SAP Pontevedra 18/2022, 26 de Enero de 2022

JurisdicciónEspaña
Fecha26 Enero 2022
Número de resolución18/2022

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00018/2022

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MV

Modelo: N85850

N.I.G.: 36008 41 2 2019 0002080

PO PROCEDIMIENTO SUMARIO ORDINARIO 0000072 /2020 I

Organo de procedencia: Juzgado de Instrucción núm. 1 de DIRECCION000

Procedimiento de origen: Diligencias previas 718/19

Delito: CONTRA LA SALUD PÚBLICA DELITO SIN ESPECIFICAR

ACUSACIÓN: MINISTERIO FISCAL

Contra: Martin, Mauricio, Maximo, Jon, Millán, Nazario, Nicolas

Procurador/a: D/Dª MARIA AUXILIADORA RUIZ SANCHEZ, JOSE PORTELA LEIROS, MARIA JESUS NOGUEIRA FOS, ADELA ENRIQUEZ LOLO, FAUSTINO JAVIER MAQUIEIRA GESTEIRA, PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ, JOSE RAMON CURBERA FERNANDEZ

Abogado/a: D/Dª JOSE MANUEL FERREIRO NOVO, JOSE CARLOS HERMELO FERNANDEZ, ALBERTO GALLEGO RIVERA, GUILLERMO PRESA SUAREZ, CARLOS JUAN BARCELO FRAU, LUIS ALBERTO ORGE MIGUEZ CARLOS ENRIQUE BORRAS DIAZ DE RABAGO

SENTENZA NÚM. 18

Maxistrado/as:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, vinte e seis de xaneiro de dous mil vinte e dous.

Foi vista en xuízo oral, ante esta Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número 72/2020, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de DIRECCION000, e seguida polo trámite de procedemento sumarioordinario por un delito contra a saúde pública contra:

  1. Maximo, con DNI núm. NUM000, nado o día NUM004 de 1990 en DIRECCION001, Pontevedra, de quen non f‌iguran antecedentes penais computables para os efectos de reincidencia, cuxa solvencia non consta e en prisión provisional por esta causa dende o 2 de decembro de 2019, representado pola procuradora dona María Jesús Nogueira Fos e defendido polo avogado don Alberto Gallego Rivera.

  2. Martin, con pasaporte núm. NUM001, nado en Esmeraldas, Ecuador, o NUM005 de 1977, de quen non f‌iguran antecedentes penais computables para os efectos de reincidencia, cuxa solvencia non consta e en prisión provisional por esta causa dende o 26 de novembro de 2019, representado pola procuradora dona María Auxiliadora Ruiz Sánchez e defendido polo avogado don José Manuel Ferreiro Novo.

  3. Mauricio, con NIE núm. NUM002, nado en Manta, Ecuador, o día NUM006 de 1977, de quen non f‌iguran antecedentes penais computables para os efectos de reincidencia, cuxa solvencia non consta e en prisión provisional dende o 26 de novembro de 2019, representado polo procurador don José Portela Leirós e defendido polo avogado don Carlos Hermelo Fernández.

  4. Apolonio, con DNI núm. NUM003, nado o día NUM007 de 1991 en DIRECCION001, Pontevedra, de quen non f‌iguran antecedentes penais computables para os efectos de reincidencia, cuxa solvencia non consta e en liberdade provisional por esta causa, representado polo procurador don Faustino Maquieira Gesteira e defendido polo avogado don Carlos Barceló Frau.

  5. Nicolas, con DNI núm. NUM008, nado o día NUM009 de 1986 en DIRECCION001, Pontevedra, de quen non f‌iguran antecedentes penais computables para os efectos de reincidencia, cuxa solvencia non consta e en liberdade provisional por esta causa, representado polo procurador don José Ramón Curbera Fernández e defendido polo avogado don Carlos Enrique Borrás Díaz de Rábago.

  6. Nazario, con DNI núm. NUM010, nado o día NUM011 de 1965 en DIRECCION001, Pontevedra, de quen non f‌iguran antecedentes penais computables para os efectos de reincidencia, cuxa solvencia non consta e en liberdade provisional, representado polo procuradora dona Purif‌icación Rodríguez González e defendido polo avogado don Luis Alberto Orge Míguez.

  7. Jon, con DNI núm. NUM012, nado o día NUM013 de 1993 en DIRECCION002, A Coruña, de quen non f‌iguran antecedentes penais computables para os efectos de reincidencia, cuxa solvencia non consta e en liberdade provisional por esta causa, representado pola procuradora dona Adela Enríquez Lolo e defendido polo avogado don Guillermo Presa Suárez.

É parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal interveu don Pablo Varela Castejón.

Actuou como relator don José Juan Barreiro Prado .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Estas actuacións instruíronse por un presunto delito contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde ; tras seren practicadas as oportunas dilixencias, convocáronse as partes para o xuízo oral que tivo lugar os días 13, 14, 15, 16 e 17 de decembro de 2021 e ao cal compareceron as persoas que se indican na acta redactada para o efecto.

Segundo

O Ministerio Fiscal, nas súas conclusións def‌initivas, atribuíu os feitos aos acusados en concepto de autores, conforme o previsto no artigo 28 do Código Penal, sendo Nazario acusado tamén do delito contra a saúde pública do artigo 368 do Código penal, sen a concorrencia de circunstancias modif‌icadoras da responsabilidade penal. Cualif‌icou os feitos como constitutivos dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de substancias que causan grave dano á saúde, concorrendo o subtipo superagravado de extrema gravidade en atención á cantidade de droga e á utilización de embarcación, cometido por persoas que se integraban en redes internacionais dedicadas a este tipo de actividades, dos artigos 368, primeiro inciso, 369 bis, 370.3, 374, 377 do Código penal.

Conforme ás previsións do artigo 8, apartados 3 e 4, do Código penal, o delito referido comprende un delito contra a saúde pública en relación con substancias que non causan grave dano á saúde do artigo 368 do Código penal.

O Ministerio Fiscal solicitou a imposición aos procesados das seguintes penas:

  1. A Maximo 12 anos e seis meses de prisión, con inhabilitación absoluta, e dúas multas de 300 000 000 euros, con aplicación das previsións do artigo 53 do Código penal para o caso de falta de pagamento.

  2. A Martin 12 anos de prisión, con inhabilitación absoluta, e dúas multas de 300 000 000 euros, con aplicación das previsións do artigo 53 do Código penal para o caso de falta de pagamento.

  3. A Mauricio 12 anos de prisión, con inhabilitación absoluta, e dúas multas de 300 000 000 euros, con aplicación das previsións do artigo 53 do Código penal para o caso de falta de pagamento.

  4. A Apolonio nove anos e seis meses de prisión, con inhabilitación para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, e dúas multas de 200 000 000 euros, con aplicación das previsións do artigo 53 do Código penal para o caso de falta de pagamento.

  5. A Nicolas sete anos e seis meses de prisión, con inhabilitación para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, e dúas multas de 200 000 000 euros, con aplicación das previsións do artigo 53 do Código penal para o caso de falta de pagamento.

  6. A Nazario oito anos de prisión, con inhabilitación para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, e dúas multas de 200 000 000 euros, con aplicación das previsións do artigo 53 do Código penal para o caso de falta de pagamento.

  7. A Jon nove anos e seis meses de prisión, con inhabilitación para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo, e dúas multas de 200 000 000 euros, con aplicación das previsións do artigo 53 do Código Penal para o caso de falta de pagamento.

O Ministerio Fiscal indicou que os acusados deberán ser condenados, igualmente, ao pagamento das custas do procedemento e que procede tamén o comiso de todas as substancias, diñeiro e efectos procedentes do delito ou utilizados para a súa comisión e, se é o caso, das súas transformacións ou equivalentes, e, en caso de imposibilidade ou realización anticipada, do seu equivalente en diñeiro.

O comiso deberá comprender todas as substancias, diñeiro e efectos a que se fai referencia na primeira das conclusións do escrito de acusación e, ao abeiro do disposto nos artigos 127 e 374.1 do Código penal, os efectos e o diñeiro comisado deberán ser adxudicados ao Estado a través do Fondo do Plan Nacional contra a Droga (Lei 17/2003).

Terceiro

A defensa do acusado Maximo modif‌icou o seu escrito de conclusións para recoñecer os feitos do escrito de acusación, dos cales indicou que se arrepentía, e manifestou que non era o dono nin o responsable da substancia estupefaciente aprehendida, nin o piloto da embarcación. Se foi el quen se puxo en contacto con algún dos acusados ao f‌inal do periplo e cando xa alcanzaran a costa viguesa foi porque, dada a súa condición de galego e vigués, era precisamente el o único que coñecía xente na zona que puidese auxilialo.

Alegou tamén que concorre a atenuante analóxica de confesión do artigo 21.7ª do Código penal e que procede impoñerlle a pena superior nun grao á sinalada polo artigo 368 do Código penal, na súa metade inferior, isto é, seis anos de prisión e multa e inhabilitación absoluta.

Cuarto

A defensa do acusado Martin modif‌icou o seu escrito de conclusións para mostrar a súa conformidade co Ministerio Fiscal, matizando que Maximo, Martin e Mauricio, no mes de novembro de 2019, transportaron un cargamento de cocaína, servíndose para o efecto dunha embarcación semisomerxible cuxa tripulación integraban e dende a que debían alixar a droga. Indicou que non concorre a referencia ao artigo 369 bis do Código penal, aínda que si a circunstancia atenuante por analoxía de confesión ( artigo 21.7ª do Código penal). Polo tanto, alega que procede impoñer a pena de seis anos de prisión e solicita, ao abeiro do disposto no artigo 89.2 do Código penal, a substitución da citada pena por expulsión do territorio nacional polo prazo de tempo que se considere oportuno, pedindo tamén que o tempo de cumprimento efectivo non exceda da metade da pena.

Quinto

A defensa do acusado Mauricio modif‌icou o seu escrito de conclusións para...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STSJ Galicia 111/2022, 16 de Noviembre de 2022
    • España
    • 16 Noviembre 2022
    ...por Jose Francisco, contra la sentencia de fecha 26/01/2022, dictada por la Sección 2ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra en el rollo 72/2020, proveniente del sumario nº 718/2019, seguido ante el Juzgado de Instrucción nº 1 de Cangas de Morrazo, debemos revocar ésta en los siguientes ......
  • STS 685/2023, 21 de Septiembre de 2023
    • España
    • 21 Septiembre 2023
    ...por Alexander, contra la sentencia de fecha 26/01/2022, dictada por la Sección 2ª de la Audiencia Provincial de Pontevedra en el rollo 72/2020, proveniente del sumario nº 718/2019, seguido ante el Juzgado de Instrucción nº 1 de Cangas de Morrazo, debemos revocar ésta en los siguientes Se co......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR