STSJ Galicia 367/2014, 18 de Junio de 2014

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2014:6470
Número de Recurso15027/2014
ProcedimientoRECURSO DE APELACIóN
Número de Resolución367/2014
Fecha de Resolución18 de Junio de 2014
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00367/2014

- N56820

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 45 3 2013 0000946

Procedimiento: RECURSO DE APELACION 0015027 /2014

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. FUNDACION PEDRO BARRIE DE LA MAZA, CONDE DE FENOSA

Representación D./Dª. LUIS FERNANDEZ-AYALA MARTINEZ

Contra D./Dª. CONCELLO DE A CORUÑA (A CORUÑA)

Representación D./Dª. LETRADO DE LOS SERVICIOS JURÍDICOS DEL AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

A CORUÑA, dezaoito de xuño de dous mil catorce.

No recurso de APELACION que, co número 15027/2014, pende de resolución ante esta Sala, presentado pola FUNDACION PEDRO BARRIE DE LA MAZA, representado polo procurador Dº Fernández Ayala e, dirixido polo letrado Sr. De Juan Peñalosa, contra a sentenza de 11.03.2014 do Xulgado do contencioso núm.2 da Coruña . É parte demandada o CONCELLO DA CORUÑA, representada e e asistido do letrado dos seus servizos xurídicos.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O 11.03.2014 o Xulgado do contencioso núm.2 da Coruña ditou unha sentenza que rexeitaba o recurso contencioso contra as liquidacións do IBI anos 2011/2012 relativas a varios inmobles propiedade da FUNDACIÓN.

A FUNDACION un recurso de apelación solicitando a súa revogación.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación.

TERCEIRO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 173.514,50 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

Non se aceptan os da sentenza de instancia.

O xulgador de instancia rexeitou o recurso contencioso ó entender que a exención do IBI para as fundacións que prevé o artigo 15.1 Lei 49/2002, en concreto, o requisito de NON ESTAR AFECTOS A EXPLOTACIÓNS ECONÓMICAS NON EXENTAS DO IMPOSTO DE SOCIEDADES non se cumpre cando a explotación económica do ben realízase co aluguer do mesmo a unha entidade bancaria.

O recorrente, con cita de xurisprudenza e doutrina da DXT, alega que o arredamento do patrimonio da Fundación non é unha explotación económica - art. 3.3 Lei 49/2002 -, polo que é indiferente a actividade que desenvolve o arrendatario.

O Concello mantén que a sentenza é correcta- as exencións deben ser obxecto de interpretación restrictiva - e que, en todo caso, non procedería a anulación das liquidacións ó falarmos dunha exención rogada.

Verbo da 1ª cuestión suscitada polo letrado do Concello e da que se fai eco a sentenza que se recorre, o artigo 14 Lei 58/2003 o que prohíbe é extender mais aló dos seus termos estrictos o ámbito das exencións, cousa distinta á coma deban interpretarse os termos da exención; cuestión que debe rexerse polo artigo 12 do indicado texto legal e, en consecuencia, aplicando os termos do artigo 1.3 CCivil; cos criterios que establece este artigo debemos fixa-la interpretación correcta do artigo 15 Lei 49/2002 que establece:

1. Estarán exentos do Imposto sobre Bens Inmobles os bens dos que sexan titulares, nos termos previstos na normativa reguladora das Facendas Locais, as entidades sen fins lucrativos, agás os afectos a explotacións económicas non exentas do Imposto sobre Sociedades.

2. ...3....

4. A aplicación das exencións previstas neste artigo estará condicionada a que as entidades sen fins lucrativos comuniquen ao concello correspondente o exercicio da opción regulada no apartado 1 do artigo anterior e ao cumprimento dos requisitos e supostos relativos ao réxime fiscal especial regulado neste Título.

5. O disposto neste artigo entenderase sen prexuízo das exencións previstas na Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.

En concreto o extremo debatido é coma debe interpretarse a afectación a explotacións económicas, dado que o Concello ( e a sentenza obxecto de recurso ) entenden que o selo IBI un tributo real, quen debe cumpri-la condición é o inmoble e non o suxeito pasivo, é dicir, que se a FUNDACIÓN aluga o inmoble a un particular que desenvolve nel unha explotación económica, aínda que as rendas estean exentas do

I.Sociedades, deberá satisface-lo IBI; outra intepretación resulta da sentenza do TSX Cataluña e da resolución da DXT que cita o recorrente.

A STSX Cataluña 396/2013 recolle : O art.º 58.1 da Lei 30/1994 dispoñía que: "Sen prexuízo das exencións actualmente previstas na Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, gozarán de exención no Imposto sobre Bens Inmobles os bens dos que sexan titulares, nos termos previstos no artigo 65 da devandita Lei, as fundacións e asociacións que cumpran os requisitos establecidos no Capítulo I do presente Título sempre que non se trate de bens cedidos a terceiros mediante contraprestación, estean afectos ás actividades que constitúan o seu obxecto social ou finalidade específica e non se utilicen principalmente no desenvolvemento de explotacións económicas que non constitúan o seu obxecto ou finalidade específica ". Polo tanto, co réxime legal anterior, excluíase a exención en tres importantes casos: a) bens cedidos a terceiros mediante contraprestación; b) bens non afectos ás actividades que constitúan o seu obxecto social ou finalidade específica; e c) bens que non se utilicen principalmente no desenvolvemento de explotacións económicas que non constitúan o seu obxecto ou finalidade específica.

- A exención prevista na Lei 49/2002 é moito máis ampla, ao dispoñer o seu art.º 15.1 que: "Estarán exentos do Imposto sobre Bens Inmobles os bens dos que sexan titulares, nos termos previstos na normativa reguladora das Facendas Locais, as entidades sen fins lucrativos, agás os afectos a explotacións económicas non exentas do Imposto sobre Sociedades ". En consecuencia, co réxime actual, aplicable no presente caso, unicamente se exclúen da exención os bens afectos a explotacións económicas non exentas do Imposto sobre Sociedades. En particular, desapareceu a excepción relativa aos bens cedidos a terceiros mediante contraprestación, de maneira que a exención alcanza aos bens arrendados.

Ademais, a Lei 49/2002 sinala no parágrafo segundo do requisito 3. º do artigo 3 que: "Para os efectos desta Lei, considérase que as entidades sen fins lucrativos desenvolven unha explotación económica cando realicen a ordenación por conta propia de medios de produción e de recursos humanos, ou dun de ambos os dous, coa finalidade de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos. O arrendamento do patrimonio inmobiliario da entidade non constitúe, para estes efectos, explotación económica ". Esta previsión legal é, como se destacou doctrinalmente, unha das grandes innovacións contidas na Lei 49/2002, con importantes efectos prácticos.

Considérase pola Lei, en efecto, que o arrendamento do patrimonio inmobiliario da entidade non constitúe, para estes efectos, explotación económica, fronte á regra contida no artigo 25.2 da Lei 40/1998, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, o cal considera como actividade económica o arrendamento de bens inmobles cando se conte cun local e cunha persoa contratada a tempo completo. Por iso, con independencia da concorrencia dos requisitos do devandito art.º 25.2 da Lei 40/1998, segundo a Lei 49/2002 o arrendamento do patrimonio inmobiliario da entidade nunca constitúe, para estes efectos, explotación económica, cóntese ou non cos citados local e persoa contratada a tempo completo.

Como consecuencia diso, ás rendas obtidas polo arrendamento do patrimonio inmobiliario non lle serán aplicables os límites da Lei 49/2002 relativos ao 40 por 100 e á competencia desleal, debendo entenderse por tal patrimonio inmobiliario todos os bens inmobles dos que a entidade sexa titular, tanto os afectos á actividade coma os non afectos, ao tratarse da tradución dos bens dotacionales a diñeiro.

3. Interpretación do art.º 15.1 Lei 49/2002

A resolución da cuestión controvertida virá condicionado pola interpretación que se dea ao inciso do art.º 15.1 da Lei 49/2002, cando exceptúa da exención do IBI « os [bens] afectos a explotacións económicas non exentas do Imposto sobre Sociedades ».

O tenor literal do precepto propiciou a inicial interpretación seguida polo estudo do Consell Tributari Municipal de Barcelona de data 29 de xuño de 2004, no sentido de que a afectación a explotacións económicas non exentas do IS se refire tanto á entidade sen ánimo de lucro coma a calquera dos arrendatarios do inmoble.

Pola contra, senllas Consultas vinculantes da Dirección Xeral de Tributos seguen o criterio oposto:

-- A Consulta núm. V1940-05, de data 29 de setembro de 2005, referida, como «FEITOS» a «Fundación privada acollida á Lei 49/2002 que non desenvolve explotación económica ningunha, e que é suxeito pasivo do Imposto sobre Bens Inmobles por ser titular de inmobles obxecto de arrendamento» e como «CUESTIÓNFORMULADA», «Desexa saber se ten dereito á exención do apartado 1 do artigo 15 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, aínda que o arrendatario afecte o inmoble a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
3 sentencias
  • SJCA nº 1 167/2018, 18 de Octubre de 2018, de Santander
    • España
    • October 18, 2018
    ...sujeto pasivo. Así lo deduce de la EM de la Ley 16/2012 y doctrina jurisprudencial que cita, STS 10-12-2015 rec. 3568/2014 y STSJ de Galicia de 18-6-2014. En apoyo de su postura argumenta que el arrendamiento no es una actividad económica, sino que en la LIRPF y su reglamento tributa como r......
  • SJCA nº 1 146/2021, 28 de Junio de 2021, de Santander
    • España
    • June 28, 2021
    ...realice por cuenta propia una actividad económica no exenta del impuesto sobre sociedades ." Y es al que recoge la también citada STSJ de Galicia de 18-6-2014, se ref‌iere al mismo precepto Con esto, es claro que deben anularse los recibos girados a bienes aun arrendados. E incluso, en el s......
  • STS, 10 de Diciembre de 2015
    • España
    • December 10, 2015
    ...la Sección Cuarta de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, en el recurso de apelación núm. 15027/2014 , presentado por la Fundación Pedro Barrié de la Maza contra la sentencia de 11 de marzo de 2014 del Juzgado de lo contencioso-administrativ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR