SAP Pontevedra 18/2019, 25 de Enero de 2019

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2019:472
Número de Recurso61/2017
ProcedimientoProcedimiento abreviado
Número de Resolución18/2019
Fecha de Resolución25 de Enero de 2019
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENZA: 00018/2019

ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Equipo/usuario: MI

Modelo: N85850

N.I.G.: 36006 41 2 2009 0008648

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000061 /2017 CR

Delito/falta: BLANQUEO DE CAPITALES

Denunciante/querellante: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

Contra: Justo, Lázaro, Ariadna, Marisa, Bárbara

Procurador/a: D/Dª JOAQUIN GABRIEL SANTOS CONDE, RAQUEL SANTOS GARCIA, JOSE LUIS GOMEZ FEIJOO, JOSE LUIS GOMEZ FEIJOO, MARIA LUISA RENDO COUTO

Abogado/a: D/Dª GONZALO BOYE TUSET, EMILIANO CACABELOS MONTES, JOSE SANTIAGO TORRES PRIETO, JUAN LAGO FRANCO, ALEJANDRO VEGA VAZQUEZ

SENTENZA NÚM. 18

========================== ====================================

Presidente:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado

Maxistradas:

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

========================== ====================================

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2019.

Vista en xuízo oral e público, ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial, a causa instruída co número DPA 443/2009, procedente do Xulgado de Instrución núm. 2 de Cambados, e seguida polo trámite de procedemento abreviado 61/2017, polo delito de branqueo de capitais, contra:

  1. - Justo, con DNI núm. NUM000, nado en Cambados (Pontevedra) o día NUM001 de 1955, f‌illo de Juan Enrique e de Matilde, con antecedentes penais non computables na presente causa, representado polo procurador Joaquín Gabriel Santos Conde e defendido polo letrado Gonzalo Boye Tuset.

  2. - Bárbara, con DNI núm. NUM002, nada en Vilanova de Arousa o día NUM003 de 1956, f‌illa de Miguel Ángel e de Clara, sen antecedentes penais, representada pola procuradora María Luisa Rendo Couto e defendida polo letrado Alejandro Vega Vázquez.

  3. - Marisa, con DNI núm. NUM004, nada en Vilanova de Arousa o día NUM005 de 1960, f‌illa de Miguel Ángel e de Clara, sen antecedentes penais, representada polo procurador José Luis Gómez Feijoo e defendida polo letrado Juan Lago Franco.

  4. - Ariadna, con DNI núm. NUM006, nada en Cambados o día NUM007 de 1977, f‌illa de Justo e de Bárbara, sen antecedentes penais, representada polo procurador José Luis Gómez Feijoo e defendida polo letrado José Santiago Torres Prieto.

  5. - Lázaro, con DNI núm. NUM008, nado en Sanxenxo o día NUM009 de 1955, f‌illo de Benito e de Felisa, sen antecedentes penais, representado pola procuradora Raquel Santos García e defendido polo letrado Emiliano Cacabelos Montes.

É parte acusadora o Ministerio Fiscal, en representación do cal intervén Jesús Calles Villamandos.

Actúa como relator o maxistrado José Juan Barreiro Prado, quen expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Estas actuacións foron tramitadas baixo o procedemento de dilixencias previas núm. 443/2009 do Xulgado de Instrución núm. 2 de Cambados. Levadas a efecto as dilixencias de investigación que considerou relevantes o instrutor, e acordada a continuación do procedemento polos trámites establecidos no artigo 779 da Lei de axuizamento criminal, deuse traslado das dilixencias ao Ministerio Fiscal, que presentou un escrito de acusación en que solicitaba a apertura do xuízo oral. No auto que acordou a dita apertura sinalouse esta Audiencia como órgano competente para o coñecemento e resolución da causa, deuse traslado das actuacións ás defensas dos acusados, as cales presentaron os seus escritos de defensa, e remitíronse a seguir os autos a esta Sala.

SEGUNDO

O Ministerio Fiscal presentou un escrito de acusación def‌initivo en que cualif‌icaba os feitos obxecto de axuizamento como constituíntes dun delito de branqueo de capitais procedentes do tráf‌ico de drogas do artigo 301 do Código penal en relación co artigo 368 do mesmo texto legal, do cal deben responder en concepto de autores directos, de conformidade co artigo 28.1º do mesmo texto legal, os acusados, Justo

, Bárbara, Marisa, Ariadna e Lázaro, sen concorreren circunstancias modif‌icadoras da responsabilidade penal. Solicitou que se impuxese a cada un dos acusados a pena de seis anos de prisión, coa accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e multa de dez millóns de euros. Así mesmo, de conformidade co artigo 301.1 do Código penal, solicitouse que se acorde a clausura def‌initiva da axencia Inmobiliaria San Saturnino, SL, e, de conformidade co establecido no artigo 301.5 en relación co artigo 127 do Código penal, que se decrete o comiso da totalidade dos bens que f‌iguran no escrito de acusación.

TERCEIRO

As defensas de todos os acusados, no trámite de cualif‌icacións def‌initivas, solicitaron a libre absolución dos seus defendidos e, en caso de pronunciarse unha sentenza condenatoria, que se apreciase a circunstancia atenuante de dilacións indebidas como moi cualif‌icada.

A defensa de Ariadna solicitou expresamente que a sentenza se pronunciase, ademais, sobre os seguintes puntos:

  1. - Non quedou probado que recibise capitais procedentes do narcotráf‌ico.

  2. - Non quedou probado que os salarios percibidos polo seu traballo por conta allea baixo dependencia da mercantil Astilleros Facho, SL, constitúan fondos procedentes de actividade ilícita ningunha.

  3. - Así mesmo, solicitou que se declare que a compravenda do predio 26633 do Rexistro da Propiedade de Cambados se realizou con cargo a un crédito hipotecario concedido polo mesmo prezo da escritura de compravenda, sen intervir capital de procedencia ilícita ningunha.

  4. - Pediu que se declare tamén que Ariadna adquiriu no ano 2003, e con prezo aprazado, unha batea no polígono de Cambados por compra á súa avoa paterna, Matilde, sen que no pagamento do prezo interviñese cantidade ningunha procedente de actividade ilícita.

  5. - Así mesmo, pediu que se declare que adquiriu a concesión do uso e gozo temporal sobre unha praza de garaxe do porto de Sanxenxo o 18 de agosto de 2005, sen que no pagamento do prezo da concesión se incluíse ningún capital de procedencia ilícita.

  6. - Solicitou que se declare, así mesmo, que o pagamento das amortizacións do crédito hipotecario solicitado para a compra do predio núm. 26633 do Rexistro da Propiedade de Cambados se realizou cos salarios derivados do seu traballo por conta allea para diversas empresas, coas ganancias derivadas da actividade económica da explotación da batea e coas ganancias familiares obtidas pola actividade laboral do seu marido, Horacio, como traballador do mar.

  7. - E pediu que se declare, así mesmo, que non tivo ningunha intervención na compra ou venda de activos inmobiliarios titularidade da mercantil Inmobiliaria San Saturnino, SL.

CUARTO

Recibidas as actuacións nesta Audiencia e examinadas as probas propostas, pronunciouse un auto en que se admitían todas as probas propostas polas partes, se acordou a súa práctica no acto do xuízo, e se sinalou para o comezo da súa celebración o día 25 de outubro de 2018.

QUINTO

Observáronse as prescricións legais de rigor. E, no relativo ao prazo para o pronunciamento desta sentenza, non se puido realizar antes, malia intentarse de xeito gobernativo, dada a carga de traballo que pesa sobre os tres únicos membros deste Tribunal e a resolución doutras causas complexas por parte deste mesmo relator.

FEITOS PROBADOS

PRIMEIRO

Os acusados

1.1.- Justo, coñecido tamén como Pelosblancos, cuxas circunstancias persoais xa constan e con antecedentes penais non computables na presente causa, dedicouse nas décadas dos anos 80 e 90 do século pasado a traf‌icar con substancias estupefacientes. Por mor disto:

  1. Por unha sentenza do 26 de xuño de 1993, da Sección 2ª do Penal da Audiencia Nacional, f‌irme o 31 de outubro de 1994, foi condenado como autor responsable dun delito contra a saúde pública, na modalidade de tráf‌ico de drogas, ás penas de 20 anos de reclusión menor e multa de 205 000 000 de pesetas. Nela declaráronse como feitos probados que:

    No mes de decembro de 1990 alugara un chalé na urbanización DIRECCION000, de Pozuelo de Alarcón. O día 19 de xaneiro de 1991 encargou a dous dos seus colaboradores a entrega dunha certa cantidade de cocaína a outras persoas que agardaban nunha nave na localidade de Ajalvir, Madrid. Mais o mesmo día a policía interveu aos devanditos colaboradores dúas maletas e dous bolsos que no seu interior levaban 92 paquetes envoltos en venda engomada e dentro un total de 113 160 gramos de cocaína. En distintos domicilios doutros colaboradores de Justo foron intervidos 15 paquetes con clorhidrato de cocaína, 57 paquetes con 53 611 gramos de cocaína, varios vehículos e 23 500 $ en poder do propio Justo, alén doutras cantidades en poder dos seus colaboradores.

  2. Por unha sentenza do 14 de xullo de 2004, da Sección 1ª do Penal da Audiencia Nacional, f‌irme o 27 de febreiro de 2006, volveu a ser condenado como autor responsable dun delito contra a saúde pública, na modalidade de tráf‌ico de drogas que causan grave dano á saúde en cantidade de notoria importancia e con pertenza e xefatura de organización, revestindo a conduta extrema gravidade, ás penas de 16 anos e 10 meses de prisión e multa de 390 000 000 de euros. Nela declaráronse como feitos probados que:

    Justo organizara no ano 2001 a adquisición a un grupo de narcotraf‌icantes colombianos dun alixo de cocaína que foi transportado no buque Agios Constandinos cara á costa galega e que foi intervido pola policía. A droga transportada no interior do devandito buque estaba distribuída en fardos e pesou 3699,37 kg, cunha pureza de entre o 72 e o 86,5%, e un valor de 130 000 000 de euros na súa venda por xunto.

    Dende o ano 1985 ata o 31 de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 299/2021, 8 de Abril de 2021
    • España
    • 8 Abril 2021
    ...representado por el procurador D. Marco Aurelio Labajo González bajo la dirección letrada de D. Rubén Veiga Vázquez contra la sentencia núm. 18/2019 de fecha 25 de enero, dictada por la Sección Segunda de la Audiencia Provincial de Pontevedra que les condenó por un delito de blanqueo de Int......
  • ATS, 26 de Mayo de 2021
    • España
    • 26 Mayo 2021
    ...sentencia condenatoria dictada por la Sección Segunda de la Audiencia Provincial de Pontevedra, con fecha 25 de enero de 2019, en el Rollo 61/2017, dimanante de la causa de Procedimiento Abreviado núm. 443/2009 instruida por el Juzgado de Instrucción núm. 2 de Cambados, seguida por delito d......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR