SAP Pontevedra 313/2009, 8 de Octubre de 2009

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2009:2839
Número de Recurso213/2009
ProcedimientoPENAL
Número de Resolución313/2009
Fecha de Resolución 8 de Octubre de 2009
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00313/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Sección nº 002

Rolo: 0000213 /2009-P

Órgano Procedencia: JDO. DE LO PENAL N. 3 de PONTEVEDRA

Procedemento Orixen: PROCEDIMIENTO ABREVIADO n? 0000082 /2009

SENTENZA NÚM. 213

=============================================================

ILMO/AS SR/AS MAXISTRADO/AS

Don José Juan Barreiro Prado, presidente

Dona María Mercedes Pérez Martín Esperanza

Dona Rosario Cimadevila Cea

==============================================================

Pontevedra, a oito de outubro de dous mil nove

Visto, pola Sección 2ª desta Audiencia Provincial, o recurso de apelación registrado co nº 213/09, interposto pola procuradora dona Mª Concepción García

Riestra, en representación de Ana María , contra a sentenza ditada polo Xdo. do Penal nº 3 de Pontevedra. Constituíronse como partes a

mencionada recorrente e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don José Juan Barreiro Prado.

ANTECEDENTES DE FEITOPrimeiro.- No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 22-xuño-2009, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte: Que debo CONDENAR Y CONDENO a Ana María , como autora penalmente responsable de un delito de lesiones ya definido, con la agravante de parentesco a la pena de dos años de prisión con inhabilitación especial para el derecho de sufragio pasivo durante el tiempo de la condena; e igualmente se prohíbe a Ana María aproximarse a Rafael en cualquier lugar en que se encuentre así como de comunicarse con al mismo durante tres años. Con imposición de costas.

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela: que el día 31 de diciembre de 2004, en el domicilio donde convivián Rafael y su pareja sentimental, Ana María , sito en el lugar de DIRECCION000 número NUM000 de Cambados, se inició una discusión entre ambos, en el curso de la cual la acusada, cogió un cuchillo y se lo clavó en el cuello a Rafael , causándole lesiones consistentes en herida incisa en región submandibular para-traqueal izquieda con neumomediastino asociado por lesión de esófago, siendo asistido en el Hospital del Salnés desde donde fue derivado al Hospital Montecelo de Pontevedra, donde se le hace un TAC inicial al ser ingresado, que muestra un marcado enfisema subcutáneo que disecciona los planos musculares del cuello y una radiografía de tórax. Cuatro días mas tarde se le hace un nuevo TAC donde se evidencia mejoría aunque no se ha resuelto completamente el ensisema cervical profundo y mediastínico, precisando para su curación tratamiento consistente en antiinflamatorios y rpfilaxis antibiótica durante ocho días los cuales estuvo impedido para sus ocupaciones habituales. Como secuelas le ha quedado una cicatriz de un centímentro en la región de la herida que supone un perjuicio estético muy ligero..

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do/da recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse un escrito de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa confirmación..

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados para resolver.

FEITOS PROBADOS

Acéptase e danse por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A acusada Ana María foi condenada na instancia como autora dun delito de lesións dos artigos 147.1 e 148.1 do Código penal . Contra tal resolución do Xulgado a quo formula un recurso de apelación no que solicita a absolución e, de xeito subsidiario, a condena como autora dunha falta de lesións do artigo 617.1 do Código penal , con aplicación de las atenuantes invocadas en el cuerpo de este escrito.

O Ministerio Fiscal oponse á estimación do recurso e solicita a confirmación da sentenza contra a que se apela.

Segundo

O escrito de conclusións provisionais da fiscal tipificaba os feitos como constitutivos dun delito de lesións dos artigos 147 e 148.1º e do Código penal e , alternativamente, dun delito de violencia doméstica do artigo 153.1 e 3 do mesmo texto legal. No intre de elevar aquelas conclusións provisionais a definitivas a fiscal, no particular que agora interesa - artigos 781.1 e 650.2º da Lei de axuizamento criminal -, fixo as seguintes modificacións: suprimiu a mención ao artigo 148.4º do Código penal , e citou as reformas recibidas por este tras as leis orgánicas 11/2003, do 29 de setembro, e 15/2003, do 25 de novembro. Deste xeito, a fiscal sempre mantivo a acusación alternativa - artigo 653 da Lei de axuizamento criminal - polo delito de lesións e polo delito de maltrato familiar dos amentados preceptos legais. Por estes decretouse a apertura de xuízo oral xa que, por moito que no correspondente auto se faga referencia ao maltrato familiar, xusto antes tense por formulada a acusación polo delito descrito no punto segundo do escrito do Ministerio Fiscal, no que,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR