.2017. Avaliación cega: 28.09.2017 e 19.12.2017. Data de aceptación da versión nal: 09.02.2018.
Cita recomendada: Pacho Blanco, Xosé Manuel. «Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos
da loita pola igualdade». Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56 (xuño 2018), pp. 137-158, DOI: 10.2436/rcdp.i56.2018.2980.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 138
Sumario
1 Introdución
2 Os dereitos humanos como legado da modernidade: as xeracións de dereitos
2.1 A liberdade e a primeira xeración de dereitos
2.2 A igualdade e a segunda xeración de dereitos
2.3 A fraternidade e a terceira xeración de dereitos
2.4 As novas tecnoloxías e a cuarta xeración de dereitos
2.5 O legado da modernidade
3 Antecedentes históricos da loita pola igualdade das mulleres
3.1 Os memoriais de agravios
3.2 As mulleres e a Revolución Francesa
3.3 O movemento das suffragettes
3.4 O persoal é político
3.5 Reexións sobre a loita pola igualdade
4 A xeito de conclusións
Bibliografía
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 139
El feminismo es el hijo no deseado del igualitarismo ilustrado
Amelia Valcárcel, Las losofías políticas, 2000
1 Introdución
Este traballo pretende facer unha análise dos camiños polos que discorren os dereitos das mulleres e a loita
pola igualdade. Examinaremos en primeiro lugar como foron nacendo as distintas xeracións de dereitos
dende a Ilustración, dende a modernidade, para que sirva de recordatorio de que a loita polos dereitos é
unha loita permanente, e de que este tempo dos dereitos, en expresión de Bobbio, non é gratuíto nin azaroso,
senón resultado dunha vontade férrea de transformación do mundo.1 Vontade que permitiu consagrar a razón
ilustrada como camiño para reivindicar os dereitos na sociedade.
Con todo, veremos que a igualdade da muller e a loita pola equiparación en dereitos tivo que construírse
en gran medida por outros roteiros. Somos conscientes de que a estrutura social patriarcal condicionou
tanto a evolución dos dereitos como a permanente exclusión da muller e as súas propias reivindicacións,
posto que, como sinala Amorós, a historia do patriarcado repítese monotonamente.2 Observaremos os
antecedentes históricos na loita pola consolidación da muller como suxeito autónomo e con voz propia na
sociedade. Dende as primeiras queixas de mulleres que non aceptaban o sistema social que as colocaba nun
plano secundario, ata a consolidación da muller como suxeito de dereitos equiparado ao home. Partimos
evidentemente das análises de xénero que chegan á conclusión de que as mulleres non son un grupo natural,
senón unha categoría social, o produto dunha relación de opresión e unha construción ideolóxica.3
Pero comprender o camiño dos dereitos humanos é comprender a razón da Ilustración, da modernidade.
Comprender os antecedentes históricos da loita pola igualdade das mulleres é comprender o valor das
reivindicacións e da resistencia fronte á inxustiza, posto que o feminismo, dende a súa insistencia en amosar
os límites da razón dende o xénero, evidenciou os límites da propia crítica da razón.4 Con todo, as sociedades
constrúense, como expresara Amartya Sen, fronte a esa sensación de inxustiza que todos podemos percibir na
humanidade,5 e que se fai dolorosamente patente cando observamos os dereitos das mulleres e a igualdade.
Os dereitos humanos son un sistema de valores dunha determinada sociedade, un punto de referencia moral,
aínda que as relacións de poder que rexen na maioría dos países están cimentades en valores androcéntricos
e patriarcais.6
2 Os dereitos humanos como legado da modernidade: as xeracións de dereitos
Antes de entrar a desenvolver a loita polos dereitos das mulleres e as singularidades dunha igualdade que
se foi congurando co paso do tempo, cómpre observar como se foron conformando as distintas xeracións
de dereitos. Dende que naceron á luz da Ilustración, foron os dereitos humanos a aportación máis relevante
do noso tempo á historia da humanidade, modelando tamén un novo marco social que podemos chamar
o camiño dos dereitos. Os dereitos como categoría histórica xurdiron nun momento determinado e foron
1 BoBBio, N. El tiempo de los derechos. Madrid: Editorial Sistema, 1991, p. 14.
2
amorós, C. «Presentación (que intenta ser un esbozo del status questionis)». En: amorós, C. (ed.). Feminismo y Filosofía.
Madrid: Editorial Síntesis, 2000, p. 36.
3 molina Petit, C. «Debates sobre el género». En: amorós, C. (ed.). Feminismo y Filosofía. Madrid: Editorial Síntesis, 2000, p. 278.
4
camPillo, N. «El signicado de la crítica en el feminismo contemporáneo». En: amorós, C. (ed.). Feminismo y Filosofía. Madrid:
Editorial Síntesis, 2000, p. 301.
5
sen, a. The Idea of Justice. Londres: Penguin Books, 2010, introdución. Neste mesmo sentido, Muguerza defende o seu imperativo
da disidencia fronte ás inxustizas da sociedade; muguerza, J. «La alternativa del disenso. En torno a la fundamentación ética de los
derechos humanos». En: Peces-BarBa, G. (ed.). El fundamento de los derechos humanos. Madrid: Editorial Debate, 1989, p. 54.
6
Facio, A.; Vitoria, A. «Los derechos culturales y los derechos de las mujeres son derechos humanos y, como tales, deben ser
gozados en igualdad». Revista Europea de Derechos Fundamentales [Madrid: Comares, Instituto de Derecho Público], núm. extra
29 (2017), p. 49.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 140
desenvolvéndose e perlando ao tempo que evolucionou a humanidade,7 e o seu carácter progresivo é
fundamental para comprender o que signican esas reivindicacións. Non se pode negar que son froito dunha
estrutura social patriarcal e onde a muller estaba relegada, pero o seu ideal igualitario e a súa loita contra o
prexuízo social son unha proba da capacidade de autocrítica da razón da que se nutre o feminismo.8
Dereitos humanos, democracia e paz son, como tan ben expresara Bobbio, tres elementos necesarios para
as sociedades modernas, e para o recoñecemento e a protección dos dereitos humanos, protección que dota
de sentido ás nosas democracias.9 O progresivo protagonismo dos dereitos cambiou o rumbo do dereito e do
Estado nos últimos anos,10 e, tras un largo proceso, dereitos e liberdades ocupan un papel central.
Para referirnos aos dereitos dos seres humanos, a denominación «dereitos humanos» é a máis estendida
pero tamén podemos nomealos doutro xeito, como dereitos fundamentais, dereitos naturais, dereitos morais.
Podemos denir os dereitos humanos ou dereitos fundamentais como o conxunto de facultades e institucións
que en cada momento histórico concretan as esixencias da dignidade, da liberdade e da igualdade humanas,
que deben ser recoñecidas positivamente polos ordenamentos xurídicos a nivel nacional e internacional.11
Dworkin fala de dereitos morais, de trump cards, que funcionan como trunfos nas cartas fronte ao Estado
para defender o ser humano.12 Para este traballo, empregaremos «dereitos fundamentais» como sinónimo
de «dereitos humanos», como ten sinalado Peces-Barba,13 aínda que tendo conciencia de que os dereitos
fundamentais son eses dereitos humanos que están positivizados, que están recollidos nas diferentes
declaracións de dereitos e Constitucións de cada Estado.
Nos últimos tempos existe un fondo debate sobre a fundamentación dos dereitos humanos ou fundamentais,
sobre como debemos entender eses dereitos. Ferrajoli defende que son dereitos fundamentais nun sentido
lóxico, como universais e indispoñibles, e que non poden ser cedidos.14 Como xa dixemos, Dworkin defende
unha posición moral dos dereitos, e Rawls, que eses dereitos están erixidos sobre unha lóxica de pacto sobre
a que se constrúe o imaxinario dos dereitos.15 Muguerza, dende unha perspectiva losóco-xurídica, defende
estes dereitos como disenso, como crítica, porque naceron da discrepancia, da protesta dos individuos que
se rebelaron contra os consensos excluíntes.16 Como sinalou Bobbio, os dereitos humanos son dereitos
históricos que xorden coa modernidade e cunha nova forma de comprender o ser humano.17 Os dereitos
humanos apareceron en contextos temporalmente determinados e como categorías históricas poden servirnos
para comprender o camiño por onde transitan os dereitos das mulleres sen obviar que, historicamente, a
desigualdade das mulleres e a súa discriminación foi considerada aceptable por unha sociedade androcéntrica.
7 martínez de Pisón, J. «Las generaciones de Derechos humanos». En: Betegón, J. [et al.] (coord.). Constitución y Derechos
fundamentales. Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2004, p. 412.
8 Puleo, A. «Ecofeminismo: hacia una redenición losóco-política de naturaleza y ser humano». En: amorós, C. (ed.). Feminismo
y Filosofía. Madrid: Editorial Síntesis, 2000, p. 185.
9
BoBBio, N. El tiempo de los derechos, op. cit., p. 14.
10
Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos humanos». Revista del Centro de Estudios Constitucionales [Madrid], núm.
10 (1991), p. 203.
11 Pérez luño, A. E. Derechos humanos, Estado de derecho y Constitución. Madrid: Tecnos, 1999, p. 48.
12
dworkin, R. Los derechos en serio. Barcelona: Editorial Ariel, 2010, p. 24. Tamén, vid., dworkin, R. «The moral reading of the
constitution». The New York Review of Books [Nova York], núm. 5 (1996).
13 Peces-BarBa, G. Lecciones de Derechos fundamentales. Madrid: Dykinson, 2004, p. 35 e ss. Os dereitos fundamentais como
valores se non aparecen recollidos nun texto xurídico, e como normas xurídicas se foron recollidos.
14
Ferrajoli, L. «Los derechos fundamentales en la teoría del Derecho». En: de caBo, A.; Pisarello, G. (eds.). Los fundamentos
de los derechos fundamentales. Luigi Ferrajoli. Madrid: Editorial Trotta, 2005, p. 139.
15 rawls, J. Teoría de la Justicia, México: Fondo de Cultura Económica, 2012. Pensemos na posición orixinal, no veo da ignorancia
sobre a que se constrúe todo.
16
muguerza, J. Ética, disenso y derechos humanos. En conversación con Ernesto Garzón Valdés. Barcelona: Argés Editorial,
1998, p. 72. Partindo do segundo imperativo kantiano, o de non deixarse utilizar, o de poder dicir non.
17 BoBBio, N. El tiempo de los derechos, op. cit., p. 16.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 141
Na mutación histórica dos dereitos humanos apareceron sucesivas xeracións de dereitos, e aínda que
tradicionalmente se distinguen tres xeracións de dereitos,18 nos últimos tempos estase a falar tamén dunha
cuarta xeración.19 Nesta análise falaremos das distintas xeracións de dereitos en función da orde cronolóxica
e do momento histórico no que xurdiron,20 ao redor das tres ideas basais da Revolución Francesa: a liberdade,
a igualdade e a fraternidade. Somos conscientes, como ten sinalado Falcón y Tella, que o perigo da teoría das
xeracións pode converter a prioridade cronolóxica nunha prioridade axiolóxica,21 porén, entendemos que é
moi ilustrativa para que se comprenda o camiño dos dereitos.
A perspectiva das tres xeracións de dereitos non está exenta de dicultades posto que, como sinala Pizzorusso,
non presenta un carácter sucientemente preciso para poder ser utilizada como unha noción xurídica.22 Temos
que ter en conta que as xeracións de dereitos humanos non entrañan un proceso meramente cronolóxico e
lineal, e non son compartimentos illados porque os límites entre unhas e outras xeracións non son estritos.
Debemos ter en conta que as tres xeracións se corresponden cun contexto xurídico-político marcado polos
tres modelos de Estado de Dereito que condicionan o desenvolvemento deses dereitos. O Estado liberal é o
marco no que se arman os dereitos fundamentais da primeira xeración, as liberdades individuais; o Estado
social encarna a segunda xeración do Estado de Dereito, onde se postulan os dereitos sociais e económicos;
e nalmente o Estado constitucional, que congura o paulatino recoñecemento dos dereitos de terceira
xeración.23
Con todo, os dereitos fundamentais deben comprenderse como un todo unitario,24 aínda que, dende unha
observación histórica, podemos percibir que as xeracións de dereitos signicaron un cambio de paradigma.25
Cada xeración de dereitos tivo unha consecuencia transformadora na sociedade e na súa estrutura xurídico-
política. Na actualidade comprobamos que os debates sobre o que son os dereitos e ata onde se pode estender
esta categoría ou este principio traen consigo unha nova forma de comprender o xurídico, que parece ir
máis aló das fórmulas tradicionais. Entender que os dereitos humanos son unha categoría histórica pódenos
axudar a encontrar respostas na defensa da dignidade do ser humano, porque unha sociedade que avanza
dende a liberdade debe asumir que o catálogo de dereitos e de liberdades nunca será unha obra acabada e
pechada e a súa protección é permanentemente necesaria.
2.1 A liberdade e a primeira xeración de dereitos
A primeira xeración de dereitos xira ao redor da liberdade individual, e foi recollida nas Declaracións de
Dereitos nacidas das primeiras revolucións como a propia Declaración de Independencia americana de 1776,
ou a Déclaration des droits de l’homme et du citoyen de 1789, que falaban de que todos os homes nacen
e permanecen libres e iguais en dereitos.26 Os primeiros dereitos, os da primeira xeración, foron os civís e
políticos, e son dereitos que se conquistaron loitando contra o Estado absolutista, e por primeira vez aparecen
18 Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos humanos», op. cit., p. 205; e tamén Pizzorusso, A. «Las generaciones de
derechos». Anuario Iberoamericano de Justicia Constitional [Madrid], núm. 5 (2001), p. 296.
19 Vid., Bustamante donas, J. B. «Hacia la cuarta generación de Derechos Humanos: repensando la condición humana en la
sociedad tecnológica». CTS+I: Revista iberoamericana de Ciencia, Tecnología, Sociedad e innovación [Madrid], vol. 1, núm. 3
(2001), pp. 1-24.
20 No ano 1979, o director do Departamento xurídico da UNESCO, Karel Vašák, pronunciou a Lección inaugural da Décima Sesión
do Instituto Internacional de Dereitos Humanos de Estrasburgo, titulada «Pour les droits de l’homme de la troisième génération»,
onde acuñou por primeira vez a idea das xeracións de dereitos. (vid., Vašák, K. Pour les droits de l’homme de la troisième génération.
Estrasburgo: Institut International des Droits de l’Homme, 1979). Ao respecto dos dereitos fundamentais, tamén vid. Peces-BarBa,
G. (dir.). Historia de los Derechos Fundamentales. Madrid: Dykinson, 1998; Puleo, A. «Los derechos humanos. Un legado de la
modernidad», op. cit., p. 188.
21
Falcón y tella, M. J. «Las generaciones de derechos y la guerra». Anuario de Derechos Humanos [Madrid], vol. 4 (2003), p. 43.
22
Pizzorusso, A. «Las generaciones de derechos», op. cit., p. 306.
23
Pérez luño, A. E. «Estado constitucional y derechos de la tercera generación», op. cit., p. 564.
24
martínez de Pisón, J. «Las generaciones de Derechos humanos», op. cit., p. 423.
25
Pérez luño, A. E. «Estado constitucional y derechos de la tercera generación», op. cit., p. 564.
26 Como a Declaración de independencia americana de 4 de xullo de 1776 ou a de Virxinia de 12 de xuño dese mesmo ano, e a
Declaración de dereitos do home e do cidadán de 26 de agosto de 1789.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 142
positivizados:27 liberdade, propiedade, seguridade e resistencia á opresión, dereito de sufraxio masculino
activo e pasivo, liberdade de conciencia, de expresión, de relixión, de participación política... Esas eran as
reivindicacións dos revolucionarios ilustrados, os mecanismos de defensa da dignidade do ser humano, a
súa autonomía e a súa liberdade fronte ao Estado. Todos eles teñen como soporte a losofía da Ilustración
e o novo Estado liberal de Dereito pero, en palabras de Valcárcel, cando di cidadán, di varón, e cando di
liberdade, a liberdade é masculina.28
Os dereitos da primeira xeración están orientados sobre todo á tutela das liberdades clásicas, dirixíndose a
impedir as intromisións inxusticadas na persoa e a permitir a formación autónoma das propias decisións
e do pensamento individual, e o pensamento liberal abandeirou a igualdade de dereitos como un dos seus
principios básicos,29 a pesar do cal a muller era excluída sistematicamente. Son dereitos vinculados a unha
concepción formal da democracia e inspirados na ideoloxía burguesa en tanto que clase dominante. Estes
dereitos e liberdades pretendían asentar, como sinala Constant, a liberdade dos modernos, a liberdade civil,30
pero que ignoraba sistematicamente a muller como suxeito de dereitos.31
Neste contexto, estes dereitos eran universais e inalienables e dende o seu recoñecemento inicial sancionáronse
internacionalmente nas Declaracións de Dereitos e nas diferentes Constitucións. Limitábase deste xeito o
poder do Estado fronte aos individuos establecendo un equilibrio entre institución e cidadán32 e recoñecendo e
protexendo certos dereitos básicos. Estes dereitos son comprendidos como dereitos de defensa das liberdades
dos individuos para que non haxa interferencias dos poderes públicos.33 Esta primeira xeración de dereitos
foi froito da loita da clase capitalista ascendente contra os privilexios feudais e as restricións comerciais.34
O marxismo criticaba estas Declaracións de Dereitos como unha cción dunha moral burguesa, e armando
que esa igualdade non era real, senón teórica. Efectivamente podemos asumilo así, aínda que a única forma
de que toda unha colectividade alcance dereitos é que estes sexan primeiro paulatinamente recoñecidos,
aspecto que tamén afecta á consecución dos dereitos das mulleres. Como sinalaba Quesada dende a losofía,
e Ferrajoli dende o dereito, é fundamental a idea da promesa da emancipación humana e o seu sentido crítico
axúdanos a avanzar.35
O constitucionalismo e o liberalismo progresista impulsaron a inclusión dos dereitos nas Constitucións e
a súa universalización. A súa reivindicación tivo unha gran potencia transformadora, constituíndose como
bandeira dunha nova sociedade de homes libres e iguais36 e a pedra angular do Estado de Dereito. Os novos
dereitos implicaron tamén un cambio fundamental nas relacións sociais entre os sexos, entre homes e
mulleres, aínda que dende logo isto non foi unha cuestión pacíca. Olympe de Gouges escribiu a Déclaration
des droits de la femme et de la citoyenne,37 pero non houbo ningún respecto pola dignidade da muller nin
27 Pérez luño, A. E. Derechos humanos, Estado de Derecho y Constitución, op. cit., p. 117; tamén, martínez de Pisón, J. Derechos
humanos: historia, fundamento y realidad. Zaragoza: Egido Editorial, 1997, p. 34.
28 Valcárcel, A. «Las losofías políticas en presencia del feminismo». En: amorós, C. (ed.). Feminismo y Filosofía, Madrid:
Editorial Síntesis, 2000, p. 118.
29
cuenca gómez, P. «Mujer y Constitución: los derechos de la mujer antes y después de la Constitución española de 1978».
Universitas. Revista de Filosofía, Derecho y Política [Madrid], núm. 8 (2008), p. 74.
30 Vid ., constant, B. «De la libertad de los antiguos comparada con la de los modernos». Libertades, Revista de Derecho y ciencias
sociales [Mazatlán], núm. 3 (2013), pp. 83-95.
31 Pérez tremPs, P. «Constitución y derechos de la mujer». Anuario de la Facultad de Derecho [Cáceres: Universidad de
Extremadura], núm. 14-15 (1996-1997), p. 247.
32 Bustamante donas, J. B. «Hacia la cuarta generación de Derechos Humanos...», op. cit., p. 2.
33
Pizzorusso, A. «Las generaciones de derechos», op. cit., p. 299; tamén, Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos
humanos», op. cit., p. 205.
34
martínez de Pisón, J. «Las generaciones de Derechos humanos», op. cit., p. 410.
35
Quesada, F. «C. B. Macpherson. De la teoría política del individualismo posesivo a la democracia participativa». En: gonzález,
J. M.; Quesada, F. Teorías de la democracia. Barcelona: Anthropos, 1988, p. 291. Tamén, Ferrajoli, L. «El derecho como sistema de
garantías». En: Ferrajoli, L. Derechos y garantías. La ley del más débil. Madrid: Editorial Trotta, 2002, p. 72. Dende a comprensión
deses dereitos fundamentais como a garantía necesaria para o ser humano.
36
martínez de Pisón, J. «Las generaciones de Derechos humanos», op. cit., p. 413.
37
Puleo, A. (ed.). La ilustración olvidada. La polémica de los sexos en el siglo XVIII. Barcelona: Anthropos, 2013, p. 153.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 143
polos seus dereitos. Son os primeiros pasos das reivindicacións feministas porque o feminismo é un produto
moderno que nace da lóxica xeneralizadora da democracia e que consiste en universalizar os principios de
igualdade da Ilustración.38
Os dereitos desta primeira xeración teñen como principal fundamento a losofía individualista e a liberdade39
aínda que esqueceron a muller, porque, como sinalou Amelia Valcárcel, o feminismo foi o llo non desexado
do igualitarismo ilustrado.
2.2 A igualdade e a segunda xeración de dereitos
A segunda xeración de dereitos céntrase no valor da igualdade, ocupándose maioritariamente da tutela dos
dereitos sociais elaborados sobre as pegadas das doutrinas que levaron á realización do Welfare State,40
froito das reivindicacións socialistas, sindicais e de clase. Estes movementos reivindicativos porán de relevo
a necesidade de completar o catálogo de dereitos e liberdades da primeira xeración cunha segunda que
defenda os dereitos económicos, sociais e culturais e alcanzan a súa consagración xurídica e política na
transformación do Estado liberal de Dereito nun Estado social de Dereito, e no recoñecemento nos seus
textos constitucionais.41
A burguesía do xViii e xix quería a abolición dos privilexios da aristocracia, pero non a igualdade política e
económica cos desposuídos, así que o Estado asumirá o carácter social desta segunda xeración de dereitos
obrigándose os poderes públicos a esforzarse na consecución deses obxectivos. Consecuentemente, os novos
dereitos requiren dunha política activa do Estado encamiñada a garantir o seu exercicio.42 Os dereitos de
segunda xeración incorpóranse a partir dunha tradición de pensamento humanista e buscaban a igualdade dos
individuos. Reivindicados polo proletariado, terán como obxectivo a materialización das condicións idóneas
para realizar efectivamente os dereitos e liberdades para todos os cidadáns,43 malia que deixaban aínda fora
do imaxinario dos dereitos a igualdade entre homes e mulleres. Como expresara Millett, dende o Século das
Luces, o mundo occidental vivira unha sucesión de desastres industriais, económicos e políticos, pero ningún
parecía afectar a máis da metade da humanidade, as mulleres.44
Os dereitos sociais desta xeración parten do individuo dentro da sociedade, nun contexto concreto e suxeito
a unha serie de necesidades para facer factible a súa liberdade de iguais, buscando compensar a desigualdade
de clases, de etnia e de relixión que afecta o individuo dende o nacemento; e para conseguilo requírese
unha intervención do Estado promovendo unha vida digna para os seus cidadáns. Estes dereitos non serán
considerados absolutos como os da primeira, senón que estarán condicionados polas posibilidades materiais
do Estado para a súa concreción.45
Incluiremos entre os máis relevantes: o dereito ao traballo, a igual salario, á educación, á vivenda, á saúde.
Dereitos entendidos como dereitos de igualdade46 que se desenvolven como prestacións dos servizos públicos.
38 amorós, C. Tiempo de feminismo. Sobre feminismo, proyecto ilustrado y postmodernidad. Madrid: Ediciones Cátedra, 1997, p. 83.
39 Ibidem, p. 417.
40
Pizzorusso, A. «Las generaciones de derechos», op. cit., p. 297.
41 Por exemplo, a Constitución de México de 1917 e a Constitución de Weimar de 1919, e a propia Constitución española da
Segunda República, de 1931; alston, P.; goodman, R. International Human Rights in Context: Law, Politics, Morals. Oxford:
Oxford Clarendon Press, 2007, p. 257.
42 Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos humanos», op. cit., pp. 205-206.
43
Falcón y tella, M. J. «Las generaciones de derechos y la guerra», op. cit., p. 54. Tamén, martínez de Pisón, J. «Las generaciones
de Derechos humanos», op. cit., p. 418.
44 millett, K. Política sexual. Madrid: Editorial Cátedra, 2017, p. 132.
45
Puleo, a. «Los derechos humanos. Un legado de la modernidad», op. cit., p. 190.
46
Prieto sanchís, L. Estudios sobre derechos fundamentales. Madrid: Editorial Debate, 1990, p. 188. Tamén, Prieto sanchís,
L. «Los derechos sociales y el principio de igualdad sustancial». En: carBonell, M.; cruz Parcero, J. A.; VázQuez, R. Derechos
Sociales y Derecho de las Minorías. México DF: Editorial Porrúa y Universidad Nacional Autónoma de México, 2001, pp. 17-67.
Como sabemos, foi a Constitución da República de Weimar de 1919 a que mellor expresou ese novo estado social.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 144
Xunto aos novos dereitos, tamén se produciu a extensión dos vellos dereitos a todos os cidadáns en virtude
da reivindicación dos dereitos de reunión, asociación e sufraxio universal. Sufraxio universal só masculino
e que apartaba a muller dos dereitos e, por tanto, da igualdade, facendo patente unha fonda incoherencia que
só se superaría coa chegada do século xx.47
2.3 A fraternidade e a terceira xeración de dereitos
Esta xeración de dereitos non está recollida, a diferenza da primeira e da segunda xeración, na Declaración
Universal de Dereitos Humanos das Nacións Unidas de 1948. A orixe destes novos dereitos sitúase nas novas
necesidades e intereses que xorden na sociedade a nais do século xx, e que aspiran a concretarse en futuras
Declaracións onde haberán de estar contidos. Teñen como principal valor de referencia a solidariedade ou
fraternidade,48 e os seus perfís aínda non están claros.
Nunha sociedade como a actual prodúcense confusións entre o que son ou deben ser os dereitos humanos
ou fundamentais. Como sinala Pizzorusso, mentres os dereitos das primeiras xeracións presentan un factor
de diferenciación bastante claro para cualicar os da primeira como dereitos individuais e os da segunda
como dereitos sociais, os mencionados dereitos de terceira xeración presentan un carácter menos unívoco,
chegándose a aproximar por veces aos primeiros, e por veces aos segundos.49 Xa que logo, polas súas
singularidades e o seu momento histórico forman unha terceira xeración de dereitos que haberá de completar
as anteriores e que se vai desenvolver nun contexto como o Estado constitucional que delimitará o seu medio
espacial.50
Os dereitos da terceira xeración responden ás necesidades heteroxéneas e apreciadas máis recentemente e
referidas á saúde, á vivenda, á contorna ou medio ambiente e á paz.51 Como sinala Martínez de Pisón, inclúense
nesta xeración o dereito á paz, o dereito á autodeterminación dos pobos, o dereito ao desenvolvemento, o
dereito ao patrimonio cultural da humanidade e o dereito á propia liberdade informática.52 Inclúe Pérez
Luño nesta terceira xeración os dereitos de diversos colectivos: traballadores, nenos, anciáns, discapacitados,
consumidores e tamén mulleres, e fai ncapé na protección da calidade de vida e na liberdade informática.53
Esta enumeración dos dereitos que forman a terceira xeración e a inclusión do colectivo feminino amosa que
non se comprende sucientemente o que signica a cultura dos dereitos iniciada coa Revolución Francesa
e coa Ilustración. Practicamente ata o século xx, esta loita polos dereitos obviaba os colectivos que non
detiñan o poder social, e isto impediu que as mulleres tivesen a visibilidade da que eran acredoras como seres
humanos, posto que non debemos esquecer que ese poder era heteropatriarcal.
O aspecto máis importante desta xeración de dereitos é o carácter universal dos dereitos humanos, que deixou
de ser un postulado ideal para transformarse nunha necesidade con virtualidade práctica. Con esta xeración
de dereitos tómase conciencia de que discriminar no camiño dos dereitos a determinados colectivos non é
aceptable,54 porque fai que as nosas democracias e os nosos Estados de Dereito se deslexitimen. Dentro dos
dereitos de terceira xeración destacan o dereito á paz, que xorde da toma de conciencia dos problemas dos
seres humanos que sofren o conito bélico; o dereito á calidade de vida e ao medio ambiente, fundamental
para o benestar do ser humano; tamén se fala da defensa do patrimonio cultural da humanidade. Postúlanse
ademais outros dereitos de moi heteroxénea signicación. É o caso das garantías fronte á manipulación
47 cuenca gómez, P. «Mujer y Constitución: los derechos de la mujer», op. cit., p. 75.
48
Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos humanos», op. cit., p. 210; e tamén, Peces-BarBa, G. Curso de Derechos
fundamentales. Madrid: Universidad Carlos III-BOE, 1995, p. 156; Falcón y tella, M. J. «Las generaciones de derechos y la
guerra», op. cit., p. 41.
49 Pizzorusso, A. «Las generaciones de derechos», op. cit., p. 305.
50 Pérez luño, A. E. «Estado constitucional y derechos de la tercera generación», op. cit., p. 564; Pérez luño, A. E. «Las
generaciones de derechos humanos», op. cit., p. 206.
51 Pizzorusso, A. «Las generaciones de derechos», op. cit., pp. 296-297.
52
martínez de Pisón, J. «Las generaciones de Derechos humanos», op. cit., p. 424.
53
Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos humanos», op. cit., p. 210; e tamén, Pérez luño, A. E. «Estado constitucional
y derechos de la tercera generación», op. cit., p. 565.
54 Bustamante donas, J. «Hacia la cuarta generación de Derechos Humanos…», op. cit., p. 3.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 145
xenética, do dereito a morrer dignamente, do dereito ao goce do patrimonio histórico, do dereito dos pobos ao
desenvolvemento e dos dereitos vencellados á saúde. Finalmente, destaca o dereito á liberdade informática,
que está a medio camiño entre a terceira e unha posible cuarta xeración de dereitos. Dentro del, destaca o dereito
á autodeterminación informática e a reclamación dun status de habeas data,55 etc. Os dereitos e liberdades
da terceira xeración presentáronse como unha resposta ao fenómeno da «contaminación de liberdades», da
degradación que sofren os dereitos fundamentais ante determinados usos das novas tecnoloxías.56
Da observación desta enumeración de dereitos evidénciase a súa heteroxeneidade, dicilmente abarcable, e
un problema engadido, que calquera demanda social poida ser reivindicada dentro dos dereitos de terceira
xeración, creando zonas de penumbra e equivocidade na teoría dos dereitos que comprometerían o seu
estatuto xurídico. Para Martínez de Pisón, con esta nova xeración de dereitos estase indo máis aló dos límites
dos dereitos, producíndose en ocasións unha banalización57 desta categoría xurídica, e ampliar a titularidade
dos dereitos pode ser unha cuestión moi discutible e de gran calado para o futuro.58
En denitiva, a terceira xeración de dereitos humanos contribuíu a redimensionar a propia imaxe do ser
humano en canto suxeito de dereitos e a súa propia condición, dado que a titularidade desta xeración de
dereitos xa non é só individual porque involucra a toda a humanidade coa súa pluralidade e diversidade.
A tarefa de precisar o catálogo dos dereitos da terceira xeración é un work in progress.59 Non atopamos un
elenco pechado de dereitos, senón que se trata de dar resposta a novas esixencias sociais, o que implica
tomar conciencia de que estas últimas xeracións de dereitos están por escribirse. A globalización económica,
ideolóxica, simbólica, a transición da sociedade da información á sociedade do coñecemento e os fenómenos
do multiculturalismo son claros síntomas de que algo substancial está cambiando para o Dereito,60 aínda que
para os dereitos das mulleres o cambio segue sendo anacrónico, segue chegando tarde.
2.4 As novas tecnoloxías e a cuarta xeración de dereitos
Débese mencionar tamén o que se deu en chamar a cuarta xeración de dereitos, aínda que se pode cuestionar
que haxa diferenzas entre a terceira e a cuarta como para considerala independentemente. Por tres razóns
fundamentais: en primeiro lugar, porque os dereitos que forman unha e outra son os mesmos ou semellantes;
en segundo lugar, porque comparten ese novo paradigma que, podemos dicir, se traduce en que son dereitos
vencellados a intereses difusos;61 e, nalmente, porque ambas xeracións transcorren no terceiro modelo de
Estado de Dereito, o Estado constitucional, que responde ás mesmas incógnitas.
Na actual etapa de desenvolvemento tecnolóxico, atopámonos con problemas vencellados aos dereitos e
liberdades no ámbito da rede, e á facultade de autodeterminación informática. Coas novas tecnoloxías, a
área de xogo dos dereitos ampliouse e complicouse máis se cabe. Temos que observar como se desenvolven
os dereitos de primeira, segunda e terceira xeración na contorna do ciberespazo, na nova sociedade da
información. Nesta xeración de dereitos en construción falariamos de dereitos xenéticos, dereitos biolóxicos,
dereitos relacionados co proceso tecnolóxico que afecta sobre todo a cuestións relacionadas coa bioética, coa
eutanasia, co aborto; e cos dereitos vencellados ás técnicas de información e comunicación e o ciberespazo.62
De novo está en xogo a condición do ser humano e a súa propia dignidade no desenvolvemento dos dereitos
que permiten a súa realización como tal, e máis dende o punto de vista da muller, como o debate sobre a
55 Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos humanos», op. cit., p. 212.
56
Pérez luño, A. E. «Estado constitucional y derechos de la tercera generación», op. cit., p. 564.
57
martínez de Pisón, J. «Las generaciones de Derechos humanos», op. cit., p. 424.
58 A posibilidade de recoñecer dereitos humanos aos animais ou ás plantas xera tamén unha viva polémica que contribúe, como
diciamos, ao aumento da incerteza na temática dos dereitos e implicaría ampliar a titularidade dos dereitos humanos a seres non
humanos, por exemplo, no caso dos dereitos dos animais, ou o futuro da intelixencia articial.
59
Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos humanos», op. cit., p. 210.
60 Bustamante donas, J. «Hacia la cuarta generación de Derechos Humanos…», op. cit., p. 3.
61 martínez de Pisón, J. «Las generaciones de Derechos humanos», op. cit., p. 425.
62 Os dereitos vencellados ás novas tecnoloxías serán fundamentais posto que este é un novo campo onde está en xogo a condición
do ser humano.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 146
xestación subrogada amosa. Con calquera modicación do paradigma social, a condición da muller, dende
o punto de vista do suxeito e dos seus dereitos, sempre é obxecto de debate, e sempre parece que a súa
dignidade, a súa condición humana, pode ser afectada, o que pon de manifesto que o paradigma patriarcal
aínda se deixa sentir.
Non existe acordo entre que dereitos forman a terceira xeración e que dereitos forman a cuarta. O que si se
debe destacar é que un dos aspectos máis relevantes desta nova era da información fai referencia á liberdade
de expresión,63 isto é, á liberdade de pensamento, á liberdade de buscar e recibir información na rede, e,
de forma moito máis xenérica, o desenvolvemento dos dereitos de primeira, segunda e terceira xeración
no entorno da nova sociedade da información. A información e o coñecemento son a base do progreso
tecnolóxico, e podemos preguntarnos como se poden promocionar os dereitos de cuarta xeración nun mundo
onde o poder cada vez ten menos límites e onde existen instrumentos de control para evitar a liberdade a
expresarse no mundo virtual. A globalidade de Internet pon enriba da mesa estas cuestións, con controis
alleos ás estruturas do Estado, e curiosamente a súa natureza aberta fai máis difícil o desenvolvemento dos
dereitos e unha resposta racional ante estes novos retos.
2.5 O legado da modernidade
Dunha observación xeral das distintas xeracións de dereitos despréndese que a loita polos dereitos ten sido
ardua e o seu recoñecemento nunca será total, porque non son unha obra pechada e acabada.64 As sociedades
democráticas nesta época de inusitado avance tecnolóxico deben ser sensibles para responder ás novas
necesidades, ás premas do presente. Como sinalou Habermas, ao desafío da técnica non se lle pode responder
só coa técnica,65 precisamos unha Filosofía do Dereito que consiga dar respostas ou, polo menos, que faga
as preguntas axeitadas.
Somos conscientes dos cuestionamentos que se derivan do aparato argumental das xeracións de dereitos, pero
é unha ferramenta que nos axuda a tomar conciencia da importancia da defensa da dignidade do ser humano
e dos retos e novos perigos que xorden a cada momento.66 En relación con isto, o grao de recoñecemento
dos dereitos fundamentais, dos dereitos humanos, mesmo se falamos só da primeira xeración de dereitos,
está lonxe de ser uniforme en todo o mundo. Debemos preguntarnos como argumentar ao favor dos dereitos,
e esta pregunta será tamén a que nos axude a entender a loita polos dereitos das mulleres e a súa propia
fundamentación. O legado ilustrado dos seres humanos é un baluarte que nos protexe dos fundamentalismos
a nivel global, posto que, como nos amosou Kant, a violación dun dereito nun punto da terra afecta a todos
os demais.67
A evolución dos dereitos humanos e a súa historia é paradigmática, e un exemplo do progreso constante
da humanidade. A cuestión dos dereitos humanos non é un problema de fundamentación, senón da súa
protección;68 non é un problema losóco, senón xurídico-político. Mentres os dereitos non sexan
plenamente recoñecidos no ordenamento, deben funcionar como categorías reivindicativas, prenominativas
e axiolóxicas.69 O debate polos dereitos na actualidade implica defender o dereito das xeracións futuras a
ter unhas condicións económicas, sociais e naturais polo menos iguais que a xeración presente.70 Identicar
cal sería a forma máis segura de garantilos e empregar a tecnoloxía como motor de democratización destes
dereitos permitirá que teñan virtualidade práctica. O garantismo defendido por xuristas como Ferrajoli71 debe
63 Vid ., ao respecto, Bustamante donas, J. «Derechos humanos en el ciberespacio». En: gonzález rodríguez arnaiz, G. (coord.).
Derechos humanos: la condición humana en la sociedad tecnológica. Madrid: Editorial Tecnos, 1999, pp. 164-182.
64
Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos humanos», op. cit., p. 217.
65
haBermas, J. Ciencia y técnica como «ideología». Madrid: Editorial Tecnos, 1984, p. 118.
66
Falcón y tella, M. J. «Las generaciones de derechos y la guerra», op. cit., p. 43.
67
kant, E. La paz perpetua. Madrid: Editorial Tecnos, 1998.
68
BoBBio, N. El problema de la guerra y la vía de la paz. Barcelona: Gedisa, 1992, p. 7.
69
Pérez luño, A. E. «Estado constitucional y derechos de la tercera generación», op. cit., p. 564.
70
martínez de Pisón, J. «Las generaciones de Derechos humanos», op. cit., p. 433.
71
Ferrajoli, L. «El derecho como sistema de garantías». En: Ferrajoli, L. Derechos y garantías. La ley del más débil. Madrid:
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 147
ser a vía para asegurar a comprensión dos sistemas legais e dos Estados democráticos como mecanismos de
defensa dos dereitos dos seres humanos, como cláusulas que comprendan a validez substancial do Dereito.
Non se debe esquecer que a concepción xeracional dos dereitos humanos implica recoñecer que o catálogo
de liberdades nunca será unha obra pechada.72 Trátase de dar cumprimento ao proxecto emancipador da
modernidade, a herdanza cultural da Ilustración. E esta loita esqueceu os dereitos das mulleres e obviou a
perspectiva de xénero. Pero se o feminismo, como xa dixo Amorós, é unha radicalización da Ilustración en
tanto que o proxecto normativo da modernidade,73 esta actitude crítica coa sociedade, co patriarcado, debe
servir para construír o seu recoñecemento.
Examinadas as xeracións de dereitos, compróbase que a muller estivo nun claro segundo plano nas dúas
primeiras xeracións de dereitos, e só unha fonda reivindicación permitiu que fose tida en conta dende nais
da segunda xeración. A pesar disto, non atopou un efectivo apoio nos dereitos ata os últimos anos, momento
no que se asentou unha terceira e sucesiva onda de dereitos para colectivos que sempre foran privados deles. A
condición da muller como suxeito de dereitos, non sendo discutida, sofre un duplo problema. Por unha parte,
un problema compartido co resto de colectivos acredores de dereitos, a inefectividade do recoñecemento dos
dereitos na praxe; e, por outra, a negación teórica de dereitos que lle son propios á súa condición ou nos que
se esquecen as diferenzas de xénero. Como ten destacado Millett, a conclusión política fundamental de todo
isto é que o único xeito de que as mulleres teñan todos os dereitos é abandonar a ideoloxía da virilidade e da
preponderancia masculina e todos os sistemas de opresión,74 conseguir a súa emancipación a través da loita
colectiva.
3 Antecedentes históricos da loita pola igualdade das mulleres
Acabamos de analizar as distintas xeracións de dereitos e como a súa construción, desenvolvemento e
consolidación excluíu as mulleres ou deixounas nun segundo plano debido a que estivo condicionado polo
pensamento hexemónico masculino. Como sinalou Millett, tendo en conta a perpetuación e universalidade
do éxito das estruturas sociais do patriarcado, non poderiamos imaxinar que a situación cambiase para a
muller.75 Pero a Ilustración foi o punto de partida da modernidade e da razón, e foi a razón a ferramenta coa
que se pretendeu e aínda se pretende crear espazos de dignidade e de igualdade para todos os seres humanos.
A loita das mulleres pola igualdade e polos seus dereitos pasa indubidablemente pola equiparación, e
isto implica superar as tradicionais concepcións sociais confeccionando unha propia ontoloxía política.76
Apoiadas na razón ilustrada foron construíndo a reivindicación dun paradigma que non as excluíse e que non
as xese cidadás de segunda, para o que se precisaba unha necesaria equiparación como suxeito de dereitos.77
Como expresou Amorós, a cuestión do suxeito é de importancia crucial para un feminismo entendido como
proxecto emancipador das mulleres, posto que esta vindicación se problematizou en relación coa carga de
androcentrismo que ten esta categoría, suxeito, e que exclúe a muller, a pesar da loita das mulleres para
confeccionar o seu suxeito, a súa identidade.78
Editorial Trotta, 2002, pp. 37-72.
72
Pérez luño, A. E. «Estado constitucional y derechos de la tercera generación», op. cit., p. 564.
73
amorós, C. «Por una Ilustración multicultural ilustrada». Revista Europea de Derechos Fundamentales [Madrid: Comares,
Instituto de Derecho Público], núm. extra 29 (2017), p. 74.
74 millett, K. Política sexual, op. cit., p. 64. Tamén, lóPez Pardina, T. «La noción de sujeto en el humanismo existencialista». En:
amorós, C. (ed.): Feminismo y Filosofía. Madrid: Editorial Síntesis, 2000, p. 207.
75
millett, K. Política sexual, op. cit., p. 127.
76
amorós, C. «Presentación (que intenta ser un esbozo del status questionis)», op. cit., p. 44.
77 Neste sentido, é moi clarividente o traballo de Pereira Porto, C. Muller e Dereitos: os límites da identicación xurídica. Tese
de Doutoramento, Universidade da Coruña, 2000, inédita.
78
molina Petit, C. «Debates sobre el género». En: amorós, C. (ed.). Feminismo y Filosofía. Madrid: Editorial Síntesis, 2000, p.
276. Tamén, amorós, C. Tiempo de feminismo, op. cit., p. 19.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 148
Non se debe esquecer que ata nos Estados democráticos de Dereito o sexo foi considerado un criterio relevante
para outorgar un trato xurídico diferente ás mulleres e aos varóns, discriminatorio para as primeiras.79 O nó
gordiano segue sendo a redución dun suxeito, a muller, a un obxecto, isto é, a alienación da muller. A loita
polos dereitos humanos, como destaca Muguerza, non é outra cousa que a loita contra as múltiples formas
de alienación que o home coñeceu e padeceu,80 e a Revolución Francesa, que derrubou a antiga xerarquía
baseada no poder, tivo unha repercusión indirecta na loita das mulleres.81
A loita polos dereitos das mulleres pasou por distintos momentos, dende as queixas por unha situación que
estaban sufrindo ata unha rme defensa dunha igualdade material na práctica entre homes e mulleres, unha
igualdade real sobre a que se constrúa a diversidade e que non implique desigualdade.82 Aquí recolleremos
unha serie de tos destacados desta loita.
3.1 Os memoriais de agravios
A reivindicación dos dereitos das mulleres comeza do mesmo xeito que a dos dereitos de moitos outros
colectivos:83 cando se toma conciencia de que se sofre unha inxustiza.84 A sociedade pode sentir esa inxustiza
cando as queixas adquiren visibilidade pública e se transforman nun problema social, e o caso do movemento
das mulleres non é unha excepción. Amorós sinala que a loita polo dereito á igualdade parte do que ela
denomina «memorial de agravios», en virtude do cal as mulleres se laiaban de como eran tratadas.85 Christine
de Pizan, coa súa obra La cité des Dames, publicada en 1405, é o mellor exemplo desta actitude pública.86
Aínda que nesta obra non había reivindicación, senón unha queixa ante os abusos do poder dunha sociedade
dirixida polos homes, senta as bases dunha operación estratéxica sumamente enxeñosa mediante a que se
logra a dignicación do espazo das mulleres.
Como sinala Lemarchand, Pizan combateu tres tabús coa súa vida e coa súa obra: o de que as mulleres non
podían estar preparadas nin ter voz pública, o de que non tiñan carácter, e nalmente a idea de que a muller
e o seu corpo non eran dignos de respecto.87 Pola súa banda, Cereceda destaca que foi Pizan a primeira
muller suxeito, entendendo por tal aquela muller que ten acceso público á palabra, vedado tradicionalmente
ás mulleres.88 A escritora francesa deconstrúe o xenérico feminino e cualica de contraria á xustiza a idea de
condenar as mulleres en bloque.89 As reclamacións de Pizan son unha denuncia sen proxecto, porén, compre
destacar que foi a primeira muller que tivo voz pública e conciencia de seu.
79 Pereira Porto, C. Igualdade e discriminación de xénero na negociación colectiva sectorial en Galicia: vellas inercias e novos
retos para a igualdade. A Coruña: Universidade da Coruña, 2005, p. 27.
80 muguerza, J. «La alternativa del disenso. En torno a la fundamentación ética de los derechos humanos». En: Peces-BarBa, G.
(ed.). El fundamento de los derechos humanos. Madrid: Editorial Debate, 1989, p. 50.
81
millett, K. Política sexual, op. cit., p. 133.
82
lóPez Pardina, T. «La noción de sujeto en el humanismo existencialista», op. cit., p. 213.
83 A diferenza, con todo, é que non estamos a falar dunha mera colectividade, senón que as mulleres son a metade da poboación
mundial.
84
sen, A. The Idea of Justice, op. cit., p. III.
85
amorós, C. «El feminismo como proyecto losóco-político», op. cit., p. 69.
86 Vi d., en edición española, como diciamos, de Pizan, C. La ciudad de las damas. Madrid: Editorial Siruela, 2015, edición de
Marie-José Lemarchand.
87 Así di: «Primer tabú: el de la mujer docta, que habla, discurre y escribe: “Las mujeres no deben hablar porque sus labios llevan
el estigma de Eva, cuyas palabras han sellado el destino del hombre”, proclamaba el Papa Honorio III al ordenar a los Obispos de
Valencia y Burgos que prohibiesen el púlpito a las abadesas. Segundo tabú: sobre las mujeres “de armas tomar” y “damas de gran
poderío” que desafían la denición de mulier igual a molicie, a debilidad […]. El tercer tabú es el más valiente desafío de Cristina
de Pizzano, “el promover, elevar y levantar como una verdadera forticación la imagen del cuerpo femenino, sano, hermoso como
fuente inagotable de conanza. […] frente a las patrañas seudo-teológicas urdidas por los predicadores». Tamén, de Pizan, C. La
ciudad de las damas, op. cit., p. XLIII.
88 Vi d., cereceda, M. El origen de la mujer sujeto. Madrid: Editorial Tecnos, 1996.
89
amorós, c. Tiempo de feminismo, op. cit., p. 67.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 149
Isto pódenos levar a preguntarnos, como se preguntou Kelly, se as mulleres tiveron renacemento, e podemos
coincidir tamén con ela cando arma que non,90 se ben si se xeraron, como sinalaba De Maio, unha chea
de tratados sobre a muller que tiveron por efecto a problematización do discurso misóxino.91 Estamos na
Idade Media e a lóxica dos dereitos nace coa Revolución Francesa e cos Estados modernos, malia todo,
se as mulleres non tomaban conciencia da súa condición, dicilmente se podía mudar a situación social
que as marxinaba. Haberá que agardar á Revolución Francesa e á modernidade, en denitiva, á lóxica do
racionalismo, para que se poñan as bases para a formulación teórica das vindicacións femininas, posto que
«esas forzas desatadas pola idea da igualdade», como sinalaba Valcárcel,92 non quedarían aí e terían un
fundamento emancipador, a pesar do seu condicionamento social.
3.2 As mulleres e a Revolución Francesa
Coa chegada da Revolución Francesa comeza a transformase o paradigma social e comeza o futuro para
a humanidade. A modernidade aséntase sobre a razón e sobre a procura do sentido das cousas,93 e esta
innovación consiste en instituír esta racionalidade como expediente iniciático para deslexitimar a exclusión
das mulleres,94 porque elas tamén debían formar parte do ideario ilustrado. A razón autónoma era o único
sentido da Ilustración, no sentido co que propón Kant a expresión sapere aude!, para superar a minoría de
idade do ser humano,95 e esta consigna é fundamental tamén para a loita a prol dos dereitos das mulleres, o
feminismo foi un test para a Ilustración porque lle tomou a medida da súa propia coherencia.96
Os revolucionarios reivindicaban a razón e a igualdade das persoas, pero para a muller, como indicou Molina
Petit, a Ilustración non cumpre as súas promesas e a muller queda fóra dela como aquel sector que as luces
non queren iluminar.97 As vindicacións feministas son un produto xenuíno do que Muguerza chamaba a cara
romántica da Ilustración, os seus ideais emancipadores.98 Neste contexto, aínda que non de todo favorable,
dábanse as condicións para que a muller se puidese converter en suxeito político, porque podía poñer de
manifesto a incoherencia dunha sociedade que a excluía cunha lóxica medieval,99 pero que noutros campos
ía avanzando a prol dos dereitos.
Cara a nais do século xviii cabe situar o inicio do movemento colectivo contrario á discriminación social,
económica, política e xurídica das mulleres. Destaca especialmente Olympe de Gouges, quen redactou unha
Declaración dos dereitos da muller e da cidadá no ano 1792, fronte a propia Declaración de dereitos do home,
que excluía e non mencionaba a muller.100 Con esta obra, Gouges amósase como unha tematizadora moderna
do histórico malestar da muller fronte á cultura patriarcal. Como ela mesma expresa, unha Constitución é
nula cando a maioría dos individuos que compoñen a nación non cooperan na súa redacción, e ese é o caso
das mulleres, que eran excluídas.101
90 Vid ., kelly, J. «¿Tuvieron Renacimiento las mujeres?». En: ameland, J.; nash, M. Historia y género: las mujeres en la Europa
moderna y contemporánea. Valencia: Ediciones Alfons el Magnànim, 1990.
91 de maio, R. Mujer y renacimiento, op. cit., p. 28.
92
Valcárcel, A. «Las losofías políticas en presencia del feminismo», op. cit., p. 116.
93 Obsérvese ao respecto a defensa que fai o Padre Feijoo sobre as mulleres, no seu Discurso XVI, e o propio Padre Sarmiento,
que destaca que a diferenza entre homes e mulleres non é natural, senón froito da educación. Vid ., ao respecto, allegue, P. A losofía
ilustrada de Fr. Martín Sarmiento, Vigo: Edicións Xerais, 1993; e allegue, P. «Frei Martiño Sarmiento: un ilustrado galego». En:
Barreiro Barreiro, X. R. (coord.). O pensamento galego na Historia. Aproximación crítica. Santiago: USC, 1992.
94
amorós, C. Tiempo de feminismo, op. cit., pp. 27-28.
95
kant, E. ¿Qué es la ilustración? Madrid: Alianza Editorial, 2007, p. 35.
96
amorós, C. «Presentación (que intenta ser un esbozo del status questionis)», op. cit., p. 26.
97
molina Petit, C. Dialéctica feminista de la Ilustración. Barcelona: Anthropos, 1994, pp. 20-21.
98
muguerza, J. Desde la perplejidad. Ensayos sobre la ética, la razón y el diálogo. Madrid: FCE, 2009, p. 35.
99
amorós, C. «El feminismo como proyecto losóco-político», op. cit., p. 70. Tamén, sobre as vindicacións da muller na
Revolución Francesa, vid., duhet, P. M. Las mujeres y la revolución (1789-1794). Barcelona: Ediciones Península, 1974.
100
Puleo, A. (ed.). La ilustración olvidada. La polémica de los sexos en el siglo XVIII. Barcelona: Anthropos, 2013, p. 154.
101
amorós, C. «El feminismo como proyecto losóco-político», op. cit., p. 76. Consideraba que a exclusión das mulleres era un
décit de lexitimidade democrática.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 150
O igualitarismo que vindicaba Gouges brotaba das virtualidades universalizadoras mesmas da condición
de liberdade que proclamaban os revolucionarios franceses, e permítenos comprender que o feminismo e
as súas reclamacións son unha radicalización da Ilustración.102 Tamén debemos mencionar a Poulain de la
Barre, quen coa súa obra Da educación das damas e A igualdade dos dous sexos103 inscríbese no proxecto
de dotar o feminismo coa súa propia memoria crítica. Como destaca Valcárcel, a condena das mulleres á
minoría de idade perpetua que denunciara Poulain de la Barre convértese nunha cuestión pública,104 nunha
cuestión a discutir.
Existe unha profunda relación entre a idea de igualdade e o xénero das reivindicacións; como pon de manifesto
Fraisse cando coa Revolución Francesa se impuña a lóxica universalizadora da democracia, a excepción, de
como se trata a muller, constituirá un problema porque non se pode obviar.105 Nese contexto é básico o peso
das vindicacións, que, como recalca Amorós, toman como referente o teito marcado por unha abstracción
dispoñible, o trato igualitario que proclamaban as revolucións ilustradas, aínda que foi un produto temperán
da Ilustración que aínda tiña que desenvolverse máis profundamente.106 Ese trato igualitario implicaba unha
mesma cidadanía que xerase dereitos para as mulleres, a pesar de que se seguía considerando que a muller
non tiña dereitos.
Postulábase que a diferenza entre home e muller era natural e non produto da educación discriminatoria;
consecuentemente, era lexítimo que as mulleres e os homes non tivesen os mesmos dereitos. O que nos
leva a outra gran gura das vindicacións dos dereitos das mulleres, Mary Wollstonecraft, intimamente
relacionada cos radicais ingleses que estaban a favor da Revolución Francesa en Inglaterra,107 e que vertebra
perfectamente o xénero da reivindicación dos dereitos da muller tentando dar resposta á falacia da diferenza
natural entre homes e mulleres. Así, pretendía que a muller, esa gran maioría da sociedade que non tiña
acceso aos dereitos do home, puidese gozar tamén deses privilexios sociais.108
A loita do movemento feminista pretendía que a idea da igualdade entre as mulleres e os varóns se convertese
en algo aceptable para a cultura, o que implicaba a realización de cambios necesarios para conseguilo.109
Wollstonecraft defende que as mulleres debían ser racionalmente educadas para que contribuísen á
sociedade,110 e para facer patente que a clave era a educación dos xéneros, non cabe outra alternativa. Como
incisivamente expresa, cabe esperar que o dereito divino dos maridos, ao mesmo que o dereito divino dos
reis, poida ser combatido sen perigo no Século das Luces.111 Wollstonecraft aposta pola Revolución Francesa
defendendo que a voz do pobo era fundamental porque era a voz da razón, e esa razón era a que facía que as
mulleres tivesen que ser independentes dende a educación igualitaria.
3.3 O movemento das suffragettes
Outro momento relevante na loita polos dereitos das mulleres foi o movemento sufraxista, nacido nos Estados
Unidos e en Inglaterra. Como destacou Millett, a muller americana lanzou o primeiro desafío que levou á
materialización do movemento feminista internacional.112 Centrámonos no feminismo europeo e americano
102 amorós, C. «Presentación (que intenta ser un esbozo del status questionis)», op. cit., p. 25.
103 Vi d., Poulain de la Barre, F. De la educación de las damas. Madrid: Ediciones Cátedra-Instituto de la Mujer, 1993; e tamén,
Poulain de la Barre, F. De l’égalité des deux sexes. Tours: Fayard, 1984.
104
Valcárcel, A. «Las losofías políticas en presencia del feminismo», op. cit., p. 119.
105
Fraisse, G. Musa de la razón. Madrid: Editorial Cátedra, 1991, p. 20.
106
amorós, C. Tiempo de feminismo, op. cit., pp. 70-71; tamén, amorós, C. «Presentación (que intenta ser un esbozo del status
questionis)», op. cit., p. 23.
107 Vid ., wollstonecraFt, M. Vindicación de los derechos de la mujer. Madrid: Ediciones Cátedra, 2000.
108
millett, K. Política sexual, op. cit., p. 133.
109
Pereira Porto, C. Igualdade e discriminación de xénero, op. cit., p. 28.
110
amorós, c. Tiempo de feminismo, op. cit., p. 145.
111
wollstonecraFt, M. Vindicación de los derechos de la mujer. Madrid: Ediciones Cátedra, 2000, p. 159.
112
millett, k. Política sexual, op. cit., p. 135.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 151
porque estimamos que é o máis ilustrativo da loita polos dereitos das mulleres, e está intimamente vencellado
á Ilustración occidental.113
Este movemento defendía o voto feminino, apostando pola muller como suxeito de dereito autónomo e con
capacidade de acción política. E esta loita feminista naceu ocialmente durante a convención de Séneca
Falls, o 19 e 20 de xullo de 1848,114 e a reclamación do sufraxio universal e a denuncia das inxustizas que
sufrían as mulleres.
Deste xeito, asentábase a percepción social de que non se podía deixar de lado a muller como suxeito
político, e evidentemente autónomo, nas democracias modernas. Stuart Mill denunciaba que a escravitude
doméstica era un agrante anacronismo da modernidade, como amosou en The Subjection of Women, na que
puña de manifesto as relacións desiguais entre os xéneros e a falla de liberdade da muller.115 Como expresaba
Mill, a relación do marido coa muller parécese moito á dun señor cos seus súbditos,116 e a opresión á muller
era un dos grandes obstáculos para o progreso da humanidade.
Efectivamente, non se podía falar de dereitos e de modernidade sen que as mulleres ostentasen a condición de
suxeitos de dereitos. De feito, cando as mulleres vindicaban a cidadanía, esta xa era unha cuestión marxinal
na axenda política imperante.117 Neste sentido debe sinalarse que as vindicacións feministas comparten con
outros grupos marxinados, aínda que non sexan un grupo, senón máis da metade da humanidade,118 porque é
unha materia pendente da modernidade.
A nais do século xix, aparece o sufraxismo defendendo a loita polos dereitos das mulleres que querían poder
votar119 e a reclamación da cidadanía cando esta cidadanía xa estaba desprestixiada no movemento obreiro. O
voto había de ser a chave para o recoñecemento social das mulleres e esta foi a primeira experiencia política
das mulleres para conseguir transformar a opinión pública.120
Stanton reclamaba xustamente isto, que as mulleres puidesen votar e que tivesen o mesmo status xurídico
que os homes121 porque estes trataban as mulleres como se fosen, eles, señores feudais, que excluían a muller
porque consideraban que eran intelectualmente e moralmente inferiores.122 Pero as sufraxistas pretendían
algo máis: que os homes se posicionasen. Seguindo a súa lóxica, se o matrimonio se considera un contrato
civil, entón que siga as mesmas normas que seguen outros contratos e, polo tanto, que exista igualdade.
O sufraxismo foi criticado dende dúas perspectivas diferentes. A primeira, dende unha perspectiva externa,
que o consideraba froito dun feminismo burgués que desatendía as mulleres traballadoras; e a segunda, dende
unha perspectiva interna, porque algunhas sufraxistas en Inglaterra se sentiron cada vez máis defraudadas
polos xiros conservadores do propio movemento. Este foi o contexto onde, aínda que as mulleres recorrían
a procedementos pacícos,123 debido a inacción da maioría da sociedade, o movemento se radicalizou e,
113 amorós, C. «Por una Ilustración multicultural ilustrada», op. cit., p. 73.
114
millett, K. Política sexual, op. cit., p. 158.
115
mill, J. S. El sometimiento de la mujer. Madrid: EDAF, 2005. Ao longo desta obra o autor pon de manifesto por que a
desigualdade entre homes e mulleres non ten ningún sentido.
116 Ibidem, p. 182.
117
miyares, A. «El sufragismo». En: amorós, C.; de miguel, A. (eds.). Historia de la teoría feminista: de la ilustración a la
globalización. Madrid: Minerva, 1993, p. 248.
118
amorós, C. «Presentación (que intenta ser un esbozo del status questionis)», op. cit., p. 62.
119 Resulta curioso pensar que, por exemplo, no Estado español, as mulleres podían ser elixidas, pero non podían ser electoras, vid.,
a reforma efectuada polo Decreto de 8 de maio de 1931, na Lei electoral do 8 de agosto de 1907, artigo 3.
120
millett, K. Política sexual, op. cit., p. 257.
121
stanton, E. C. The Women’s Bible. Hamburgo: Tredition Classics, 2011, p. 13.
122
Valcárcel, A. «Las losofías políticas en presencia del feminismo», op. cit., p. 123.
123
millett, K. Política sexual, op. cit., p. 162.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 152
lideradas por Emmeline Pankhurst, tomaron unha posición máis rme, manifestándose, facendo folgas de
fame e conseguindo o voto en 1928,124 e estendendo por todo o mundo o movemento e a vindicación.
Con todo, o movemento sufraxista foi visto con receo, e as súas reivindicacións foron recibidas polos homes
dese tempo con tópicos. Elas loitaron contra a naturalización de que eran obxecto denunciando que eran
prexuízos, eses prexuízos dos que xa falara anteriormente Wollstonecraft.125
3.4 O persoal é político
O segundo gran momento do feminismo e da loita polos dereitos das mulleres deuse na segunda metade
do século xx, coa terceira onda do feminismo, e cómpre salientar a expresión que acuña moi efectivamente
esa loita: «o persoal é político». Poderiamos caracterizar a autocomprensión desta nova loita polos dereitos
das mulleres como o correlato teórico dunha práctica do feminismo como práctica non subsidiaria, senón
principal, en diferentes camiños e con distintas perspectivas pero todas partindo do anterior.
Millett, a principal teórica do feminismo radical, ofrécenos unha resignicación estipulativa do termo
político, non entendido só como o limitado mundo das reunións, os partidos e os gobernos, senón como
o conxunto de relacións e compromisos estruturados en sociedade.126 «O persoal é político» implica que
o ámbito do privado non debe ser un espazo de naturalización que se autorregula só, por sentimentos, por
emocións; é xustamente o contrario. Arendt expresaba moi ben o que acontecía no espazo «tradicionalmente
político» e no espazo familiar: no primeiro existía a igualdade, e no segundo a máis estrita desigualdade.127
Se a isto engadimos que historicamente a muller estaba relegada ao mundo privado,128 comprenderemos por
que existía discriminación e por que foi tan fundamental a defensa da idea de que «o persoal é político».
As mulleres aparecían prepactadas e, consecuentemente, a esfera privada tiña unha xénese política que había
que transformar, que había que politizar.129 A política é a manobra teórica pola que as mulleres son adscritas
aos espazos privados dominados polos varóns, constituídos en presuntos enclaves de naturalización. O
persoal é político porque para a teoría e a práctica feministas conceptualizar é politizar. Isto era un reexo
do que xa dixera Simone de Beauvoir de que unha non nace muller, senón que se fai.130 Velaquí a cuestión
principal que reicte a segregación sexual na relación social entre homes e mulleres.131
O camiño cara á igualdade e cara á consolidación dos dereitos das mulleres pasa porque a democracia se
autoasuma e se presente como representativa dunha sociedade de individuos que ten que volver operativa a
abstracción «individuo» en tanto que tal, no sentido indicado por Paterman na súa obra O contrato sexual,
por canto o contrato social para a muller é un mecanismo para constituír o patriarcado moderno.132 E para
representar os individuos, a variable sexo tería que quedar reducida a unha variable aleatoria; o único xeito
de facer operativa esa abstracción, posto que, como sinala MacKinnon, o obxectivo non é facer categorías
legais que persigan e atrapen o statu quo, senón facer fronte mediante a lei ás desigualdades da condición da
muller133 para poder cambiar a dinámica.
124 Ibidem, p. 80.
125
wollstonecraFt, M. Vindicación de los derechos de la mujer, op. cit., p. 268.
126
millett, k. Política sexual, op. cit., p. 110.
127
arendt, h. La condición humana. Barcelona: Paidós, 2005, p. 57. (Surcos; 15)
128
Figueroa Bello, A. «Aproximaciones teóricas de la igualdad en la normativa constitucional española». Revista Mexicana de
Derecho Constitucional [México DF], núm. 26 (2012), p. 147.
129 amorós, c. «Presentación (que intenta ser un esbozo del status questionis)», op. cit., p. 13. Tamén, amorós, C. «El feminismo
como proyecto losóco-político», op. cit., p. 85.
130
de BeauVoir, S. O segundo sexo. Tomo II. Vigo: Edicións Xerais, 2010, p. 13.
131
millett, k. Política sexual, op. cit., p. 109.
132
Pateman, c. El contrato sexual. Barcelona: Editorial Anthropos, 1995, p. 11.
133
mackinnon, C. A. Hacia una teoría feminista del Estado. Madrid: Ediciones Cátedra-Universitat de València, 1995, p. 435.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 153
Cómpre resaltar tamén a importancia, dentro dos tos do feminismo, da Convención sobre a eliminación de
todas as formas de discriminación contra a muller (CEDAW) de 1979 que universaliza o principio teórico da
igualdade das mulleres en todas as sociedades, como a Declaración e Programa de Acción de Viena, durante
a Conferencia Mundial de Dereitos Humanos de 1993.
Os mecanismos do poder e as súas relacións impediron e impiden unha distribución equitativa entre homes
e mulleres da representatividade política, e o único xeito de inverter esta dinámica das sociedades patriarcais
para equiparar a homes e mulleres en dereitos sería unha representación e unha participación non distorsionada
por razón de xénero. Por este motivo, chegamos á creación de mecanismos correctores da discriminación
entre homes e mulleres como poden ser as cotas, as accións positivas e a propia discriminación inversa. Non
debemos esquecer que o sexo é unha categoría social impregnada de política e de diferenzas de status para
as mulleres consideradas inferiores, subordinadas, discriminadas.134
A expresión «accións positivas» emprégase para referirse ás medidas encamiñadas a promover a igualdade
de colectivos situados en posicións de subordinación e a corrixir as discriminacións que os afectan. Como
sinala Ruiz-Miguel, as accións positivas poden ser denidas como un programa público ou privado deseñado
para igualar as oportunidades de admisión para os grupos historicamente desavantaxados, tomando en
consideración aquelas mesmas características que foron usadas para negarlles un tratamento igualitario.135
Aínda que nos últimos tempos os patriarcados modernos abriron as súas portas ás mulleres, mantense unha
diferenza cualitativa entre os dous sexos.136 Por esta razón son fundamentais as medidas de acción positiva,
porque só deste xeito se poderá avanzar no goce efectivo dos dereitos das mulleres de conformidade cos
principios de igualdade e non discriminación.137 Deste xeito, poderase superar o décit de lexitimación
democrática que produce que as mulleres non poidan pasar de ser unha minoría exigua a unha minoría
consistente,138 porque, como sinala Millett, a súa situación é semellante á das demais minorías, entre as
que debe gurar, non polo seu número, a metade da poboación do mundo, senón pola inferioridade da súa
posición.139
O obxectivo dos dereitos das mulleres, en palabras de Stang Dahl, é a descrición, a análise e a proposta
de reforma do Dereito existente,140 un dereito que privilexia o punto de vista, as necesidades e os intereses
masculinos, presentado baixo a cobertura de características tales como a obxectividade, a imparcialidade,
a neutralidade. A tarefa da teoría feminista consistirá, como sinala Campillo, nunha crítica anticipatoria e
utópica das normas e valores actuais.141 No mundo do dereito, as mulleres foron «desaparecidas» como
categoría social, e o dereito segue tendo un marcado carácter androcéntrico.142 O carácter masculino do
dereito moderno e contemporáneo está detrás da redacción neutra, asexuada, das súas normas.143
Na chamada fase actual do movemento feminista, as chamadas accións armativas e a discriminación
inversa poderían ser asumidas como o xeito de lograr o que deberían ser os efectos automáticos de certas
abstraccións, no caso de que estas funcionasen de xeito coherente. E teñen unha razón de ser que subxace
debaixo desta cuestión, que é a equiparación entre homes e mulleres.
134 garcía-Berrio hernández, T. «Acciones positivas y cuota de género ante el Derecho. Los mecanismos contemporáneos
en la lucha contra la diferencia por razón de sexo». Foro. Revista de ciencias jurídicas y sociales [Madrid: Facultad de Derecho
Complutense], núm. 6 (2007), p. 202.
135 ruiz-miguel, A. «Discriminación inversa e igualdad». En: Valcárcel, A. (comp.). El concepto de igualdad. Madrid: Editorial
Pablo Iglesias, 1994, p. 80.
136
millett, k. Política sexual, op. cit., p. 98.
137
Facio, a.; Vitoria, a. «Los derechos culturales y los derechos de las mujeres son derechos humanos», op. cit., p. 70.
138
amorós, c. «El feminismo como proyecto losóco-político», op. cit., p. 86.
139
millett, k. Política sexual, op. cit., p. 120.
140 stang dahl, T. El derecho de la mujer. Madrid: Vindicación feminista, 1991, p. 11.
141
camPillo, n. «El signicado de la crítica en el feminismo contemporáneo», op. cit., p. 302.
142
Facio, a. Cuando el género suena, cambios trae. Una metodología para el análisis de género del fenómeno legal. Costa Rica:
ILANUD, 1992, pp. 54, 56.
143 Pereira Porto, C. Muller e Dereitos: os límites da identicación xurídica, op. cit., p. 171.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 154
Merecerían unha mención as distintas perspectivas do feminismo das últimas décadas e as súas reclamacións,
que teñen en común que por primeira vez están interpretándose e construíndo un suxeito propio, respectuoso
coas diferenzas,144 que teñen distintas estratexias fronte á discriminación,145 o que pon de manifesto a
capacidade autocrítica da razón e o futuro das reivindicacións dos dereitos.
3.5 Reexións sobre a loita pola igualdade
Desta observación da loita pola igualdade das mulleres e dos seus dereitos, podemos concluír que o camiño
ten sido longo e, malia a estrutura social patriarcal, que é o contexto, dende a Revolución Francesa e dende a
Ilustración as mulleres asentáronse nesa razón moderna para, como destacou Amorós, radicalizar o discurso
revolucionario146 cara á igualdade e acadar as súas propias abstraccións como mulleres individuo e como
colectividade.
O paradigma das xeracións de dereitos non é aplicable á causa das mulleres posto que é un produto nacido
dunha sociedade patriarcal que relegaba a muller. Con todo, puxo á disposición da muller a abstracción
da igualdade e permitiu construír o seu propio imaxinario reivindicativo, aproveitando as potencialidades
emancipatorias do proxecto da modernidade, e comprendendo a razón en perspectiva crítica facendo unha
lectura que permite construír unha praxe diferente.
As mulleres teñen sido discriminadas historicamente e déuselles un tratamento desigual e discriminatorio
derivado dun contrato sexual que as discriminaba, pero pode ser modicado. As reivindicacións dos seus
dereitos, como vemos ao longo da historia, non foron doadas porque o poder estaba noutras mans, e a acción
política subordinaba á muller. Entender esta evolución permitirá dar os pasos futuros para conseguir unha
sociedade de iguais onde haxa unha efectiva equiparación dos xéneros e onde se poida superar a razón
instrumental da dominación, en palabras de Puleo,147 porque, se non se recoñece esa igualdade, a construción
social perde a súa lexitimidade.
4 A xeito de conclusións
Ten sido longo o camiño na loita pola igualdade entre homes e mulleres e a reclamación da equiparación
dos seus dereitos, e aínda que queda moito treito por percorrer, debemos ser optimistas no sentido ilustrado
expresado por Voltaire. Dende o Século das Luces, somos conscientes de que o mundo occidental e as súas
democracias obviaron construír unha sociedade para as mulleres en igualdade.
A modernidade, a Ilustración, deunos as ferramentas intelectuais para construír o que con certeza é a creación
máis relevante da humanidade neste momento da historia: os dereitos humanos, os dereitos fundamentais. As
xeracións de dereitos foron o gran avance da nosa época, pero esa xeración de dereitos esqueceu practicamente
ata os últimos tempos á muller. Foron as súas vindicacións singulares as que permitiron que actualmente
esteamos preto da equiparación entre homes e mulleres, dentro da razón ilustrada, dentro da modernidade,
e non consideramos que a impugnación deste contexto losóco da modernidade aporte nada decisivo. O
feminismo, llo non desexado da Ilustración pode permitir gañar a contemporaneidade para a muller dende
a razón crítica, esa outra Ilustración, que amosaba as súas eivas, os seus paradoxos.
A sociedade actual, a modernidade e a posmodernidade son herdeiras do pensamento ilustrado, un
pensamento que, non o podemos negar, se construíu dende un paradigma social dunha minoría, cultural,
relixiosa, económica, racial, de clase e, indubidablemente, patriarcal, pero que concibiu e consolidou, creo
que non se pode cuestionar, a lóxica dos dereitos. Tampouco se pode negar a estraticación social e as
culturas discriminatorias que deben ser superadas.148 Esta é unha das grandes tarefas que ten a razón moderna
144 Posada kuBissa, L. «De los discursos estéticos, sustituciones categoriales y otras operaciones simbólicas: en torno a la losofía
del feminismo de la diferencia». En: amorós, C. (ed.). Feminismo y Filosofía, Madrid: Editorial Síntesis, 2000, p. 233.
145
molina Petit, C. «Debates sobre el género», op. cit., p. 280.
146
amorós, C. «Por una Ilustración multicultural ilustrada», op. cit., p. 72.
147
Puleo, A. «Ecofeminismo: hacia una redenición losóco-política», op. cit., p. 180.
148
Facio, A.; Vitoria, A. «Los derechos culturales y los derechos de las mujeres son derechos humanos», op. cit., p. 54.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 155
por resolver, pero precisamos un paradigma social fundamentado na igualdade, un paradigma de cidadanía
diverso e pluricultural. A modernidade debe implicar para a muller que o principio de igualdade sexa un
imperativo para superar todas esas formas de discriminación, no propio sentido kantiano, que ningún ser
humano sexa utilizado como un instrumento, senón como un n en si mesmo, e a lóxica dos dereitos e as
xeracións de dereitos son o camiño a seguir, para que non se poida frear o avance na construción dos dereitos
das mulleres.
Mentres isto non se consiga, seguirá sendo necesaria a loita polos dereitos das mulleres, a loita polos dereitos
dos seres humanos, dende a conciencia de que esta ha de ser unha vindicación permanentemente viva, porque
a inxustiza estará sempre presente.
Bibliografía
allegue, P. «Frei Martiño Sarmiento: un ilustrado galego». En: Barreiro Barreiro, X. R. (coord.). O
pensamento galego na Historia. Aproximación crítica. Santiago: USC, 1992.
A losofía ilustrada de Fr. Martín Sarmiento. Vigo: Edicións Xerais, 1993.
alston, P.; goodman, R. International Human Rights in context: Law, Politics, Morals. Oxford: Oxford
Clarendon Press, 2007.
amorós, C. Tiempo de feminismo. Sobre feminismo, proyecto ilustrado y postomdernidad. Madrid: Ediciones
Cátedra, 1997.
— «Presentación (que intenta ser un esbozo del status questionis)». En: amorós, C. (ed.). Feminismo y
Filosofía. Madrid: Editorial Síntesis, 2000, pp. 9-112.
— «El feminismo como proyecto losóco-político». En: Quesada, F. (ed.). Ciudad y ciudadanía. Senderos
contemporáneos de la losofía política. Madrid: Editorial Trotta, 2008, pp. 69-87.
— «Por una Ilustración multicultural ilustrada». Revista Europea de Derechos Fundamentales [Madrid:
Comares, Instituto de Derecho Público], núm. extra 29 (2017), pp. 71-90.
arendt, H. La condición humana. Barcelona: Paidós, 2005. (Surcos; 15).
atienza, M. «Un comentario al caso Kalanke». Doxa. Cuadernos de Filosofía del Derecho [Alicante], núm.
19 (1996), pp. 111-122.
Barrère, M. A. «Problemas del Derecho antidiscriminatorio: subordinación versus discriminación y acción
positiva versus igualdad de oportunidades». Revista Vasca de Administración Pública [Oñate], núm. 60
(2001), pp. 121-139.
Barrère, M. A.; camPos, A. (coord.). Igualdad de oportunidades e igualdad de género: una relación a
debate. Madrid: Editorial Dykinson, 2005.
BoBBio, N. El tiempo de los derechos. Madrid: Editorial Sistema, 1991.
Bustamante donas, J. «Derechos humanos en el ciberespacio». En: gonzález rodríguez arnaiz, G.
(coord.). Derechos humanos: la condición humana en la sociedad tecnológica. Madrid: Editorial Tecnos,
1999, pp. 164-182.
«Hacia la cuarta generación de Derechos Humanos: repensando la condición humana en la sociedad
tecnológica». CTS+I: Revista iberoamericana de Ciencia, Tecnología, Sociedad e innovación [Madrid], vol.
1, núm. 3 (2001), pp. 1-24.
camPillo, N. «El signicado de la crítica en el feminismo contemporáneo». En: amorós, C. (ed.). Feminismo
y Filosofía. Madrid: Editorial Síntesis, 2000, pp. 287-318.
camPs, V. Virtudes Públicas. Madrid: Editorial Espasa-Calpe, 1990.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 156
casalmilglia, A. «Sobre el Principio de Igualdad». En: muguerza, J. El fundamento de los derechos
humanos. Madrid: Editorial Debate, 1989, pp. 97-110.
cereceda, M. El origen de la mujer sujeto. Madrid: Editorial Tecnos, 1996.
constant, B. «De la libertad de los antiguos comparada con la de los modernos». Libertades, Revista de
Derecho y Ciencias Sociales [Mazatlán], núm. 3 (2013), pp. 83-95.
cuenca gómez, P. «Mujer y Constitución: los derechos de la mujer antes y después de la Constitución
española de 1978», Universitas. Revista de Filosofía, Derecho y Política [Madrid], núm. (2008), pp. 73-103.
de BeauVoir, S. O segundo sexo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2010.
de maio, R. Mujer y renacimiento. Madrid: Editorial Mondadori, 1988.
de Pizan, C. La ciudad de las damas. Madrid: Editorial Siruela, 2013.
duhet, P. M. Las mujeres y la revolución (1789-1794). Barcelona: Ediciones Península, 1974.
dworkin, R. Los derechos en serio. Barcelona: Editorial Ariel, 2010.
Facio, A. Cuando el género suena, cambios trae. Una metodología para el análisis de género del fenómeno
legal. Costa Rica: ILANUD, 1992.
Facio, A.; Vitoria, A. «Los derechos culturales y los derechos de las mujeres son derechos humanos y, como
tales, deben ser gozados en igualdad». Revista Europea de Derechos Fundamentales, [Madrid: Comares,
Instituto de Derecho Público], núm. extra 29 (2017), pp. 47-70.
Falcón y tella, M. J. «Las generaciones de derechos y la guerra». Anuario de Derechos Humanos [Madrid],
vol. 4 (2003), pp. 35-53.
Feijoo, B. J. Teatro crítico universal. Madrid: Edición de Joaquín Ibarra, 1778.
Ferrajoli, L. «El derecho como sistema de garantías». En: Ferrajoli, L. Derechos y garantías. La ley del
más débil. Madrid: Editorial Trotta, 2002, pp. 37-72.
— «Igualdad y diferencia». En: Ferrajoli, L. Derechos y garantías. La ley del más débil. Madrid: Editorial
Trotta, 2002, p. 73-96.
— «Los derechos fundamentales en la teoría del Derecho». En: de caBo, A.; Pisarello, G. (eds.). Los
fundamentos de los derechos fundamentales. Luigi Ferrajoli. Madrid: Editorial Trotta, 2005, pp. 139-285.
Figueroa Bello, A. «Aproximaciones teóricas de la igualdad en la normativa constitucional española».
Revista Mexicana de Derecho Constitucional [México DF], núm. 26 (2012), pp. 123-167.
Fraisse, G. Musa de la razón. Madrid: Editorial Cátedra, 1991.
garcía-Berrio hernández, T. «Acciones positivas y cuota de género ante el Derecho. Los mecanismos
contemporáneos en la lucha contra la diferencia por razón de sexo». Foro. Revista de ciencias jurídicas y
sociales [Madrid: Facultad de Derecho Complutense], núm. 6 (2007).
giménez gluk, D. Una manifestación polémica del principio de igualdad: acciones positivas moderadas y
medidas de discriminación inversa. Valencia: Tirant Lo Blanch, 1999.
haBermas, J. Ciencia y técnica como «ideología». Madrid: Editorial Tecnos, 1984.
kant, E. ¿Qué es la ilustración? Madrid: Alianza Editorial, 2007.
kelly, J. «¿Tuvieron Renacimiento las mujeres?». En: ameland, J.; nash, M. Historia y género: las mujeres
en la Europa moderna y contemporánea. Valencia: Ediciones Alfons el Magnànim, 1990.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 157
llácer, P. «Internet y Derechos Humanos». En: gonzález rodríguez arnaiz, G. (coord.). Derechos
humanos: la condición humana en la sociedad tecnológica. Madrid: Editorial Tecnos, 1999, pp. 183-212.
lóPez Pardina, T. «La noción de sujeto en el humanismo existencialista». En: amorós, C. (ed.). Feminismo
y Filosofía. Madrid: Editorial Síntesis, 2000, pp. 193-214.
mackinnon, C. A. Hacia una teoría feminista del Estado. Madrid: Ediciones Cátedra-Universitat de València,
1995.
martínez de Pisón, J. Derechos humanos: historia, fundamento y realidad. Zaragoza: Egido Editorial, 1997.
— «Las generaciones de Derechos humanos». En: Betegón, J. [et al.] (coord.). Constitución y Derechos
fundamentales. Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2004, pp. 409-436.
mill, J. S. El sometimiento de la mujer. Madrid: EDAF, 2005.
millett, K. Política sexual. Madrid: Editorial Cátedra, 2010.
miyares, A. «El sufragismo». En: amorós, C.; de miguel, A. (eds.). Historia de la teoría feminista: de la
ilustración a la globalización. Madrid: Minerva, 1993.
molina Petit, C. Dialéctica feminista de la Ilustración, Barcelona: Anthropos, 1994.
— «Debates sobre el género». En: amorós, C. (ed.): Feminismo y Filosofía. Madrid: Editorial Síntesis, 2000,
pp. 255-284.
muguerza, J. Ética, disenso y derechos humanos. En conversación con Ernesto Garzón Valdés. Barcelona:
Argés Editorial, 1998.
— «La alternativa del disenso. En torno a la fundamentación ética de los derechos humanos». En: Peces-
BarBa, G. (ed.). El fundamento de los derechos humanos. Madrid: Editorial Debate, 1989.
Pateman, C. El contrato sexual. Barcelona: Editorial Anthropos, 1995.
Peces-BarBa, G. El fundamento de los derechos humanos. Madrid: Debate, 1989.
Curso de Derechos fundamentales. Teoría general. Madrid: Universidad Carlos III – BOE, 1995.
Historia de los Derechos Fundamentales. Madrid: Dykinson, 1998.
Lecciones de Derechos fundamentales. Madrid: Dykinson, 2004.
Pereira Porto, C. Muller e Dereitos: os límites da identicación xurídica. Tese de Doutoramento,
Universidade da Coruña, 2000, inédita.
Igualdade e discriminación de xénero na negociación colectiva sectorial en Galicia: vellas inercias e
novos retos para a igualdade. A Coruña: Universidade da Coruña, 2005.
Pérez luño, A. E. «Las generaciones de derechos humanos». Revista del Centro de Estudios Constitucionales
[Madrid], núm. 10 (1991), pp. 203-217.
— «Estado constitucional y derechos de la tercera generación». Anuario de Filosofía del Derecho [Madrid],
núm. XIV (1997), pp. 554-570.
Derechos humanos, Estado de derecho y Constitución. Madrid: Tecnos, 1999.
Dimensiones de la igualdad. Madrid: Dykinson, 2007.
Pérez tremPs, P. «Constitución y derechos de la mujer». Anuario de la Facultad de Derecho [Cáceres:
Universidad de Extremadura], núm. 14-15 (1996-1997), pp. 247-260.
Xosé Manuel Pacho Blanco
Os dereitos das mulleres. As xeracións de dereitos e os antecedentes históricos da loita pola igualdade
Revista Catalana de Dret Públic, núm. 56, 2018 158
Pizzorusso, A. «Las generaciones de derechos». Anuario Iberoamericano de Justicia Constitional [Madrid],
núm. 5 (2001), pp. 291-307.
Posada kuBissa, L. «De los discursos estéticos, sustituciones categoriales y otras operaciones simbólicas: en
torno a la losofía del feminismo de la diferencia». En: amorós, C. (ed.). Feminismo y Filosofía. Madrid:
Editorial Síntesis, 2000, pp. 231-254.
Poulain de la Barre, F. De l’égalité des deux sexes. Tours: Fayard, 1984.
De la educación de las damas. Madrid: Ediciones Cátedra-Instituto de la Mujer, 1993.
Prieto sanchís, L. Estudios sobre derechos fundamentales. Madrid: Editorial Debate, 1990.
— «Los derechos sociales y el principio de igualdad sustancial». En: carBonell, M.; cruz Parcero, J. A.;
VázQuez, R. Derechos Sociales y Derecho de las Minorías. México DF: Editorial Porrúa y Universidad
Nacional Autónoma de México, 2001, pp. 17-67.
Puleo, A. (ed.). «Ecofeminismo: hacia una redenición losóco-política de naturaleza y ser humano». En:
amorós, C. (ed.). Feminismo y Filosofía. Madrid: Editorial Síntesis, 2000, pp. 165-190.
La ilustración olvidada. La polémica de los sexos en el siglo XVIII. Barcelona: Anthropos, 2013.
— «Los derechos humanos. Un legado de la modernidad». En: Quesada, F. (ed.). Ciudad y ciudadanía.
Senderos contemporáneos de la losofía política. Madrid: Editorial Trotta, 2008, pp. 185-204.
Quesada, F. «C. B. MacPherson. De la teoría política del individualismo posesivo a la democracia
participativa». En: gonzález, J. M.; Quesada, F. Teorías de la democracia. Barcelona: Anthropos, 1988.
rawls, J. Teoría de la Justicia. México: Fondo de Cultura Económica, 2012.
rey martínez, F. El derecho fundamental a no ser discriminado por razón de sexo. Madrid: McGraw-Hill,
1995.
ruíz-miguel, A. «Discriminación inversa e igualdad». En: Valcárcel, A. (comp.). El concepto de igualdad.
Madrid: Editorial Pablo Iglesias, 1994.
sen, A. The Idea of Justice. Londres: Penguin Books, 2010.
stang dahl, T. El derecho de la mujer. Madrid: Vindicación feminista, 1991.
stanton, E. C. The Women’s Bible. Hamburgo: Tredition Classics, 2011.
Valcárcel, A. Del miedo a la igualdad. Barcelona: Grijalbo-Mondadori, 1993. (Crítica).
— «Las losofías políticas en presencia del feminismo». En: amorós, C. (ed.). Feminismo y Filosofía.
Madrid: Editorial Síntesis, 2000, pp. 115-133.
Vasak, K. Pour les droits de l’homme de la troisième génération. Estrasburgo: Institut International des
Droits de l’Homme, 1979.
wollstonecraFt, M. Vindicación de los derechos de la mujer. Madrid: Ediciones Cátedra, 2000.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR