SAP Pontevedra 115/2023, 2 de Junio de 2023

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIECLI:ES:APPO:2023:1354
Número de Recurso427/2023
ProcedimientoRecurso de apelación. Procedimiento abreviado
Número de Resolución115/2023
Fecha de Resolución 2 de Junio de 2023
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00115/2023

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: PA

Modelo: 213100

N.I.G.: 36017 41 2 2020 0000437

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000427 /2023 -PJuzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.2 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000353 /2021

Delito: DAÑOS

Recurrente: Juan Alberto

Procurador/a: D/Dª MANUEL SANCHEZ ORTEGA

Abogado/a: D/Dª JOSE CARLOS PALMOU CIBEIRA

Recurrido: MINISTERIO FISCAL, Aurelia

Procurador/a: D/Dª, FRANCISCO JAVIER FERNANDEZ SOMOZA

Abogado/a: D/Dª, JESUS MARIA SANCHEZ CAMPOS

SENTENZA NÚM. 115/2023

==========================================================

MAXISTRADO/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, a dous de xuño de dous mil vinte e tres.

Visto, pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación rexistrado co número 427/23, interposto polo procurador Manuel Sánchez Oterga, en representación de Juan Alberto, contra a sentenza pronunciada polo xuíz subsistuta. Constituíronse como partes o mencionado recorrente e o Procurador Francisco Javier Fernández Somoza na representación procesual de Aurelia o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Ramón Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral indicado pronunciouse unha sentenza con data do doce de xaneiro de dos mil vinte e tres, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

CONDENO a Juan Alberto como autor de un delito de daños de los previstos y penados en el artículo 263.1 CP a la pena de 10 meses de multa a razón de 6 euros al día, con responsabilidad personal subsidiaria en caso de impago; y a que en concepto de responsabilidad civil indemnice a Aurelia en la cantidad de 3.395 euros más IVA correspondiente, e intereses leales.

Las costas del procedimiento, de haberse producido y ser exigibles, deberán ser abonadas por los condenados.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

ÚNICO.- En la tarde de las 11.12.2020, Juan Alberto se dirigió a las obras que estaba ejecutando Aurelia en una edif‌icación sita en lugar DIRECCION000 nº NUM000 DIRECCION001 A Estrada, llevando un pico, una maza y un equipo de soldadura con el propósito de causar un menoscabo en la propiedad ajena; en concreto, derribó varios postes, accesió al interior de la edif‌icación y soldó la cerradura de una puerta para impedir su apertura, colocando además un poste a modo de cuña para impedir la apertura de otra puerta, y derribó diversas diversas piedras del voladizo del tejado en las que se asentaban las dolumnas. Los daños causados fueron valorados pericialmente en 3.395 euros más IVA (retirada de escombros y reconstrucción de estructura de cubierta, más reparación de puerta, marcos y cerraduras).

Segundo

Contra a devandita sentenza a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlles o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa conf‌irmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 01/06/2023.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

O acusado, Juan Alberto, foi condenado na instancia como autor responsable dun delito de danos, previsto e penado no artigo 263.1 do Código penal, á pena e ao pago da responsabilidade civil a Aurelia do xeito que xa ref‌lectimos nos antecedentes de feito desta mesma sentenza. Acode agora en apelación perante esta alzada na procura da súa absolución. O f‌iscal e a amentada acusación particular opóñense a que acollamos este recurso.

Segundo

A vulneración do dereito a un proceso con todas as garantías, previsto no artigo 24.2 da Constitución española, por tomarse en conta para fundar a condena un testemuño prestado perante a Garda Civil que non reunía, neste caso, os requisitos de validez esixibles, é o primeiro dos motivos de apelación que invoca o recorrente, Juan Alberto .

Alega así este que no fundamento de dereito primeiro da sentenza contra a que se apela se ref‌licte que los agentes de la Guardia Civil con NIP NUM001 y NUM002 que acudieron al lugar de los hechos con motivo de esta disputa -sin que existiese ninguna otra razón que pudiese explicar la visita- af‌irmaron con rotundidad que el denunciado de forma espontánea reconoció en su presencia haber causado los daños en defensa de lo suyo, porque creía que las obras estaban dañando la estructura de su casa, viendo además uno de ellos

un equipo de soldadura en el interior de la casa del Sr. Juan Alberto . Engade que esas manifestacións non se podían considerar como espontáneas porque no se trataría dunha declaración non provocada seguida do achegamento dun dato fáctico esencial descoñecido polos axentes da Garda Civil, senón que serían declaracións provocadas a través dun interrogatorio máis ou menos formal por parte daqueles axentes que se citan na sentenza, que se dirixiron ao domicilio do acusado por mor dunha denuncia previa, na cal se lle atribuía a autoría dos danos. Pero a realidade é ben distinta do así alegado.

O atestado que motivou a incoación das presentes actuacións comeza ref‌lectindo que os axentes da Garda Civil da Estrada con carnés profesionais NUM002 e NUM001, ás 19:55 horas do 11 de decembro de 2020, recibiron un aviso relativo a uns supostos danos nunha construción situada no lugar DIRECCION000, número NUM000, de DIRECCION001, A Estrada; foron ata ese lugar e deseguido entrevistáronse con Aurelia, quen lles f‌ixo determinadas apreciacións; no mesmo lugar encontrábase o agora apelante, Juan Alberto, con quen tamén se entrevistaron, e nese momento díxolles: fui yo el que tiró los postes, pero porque están afectando la estructura de mi vivienda y no tienen permiso para hacerlo. Esa parte es de ellos, pero no pueden hacer agujeros en la pared de mi vivienda y que se vea afectada la vivienda.

Seguidamente, tras estas espontáneas manifestacións da denunciante e do agora apelante, e por mor da escuridade, acordouse coa denunciante volver ao lugar ao seguinte día para efectuar a correspondente inspección ocular -como así se f‌ixo e documentou-. E foi durante a realización desta dilixencia cando o recorrente, que estaba no fundo da súa vivenda, escoitou o que sucedía. O axente NUM002 achegouse á vivenda e preguntoulle se podía lavar as mans, Juan Alberto invitouno a entrar e nese momento manifestoulle yo tengo que defender lo mío, sí que hice esos daños y soldé la puerta. Me jugué la vida por defender lo mío, que ayer llovía y me pude caer. E foi entón cando na entrada da vivenda do acusado o referido axente viu un grupo de soldadura.

Na fase de instrución da presente causa declarou o axente da Garda Civil da Estrada con carné profesional NUM002 que se entrevistara persoalmente con Juan Alberto, quen, o primeiro día, lle recoñeceu que fora el quen tirara os postes porque estaban afectando á estrutura da súa vivenda; que tamén lle dixo espontaneamente o segundo día que yo sí que hice esos daños y soldé la puerta; que había unha porta metálica soldada; que o apelante o invitou a entrar na súa casa para lavar as mans e comprobou como na entrada da súa vivenda había un grupo de soldadura. E a axente con carné profesional NUM001, na mesma fase de instrución, declarou que, segundo o seu compañeiro, o recorrente lle recoñecera que fora el quen tirara os postes; que ao segundo día dixo que tenía que defender lo suyo e iba a tirar los postes las veces que fuere necesario, porque estaban afectando a la estructura de su vivienda .

No xuízo oral o axente con carné profesional NUM002 declarou que o acusado, ao seguinte día dos feitos, lles ofrecera lavar as mans e que ao pasar á vivenda puido ver á man esquerda un grupo de soldadura; díxolle espontaneamente que tiña que defender o seu, e que o f‌ixera el, e isto xa llo dixera o día antes; que non era certo que tivera que informar a Juan Alberto de que estaba alí porque a veciña presentara unha denuncia contra el, porque el estaba fóra escoitando o que ocorría igual que a outra parte, e daban a súa versión. E tamén...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR