SAP Pontevedra 360/1999, 11 de Octubre de 1999
Ponente | JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO |
Número de Recurso | 3106/1999 |
Procedimiento | CIVIL |
Número de Resolución | 360/1999 |
Fecha de Resolución | 11 de Octubre de 1999 |
Emisor | Audiencia Provincial - Pontevedra |
SENTENCIA N. 360
Pontevedra, o once de outubre de mil novecentos noventa e nove.
No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do xuízo de COGNICIÓN
número 0271/99, procedente do XLGDO. 1ª. INST. Nº. 3 DE VIGO, foi movido entre as partes,
dunha banda como apelante e demandada, Rosa e da outra como
apelado e demandante, Benito sobre CORTA DE ÁRBORES EN LEIRA
LINDANTE.
I.-ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:
Nos actos a que este rolo atinxe, na data 20 de xullo de 1999, polo XLGDO. 1ª. INST. Nº.
3 DE VIGO, pronunciou sentencia , a resolución da cal, rigorosamente di: "Que estimando sustancialmentela sentencia formulada por D. Benito, debo condenar y condeno a Dª. Rosa a trasladar a la distancia de 2 metros de la finca del actor y, si ello no es posible, a cortar o arrancar los árboles de su finca que se enumeran en el informe pericial de la Sra. Irene (página 2) solvo los señalados con el nº.2 y el nº. 21.
No se hace declaración en cuanto a costas".
Fronte á devandita sentencia, pola parte demandandate, Rosa, interpuxo recurso de apelación solicitando a revogación da misma e tras o traslado do devandito recurso ter sido conferido á parte contraria, este opúxose ó mesmo, solicitando a confirmación da sentencia recorrida.
Na tramitación desta instancia cumprironse as prescricións e termos legais, sendo relator o ilmo. Sr. Maxistrado Don JOSE JUAN RAMN BARREIRO PRADO, quien expresa o criterio da Sala.
II.-FUNDAMENTOS DE DEREITO
A teor do disposto no artigo 591 do Código Civil non se poderán plantar árbores preto dunha herdade allea senón á distancia autorizada polas ordenanzas ou o costume do lugar e, na falta deste, á de dous metros da liña divisoria das herdades se a plantación se fal con árbores altas e á de 50 centímetros se a plantación é de arbustos ou árbores baixas, tendo o propietario dereito a pedir que se arrinquen as árbores que en díante se planten a menor distancia da súa herdade.
Xa se califique a amentada norma do noso Código Civil como constitutiva dunha auténtica servidume predial, ou como unha mera limitación ora, do dominio, ora, das coñecidas como relacións de vecindade, do que se que non cabe dúbida é de que a mesma obedece á necesidade dunha pacífica regulación da convivencia derivada do necesario respecto á integridade e liberdade no uso dos fundos que, polo seu carácter recíproco, haberá de favorecer por igual ós fundos que resulten colindantes. E tal é a intención do lexislador de procurar a harmónica relación de vecindande entre os propietarios dos fundos colindantes entre si que nin tan sequera se esixe que coas plantacións se ocasione un concreto ou particular prexuízo, abondando así coa mera acción de plantar a inferior...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba-
Consecuencias del incumplimiento de las reglas relativas a distancias
...que puede, sin duda, modificar la consecuencia prevista legalmente en el precepto314. Resulta, por ello, sorprendente que la SAP Pontevedra de 11 de octubre de 1999315confirme la sentencia de primera instancia que condena a trasladar los árboles a la distancia de dos metros de la finca del ......