STSJ Galicia 420/2013, 5 de Junio de 2013

JurisdicciónEspaña
Fecha05 Junio 2013
Número de resolución420/2013

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00420/2013

- N11600

N.I.G: 15030 33 3 2012 0015402

Procedimiento : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015428 /2012 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. BANCO DE CAJA ESPAÑA DE INVERSIONES, SALAMANCA Y SORIA,S.A.

LETRADO LUIS MARIA GONZALEZ NAVARRO

PROCURADOR D./Dª. RAMON DE UÑA PIÑEIRO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECO NO MICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

LETRADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

CODEMANDADO: CONSELLERIA DE FACENDA

LETRADO DE LA XUNTA DE GALICIA

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

A CORUÑA, cinco de xuño de dous mil trece.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15428/2012, pende de resolución ante esta Sala, presentado por BANCO CAJA DE ESPAÑA DE INVERSIONES SALAMANCA Y SORIA SA, representado polo procurador Dº De Uña Piñeiro, dirixido polo letrado Dº.González Navarro, contra o acordo de 15.03.2012 do TEAR QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OTRO DE LA OFICINA LIQUIDADORA DEL DISTRITO HIPOTECARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA SOBRE LIQUIDACION PROVISIONAL POR IMPUESTO TRANSMISIONES PATRIMONIALES Y ACTOS JURIDICOS DOCUMENTADOS, RECLAMACION 15/4649/11. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

4.192,37 EUROS .

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 15.03.2012 do TEAR que rexeita a reclamación contra a liquidación de ITPAXD derivada da escritura de 15.05.2009; compravenda de inmoble, subrogación e novación.

Na escritura GALLEGA DE PROYECTOS INMOBILIARIOS SL vende a vivenda NUM000 do polígono NUM001 do SUP-5 de A Choupana por 258.437 euros mailo IVE a Dº Aurelio ; o comprador retén 224.687 euros ( capital pendente do préstamo que asume coma débeda persoal ). Subrogacion no préstamo hipotecario mudando o tipo de xuro, e inclúen un AFIANZAMENTO SOLIDARIO de Dº Eutimio e Dª Miriam para o pagamento do préstamo hipotecario

A recorrente liquidou a operación coma exenta ( art. 15.1 RDL 1/1993 ) e liquidáronlle pola cláusula de afianzamento.

SEGUNDO

O recorrente sostén que a fianza constituíuse en garantía do préstamo hipotecario, polo que estarmos no suposto do artigo 15.1 RDL 1/1993, en tanto que a administración alega que estarmos ante cláusulas independentes xa que non existiu simultaneidade entre a constitución do préstamo hipotecario e a fianza.

O recorrente entende que o artigo 25 RD 828/1995 incorre nun exceso e debe atenderse a súa finalidade.

A cuestión sobre a hipotética ilegalidade do citado art.º 25, no seu momento, foi abordada polo noso Tribunal Supremo na STS de 3-11-1997, no sentido de rexeitar tal hipótese, destacando que «... o precepto (...) recolle a posición tradicional do Tribunal Supremo sobre esta cuestión, que, nun principio, se inclinou decididamente, salvo contadas excepcións, polo criterio da simultaneidade e, posteriormente, matizou que a devandita simultaneidade non debía entenderse como unidade de acto ou formalización no mesmo documento, senón no sentido de que do documento contractual inicial de constitución do préstamo tiña que derivarse tanto este mesmo coma a garantía, ou que esta estivese xa anunciada na conformación daquel (...) non pode pensarse que tal artigo incorrese nunha extralimitación regulamentaria, xa que tan só se contrae a interpretar, aclarar ou completar o disposto no artigo 15.1 do Texto Refundido de 1993 (sendo así, ademais, que, de tal modo, non fixo máis que temperarse ao criterio mantido pola xurisprudencia). Cegar a vía regulamentaria a aspectos meramente aclaratorios ou matizadores literariamente do Texto Refundido sería desvirtuar a potestade regulamentaria e deixala reducida a unha simple posibilidade de reproducir o texto legal habilitante».

Resolta esta cuestión a pretensión cínguese a dúas cuestións: a) garantía xa prevista no préstamo hipotecario orixinario e b) novación do crédito e, en consecuencia, outorgamento simultáneo da garantía.

Verbo da primeria cuestión; non se proba pola parte recorrente que a constitución da fianza, para o caso de subrogación no préstamo, estivera xa prevista na escritura inicial de préstamo con garantía hipotecaria; non se xunta a escritura orixinaria e na de 15.05.2009 nada se indica, polo que partirmos de que esta previsión non figuraba e estarmos, en consecuencia, ante unha fianza que nace ex novo na escritura de 15.05.2009. Verbo da segunda cuestión: se a escritura de subrogación, con novación da persoa do debedor e modificación dos xuros e a constitución da fianza é un suposto do art. 15.1 RDL 1/1993, é dicir, estarmos propiamente ante un novo préstamo hipotecario con constitución simultánea doutras ganatías:

A sentenza 136/2013 do TSX Estremadura fai un resumo do criterio da xurisprudenza e indica: es posición mayoritaria en los Tribunales Superiores de Justicia la que considera que la fianza solidaria se presta en garantía del préstamo hipotecario, sin que pueda considerarse autónoma o independiente del mismo. La devolución del préstamo hipotecario en los términos pactados en la escritura de compraventa donde interviene la parte compradora que se convierte en el nuevo deudor de la entidad financiera se ha asegurado con dos garantías distintas -la hipoteca y la fianza-, reforzando doblemente la confianza del acreedor pero con una vinculación clara y directa al préstamo que se formaliza en esta segunda escritura pública. Así pues, vinculada la fianza al préstamo hipotecario realizado por la entidad financiera no tributa por un concepto distinto al del propio préstamo. Así, la sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Murcia de fecha 26-10-2012 (EDJ 2012/238167) señala lo siguiente: "La Sala se pronunciado sobre la cuestión jurídica debatida en un caso similar al presente seguido entre las mismas partes, en sentencia 539/2011, de 30 de mayo (recurso 360/08 ), cuyos criterios por razones evidentes de coherencia y unidad de criterio deben ser mantenidos en la presente. Consideraba la Sala en dicha sentencia que había de confirmarse la resolución del TEARM (estimatoria de la reclamación formulada por el Banco de Valencia S.A.), por entender que se cumplían todos los requisitos legal y reglamentaria exigidos: "por un lado, ha de estimarse que la fianza se constituye simultáneamente con el otorgamiento del préstamo hipotecario al prestatario (no puede aceptarse la tesis de la administración regional de que estemos en presencia de una simple subrogación, sin que existe una auténtica novación) pero es que, además, en la escritura inicial, en su apartado decimotercero, se prevé expresamente que ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
3 sentencias
  • STSJ Galicia 397/2016, 18 de Julio de 2016
    • España
    • 18 Julio 2016
    ...cuestión litigiosa ha sido ya resuelta en nuestras sentencias de 21/1/2015 (recurso 15056/14 ); 22/12/2014 (recurso 15179/2014 ); 5/6/13 (recurso 15428/12 ). En esta última dijimos y ahora reproducimos: art. 15.1 RDL 1/1993 ) e liquidáronlle pola cláusula de O recorrente sostén que a fianza......
  • STSJ Galicia 759/2014, 22 de Diciembre de 2014
    • España
    • 22 Diciembre 2014
    ...como acertadamente destaca la recurrente en su escrito de conclusiones, la cuestión litigiosa ha sido ya resuelta en nuestra sentencia de 5/6/13 (recurso 15428/12 ), en términos que se reproducen íntegramente para mejor comprensión de la solución art. 15.1 RDL 1/1993 ) e liquidáronlle pola ......
  • STSJ Galicia 659/2016, 21 de Diciembre de 2016
    • España
    • 21 Diciembre 2016
    ...la cuestión litigiosa ha sido ya resuelta en nuestras sentencias de 21/1/2015 (recurso 15056/14); 22/12/2014 (recurso 15179/2014); 5/6/13 (recurso 15428/12) en sentido estimatorio de la pretensión de la actora. En esta última dijimos y ahora reproducimos: art. 15.1 RDL 1/1993 ) e liquidáron......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR