AAP Pontevedra 115/2020, 6 de Marzo de 2020

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2020:479A
Número de Recurso141/2020
ProcedimientoRecurso de apelación. Auto
Número de Resolución115/2020
Fecha de Resolución 6 de Marzo de 2020
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00115/2020

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico:

Equipo/usuario: MM

Modelo: 662000

N.I.G.: 36006 41 2 2015 0000291

ROLO: RT APELACION AUTOS 0000141 /2020 I

Xulgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.4 de CAMBADOS

Procedemento de orixen: DILIGENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000116 /2015

Delito: LESIONES

Recorrente: Evelio, Ezequiel, Darío, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: SILVIA FREIRE FERNANDEZ, SILVIA FREIRE FERNANDEZ, SILVIA FREIRE FERNANDEZ,

Abogado/a: ANTONIO MOSTEIRO DURAN, ANTONIO MOSTEIRO DURAN, ANTONIO MOSTEIRO DURAN,

Recurrido: Germán, Epifanio, Gines

Procurador/a: JESUS MARTINEZ MELON, JOAQUIN GABRIEL SANTOS CONDE

Abogado/a: FELIPE PRADO ALVAREZ, JOSE ANGEL CASADO IRUELA, MARIA NANCY SOAGE GOLDAR

AUTO Nº 115

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Ilmo. Sr. don Juan José Trashorras García

Pontevedra, a seis de marzo de dous mil vinte.

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 4 de Cambados ditou un auto con data do 6 de setembro de 2019 no que repútase delito leve o feito que deu orixen ás presentes dilixencias previas.

Segundo

Contra o dito auto a representación de Evelio, Ezequiel, Darío formulou recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Barreiro Prado.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Por un auto do 6 de setembro de 2019, a xuíza do Xulgado de Instrución número 4 de Cambados acomodou as dilixencias ás propias dun xuízo por delitos leves. Contra esta resolución recorreron directamente en apelación perante esta alzada Evelio e Darío por considerar que as lesións son constitutivas non dun delito leve de lesións, como se acordou, senón dun delito de lesións. Germán, Epifanio e Gines opuxéronse ao devandito recurso de apelación. E o fiscal adheriuse a el.

Segundo

Nesta mesma causa, este Tribunal pronunciou un auto do 18 de novembro de 2015. Daquela dixemos:

Sempre que se actúa medicamente sobre o corpo do paciente de forma agresiva, como ocorre cando se abre, corta, extrae ou se sutura, é dicir, sempre que a curación se persegue mediante a intervención directa na súa anatomía, existe tratamento cirúrxico (por todas, a recente STS, Penal, Sección 1ª, do 26 de xuño de 2015 -ROJ: STS 3247/2015 - ECLI:ES:TS:2015:3247-). Se o achegamento dos bordos dunha ferida para favorecer a soldadura dos tecidos é unha operación susceptible de realizarse nun só acto, o que cura realmente é a permanencia da sutura exercendo esa acción ao longo de certo tempo, de xeito que a intervención facultativa mantén a súa actividade terapéutica durante todo ese período, en que a lesión resulta tratada cirurxicamente, aínda cando se deba falar de cirurxía menor. E este criterio de proxección da actividade terapéutica durante a permanencia das grampas -aínda no suposto de que non requiran ser retiradas ulteriormente- ou das tiras de aproximación, confirma a existencia de tratamento alén da primeira asistencia, moi especialmente cando, ademais de procurar a soldadura dos tecidos, tratan de minimizar a cicatriz ( ATS, Penal, Sección 1ª, do 16 de abril de 2015 -ROJ: ATS 4440/2015 - ECLI:ES:TS:2015:4440 A-).

No caso do lesionado Evelio, segundo o informe de sanidade da médica forense, o tratamento que se lle dispensou foi o de limpeza e sutura da ferida da pel con tres puntos soltos 5/0, sutura da ferida estrelada na cara interna do beizo, zona mucosa con puntos reabsorbibles, profilaxe antibiótica, analxesia e curas da ferida con retirada dos referidos puntos da pel aos cinco días, coa secuela dunha cicatriz paralela á comisura bucal do lado esquerdo de 1 cm, dificilmente visible a máis dun metro de distancia. E que dúbida cabe que, en principio, semella que si existiu tratamento médico cirúrxico para os efectos da posible consideración dos feitos como delituosos a teor do artigo 147 do Código penal, á marxe e sen prexuízo do que poida resultar das dilixencias de investigación solicitadas polas partes, como realizou o fiscal no seu escrito de impugnación do recurso de apelación.

Verbo do lesionado Darío,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR