SAP Pontevedra 182/2021, 20 de Julio de 2021

JurisdicciónEspaña
Número de resolución182/2021
Fecha20 Julio 2021

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00182/2021

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36039 41 2 2019 0002445

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000632 /2021

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.3 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000230 /2020

Delito: SUSTRACCIÓN DE MENORES

Recurrente: Laura

Procurador/a: D/Dª CARLOS VILA CRESPO

Abogado/a: D/Dª MARIA ALICIA NOVOA VALCARCEL

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM. 182/2021

=================================================== ==========

MAXISTRADO/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sr. Celso Joaquin Montenegro Vieitez

=================================================== ===========

Pontevedra, a vinte e tres de xullo de dous mil vinte e un.

Visto, pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación número 632/21, interposto polo procurador Carlos Vila Crespo, en representación de Laura, contra a sentenza ditada pola MaxistradaXuíz do Xdo. de Pontevedra nº 3 de Pontevedra, no Procedemento Abreviado nº 230/2020. Constituíronse como partes a mencionada recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral indicado ditouse unha sentenza con data do 29-abril-2021, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que debo CONDENAR Y CONDENO a Laura como autora penalmente responsable de un delito de sustracción de menores del artículo 225 bis 1 y 3 del Código Penal, en quien no concurren circunstancias modif‌icativas de la responsabilidad criminall, a la pena de tres años de prisión con la accesoria de inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena e inhabilitación especial para el ejercicio del derecho de patria potestad por tiempo de siete años.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

"Probado y así se declara que la acusada, Laura, mayor de edad, con antecedentes penales no computables a efectos de reincidencia, es padre de los menores Patricio (nacido el NUM000 -2008); Pelayo (nacido el NUM001 -2011) y Rafael (nacido el NUM002 -2016).

Mediante resolución de fecha 26 de julio de 2018 de la Xunta de Galicia (Jefatura Territorial de DIRECCION000 ) se declaró el desamparo de los tres menores y la tutela pública de los mismos, delegando el ejercicio de su guarda en el Centro DIRECCION001 de Pontevedra.

Después de una salida de f‌in de semana al domicilio familiar, el 29 de septiembre de 2019, a las 17,30 horas, la acusada debía reintegrar a sus tres hijos en la parada del autobús de DIRECCION002 donde pasaba a recogerlos el transporte escolar. Sin embargo, de forma deliberada y sin contar con la preceptiva autorización al efecto, se fugó con ellos al extranjero, siendo interceptada a las 2,45 horas del día 30 de septiembre de 2019 en el puesto fronterizo de DIRECCION003 (Suiza)."

Segundo

Contra a devandita sentenza a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa conf‌irmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 20/07/21.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A acusada, Laura, foi condenada na instancia como autora responsable de un delito de subtracción de menores do artigo 225 bis.1 e 3 do Código penal, polo que agora acode en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. O f‌iscal oponse a que acollamos este recurso.

Segundo

A ausencia de indicios sólidos da comisión do delito e a falta de tipicidade da conduta prevista no artigo 225 bis.1 e 3 do Código penal, en relación co artigo 14 do mesmo texto legal, constitúen o primeiro dos motivos de impugnación que a apelante, Laura, alega no seu recurso.

Na instancia, como ref‌licte a maxistrada xuíza ao comezo da fundamentación xurídica da súa sentenza contra a que agora se apela, non foron negados nin discutidos pola acusada, Laura, os feitos que se lle imputaban e mesmo como tales foron asumidos. Isto é, que logo dunha saída autorizada dos seus f‌illos menores, Patricio

, Pelayo e Rafael, de f‌in de semana ao domicilio familiar (tutelados pola Xunta de Galicia, sendo o centro gardador o DIRECCION001 ) non os restituíu o día 29 de setembro de 2019, data en que tiña que deixalos,

ás 17:30 horas, na parada do autobús do DIRECCION002 onde pasaba a recollelos o autobús do devandito centro. E que, presentada por este a correspondente denuncia, SIRENE-España informou de que os menores e a súa nai foran interceptados o día 30 de setembro de 2019 no posto fronteirizo de DIRECCION003 (Suíza).

Outro tanto se asume nesta alzada, polo que a proba dos feitos axuizados e a súa ben nidia tipicidade legal prevista no artigo 225 bis.1 e 3 do Código penal amósanse fóra de toda dúbida posible. Se neste precepto legal se penaliza a conduta do proxenitor que, sen causa xustif‌icada, subtraia o seu f‌illo menor, con traslado do lugar da súa residencia sen o consentimento das persoas ou institucións a que estivese conf‌iada a súa garda ou custodia, e cando o traslado se realice fóra de España, abofé que xusto cadra co tipo penal polo que a agora apelante resultou condenada na instancia. Cousa distinta e novidosa, como agora se fai, é que se invoque o artigo 14 para alegar un pretendido erro excluínte da responsabilidade criminal.

A doutrina sobre o erro como causa de exclusión do dolo -erro de tipo- ou como presuposto excluínte da culpabilidade -erro de prohibición- ocupa con bastante frecuencia a atención da doutrina xurisprudencial (por todas, as SSTS 737/2007, do 13 de setembro; 411/2006, do 18 de abril; 721/2005, do 19 de maio; 709/1994, do 28 de marzo; 873/1994, do 22 de abril). O recente ATS, Penal, Sección 1ª, do 17 de xuño de 2021 (ROJ: ATS 9086/2021 - ECLI:ES:TS:2021:9086A) razoa o seguinte:

El dolo es un elemento intelectivo, supone la representación o conocimiento del hecho, que comprende también la signif‌icación antijurídica de la acción y el alcance de su resultado. En consecuencia, el conocimiento equivocado o juicio falso, concepto positivo, que designamos como error y la falta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SAP Pontevedra 115/2023, 2 de Junio de 2023
    • España
    • 2 d5 Junho d5 2023
    ...danados. No relativo á invocación do erro de tipo ou erro de prohibición, xa na nosa SAP, Penal, Sección 2ª, do 20 de xullo de 2021 (ROJ: SAP PO 1822/2021 - ECLI:ES:APPO:2021:1822 ) indicabamos o seguinte: A doutrina sobre o erro como causa de exclusión do dolo -erro de tipo- ou como presup......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR