Crònica legislativa de Galícia. Primer i segon semestre de 2020

AutorAlba Nogueira López
CargoCatedrática de Derecho Administrativo, Universidade de Santiago de Compostela
Páginas281-284
REVISTA DE LLENGUA I DRET #75
JOURNAL OF LANGUAGE AND LAW
CRÓNICA LEXISLATIVA DE GALICIA. PRIMEIRO E SEGUNDO SEMESTRE DE 2020
Alba Nogueira López*
Resumo
O texto recolle as novidades normativas que afectan ao impulso do galego en Galicia aprobadas durante 2020. A situa-
ción de pandemia que obrigou a aprazar as eleccións autonómicas ata xullo provocou que fora un ano cunha actividade
lexislativa practicamente inexistente posto que o Parlamento xa tiña sido disolto no inicio de 2020 e cunha actividade
do goberno tamén baixo mínimos. En denitiva, a habitual falta de ton da política lingüística foi máis acusada por estas
razóns.
Palabras clave: eleccións autonómicas, seca normativa, continuidade na estrutura orgánica, subvencións
LEGISLATIVE REPORTS ON GALICIA
First and second half of 2020
Abstract
The text includes the new legislation that affects the promotion of Galician in Galicia approved during 2020. The
pandemic that forced the postponement of the regional elections until July meant that it was a year with almost no
legislative activity since Parliament had already been dissolved in early 2020 and government activity was also below
minimums. In short, the usual lack of tone in language policy was more pronounced for these reasons.
Keywords: autonomous elections; regulatory drought; continuity in the organic structure; subsidies.
Alba Nogueira López, catedrática de Derecho Administrativo, Universidade de Santiago de Compostela. alba.nogueira@usc.es
Citación recomendada: Nogueira López, Alba. (2020). Crónica lexislativa de Galicia. Primeiro e segundo semestre de 2020. Revista
de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, 75, 281-284. https://doi.org/10.2436/rld.i75.2021.3612
Alba Nogueira López
Crónica lexislativa de Galicia. Primeiro e segundo semestre de 2020
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 75, 2021 282
Resumo
1 Ano electoral e de pandemia. Continuidade na estrutura orgánica e seca normativa
2 Axudas públicas para o galego
Alba Nogueira López
Crónica lexislativa de Galicia. Primeiro e segundo semestre de 2020
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 75, 2021 283
1 Ano electoral e de pandemia. Continuidade na estrutura orgánica e seca normativa
O Decreto 12/2020, de 10 de febreiro, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de
eleccións, xa facía albiscar que unha parte de 2020 a actividade lexislativa ía estar ralentizada. Ademais, o
estourido da pandemia e a posterior desconvocatoria e reconvocatoria de eleccións provocou que ata o mes de
xullo non se celebraran eleccións e a constitución e efectivo funcionamento do Parlamento non se producira
ata a volta do verán. Se a actividade lexislativa xa estaba baixo mínimos nos últimos anos (3 en 2018, das que
dúas eran as ligadas aos orzamentos; 8 en 2019), 2020 non se estreou. O Parlamento non aprobou ningunha
lei ao longo de todo o ano.
A falta de pulso político trasladouse tamén ao executivo. Ata o mes de setembro non se publican os
Decretos de estrutura orgánica e non pode destacarse ningunha norma regulamentaria ou plan autonómico
en relación co uso do galego en todo o ano.
O DECRETO 130/2020, do 17 de setembro, polo que se xa a estrutura orgánica das vicepresidencias e
das consellerías da Xunta de Galicia mantén unha estrutura continuista no que se rere á política lingüística.
O máximo órgano encargado dela segue tendo o rango dunha Secretaría Xeral, a Secretaría Xeral de Política
Lingüística integrada na Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Non se eleva por tanto o rango
orgánico, nin pasa a depender directamente do Presidente como sería acaído para transversalizar a acción
de protección da lingua. A continuidade orgánica tamén o foi na titularidade do órgano. Valentín García
Gómez mantense como Secretario Xeral. Baixo a súa dirección, a Secretaría Xeral de Política Lingüística,
ten dúas subdireccións: a Subdirección Xeral de Política Lingüística e a Subdirección Xeral de Planicación
e Dinamización Lingüística.
2 Axudas públicas para o galego
Tan só unha limitadísima actividade de fomento rutineira por repetitiva permite falar dalgunha medida
adoptada en 2020. As habituais axudas para a elaboración de materiais escolares e para entes locais, xunto
cunha convocatoria nova dun corte basicamente cultural para inxectar fondos nun mundo da cultura devastado
polos peches da covid, son o único salientable de 2020.
No referente a materiais didácticos, a Orde do 11 de maio de 2020 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares
para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, dirixida ás editoriais contaba
cunha asignación orzamentaria de 200.000 euros.
En cambio, a covid e o peche dos centros educativos provocou que se deixara sen efecto as dúas
convocatorias tamén habituais de axudas para proxectos nos centros públicos e privados respectivamente.
A Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se deixan sen efecto as bases e as convocatorias das axudas para
a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública e privada de
Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis foi o instrumento a través do que se xo efectiva esa
“desconvocatoria”.
Mantívose, en cambio, viva a convocatoria de axudas aos Concellos. Por ORDE do 18 de xuño de
2020 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a
promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 fíxose a convocatoria,
que foi resolta por Resolución de 1 de octubre de 2020 e que só tivo algo máis de 30 concellos beneciarios
e contaba con 100.000 euros de asignación orzamentaria.
A maioría do orzamento da Secretaría Xeral canalízase, non obstante, cara actividades culturais de moi
diverso tipo. O impulso do galego basicamente consiste en apoiar espectáculos e actividades culturais diversas
que se desenvolven en galego. Estas actividades non están sometidas a unha planicación de obxectivos, nin
a unha avaliación de resultados polo que os efectos reais sobre o uso do galego non poden medirse. A Rede
de Dinamización Lingüística (RDL) da que forman parte a Xunta e moitos Concellos é a estrutura a través
da que se canalizan estas axudas. Ao longo de 2020 subvencionou máis de 400 accións de promoción do
uso social de idioma desenvoltas polos Concellos, cun investimento que ascendeu a máis de 900.000 €. A
Alba Nogueira López
Crónica lexislativa de Galicia. Primeiro e segundo semestre de 2020
Revista de Llengua i Dret, Journal of Language and Law, núm. 75, 2021 284
maioría dos proxectos foron xestionados desde o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 impulsado
pola Xunta de Galicia para apoiar o sector cultural no contexto da pandemia. A falta dun criterio condutor e
a heteroxeneidade das propostas dicultan que poidan entenderse como actuacións dunha política lingüística
vertebrada.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR