SAP Lugo 667/2012, 13 de Diciembre de 2012

JurisdicciónEspaña
Fecha13 Diciembre 2012
Número de resolución667/2012

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

LUGO

SENTENCIA: 00667/2012

ILTMOS. SRES.:

D. JOSÉ ANTONIO VARELA AGRELO

D. JOSE RAFAEL PEDROSA LOPEZ

D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE (suplente)

Lugo, trece de decembro de dous mil doce.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo viu, en grao de apelación, o rolo de sala n.º 664/12, dimanante dos autos de xuízo de Ordinario 227/12, seguido no Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Lugo, sobre reclamación de cantidade, foron partes no recurso, como apelante, Dª. Marí Juana

, representado polo procurador Sra. Arias Regueira e baixo a dirección do letrado Sr. García Bernardo, e apelados ALQUIMONTAXE S.L., representado polo procurador Sra. García Méndez e asistido do letrado Sr. Lodos Vaquero, AXA SEGUROS GENERALES S.A. representado polo procurador Sr. Cabo Silva e asistido do Letrado Sr. López Perez, HERJOLUFER S.L. representado polo procurador Sra. Cendán Fernández-peinado e asistido do Letrado Sr. Amarelo Fernández. Actúa como maxistrado-relator o Iltmo. Sr. D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Con data trinta e un de xulio de dous mil doce, o Xulgado de Primeria Instancia nº 2 de Lugo, dictou unha sentencia que na súa parte dispositiva di: "

FALLO

Desestimar la demanda interpuesta por la procuradora doña Mª José Arias Regueira en nombre y representación de doña Marí Juana contra las entidades Herjolufer S.L., Alquimontaxe, S.L. y la entidad aseguradora Axa Seguros S.A., con imposición de las costas causadas en esta instancia a la actora".

SEGUNDO

A parte demandante interpuxo un recurso de apelación contra a devandita sentencia, téndose por preparado o mesmo e cumpridos os trámites do art. 458 e seguintes da L.A.C. 1/2000 eleváronse as actuacións a esta Sección Primeira da Audiencia Provincial para a resolución procedente.

TERCEIRO

Na tramitación do presente recurso observáronse, en ámbalas dúas instancias, tódalas formalidades legais.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Na presente apelación a recorrente álzase fronte á sentencia de 31 de xullo de 2012, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Lugo, na que se desestima a demanda presentada no seu día pola actora agora apelante. A pretensión exercitada pola demandante consistiu na reclamación de cantidade

(6.333,42 euros, máis intereses), derivada da obriga nacida do acto ilícito, de acordo co sinalado no art. 1902 CC, fronte ás entidades mercantís HERJOLÚFER, S.L., ALQUIMONTAXE, S.L., e a aseguradora AXA, en concepto de danos persoais sufridos pola actora ao caer o 12 de xullo de 2010 ao chan por tropezar cunha barra da estada instalada na rúa Ochoa de Lugo á altura do nº 32. Dita estada fora montada para atender unhas obras executadas pola demandada HERJOLÚFER, quen tiña un seguro de responsabilidade civil concertado coa aseguradora - tamén demandada - AXA e era propiedade da co-demandada ALQUIMONTAXE, que tamén instalou a mencionada estada.

A sentencia de instancia desestima integramente a pretensión ao entender que o accidente ocorreu por culpa exclusiva da vítima, ao ser a estada un corpo voluminoso e absolutamente eludíbel, ao existir espazo suficiente na beirarrúa para poder evitala, e por non constar nos autos a existencia dunha normativa que impoña ou aconselle a necesidade de sinalizar ou valar as estadas, polo que non se aprecia, a xuízo da xulgadora a quo, cal é a norma infrinxida polos responsábeis da seguridade na súa instalación, nin poder desprenderse do art. 1902 CC a esixencia de dita norma de prudencia.

Fronte a esta resolución álzase a representación procesual de Dna. Marí Juana por entender que se incorre na sentencia de instancia nunha incorrecta valoración da proba e aplicación do dereito, ao estimar que da proba practicada e da normativa sectorial aplicábel ao caso se desprende a culpa dos demandados. Estas alegacións deben ser, a xuízo desta Sala, estimadas, cando menos en parte.

SEGUNDO

A xurisprudencia do Tribunal Supremo ten consolidado unha doutrina constante respecto dos requisitos que esixen as pretensións de responsabilidade extracontractual ex art. 1902 CC, como son

  1. a existencia dun acto ilícito por parte da persoa fronte a que se reclama a indemnización; b) a existencia dun dano concretado na produción de prexuízos reais e efectivos para o demandante; c) a existencia dunha relación de causalidade entre a acción (ou omisión) ilícita - e culposa - e o dano ou prexuízo sufridos, de xeito que este último sexa consecuencia da primeira; d) culpabilidade, entendida como atribución da conduta danosa ao suxeito por supor unha infracción das regras de dilixencia, atención e precaución, xa sexa por dolo, ou por unha actuación desprovista da atención e dilixencia debidas.

A Sala do Civil do Tribunal Supremo, á hora de analizar a necesaria relación de causalidade como elemento constitutivo da responsabilidade ex tracontractual ex art. 1902 CC, baséase na doutrina xurisprudencial da causalidade axeitada ou eficiente para determinar a existencia de relación ou enlace entre a acción ou omisión - causa - e o dano ou prexuízo resultante - efecto -, mais sempre remata por afirmar que opta decididamente por solucións ou criterios que lle permitan valorar en cada caso se o acto antecedente que se presenta como causa ten a virtualidade suficiente para que o mesmo se derive como consecuencia necesaria, o efecto danoso producido e que a determinación do nexo causal debe inspirarse na valoración das condicións ou circunstancias que o bo sentido sinale en cada caso como índice de responsabilidade, dentro do infinito encadeamento de causas e efectos, con abstracción de todo exclusivismo doutrinal pois, como vén repetindo con reiteración, se ben o art. 1902 CC descansa nun principio básico culpabilista, non é permitido descoñecer que a dilixencia requirida comprende non só as prevencións e coidados regulamentarios, senón todos os que a prudencia impoña para previr o evento danoso, con inversión da carga da proba e presunción de conduta culposa do axente, así como a aplicación, dentro dunhas prudentes pautas, da responsabilidade baseada no risco, aínda que sen erixila en fundamento único da obriga a resarcir; todo o cal permite entender que para responsabilizar unha conduta non só ha de atenderse a esta dilixencia esixíbel, segundo as circunstancias persoais, de tempo e lugar, senón ao sector do tráfico ou contorna física ou social onde se proxecta a conduta, para determinar se o axente obrou co coidado, atención e perseveranza apropiados e coa reflexión necesaria para evitar o prexuízo ( STS de 3 de xullo de 1998 e, no mesmo sentido, SSTS de 23 de marzo de 1984, 1 de outubro de 1985, 2 de abril e 17 de decembro de 1986, 17 de xullo de 1987 y 19 de febreiro de 1992 ).

Igualmente, a STS de 24 de maio de 2004 declarou que "se require unha cumprida demostración do nexo causal, porque o cómo e o por qué se produciu o accidente constitúen elementos indispensábeis para o exame da causa eficiente do evento danoso ( SSTS, entre outras, de 13 de febreiro y 3 de decembro de 1992, 27 de decembro de 2002, 9 de xullo e 26 de novembro de 2003 ), e, aínda que para tal demostración non son suficientes as meras conxecturas, deducións ou probabilidades ( SSTS de 4 de xullo de 1998, 6 de febreiro e 31 de xullo de 1999, entre outras), porén, en determinados casos admítese a posibilidade de que a certeza se resolva mediante unha apreciación de probabilidade cualificada ( SSTS de 30 de novembro de 2001, 29 de abril de 2002 e 16 de abril de 2003, entre outras). Así mesmo, vén entendendo a xurisprudencia que a determinación do nexo causal debe inspirarse na valoración das condutas ou circunstancias que o bo sentido sinale en cada caso como índice de responsabilidade, dentro de infinito encadeamento de causas e efectos (por todas STS de 16 de maio de 2001 ) e que non cabe considerar como non eficiente a que, aínda concorrendo con outras, prepare, condicione ou complete a acción da causa última ( SSTS, entre outras, de 13 de febreiro e 10 de novembro de 1999, 29 de decembro de 2000, 3 de decembro de 2002, e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR