Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González Martínez
CargoXefe do Setvicio de Normalización lingüística do Concello de Redondela
Páginas222-227

Page 222

Cosellería de Educación e Ordenación Universitaria
Fomento

Orde do 11 de novembro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para a edición de libros e materiais diPage 223dácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (dog núm. 240, do 10 de decembro de 1996).

A presente orde vai dirixida ás editoriais legalmente constituídas como empresas privadas que elaboren material escolar incluíble no seu ámbito de aplicación.

Terán a condición de suxeitos tódalas empresas privadas susceptibles de encadrarse no parágrafo precedente, con independencia das dasificacións legais de carácter fiscal ou mercantil que supoña o emprego do termo editorial

Subvenciónanse os libros e o material didáctico que cumpran as seguintes condicións:

  1. Estar correctamente escritos en galego, segundo o disposto na lexislación vixente.

  2. Corresponder ós niveis de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, postobrigatoria (bacharelato, formación profesional, módulos profesionais), educación especial e educación permanente de adultos. Poderanse acoller tamén os libros destinados ó ensino especializado e ó non regrado.

  3. Aterse ó disposto no Decreto 89/1993, do 19 de abril, e nas súas ordes de desenvoivemento, polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para o ensino de réxime xeral.

    Quedan excluídos os libros de bibliófilo, os destinados a seren distribuídos gratuitamente, os publicados por dubes do libro ou entidades similares, destinados a seren distribuídos entre os seus subscritores, os de venda a prazos, os que, publicados no prazo de vigor desta orde, recibisen xa ou tivesen asignado algún tipo de axuda por parte dalgún ente público, os libros de uso escolar correspondentes ás áreas ou materias de lingua e literatura galega.

    Orde do 13 de novembro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades e institucións sen fín de lucro para a realización de cursos e doutras actividades formativas de lingua galega (dog núm. 252, do 27 de decembro de 1996).

    Consonte co que lles ordena ós poderes públicos a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para que garantan o uso normal do galego como lingua propia e oficial da Comunidade Autónoma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística concede subvencións a aquelas entidades e institucións sen fin de lucro, legalmente constituídas que, aténdose ás condicións referidasPage 224nesta orde, organicen e realicen en Galicia de forma totalmente gratuíta cursos e outras actividades formativas de lingua galega.

    Orde do 20 de novembro de 1996 pola que se aproban as bases que rexerán no concurso público de trece bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están desenvolvendo no Centro de Investigacións Lingiiísticas e Literarias Ramón Piñeiro, e anúnciase a súa convocatoria (dog núm. 1, do 2 de xaneíro de 1997).

    Convócanse bolsas cunha asignación mensual de 122.000 pesetas para un período de desfrute que rematará o 31 de decembro de 1997, consignándose no Anexo da Orde as finalidades das mesmas: Unha bolsa para colaborar no proxecto de lírica medieval galegoportuguesa; unha bolsa para colaborar no proxecto de informes anuais de literatura; unha bolsa para colaborar no proxecto de prosa medieval galegoportuguesa; unha bolsa para colaborar no proxecto Corpus Documentale Latinum Gallaeciae; unha bolsa para colaborar no proxecto Dimensións da identidade colectiva en Galicia; unha bolsa para colaborar na catalogadón informática dos fondos bibliográfícos do centro; tres bolsas para colaborar no proxecto de construcción, etiquetación e lematización do corpus de referencia do galego actual; dúas bolsas para colaborar no proxecto de construcción dun sintetizador textovoz en galego,

    Orde do 25 de novembro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións ás reais academias, colexios profesionais, asociacións de empresarios, cámaras de comercio e entidades análogas para a realización de actividades de promoción da Iingua galega (dog núm. 250, do 24 de decembro de 1996).

    Para dar cumprimento ó disposto na Lei 3/1983 de normalización lingüística, que establece a posibilidade de lles conceder subvencións ás asociacións e institucións sen fin de lucro, constituídas na nosa Comunidade Autónoma ou fóra dela, que realicen actividades de promoción da lingua galega, desenvolvendo determinados proxectos ou organizando actuacións diversas coa mesma finalidade.

    Subvencionaranse as actividades obxecto da presente orde que empreguen correctamence o galego como lingua oficial, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro), que teñan como fínalidade a difusión e implantación da lingua galega e se leven a cabo entre o 1 de novembro de 1996 e o 15 de outubro de 1997. Exciúense o financiamento de materiais ordinarios de traballo das entidades como: papel, selos, sobres, ordenadores, bolsas, máquinas de escribir, etc.

    Page 225

    Os criterios que se utilizarán para a concesión son: 1) O ámbito que abranga a actividade, tanto cuantitativa como cualitativamente considerado; 2) A claridade na exposición do proxecto, fundamentalmente no tocante ás actuacións que se van realizar, a súa vinculadón coa difusión da lingua galega e a xustificación da súa idoneidade para a consecución dos obxectivos fixados; 3) A perdurabilidade no tempo dos resultados que se pretenden obter das actuacións propostas.

    Orde do 26 de novembro de 1996 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega (dog núm. 4, do 8 de xaneiro de 1997).

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ten o obxectivo de fomentalo uso da lingua galega nas actividades mercantís, comerciais e publicitarias, coa finalidade de cumprilo disposto na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística.

    Os criterios que rexen para a concesión son:

  4. A promoción da lingua galega en actuacións de carácter permanente: 2) A formación en galego do seu cadro de persoal; 3) A normalización da documentación da empresa; 4) A modificación, por realizarse en lingua galega, do nome comercial, a marca, as marcas colectivas e de garantía, de acordo co establecido na Lei 32/1988, do 10 de novembro de marcas (BOE núm. 272, do 12 de novembro); 5) O ámbito que abrangue a actividade tanto cuantitativa como cualitativamente considerado.

    Resolución do 2 de decembro de 1996 pola que se prorrogan 23 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigacións LLngüísticas e Literarias Ramón Piñeiro (dog núm. 2, do 3 de xaneiro de 1997).

    O Centro «Ramón Piñeiro» de Investigacións Lingüísticas e Literatias, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca bolsas de colaboración, concede prórrogas ós dezanove bolseiros que prestan a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

    Orde do 3 de xaneiro de 1997 pola que se regula a concesión de subvencións a asociacións e institucións sen fin de lucro para a realización de actividades de promoción da lingua galega (dog núm. 20, do 30 de xaneiro de 1997).

    Esta orde vai dirixida ás institucións sen fin de lucro legalmente constituídas, agás as dependentes de entídades locais, as asociacións de pais dePage 226alumnos, os movementos de renovación pedagóxica e as diferentes agrupacións das entídades antes citadas.

    Considéranse criterios preferentes de concesións da subvencións, sen orde de prelación, os seguimes:

  5. O ámbito que abranga a actividade, tanto cuantitatíva como cualitativamente considerado.

  6. A súa relación cos eidos lingüísticocultural da realidade galega no prazo de vixencia desta orde.

  7. A viabilidade do proxecto.

    Queda excluído o financiamento de materiais ordinaríos de traballo das institucións como: papel, selos, sobres, ordenadores, máquinas de escribir, rótulos e os elementos de publicidade como bolígrafos, acendedores, chaveiros, pins, etc.

    Orde áo 2 de xaneiro de 1997 pola que se regula á concesión de subvencións a xornaes revistas para a edición de suplementos didácticos (dog núm. 20, do 30 de xaneiro de 1977).

    Por unha contía de 40 milJóns de pesetas, convócanse subvencións en réxime de concorrencia competitíva para a edición de suplementos didácticos en lingua galega. A presente orde vai dirixida ás empresas editoriais que elaboren xomais e revistas de carácter non institucional. Os criterios de concesión, son: a) os presentados por empresas xornalísticas que empreguen o galego dun xeiro habitual e progresivo; b) a periodicidade da publicación; c) as tiradas de exemplares e maila súa difusión; d) o arraigo social do suplemento como vehículo de promoción lingüística.

Consellería de Cultura e Comunicación Social

Orde do 12 de decembro de 1996 pola que se convocan subvencións a empresas editoriais para apoiala edición do libro en galego, a traducción para o galego e a edíción noutras linguas de obras publicada orixinariamente en galego (dog núm. 253, do 30 de decembro de 1996).

Considera a Consellería de Cultura e Comunicación Social que a capacidade da nosa lingua para ser portadora de calquera mensaxe fai ós galegos acredores do dereito a teren acceso ás obras de creación escritas noutras linguas, e ó mesmo tempo, tendo en conta a caJidade que a literatura galega ten acadado nos últimos anos, considera fundamental que as obrasPage 227escritas en galego poidan ser üdas por outros pobos con lingua de seu, para, deste xeito, dar a coñecela nosa literatura fóra de Galicia. Velaí porque se convocan subvencións a empresas do sector editorial para apoiala edición en galego, a traducción para o galego, e a traducción e edicíón noutras linguas de obras escritas orixinariamente en galego.

Na valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos: a) Nivel de cumprimento de anteriores compromisos de edición; o seu incumprimento será razón suficiente para a denegación da subvención; b) Importancia do fondo editorial en galego ou rekcionado con Galicia do editor solicitante; c) Calidade das obras contidas no catálogo; d)Esforzo que supón para o editor a incidencia da obra en ámbitos de especial importancia cultural pero pouca demanda comercial; e) Importancia do investimento realizado en capital e en persoal pola empresa arredor do libro galego;/) Continuidade dentro dunha colección.

Escola Galega de Administración Pública

Resolución do 23 xaneiro de 1997 pola que se anuncia o IV curso de especialización en linguaxe administrativa galega pra funcionarios de Administración local.

Os cursos terán unha duración de 100 horas, distribuídas en 75 horas lectivas, 10 horas de exames e 15 horas de elaboración e defensa de traballos. Para os alumnos matriculados, segundo esta convocatoria, que teñan que se desprazar fóra do concello onde radique o seu posto de traballo establécense as seguintes axudas, para tódolos conceptos, que percibirán os asistentes ó remate do curso e que se reducirán nun 50% para os que o realicen por segunda vez:

Distancias desde o concello ou deputación de orixe ata o lugar de realización do curso: a) inferior a 30 kms: 20. 000 pesetas; b) entre 30 a 60 kms: 40. 000 ptas.; c) máis de 60 kms; 50. 000 ptas.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR