Decreto 454/2003, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

Publicado o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, quedando a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria configurada como se indica no seu artigo 4º, procede realiza-los correspondentes cambios organizativos e funcionais nas direccións xerais afectadas e consecuentemente reflectir tales modificacións na disposición que establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por outra parte, a entrada en vigor da Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, da calidade do ensino, aconsella que se realice unha redistribución das funcións para desenvolver en distintas unidades administrativas desta consellería coa finalidade de atende-lo cumprimento dos principios e normas que esta lei orgánica establece para mellora-las calidades do sistema educativo español.

Por todo o que antecede cómpre realiza-las modificacións pertinentes na actual estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; estimándose que por razóns de claridade e seguridade xurídica é máis axeitada a técnica de refundir nun só texto os cambios que hai que introducir na vixente estructura, no canto do mantemento de tres disposicións en vigor que regulen a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En virtude diso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, cos informes previos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e da Consellería de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de decembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º Ámbito competencial.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a quen lle corresponden as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades; a promoción e o ensino da lingua galega; a coordinación do sistema universitario; o recoñecemento, tutela e rexistro das fundacións docentes de interese galego; e as competencias e funcións que lle atribúe o Decreto 268/2000, do 2 de novembro, polo que se crea o Museo Pedagóxico de Galicia, e o Decreto 214/2003, do 20 de marzo, polo que se modifica o Decreto 110/1999, do 8 de abril, polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional. Todo iso de conformidade co establecido na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de Galicia, na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, na Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego (modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro), na Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, na Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo, na Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello

Galego de Universidades, e nas leis orgánicas reguladoras do sistema educativo español.

Artigo 2º Estructura.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desempeñará as súas funcións a través dos seguintes órganos superiores:

  1. O Conselleiro.

  2. A Secretaría Xeral.

  3. A Dirección Xeral de Persoal.

  4. A Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa.

  5. A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

  6. A Dirección Xeral de Universidades.

  7. A Dirección Xeral de Política Lingüística.

  8. As delegacións provinciais.

  9. Os órganos colexiados.

Artigo 3º O Conselleiro.

O Conselleiro é a autoridade superior da consellería e, con tal carácter, desempeña e exerce as atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

Artigo 4º A Secretaría Xeral.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións determinadas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, e no Decreto 111/1984, do 25 de maio; así como aqueloutras que lle estean atribuídas pola normativa vixente e as que lle sexan delegadas ou encomendadas polo titular da consellería.

Para o exercicio das súas funcións, a secretaría xeral estructúrase nas seguintes unidades:

  1. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

    Correspóndelle a esta subdirección xeral exerce-las competencias relativas á elaboración do anteproxecto de orzamento da consellería, o seu seguimento e coordinación; a coordinación administrativa dos servicios de carácter xeral, do réxime interior e dos rexistros e arquivos; a racionalización dos circuítos administrativos, en coordinación cos órganos competentes da Consellería da Presidencia e Administración Pública; a elaboración da normativa sobre transporte e comedor escolares; a xestión, o control e a coordinación dos servicios de transporte e de comedores escolares; e, en xeral, cantas outras lle sexan encomendadas pola secretaría xeral.

    Para o desenvolvemento destas competencias contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servicio:

    1. Servicio de Xestión Económica e Réxime Interior.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da Subdirección Xeral, as seguintes funcións:

      -Confecciona-lo borrador do anteproxecto de orzamentos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

      -Controla-la xestión económica das diversas unidades que compoñen a consellería e o pagamento das obrigas contraídas.

      -Xestionar e supervisa-las actividades relacionadas cos asuntos xerais de réxime interior da consellería, en especial as do rexistro xeral, información, portería e arquivo, así como a contratación administrativa que teña aquel carácter.

      -Xestiona-los contratos de asistencia técnica dependentes da Secretaría Xeral.

      -Exerce-las funcións que competen ó administrador do Mupega, nos termos establecidos no decreto de creación do museo.

      -Aqueloutras análogas que lle sexan encomendadas.

    2. Servicio de Xestión dos Servicios Educativos Complementarios.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da Subdirección Xeral, as seguintes funcións:

      -Programar e xestiona-lo servicio de transporte escolar en función das necesidades dos centros docentes non universitarios; e dos demais servicios educativos complementarios, coordinando a súa actividade coa das delegacións provinciais.

      -Xestionar e coordina-los servicios de comedor dos centros docentes dependentes desta consellería.

      -Coordina-las accións que prestan as delegacións provinciais en materia de bolsas e axudas.

      -Asisti-la Secretaría Xeral, xunto cos servicios da Inspección Educativa, na supervisión e control do transporte e comedor escolares.

      -Calquera outra análoga que lle sexa encomendada.

  2. Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

    Correspóndelle, dentro das previsións orzamentarias e a partir da planificación educativa e dos correspondentes programas de necesidades, a programación e contratación dos investimentos en infraestructuras da consellería; a xestión e supervisión dos proxectos de construcción de centros, tanto de obra nova como de ampliación, reposición ou rehabilitación integral; a coordinación dos proxectos de reforma, de ampliación e de mellora nas obras que

    sexan competencia da consellería; a elaboración de orientacións técnicas sobre redacción de proxectos, edificacións, instalacións e equipos, métodos de control e ensaio; a programación das necesidades de equipamento, así como o seu seguimento e control; e aqueloutras funcións que lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral.

    Para o desenvolvemento destas competencias contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servicio:

    1. Servicio de Construccións.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da Subdirección Xeral, as seguintes funcións:

      -A elaboración de orientacións técnicas sobre edificacións, instalacións e equipos, métodos de control e ensaio.

      -Coordinar e inspecciona-la execución de tódalas obras desenvolvidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, incluídas as que xestionan directamente as delegacións provinciais, en virtude das competencias nelas desconcentradas.

      -Controla-la execución de tales obras, tanto desde o punto de vista técnico como do cumprimento dos prazos do contrato.

      -Calquera outra análoga ou que lle sexa encomendada.

    2. Servicio de Contratación e Equipamento.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da Subdirección Xeral, as seguintes funcións:

      -A xestión e contratación dos proxectos e das obras de nova construcción, ampliación, rehabilitación e reposición precisas, en execución dos programas de necesidades.

      -Xestión e contratación dos servicios e equipamento para os centros docentes públicos.

      -Prepara-los pregos de condicións técnicas e administrativas dos correspondentes contratos.

      -Seguimento e control dos plans de equipamento en tódalas súas fases de compra, distribución e recepción.

      -Xestiona-las subvencións que se concedan a entidades e institucións sen fins de lucro para obras, equipamentos e infraestructuras educativas en xeral.

      -Informes e actuacións que sexan necesarias a prol da colaboración con órganos externos de control, respecto ás ditas actividades contractuais.

      -Calquera outra análoga ou que lle sexa encomendada.

    3. Servicio de Supervisión de Proxectos e Xestión Patrimonial.

      Correspóndenlle, baixo a dirección da Subdirección Xeral, as seguintes funcións:

      -Estudia-la programación de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR