STSJ Galicia 388/2016, 18 de Julio de 2016

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2016:5898
Número de Recurso15747/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución388/2016
Fecha de Resolución18 de Julio de 2016
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00388/2016

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2015 0001523

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015747 /2015 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. CONSELLERIA DE FACENDA

ABOGADO LETRADO COMUNIDAD

PROCURADOR D./Dª.

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO ADMINISTRATIVO CENTRAL, CELTA PRIX,S.L.

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª., RAMON DE UÑA PIÑEIRO

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dezaoito de xullo de dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15747/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado pola CONSELLERÍA DE FACENDA, representado e asistida polo letrado dos seus servizos xurídicos, contra o acordo de 17.09.2015 do TEAC. É parte a Administración demandada o TEAC, representado polo letrado do Estado e CELTA PRIX, representada polo procurador Sr. De Uña Piñeiro e asistida do letrado Sr. Rodríguez Maseda.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 370.443,48 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 17.09.2015 do TEAC que rexeita o recurso de alzada da CONSELLERÍA DE FACENDA contra o acordo do TEAR de 24.02.2012: liquidación derivada do contrato de

31.10.2006 entre o Alcalde de Cedeira e CELTA PRIX SL de CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DO SERVIZO PÚBLICO DE RECOLLIDA E TRANSPORTE DE REFUGALLOS SÓLIDOS URBA NO S, PUNTO LIMPO E LIMPEZA VIARIA por un prazo de 15 anos e por un prezo anual de 377.499,55 euros ( IVE engadido ).

O TEAR e confirmou ou TEAC estimou a reclamación presentada pola entidade Celta Prix, S.L. no entendemento de que a prestación do servizo público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos Do Concello de Cerceda, non é un suposto asimilable a unha concesión administrativa - artigo 7.1.B RDL 01/1993 -.

A letrada da Xunta alega que estamos ante un suposto do artigo 13.2 RDL 01/1993 : Equipararanse ás concesións administrativas, para os efectos do imposto, os actos e negocios administrativos, calquera que sexa a súa modalidade ou denominación, polos que, como consecuencia do otorgamiento de facultades de xestión de servizos públicos ou da atribución do uso privativo ou do aproveitamento especial de bens de dominio ou uso público, orixínese un desprazamento patrimonial en favor de particulares?, tendo en conta que o relevante ?a efectos tributarios- é que, como consecuencia do contrato, a empresa preste un servizo público que teña como destinatario final ao cidadán e non o sistema de retribución, sen que sexa esixible que concorran os requisitos que a lexislación impón ás concesións.

Tanto a Avogada do Estado como a entidade codemandada acudida en autos discrepan desta tese, engadindo esta última no seu escrito de contestación á demanda que ademais se fixou incorrectamente a base impoñible do imposto.

SEGUNDO

Coma dixemos na sentenza 178/2015: Todas as cuestións expostas xa foron resoltas por este Tribunal. Na recente sentenza do 19 de novembro de 2014 (recurso 15132/2014 ) dixemos e agora reproducimos: " Partirmos de que non é imprescindible que o contrato licitado por unha Administración pública se formalice mediante concesión administrativa, senón que é suficiente con que se outorguen facultades de xestión de servizos públicos que orixinen un desprazamento patrimonial a favor da empresa contratista -a adxudicataria do concurso público-, para que se perciba o gravame do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados na súa modalidade de transmisións patrimoniais onerosas.

A cuestión é, polo tanto, se estamos ante un contrato de outorgamento de facultades de xestión de servizos públicos que orixina un desprazamento patrimonial a favor de particulares, que son os elementos obxectivos a ter en conta para os efectos da clasificación do contrato e, con iso, determinación do feito impoñible, a cuxo fin hai que partir de que os servizos públicos de competencia local poderán xestionarse, ben mediante a xestión directa, en calquera das formas legalmente previstas, ben mediante a xestión indirecta, mediante as distintas formas previstas para o contrato de xestión de servizos públicos na Lei de Contratos do Sector Público (art 85.2 RTLBRL).

Aquí estamos ante unha xestión indirecta do servizo público de conservación e mantemento do xardíns e zonas verdes, que é un servizo público que obrigatoriamente debe presta-lo Concello (art. 25.2.d e 26.1.b) LBRL).

O que se discute é se esta forma de xestión -(...)- supón o outorgamento de facultade de xestión do servizo público e da lugar a un desprazamento patrimonial.

O TEAR, con cita da resolución do TEAC de 28.06.2011, sostén que no contrato de setembro de 2011 é o Concello quen mantén a xestión do negocio, limitándose a empresa á prestación material do servizo. Aínda que esto sexa -no substancial- correcto, non supón que non esteamos no suposto do artigo 13.2 RDL 01/1993 .

O servizo de mantemento de xardíns non é dos que autoriza a xirar unha taxa (art. 20.4 e 21 LFL) -coma acontece co servizo do lixo-, do que se deriva que o feito de percibi-lo importe da prestación polo servizo directamente do Concello e non dos usuarios non é determinante nin relevante.

Tampouco o é que sexa -en realidade- o Concello quen presta o servizo ós particulares, xa que falarmos dun servizo obrigatorio (art. 26.1.b), polo que, ó final, será sempre o Concello o responsable da existenza e subsistenza do servicio, independentemente da forma de xestión.

Que a empresa CESPA SL actúe por conta do Concello é propio de toda forma de xestión indirecta, e non figura no expediente -en particular no prego de cláusulas administrativas particulares- disposición ninguna distinta das propias de calquera concesión administrativa, en especial, alguna que convertira á empresa nunha simple asalaridada que funcionara baixo a orde e supervisión directa do Concello, en calquera tipo de traballo.

De feito, do prego de cláusulas administrativas e do contrato só é posible deducir que, mais aló das labores propias de control e coordinación cos inspectores municipais, é a empresa quen dirixe ó servizo, co que se cumpre unha das esixencias do art. 13.2.

O dito obriga a concluir que o contrato si é un dos previstos no artigo 7.1.B-13.2 RDL 01/1993 .

Adiantamos que este Tribunal muda a conclusión que viña mantendo verbo do non cumprimento da esixencia do DESPRAZAMENTO PATRIMONIAL A PROL DE PARTICULARES e con base, fundamental, no obiter dita do auto do TS de 21.11.2013, onde o TS indica que o criterio correcto é o que reflicten as sentenzas de 05.03.2007, 23.09.2013,... sen que pareza existir razón para muda-lo criterio. e non se trata de manter numantinamente unha posición que é contraria ó parecer de case todo o mundo xudicial, o que resultaría lesivo ó principio de seguridade xurídica. Esta Sala...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
8 sentencias
  • STSJ Galicia 536/2017, 29 de Noviembre de 2017
    • España
    • 29 Noviembre 2017
    ...ya se ha pronunciado en anteriores sentencias, en recursos seguidos a instancia de la misma Administración. En nuestra sentencia de 18 de julio de 2016 (recurso 15747/2015) dijimos lo siguiente, reiterada en la de 25/1/17 (recurso 15139/16 ) y, más recientemente, en sentido similar, en la s......
  • STSJ Galicia 283/2020, 1 de Julio de 2020
    • España
    • 1 Julio 2020
    ...ha pronunciado en anteriores sentencias, en recursos seguidos a instancia de la misma Administración. Así, en nuestra sentencia de 18 de julio de 2016 (recurso 15747/2015) dijimos lo siguiente , reiterada en la de 25/1/17 (recurso 15139/16 ) y, más recientemente, en sentido similar, en la s......
  • STSJ Galicia 117/2018, 14 de Marzo de 2018
    • España
    • 14 Marzo 2018
    ...ha pronunciado en anteriores sentencias, en recursos seguidos a instancia de la misma Administración. Así, en nuestra sentencia de 18 de julio de 2016 (recurso 15747/2015) dijimos lo siguiente, reiterada en la de 25/1/17 (recurso 15139/16 ) y, más recientemente, en sentido similar, en la se......
  • STSJ Galicia 336/2019, 1 de Julio de 2019
    • España
    • 1 Julio 2019
    ...ha pronunciado en anteriores sentencias, en recursos seguidos a instancia de la misma Administración. Así, en nuestra sentencia de 18 de julio de 2016 (recurso 15747/2015) dijimos lo siguiente, reiterada en la de 25/1/17 (recurso 15139/16 ) y, más recientemente, en sentido similar, en la se......
  • Solicita tu prueba para ver los resultados completos

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR