SAP Lugo 399/2014, 19 de Noviembre de 2014

PonenteXULIO XOXE FERREIRO BAAMONDE
ECLIES:APLU:2014:741
Número de Recurso327/2014
ProcedimientoCIVIL
Número de Resolución399/2014
Fecha de Resolución19 de Noviembre de 2014
EmisorAudiencia Provincial - Lugo, Sección 1ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

LUGO

SENTENCIA: 00399/2014

ILMOS. SRES.:

D. JOSÉ ANTONIO VARELA AGRELO

D. JOSÉ RAFAEL PEDROSA LÓPEZ

D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE (suplente)

Lugo, dezanove de novembro de dous mil catorce.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo viu, en grao de apelación, o rolo de sala n.º 327/2014, dimanante dos autos de xuízo Ordinario nº 488/2013, seguido no Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Lugo, sobre nulidade de contrato participación preferentes. Foron partes no recurso, como apelante, NCG Banco S.A., representado polo procurador Sr. Lagüela Andrade e baixo a dirección do letrado Sr. Dupuy López, e apelado don Fulgencio, representado polo procurador Sra. Mourin Sobrado e asistido do letrado Sr. Piroscia Penado. Actúa como maxistrado-relator o Iltmo. Sr. D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Con data vinteún de abril de dous mil catorce, o Xulgado de Primeria Instancia nº 5 de Lugo dictou unha sentencia que na súa parte dispositiva di: "

FALLO

Que estimando la demanda interpuesta por Don Fulgencio, representado por el procurador Sra. Susana Mourín Sobrado; contra, "Novagalicia Banco, S.A.", representada por el procurador Sr. José Carlos Lagüela Andrade; declaro nulos los contratos de suscripción de Participaciones Preferentes suscritos entre las partes entre el 5 de abril de 2011 y el 2 de noviembre de 2011, a que se refiere el hecho cuarto de la demanda; y en consecuencia, debo condenar y condeno a la entidad demandada a la restitución de un millón doscientos siete mil euros (1.207.000 euros) al actor, correspondientes al valor nominal de los valores contratados, que habrán de incrementarse con los intereses legales devengados desde la fecha de celebración de los respectivos contratos hasta la sentencia, y teniendo en cuenta la modificación operada en el suplico, los intereses legales se devengarán del 100% total invertido hasta la fecha del pago parcial por la venta de las acciones al FGD, y por la diferencia, es decir, por los 530.725,05 euros desde la referida fecha hasta la sentencia; y a la cantidad así obtenida se le restarán los intereses percibidos por el actor en la cuantía de 59.388,91 euros, así como la cantidad percibida por el actor 676.274,95 euros en relación a las Participaciones Preferentes objeto de "Litis"; de conformidad a los fundamentos de derecho contenidos en esta sentencia; con expresa imposición de costas a la demandada".

SEGUNDO

A parte demandada NCG Banco S.A. interpuxo un recurso de apelación contra a devandita sentencia, téndose por preparado o mesmo e cumpridos os trámites do art. 458 e seguintes da L.A.C. 1/2000 eleváronse as actuacións a esta Sección Primeira da Audiencia Provincial para a resolución procedente.

TERCEIRO

Na tramitación do presente recurso observáronse, en ámbalas dúas instancias, tódalas formalidades legais.

FUNDAMENTOS DE DEREITO Aceptanse os da resolucion recorrida no que non contradigan aos seguintes.

PRIMEIRO

A sentenza recorrida estima a demanda pola que se solicitaba a declaracion de nulidade por erro no consentimento na contratación de participacións preferentes subscritas polo actor durante o ano 2011, por un importe total de 1.207.000 #, ordenando a restitución recíproca das prestacións entre as partes. Fronte a esta estimación alzase a demandada alegando os seguintes motivos de apelación: 1) Vulneración dos arts. 1265 e 1266 CC ao declarar que existe nulidade par erro na contratación por parte do demandante; 2) vulneración dos arts. 316, 319 e 326 LAC, ao inaplicar as regras legais de valoración da proba de interrogatorio de parte e da proba documental; 3) vulneración dos arts. 316, 326 e 376 LAC, ao valorar as probas consistentes en documentos privados, interrogatorio de parte e testemuñas de forma iloxica e irrazoabel; 4) infracción dos arts. 1309, 1311 e 1313 CC e da doutrina xeral dos actos propios, ao non declarar a existencia dunha confirmación tácita na conduta posterior á contratación por parte dos recorridos;

5) vulneración do disposto nos arts. 79 e ss da Lei 24/1988, de 28 de xullo, reguladora do Mercado de Valores e restante normativa sectorial aplicábel, ao declarar o incumprimento dunha serie de obrigas non contemplada na normativa; 6) vulneración do art. 1307 en relación ao 1303 CC, ao non restituírse axeitadamente a ambas partes a situación patrimonial previa a contratación; 7) infracción do art. 1109 CC ao condenar aos intereses dende a data na que se executou cada un dos investimentos; 8) vulneración do art. 394 LAC ao condenar en custes cando o obxecto do litixio e complexo e presenta serias dúbidas de dereito.

SEGUNDO

Entrando no primeiro dos motivos de apelación, a recorrente alega infracción dos artigos 1265 e 1266 CC e da doutrina do Tribunal Supremo que os interpreta. Para a apelante, a sentenza recorrida non razoa ou a plica incorrectamente os requisitos para que poda operar o erro invalidante, ao non ler o demandante o contrato, contratar o produto 27 veces e ter unha ampla experiencia inversora.

A existencia de erro no consentimento cando se trata da adquisición de produtos financeiros por consumidores a entidades bancarias, e en concreto, na compra de participacións preferentes foi xa abordada por esta Sala en diversas sentenzas como as 262/2014, de 2 de xullo, 229/2014, de 22 de xullo, 314/2014, de 3 de setembro, por citar so algunhas das mais recentes. Nestas tense sinalado, tal como fai o propio Tribunal Supremo na súa sentenza do pleno 840/2013, de 20 de xaneiro, ao analizar a contratación doutro produto financeiro complexo, que a asimetría informativa provoca a necesidade de protexer ao inversor minorista, non experimentado, na súa relación co provedor de servizos financeiros.

Esta sentenza, tras lembrar xa que o propio art. 7 CC establece o deber xeral de boa fe, o que obriga a unha completa información que permita adoptar unha " decisión informada ", lembra que "o descoñecemento destes concretos riscos asociadas ao produto financeiro que contrata pan en evidencia que a representaci6n mental que o cliente se facía do que contrataba era equivocada e este erro e esencial, pois afecta as presuposicións que foron causa principal da contratación do produto financeiro." Tratase, polo tanto, de determinar se as características reais do produto adquirido eran coñecidas polo demandante, tendo ademais, en conta, o deber de información por parte da entidade bancaria e o carácter de inversor minorista ou non profesional do demandante.

A sentenza de instancia declara probado que "non se aportou neste caso polo demandada documental que reflicta a información axeitada e suficiente ao cliente sobre as características e o risco das participacións preferentes contratadas polo actor" e que "o actor non puido formarse unha idea precisa dos riscos reais do produto financeiro no que se dispoñía a investir''. Resta a xuíz a quo credibilidade a declaración das testemuñas, respecto a que se deu toda a información precisa ao demandante, polo vago contido das respostas que daban ás preguntas que se lles efectuaron.

De acordo cos feitos declarados probados na sentenza, nunha valoración probatoria que esta Sala non considera nin ilóxica nin falta de racionalidade, o demandante non obtivo unha información precisa sabre as características e os riscos do produto financeiro que estaba a mercar. A recorrente refírese a unha falla de dilixencia, que provocaría que o erro no consentimento fose excusábel, mais tal falla de dilixencia non se considera acreditada pola sentenza. Moita da xurisprudencia que cita ao efecto a apelante refírese a profesionais ou persoas cun maior deber de dilixencia que o do inversor minorista que se achega a contratar un produto financeiro a unha entidade bancaria, xa sexa de propia iniciativa ou, como e o caso, chamado pola propia entidade. Neste caso os deberes de información que competen á entidade financeira implican a necesidade de dotar ao consumidor dun coñecemento completo sobre o produto que está a contratar, así como as garantías e riscos nos que se incorren, sen que sexa abondo con poñer á súa disposición folletos ou outra documentación, nin sequera o contrato, que se ben non foi lido, o certo e que a ausencia de lectura non debe entenderse sen máis falla de dilixencia, dado que, por unha banda, existía unha relación de confianza entre cliente e persoal da oficina bancaria e, por outra banda, tampouco semella que unha lectura dos documentos asinados por unha persoa sen maiores coñecementos financeiros, cun nivel de estudos elemental e cunha minusvalía que afecta as súas facultades cognoscitivas puidesen sacalo do erro.

Sinala a recorrente que no erro incorreuse ate 27 ocasións, o que o fai dificilmente excusábel. Semella que este criterio tampouco pode ser atendido, dado que, pese a que hai discrepancias entre a declaración do demandante e da súa esposa, por unha banda, e os traballadores da entidade bancaria, pola outra, o certo e que todas elas coinciden en que as 27 ordes de compra non se corresponden co numero de veces que o actor contratou materialmente, senón que teñen que ver coa dispoñibilidade das participacións no mercado secundario, que provocaba que unha soa orde de compra material fose documentada en varias, posto que se adquirían segundo a oferta existente. En todo caso o que se constata é un erro sostido no tempo, posto que a información inicialmente dada foi a que seguiu formando o criterio do comprador. Neste sentido, o feito de que non sexa até despois de dous anos cando se descubre a natureza do produto efectivamente adquirido non significa que non exista erro, senón que non se dan as condicións para poder saír do mesmo ate que ocorre un cambio nas circunstancias do demandante, neste caso, o coñecemento pola prensa do problema das preferentes.

...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STS 434/2017, 11 de Julio de 2017
    • España
    • 11 Julio 2017
    ...contra la sentencia dictada el 19 de noviembre de 2014 por la Sección 1.ª de la Audiencia Provincial de Lugo, en el recurso de apelación n.º 327/2014 , dimanante de las actuaciones de juicio ordinario n.º 488/2013, del Juzgado de Primera Instancia n.º 5 de Lugo. Sobre nulidad de contrato. H......
  • ATS, 15 de Marzo de 2017
    • España
    • 15 Marzo 2017
    ...dictada en segunda instancia, el 19 de noviembre de 2014, por la Audiencia Provincial de Lugo, Sección 1.ª, en el rollo de apelación n.º 327/2014 , dimanante del juicio ordinario n.º 488/2013, seguidos ante el Juzgado de Primera Instancia n.º 5 de Mediante diligencia de ordenación se tuvier......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR