Crònica legislativa: Galícia

AutorXosé González
CargoXefe do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Páginas328-334

Page 328

Conselleria da Presidencia e Administración Pública
a) Desenvolvemento lexislativo

Decreto 299/1997, do 23 de outubro, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos de Campo Lameiro, O Covelo, Cuntis, Gondomar, Moraña, Nigrán, Valga e Vilagarcía de Arousa.

Como tódolos anteriores Decretos e Ordes que desenvolven a LeiPage 3293/1983 de Normalización Lingüística, que dispón no seu artigo 10 que os topónimos de Galícia terán como única forma oficial a galega, este dispón a oficialidade das parroquias pertencentes a oito concellos da provincia de Pontevedra.

Orde do 11 de novembro de 1997 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan, pertencentes ós concellos de Campo Lameiro, O Covelo, Cuntis, Gondomar, Moraña, Nigrán, Valga e Vilagarcía de Arousa (provincia de Pontevedra) (dog núm. 224, do 19 de novembro de 1997).

Máis de setecentos topónimos menores pasan, mediante esta Orde, a recuperala súa xenuína denominación, que nalgúns casos foran deturpados polos nomenclatores oficiais ata non teren ningunha semellanza co que as xentes coñecían.

Unha Disposición establece unha vacatio inmediata: entran en vigor ó día seguinte da súa publicación no dog.

Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria
Fomento

Orde do 27 de xaneiro de 1998 pola que se anuncian cursos de: iniciación e perfeccionamento de lingua galega para adultos e colectivos da Comunidade Autónoma de Galícia (dog núm. 29, do 12 de febreiro de 1998).

Convócanse cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega, que se celebraran nas localidades que determine a Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, segundo as solicitudes presentadas e a súa distribución xeográfica.

Poderán asistir a estes cursos tódalas persoas maiores de idade que o desexen, ben individualmente ou ben agrupadas por colectivos.

Para acceder ó curso de perfeccionamento é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso de iniciación.

O número de asistentes a cada curso será de 20 persoas como mínimo e de 35 como máximo. Os cursos terán unha duración de 15 horas e neles impartiranse os contidos sinalados na Orde do 1 de marzo de 19S9, pola que se regulan os cursos de iniciación e de perfeccionamento.

Orde do 28 de xaneiro de 1998, pola que se regula a concesión de subvencions a empresas editorials para edición de libros e materiais didácticos,Page 330para niveis non universitarios, impresos en lingua galega (dog núm. 35, do 20 de febreiro de 1998).

A orde vai diríxida as editoriais legalmente constituídas como empresas privadas que elaboren material escolar incluíble no seu ámbito de aplicación.

Para os efectos da presente orde, terán a condición de suxeitos tódalas empresas privadas susceptibles de encadrarse no parágrafo precedente con independencia das clasificacións legais de carácter fiscal ou mercantil que supoña o emprego do termo «editorial».

A Conselleria subvenciona os libros e o material didáctico que cumpran as seguintes condicions:

  1. Estar correctamente escritos en galego, segundo o diposto na lexislación vixente (Decreto de normativización).

  2. Corresponder ós niveis de educación infantil primaria, secundaria obrigatoria, postobrigatoria (bacharelato, formación profesional, ciclos formativos), educación especial e educación permanente de adultos. Poderanse acoller tamén os libros destinados ó ensino especializado e ó non regrado.

  3. Aterse ó disposto no Decreto 89/1993, do 19 de abril, e nas súas ordes de desenvolvemento, polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para o ensino de réxime xeral.

  4. Publicarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 1998. Para estes efectos considérase data de publicación aquela na que se efectúe o rexistro de solicitude do número do depósito legal.

    Orde do 28 de xaneiro de 1998 pola que se regula a concesión de subvencions a empresas privadas para accions de prornoción da lingua galega (dog núm. 42, do 3 de marzo de 1998).

    A Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria ten o obxectivo de fomentalo uso da lingua galega nas actividades mercantis, comerciais e publicítarias, coa finalidade de cumprilo disposto na Lei 3/1983, do 15 de xufío, de normalización lingüística. Por iso crese conveniente arbitralas medidas e os procedementos económicosadministrativos necesarios para concederlles subvencions a aquelas empresas privadas legalmente constituídas, que realicen actividades de promoción da lingua galega.

    A contía de cada subvención non podera superala cantidade de catro milions de pesetas por acción solicitada. Non obstante, por proposta motivada da comisión de avaliación, poderase conceder subvencions en porcentaxes superiores ás anteriormente indicadas.

    Page 331

    Os criterios de concesión preferente son os seguintes:

  5. A galeguización en actuacions de carácter permanente.

  6. A creación ou mantemento dun gabinete lingüístico.

  7. A publicidade da empresa en calquera soporte ou medio.

  8. A traducción de documentación, publicacions, etc.

  9. A modificación, para a lingua galega, do nome comercial, as marcas colectivas e de garantia, de acordo co establecido na Lei 32/1988, do 10 de novembro, de marcas (boe núm. 272, do 12 de novembre).

  10. O ámbito que abrangue a actividade tanto cuantitativa como cualitativamente considerado.

    Orde do 28 de xaneiro de 1998 pola que se regula a concesión de subvencions a xornais e revistas para a edición de suplementos didàcticos (dog núm. 42, do 3 de marzo de 1998).

    A Lei 3/1983, do 15 de xuño de normalización lingüística, no seu titulo Iv, do uso do galego nos medios de comunicación establece que será obriga da Xunta de Galicia contribuir ó fomento do galego nos medios de comunicación, con medidas que potencien a producción editorial e a súa difusión.

    Quedan excluídos do ámbito de aplicación da presente orde, aínda que cumpran os requisitos esixidos no artigo precedente, os suplementos editados por xornais ou revistas institucionais e aqueles suplementos que non tenan como fin principal a difusión didáctica da lingua galega.

    Considéranse criterios preferentes de concesión da subvención:

  11. A aqueles proxectos presentados por empresas xornalísticas que empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo.

  12. A periodicidade da publicación.

  13. A tiraxe de exemplares e maila súa difusión.

  14. O arraigamento social do suplemento como vehículo de promoción lingüística.

  15. O contido didáctico promocional do suplemento.

    Orde do 28 de xaneiro de 1998 pola que se regula a concesión de subvencions ás asociacións e institucions sen fin de lucro e entidades anàlogas para a realización de actividades de promoción da lingua galega (dog núm. 3 de marzo de 1998)

    A presente orde vai dirixida as institucions sen fin de lucro legalmente constituídas e entidades análogas, agàs as dependentes de entidades locais, as asociacións de pais de alumnos, os movementos de renovacións pedagóxica e as diferentes agrupacions das entidades antes citada.

    Page 332

    Subvencionaranse as actividades obxecto da presente orde que empreguen correctamente o galego como lingua oficial, segundo o disposto na lexislación vixente, e que tenan como fin principal a difusión e promoción da lingua galega. Estas actividades deberán realizarse entre o 1 de xaneiro de 1998 e o 31 de outubro de 1998.

    Os criterios de concesión son:

  16. O àmbito que abranga a actividade tanto cuantitativa como cualitativamente considerado.

  17. A súa relación cos eidos lingüísticocultural da realidade galega durante o prazo de vixencia desta orde.

  18. A perdurabilidade no tempo dos resultados que se pretenden obter coas actuación propostas.

  19. A viabilidade do proxecto.

    Orde do 13 de febreiro de 1998 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso publico de catorce bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se estan a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e anúncíase a súa convocatoria (dog núm. 46, do 9 de marzo de 1998).

    Dentro do plan de actividades da Consellería de Educación e ordenación Universitaria para 1998 figura a convocatoria pública de bolsas de investigación para realizar proxectos concretos sobre lingüística, literatura, antropoloxía e historia galegas, no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

    O concurso ten por obxecto a adxudicación de catorce bolsas de colaboración nos proxectos concretos de investigación, que se estan a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro. Unha destas bolsas ten como finalidade colaborar no proxecto de construcción dun sintetizador textofala en galego.

    Orde do 27 de febreiro de 1998 pola que se anuncian cursos de iniciación e de perfeccionamento de lingua galega para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galícia {dog núm. 62, do 1 de abril de 1998).

    A Lei 4/1983, de reconecemento da galeguidade, dispón que se lles debe facilitar as comunidades galegas a organización de cursos de lingua e cultura galega.

    Poderán asistir a estes cursos os galegos residentes no exterior e os seus descendentes, os membros dos citados centros e asociacións, e outras persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.

    Page 333

    O número de asistentes a cada curso serà de 15 persoas. Os cursos terán unha duración de 75 horas.

    Orde do 28 de febreiro de 1998 pola que se convocan cursos de inicación e de perfeccionamento de lingua galega para o persoal das administracions públicas de Galícia (dog núm. 62, do 1 de abril de 1998).

    A Lei 3/1983, de normalización lingüística, recollendo o que disponen a Constitución española e o Estatuto de autonomia de Galícia, establece que o galego é lingua oficial de Galícia. Para facer efectivo o dereito dos cidadáns a usala lingua perante as administracións públicas, màndalle ós poderes públicos autonómicos que vaian capacitando progresivamente no uso do idioma galego ó persoal que traballa ó servicio da Administración pública e das empresas de carácter publico en Galícia.

    En virtude desta norma convócanse, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, os cursos de iniciación e de perfeccionamento en lingua galega en distintas cidades, reservándose o 75% das prazas para o persoal da Administración autonómica galega.

    Orde do 4 de marzo de 1998 pola que se convocan encontros e actividades de formación e de intercambio de experiencias para os responsables e os compoñentes dos equipos de normalización lingüística, e para o profesorado en xeral, dos centros de ensino non universitario públicos, privados e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galícia (dog núm. 62, do 1 de abril de 1998).

    Entre as medidas que a Administración educativa está Jevando a cabo figuran a formación do profesorado en lingua galega e a constitución de equipos de normalización lingüística nos centros educativos. Estes equipos, actualmente regulados polo disposto nos decretos 324/1996, do 26 de xullo, e 374/1996, do 17 de outubro, tenen como función principal a de potencialo uso da lingua galega nos centros de ensino non universitario, e son os encargados de elaborar e dinamizar un plan anual de actividades tendentes à consecución dos obxectivos establecidos polo centro en relación coa normalización do idioma e a cultura de Galícia.

    A finalidade destes encontros e actividades é a formación lingüística do profesorado, coa fin de conseguila progresiva utilización da lingua galega que os alumnos tenen do idioma galego.

Conselleria de Cultura, Comunicación Social e Turismo

Orde do 12 de febreiro de 1998 pola que se convocan subvencións á edición discogràfica galega (dog núm. 35, do 20 de febreiro de 1998).

Page 334

A política de subvencions ás iniciativas discogràficas galegas —di o texto da orde— levada a cabo pola Conselleria de Cultura, Comunicación Social e Turismo leva xa anos colaborando na creación dunha infraestructura empresarial, imprescindible para difusión da música realizada no noso país.

O florecemento creativo dos grupos, compositores e interpretes atopa camino aberto e seguro polo que encaminala súa producción, conseguindo o alto nivel que na actualidade esta a acadala nosa música, podendo chegar ó reconecemento, mesmo internacional, que no presente tenen moitos dos nosos creadores e intérpretes.

A contía de cada subvención non poderá superala cantidade de trescentas mil pesetas por disco, casete ou disco compacto, consistindo no equivalente ó 75% do prezo de venda ó público (sen ive) dun máximo do 20% dos exemplares editados, segundo os datos que constan no documento de autorización de productores fonográficos, debidamente dilixenciado pola Sociedade General de Autores de España.

Orde do 12 de febreiro de 1998 pola que se convocan subvencions a particulares, asociacións e institucions culturais para a realización de actividades culturais (dog núm. 35, do 20 de febreiro de 1998).

Xustifica a Conselleria, no preàmbulo desta orde, a súa política de subvencions «polo forte enraizamento que o asociacionismo cultural ten en Galicia». As múltiples asociacións existentes —segue a dicir— venen realizando un labor de creación e potenciación cotiá da cultura nos seus máis variados campos, así como actividades de recuperación da memoria histórica cultural no ámbito territorial onde estan asentadas, contribuíndo coas súas actuacions ó acceso á cultura da poboación galega.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR