STSJ Galicia 222/2011, 10 de Marzo de 2011

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2011:2273
Número de Recurso16142/2009
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución222/2011
Fecha de Resolución10 de Marzo de 2011
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00222/2011

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0016142/2009

RECURRENTE: MONTAJES TUBACER, S.L.

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dez de marzo de 2011.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0016142/2009, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por MONTAJES

TUBACER,S.L., representado pola procuradora dona BEATRIZ CASTRO ALVAREZ, e dirixido polo letrado don LUIS ALBERTO GARCIA ALONSO, contra

ACUERDO DE 12-03-09 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OTRO DE DEPENDENCIA REGIONAL DE INSPECCION DE LA DELEGACION ESPECIAL

DE GALICIA SOBRE LIQUIDACION POR IMPUESTO RENTA PERSONAS FISICAS, EJERC. 2005. 15/903 Y 1177/2008. É parte a Administración demandada

TRIBUNAL ECO NO MICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, representado polo ABOGADO DEL ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibiuse o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 102.466,37 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 12.03.2009 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación Acta A02 núm. 71372132 por retencions e ingresos a conta por rendementos de traballo persoal e actividades profesionais do IRPF ano 2005 e sanción tributaria.

Non lle admiten que as cantidades que paga ó persoal por desprazamentos e axudas de custo por manutención estean exentas por ser desprazamentos do domicilio do traballador ó centro de traballo, ademais de supera-las cantidades máximas que establece a normativa do IRPF.

SEGUNDO

O recurso baséase: a) incumprimento pola inspección tributaria dos requisitos mínimos das actas de non conformidade e informe ampliatorio.

Sostén que o acta (e o propio informe ampliatorio) carece da debida motivación o non reflicti-los medios de coñecemento utilizados para a comprobación dos feitos, no exterioriza-las razón, realiza un exame moi xeral da documentación...

Como recolle a STSX Valencia 1400/2008: Con relación ao primeiro motivo do recurso, suposta falta de motivación e de proba por parte da Administración, hase de recordar, con carácter previo, que o artigo 145, apartado 1, letra b), da Lei Xeral Tributaria aplicable ao caso de autos (230/1963), dispón: «1 En las Actas de la Inspección que documenten o resultado das súas actuacións consignaranse: (...) b). Os elementos esenciais do feito impoñible e da súa atribución ao suxeito pasivo (...)», e o art.º 49, apartado 2, letra d), do Regulamento Xeral da Inspección dos Tributos, aprobado por Real Decreto 939/1986, do 25 de abril, dispón: «2 . Nas actas da Inspección que documenten o resultado das súas actuacións consignaranse: (...) d) Os elementos esenciais do feito impoñible e da súa atribución ao suxeito pasivo, retedor, ou obrigado a efectuar ingresos a conta con expresión dos feitos e circunstancias con transcendencia tributaria que resultasen das actuacións inspectoras ou referencia ás dilixencias onde se fixesen constar, e) No seu caso, a regularización que os actuarios estimen procedente das situacións tributarias, con expresión, cando proceda, das infraccións que aprecien, incluíndo os intereses de demora e as sancións pecuniarias aplicables, con especificación dos criterios para a súa graduación, e determinando a débeda tributaria debida polo suxeito pasivo, retedor ou responsable solidario (...)»,

En canto ás liquidacións, a Lei Xeral Tributaria esixía (art.º 121.2) e esixe (art.º 124 ) expresión concreta de feitos e elementos que a motivan cando a liquidación supoña un aumento da base impoñible respecto da declarada polo interesado.

A doutrina do Tribunal Supremo sobre ambos os dous artigos recóllese con claridade na sentenza TS

  1. ª, Sec. 2. ª, de 10-05-2000 (rec. 5760/1995): «soster que tanto nas actas de conformidade, como nas de desconformidade, e mesmo nas dilixencias estendidas para facer constar feitos ou circunstancias, é obrigado expoñer de modo pormenorizado e concreto os elementos do feito impoñible, debidamente circunstanciado, que determinan os aumentos da base impoñible, ou as modificacións das deducións, reducións, bonificacións, etc., de modo que o contribuínte coñeza debidamente os feitos que acepta nas actas de conformidade ou que nega nas de desconformidade».....

A obriga de notificar os elementos básicos do cálculo do aumento da base impoñible é unha manifestación no Dereito Tributario desa obriga xenérica que ten a Administración de motivar, con sucinta referencia de feitos e fundamentos de Dereito, os actos administrativos que limiten dereitos subxectivos ou intereses lexítimos, motivación que, á súa vez, é consecuencia dos principios de seguridade xurídica e de interdición da arbitrariedade enunciados polo apartado 3 do artigo 9. º CE da Constitución e que tamén dende outra perspectiva pode considerarse como unha esixencia constitucional imposta non só polo artigo 24.2 CE senón tamén polo artigo 103 (principio de legalidade na actuación administrativa). Neste sentido, veuse destacando tanto pola xurisprudencia coma pola doutrina, a estreita conexión entre o requisito da motivación e o dereito de defensa do obrigado tributario. Pero a esixencia de motivación non se reduce a esa conexión. A obriga de motivar non está prevista só como garantía do dereito á defensa dos contribuíntes, senón que tende tamén a asegurar a imparcialidade da actuación da Administración tributaria así como da observancia das regras que disciplinan o exercicio das potestades que lle foron atribuídas.

Por iso, que o Tribunal Supremo viñese esixindo reiteradamente o cumprimento dos requisitos de motivación das liquidacións tributarias, de acordo coa esixencia recollida no artigo 124 da lei Xeneral Tributaria con todo o rigor inherente a toda garantía do administrado ( SS.T.S. de 14 de novembro de 1988, 30 de xaneiro de 1989, 16 de novembro de 1993 e 15 de novembro de 1995 ).

A finalidade da normas transcribidas é que o inspeccionado teña coñecemento dos «feitos» e «fundamentos xurídicos» dos que parte o Inspector, posibilitando a impugnación puntual de cada un dos mesmos, evitando así indefensión ningunha, o cal significa, que o suxeito pasivo debe coñecer por medio do exemplar da acta, que lle entregan os Inspectores Actuarios, e que opera como notificación, os feitos e motivos da proposta de liquidación, como esixe o artigo 124, apartado 1, a), da Lei Xeral Tributaria, así como as circunstancias concorrentes que permitan coñecer a tipificación das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
4 sentencias
  • STSJ Galicia 657/2016, 21 de Diciembre de 2016
    • España
    • 21 Diciembre 2016
    ...ni diferencias de criterio razonables, extremo al que ni siquiera alude la actora en su demanda. En nuestra sentencia de 10 de marzo de 2011 (Recurso número 16142/2009 ) -de la que se ha hecho eco la posterior de 12 de marzo de 2014 (Recurso: 15740/2012) respecto de la cual el Tribunal Supr......
  • STSJ Galicia 540/2016, 2 de Noviembre de 2016
    • España
    • 2 Noviembre 2016
    ...razonables, extremo al que ni siquiera alude la actora en su demanda. Como ya ha razonado esta Sala en la sentencia de 10 de marzo de 2011 (Recurso número 16142/2009 ) -de la que se ha hecho eco la posterior de 12 de marzo de 2014 (Recurso: 15740/2012) respecto de la cual el Tribunal Suprem......
  • STSJ Galicia 145/2014, 12 de Marzo de 2014
    • España
    • 12 Marzo 2014
    ...por mucho que la actora pretenda en su demanda convencer de lo contrario. Como ya ha razonado esta Sala en la sentencia de 10 de marzo de 2011 (Recurso número 16142/2009 ), a propósito de la sanción impuesta a una empresa que había incumplido la normativa sobre retenciones e ingresos a cuen......
  • STS, 17 de Octubre de 2013
    • España
    • 17 Octubre 2013
    ...del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, de fecha 10 de marzo de 2011, dictada en el recurso contencioso-administrativo número 16142/2009 , promovido respecto de resolución del Tribunal Económico-Administrativo Regional de Galicia, de 12 de marzo de 2009, en materia de liquidaciones po......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR