SAP Pontevedra 552/2013, 23 de Julio de 2013

JurisdicciónEspaña
Fecha23 Julio 2013
Número de resolución552/2013

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00552/2013

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

SEDE VIGO

N01250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2010 0001658

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000133 /2012 B

Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 1 de VIGO

Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000131 /2010

Apelante: NCG BANCO S.A.

Procurador: FRANCISCO JAVIER TOUCEDO REY

Abogado: ELISA LEIRADO GONZALEZ

Apelado: PROMOCIONES TURISTICAS JACOBEAS, S.A.

Procurador: BENITO ESCUDERO ESTEVEZ

Abogado: JUAN IGNACIO NAVAS MARQUES

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Dª Magdalena Fernández Soto e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 552/13

Vigo, vinte e tres de xullo de dous mil trece.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 131/10 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 133/12, nos que aparece como parte apelante e demandado NCG BANCO S.A., representada polo/ a procurador/a D./D.ª FRANCISCO JAVIER TOUCEDO REY e asistida do/da letrado/a D./D.ª ELISA LEIRADO GONZÁLEZ, e como parte contra da que se apela e demandante PROMOCIONES TURÍSTICAS JACOBEAS S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª BENITO ESCUDERO ESTÉVEZ e asistida do/ da letrado/a D./D.ª JUAN I. NAVAS MARQUÉS .

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

  1. ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 30 de setembro de 2011, ditou unha

sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Estimando íntegramente la la demanda promovida por la representación de Promociones Turísticas Jacobeas S.A. contra Caixa Galicia, debo declarar y declaro la nulidad del contrato Marco para Cobertura de Operaciones Financieras, de fecha 22 de febrero de 2007 y de la Confirmación de cobertura de Tipos de Interés o Anexo a Contrato Marco, de fecha 23 de febrero de 2007, suscritos entre las partes, por concurrir error invalidante en el consentimiento presentado por la demandante; debiendo ambas partes restituirse recíprocamente lo percibido en virtud e los citados contratos durante la vigencia de los mismos.

Se hace expresa imposición a la demandada de las costas procesales."

Segundo

Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Francisco Javier Toucedo Rey, en representación de NCG BANCO S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 4 de xullo de 2013.

Terceiro

Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

  1. FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

A parte actora, Promociones Turísticas Jacobeas, S.A., que ten como obxecto social o eido

da hostalería, o día 22 de febreiro de 2007 celebrou coa demandada, á sazón A Caixa de Aforros de Galicia, o "contrato marco para cobertura de operacións financieiras", co complemento ou anexo de "confirmación cobertura de tipos de xuro" do día seguinte. Atopámonos, en definitiva, ante un contrato de permuta de tipos de xuro, que se define na Condición Xeral Segunda do contrato como aquela operación pola que ambas partes acordan intercambiar no futuro unha serie de fluxos de xuros referenciados a un tipo variable ou fixo, por outros pactados a un tipo variable ou fixo. Na Condición Xeral Segunda do contrato marco, baixo o rótulo de "Duración", se dispón que o contrato se pacta por un período dun ano a contar dende a data da súa sinatura, podendo prorrogarse tácitamente por períodos anuais sucesivos, agás que medie un preaviso de, alomenos, un mes anterior á data na que se quera dar por rematado. A confirmación cobertura de tipos de xuro establece como datas de inicio e de vencimento da operación os días 28 de febreiro de 2007 e 2011, respectivamente. Se fixa un valor nocional de 2.4000.000 euros. Coa mesma data, do 22 de febreiro de 2007 a demandante celebra coa entidade bancaria demandada contrato de préstamo con garantía hipotecaria, polo importe de

2.500.000 euros, a devolver no prazo de 204 meses (dezasete anos), con un período carencial durante os vinte e catro primeiros meses, e cuns xuros ordinarios ou remuneratorios do 4,5% ata o día 1 de marzo de 2008, e a partires desta data o euribor mais 0,45 puntos porcentuais, co teito do 10% e co solo do 3%.

Promociones Turísticas Jacobeas, S.L. formula a presente demanda interesando, principalmente, que se declare a nulidade do contrato marco de 22 de febreiro de 2007 e da confirmación de cobertura do día seguinte, con restitución das sumas recíprocamente percibidas; e subsidiariamente, que se declare que a duración da relación contractual é dun ano, a contar dende o día 28 de febreiro de 2007, establecéndose esa data como a de inicio do contrato, e como data de vencimento o 28 de febreiro de 2008, podendo ser deixado sen efecto o contrato co preaviso dun mes de antelación por calesquera das partes contratantes.

Segundo

A actora invoca como fundamento da súa pretensión de nulidade do contrato, e citamos as súas propias e literais expresións, que Caixa Galicia lle asesora e convence para que subscriba outro produto que lle resultase beneficioso para a mercantil atendendo a súa situación crediticia e de endebedamento bancario, que se lle asegura que este produto lle protexía ante as subas de xuros tan acuciantes que estábanse producir nese intre e que podían afectar ao préstamos hipotecario, que se lle ofrecía asegurar a continxencia dunha posible suba dos tipos de xuro do préstamo contratado, que non se lle facilitou información ningunha respecto das consecuencias da baixada dos tipos, que en ningún momento chegouse explicarlle a posibilidade -ainda que for a máis mínima- de que a subscrición do produto puidese traer aparellado ningún tipo de prexuizo nin, moito menos, que se vira obrigado a sofrir perdas, ou que, tendo asinado, supostamente, un contrato que lle protexía fronte á suba de tipos, resultou sorprendido polas consecuencias catastróficas, fora de toda lóxica, da baixada de tipos. Invoca, en definitiva, a parte demandante unha falta de información, clara, facilmente entendíbel e integral, comprensiva dos pros e contras da operación, que moveu a súa vontade por mor do erro padecido e achacable á demandada, todo iso dentro dun contexto de confianza depositada na entidade, dunha proposta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • ATS, 21 de Diciembre de 2016
    • España
    • 21 Diciembre 2016
    ...instancia, el 23 de julio de 2013, por la Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6.ª con sede en Vigo, en el rollo de apelación n.º 133/2012 , dimanante del juicio ordinario n.º 131/2010, seguido ante el Juzgado de Primera Instancia n.º 1 de Por la indicada Audiencia Provincial se tuvo......
  • STS 260/2017, 26 de Abril de 2017
    • España
    • Tribunal Supremo, sala primera, (Civil)
    • 26 Abril 2017
    ...Esta sala ha visto el recurso de casación interpuesto contra la sentencia de fecha 23 de julio de 2013, dictada en recurso de apelación núm. 133/2012, de la Sección Sexta de la Audiencia Provincial de Pontevedra , dimanante de autos de juicio ordinario núm. 147/2010, seguidos ante el Juzgad......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR