STSJ Galicia 12/2022, 11 de Enero de 2022

JurisdicciónEspaña
Número de resolución12/2022
Fecha11 Enero 2022

T.S.X.GALICIA SALA DO SOCIAL

A CORUÑA

SENTENCIA: 00012/2022

-PLAZA DE GALICIA S/N

15071 A CORUÑA

Tfno: 981-184 845/959/939

Fax: 881-881133/981184853

Correo electrónico:

NIG: 27028 44 4 2020 0002046

Equipo/usuario: DD

Modelo: 402250

RSU RECURSO SUPLICACION 0003153 /2021 DD

Procedimiento origen: DSP DESPIDO/CESES EN GENERAL 0000666 /2020

Sobre: DESPIDO DISCIPLINARIO

RECURRENTE/S D/ña VRIO PACK S.L.

ABOGADO/A: CARMEN TARRON COUTO

PROCURADOR:

GRADUADO/A SOCIAL:

RECURRIDO/S D/ña: Jacinto

ABOGADO/A: GERMAN VAZQUEZ DIAZ

PROCURADOR:

GRADUADO/A SOCIAL:

ILMO. SR. D. LUIS F. DE CASTRO MEJUTO

PRESIDENTE

ILMO. SR. D. JOSE ELIAS LOPEZ PAZ

ILMA. SRA. Dª. MARIA CONSUELO FERREIRO REGUEIRO

En A CORUÑA, a once de enero de dos mil veintidós.

Tras haber visto y deliberado las presentes actuaciones, la T.S.X.GALICIA SALA DO SOCIAL, de acuerdo con lo prevenido en el artículo 117.1 de la Constitución Española,

EN NOMBRE DE S.M. EL REY

Y POR LA AUTORIDAD QUE LE CONFIERE

EL PUEBLO ESPAÑOL

ha dictado la siguiente

S E N T E N C I A

En el RECURSO SUPLICACION 0003153/2021, formalizado por VRIO PACK S.L., contra la sentencia número 156/2020 dictada por XDO. DO SOCIAL N. 3 de LUGO en el procedimiento DESPIDO/CESES EN GENERAL 0000666/2020, seguidos a instancia de Jacinto frente a VRIO PACK S.L., siendo Magistrado-Ponente el/la Ilmo/a Sr/Sra D/Dª MARIA CONSUELO FERREIRO REGUEIRO.

De las actuaciones se deducen los siguientes:

ANTECEDENTES DE HECHO
PRIMERO

D/Dª Jacinto presentó demanda contra VRIO PACK S.L., siendo turnada para su conocimiento y enjuiciamiento al señalado Juzgado de lo Social, el cual, dictó la sentencia número 156/2021, de fecha veintidós de marzo de dos mil veintiuno.

SEGUNDO

Que en la citada sentencia se declaran como hechos probados los siguientes: PRIMEIRO.-A antigüidade era de 28-5-2007 e a categoría profesional era de of‌icial de terceira axudante, en Lugo.SEGUNDO.-O salario bruto mensual era de 1.308,26 euros (equivalente a 43,61 euros diarios) con inclusión de parte proporcional de pagas extraordinarias, realizándose o pagamento por mensualidades vencidas, mediante transferencia bancaria.TERCEIRO.-O centro de traballo estaba en Lugo, o contrato era por tempo indef‌inido, a tempo completo, 40 horas semanais, de luns a venres.CUARTO.-O demandante non ostenta nin ostentou a condición de representante dos traballadores.QUINTO.-Tivo lugar acto de conciliación o 2 de setembro de 2020 sen avinza. A papeleta de conciliación foi presentada o 17 de agosto de 2020.SEXTO.-O 13 de febreiro de 2020 tivo lugar acto de xuízo no proceso 970-19 seguidoen Xulgado do Social 1 de Lugo no que declarou como testemuña o demandante. A súa declaración está contida entre 21,14 e 29,30 da gravación. Jacinto, entón testemuña e hoxe demandante, prometeu dicir verdade, declarou que era traballador de VrioPack, que era compañeiro de Seraf‌in e de Patricio, que era compañeiro e amizade si que tiña, que se non non lle iría ao xuízo, que é compañeiro amigo, que para él os compañeiros son amigos todos, que calquera persoa pídeme isto e tamén faría en defensa, que non ten outra circunstancia que lle poida inf‌luír na súa declaración, que prometía dicir verdade. A preguntas da avogada do demandante declarou que actualmente estaba de baixa, que en setembro de 2019 non estaba de baixa, estaba a traballar,que lembro un cartel que puxeron que había que traballar o sábado 21 e 28 de setembro, que se daba por entendido que era obrigatorio, que o cartel non estaba asinado, que non se expresaba motivo polo cal había que traballar, que o declarante foi a traballar os dous sábados, que Seraf‌in cre que a primeira f‌in de semana foi a traballar e o segundo non foi, que foi cando expuxo unha carta queixándose e dicindo por que non acudía ao seu posto de traballo, que en ningún momento quedou a máquina parada e seguiu fabricando, que non se causaron perdas, que a máquina non deixou de fabricar, que cando van ao cuarto de baño (eses minutos que teñen que devolver a maiores) a máquina non queda parada, sempre está a funcionar, que outros compañeiros non foron a traballar pero o único que levou as culpas foi el, que foi o único que expresou a queixa polo que non ía traballar, que a Carlos Alberto puxéronlle unha suspensión de emprego e soldo de tres días, que estaban todos ao mesmo nivel, que ese día faltou el, outro da miña quenda e dous doutras quendas, só molestaron a este e a Carlos Alberto, que cre que a el despedírono por mandar a carta expresando os motivos, que non sabe se foi por ser de CIG, que levo en empresa desde 2008, que Seraf‌in coñézoo desde que entrou na empresa, que cre que Seraf‌in está af‌iliado a CIG, que non sabe cantos anos pode levar af‌iliado, que desde 2014-15 non se volveu a obrigar a ir sábados e domingos ata o de agora, que aínda denunciando. A preguntas da avogada da demandada declarou que o 28 de setembro estaba na mesma quenda de Seraf‌in, que nesa quenda faltou Pedro Jesús, que non sabe o motivo, sei que faltou igual que Seraf‌in, que sancionado non foi porque se non decataríamonos todos, que non sei por que non foi a traballar, que desde setembro ata o de agora fun traballar dous ou tres sábados, non creo lembrar agora que fose a traballar algún domingo, que quere dicir que non lembra, que cando van traballar algún sábado en teoría devólvennos o día pero non sucedeu iso, en setembro do21 ao 28 traballouse e non se devolveu eses días, estou de baixa desde outubro novembro, que

sei que non se devolveron porque os meus compañeiros non mo comunicaron, que o sei polos compañeiros cos que quedo, que son 60 na empresa e 30 son amigos meus, que ten relación cos seus compañeiros de traballo, que non lles pregunta se están af‌ilidados á CIG, que o declarante si que está af‌iliado á CIG. SÉTIMO.-No proceso 970-19 seguido no Xulgado do Social 1 ditouse sentenza co seguinte contido: "XULGADO DO SOCIAL 11-970-19SENTENZAXuíz: Avelino .Lugar: Lugo. Data: 28 de febreiro de 2020.Demandante: don Seraf‌in, asistido por dona Miriam Díaz Munín.Demandado: Vrio Pack SL, asistida por dona Carmen Tarrón Couto. -ANTECEDENTES DE FEITO.-PRIMEIRO.-O demandante solicitou: 1) a declaración do despedimento como nulo ou improcedente, coas consecuencias legais inherentes a tal declaración; 2) declaración do dereito do demandante a pecibir a cantidade de 6251 euros, en concepto de indemnización por vulneración de dereitos fundamentais, condenando á empresa para abonarlle a correspondente cantidade.SEGUNDO.-A demandada solicitou a desestimación da demanda.TERCEIRO.-O demandante estableceu como base das súas pretensións: 1) o actorprestaba servizos desde o 5 de novembro de 2009; 2) a categoría profesional era de of‌icial de terceira axudante; 3) o salario era de 1308,26 euros mensuais, 43,61 euros diarios con inclusión de parte proporcional de pagas extraordinarias; 4) a xornada era a tempo completo, 40 horas semanais, de luns a venres; 5) os contratos formalizados pola empresa foron de contrato por unha duración determinada, a tempo completo, eventual por circunstancias da produción, de 5-11-09 a 4-1-10, con prórroga do 5-1-10 a 4-11-10 e conversión do contrato temporal en contrato indef‌inido o 5-11-10; 6) a demandada notif‌icou ao demandante despedimento con efectos do 31 de outubro de 2019, baseándose en que o 28 de setembro de 2019 o demandante negouse a acudir ao seu posto de traballo o que deu lugar a paralización da máquina catro, da produción da devandita máquina e, en consecuencia, de produtividade da empresa; 7) existen sentenzas sobre non obrigatoriedade de prestar servizos os sábados en Vrio Pack SL e vulnerouse garantíade indemnidade; 8) a demandada procedeu ao despedimento como represalia porque o demandante reivindicou os seus dereitos laborais e por estar af‌iliado a CIG; 8) incumpríronse requisitos de forma e os feitos non son certos; 9) existiu discriminación directa ao despedir ao demandante polas causas expostas correspondéndolle unha indemnización de 6251 euros.CUARTO.-A demandada propuxo, como medios de proba, documentos e declaración de testemuñas. O demandante propuxo, como medios de proba, documentos, interrogatorio de partes e declaración de testemuñas. Todos os medios de proba propostos foron admitidos. Declararon don Íñigo (representante legal de Vrio Pack SL) don Patricio (xefe de recursos humanos desde o 2 de setembro de 2019) don Jacinto (traballador de Vrio Pack).FEITOS PROBADOS.- 5ÚNICO.-1) A antigüidade era do 5 de novembro de 2009; 2) a categoría profesional era de of‌icial de terceira axudante; 3) o salario era de 1308,26 euros mensuais con inclusión de parte proporcional de pagas extraordinarias; 4) a xornada era a tempo completo, 40 horas semanais, de luns a venres; 5) o demandante negouse, por escrito, a cumprir orde da empresa relativa a traballar o 21 de setembro de 2019 en quenda de noite e mañá e o sábado día 28 de setembro tamén venres noite e sábado mañá, compensando os días traballados con días libres;

6) o traballador foi despedido o 31 de outubro de 2019.FUNDAMENTOS DE DEREITOPRIMEIRO.-Os feitos declarados probados baséanse nos documentos e declaracións emitidas no acto do xuízo. Na súa valoración tívose en conta a proximidade do testemuña don Patricio á dirección da empresa por ser xefe de recursos humanos desde o 2 de setembro de 2019 e a relación de amizade da testemuña don Jacinto co demandante don Seraf‌in .SEGUNDO.- Considero que non procede estimar a pretensión de declarar nulo o despedimento. Non consta que o despedimento sexa consecuencia de interpoñer demandas con anterioridade don Seraf‌in nin de formularoutras actuacións en defensa dos seus dereitos. Nos procesos 107-14 (seguido ante Xulgado do Social 2) 27-14 (seguido ante Xulgado do Social 1) 666-14 (seguido ante Xulgado do Social 3) 168-15 (seguido ante Xulgado do Social 2) non foi demandante don...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR