STSJ Galicia 869/2010, 21 de Octubre de 2010

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2010:9185
Número de Recurso15122/2009
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución869/2010
Fecha de Resolución21 de Octubre de 2010
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00869/2010

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015122/2009

RECURRENTE: FRANCE TELECOM ESPAÑA,S.A.

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONCELLO DE LALIN (PONTEVEDRA)

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e un de outubro de dous mil dez.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0015122/2009, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi

interposto por FRANCE TELECOM ESPAÑA,S.A., representada polo procurador don ANTONIO PARDO FABEIRO, e dirixida

pola letrada dona ESTHER ZAMARRIEGO SANTIAGO, contra ACUERDO DE 19-12-08 DEL AYUNTAMIENTO DE LALIN

SOBRE APROBACION DEFINITIVA DE LA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DE LA TASA POR UTILIZACION PRIVATIVA

O APROVECHAMIENTO ESPECIAL DE DOMINIO PUBLICO LOCAL POR EMPRESAS SUMINISTRADORAS DE SERVICIOS

DE TELEFONIA. B.O.P. 249 DE 26-12/2008. É parte a Administración demandada CONCELLO DE LALIN (PONTEVEDRA),

representado polo letrado don LUIS BENJAMIN GONZALEZ RODRIGUEZ.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO.- Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO.- Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibiuse o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO.- Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO. - O acto que se recorre é o acordo de 19.12.2008 do Concello de Lalín que aproba a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local de empresas subministradoras do servicio de telefonía móbil.

SEGUNDO.- O Recurso baséase en: a) infraccións de carácter formal: incumprimentos dos artigos 29.2.a) e 31.1 da Lei 32/2003 e incumprimento do artigo 17.1 RDL 02/2004 , e b) infraccións substantivas (non se realiza o feito impoñible, cuantificación da taxa ilegal, dereitos constitucionais infrinxidos e vulneración da normativa comunitaria).

O recorrente sostén que o Concello de Lalín non cumpriu coa obriga imposta polo artigo 29.2 Lei Xeral de Telecomunicacións : traslado da ordenanza á Comisión do mercado de Telecomunicacións para que esta publique unha sinopse en Internet, e que ata que se proceda a esta publicación a ordenanza non pode entrar en vigor.

En nigún precepto da Lei de Facendas Locais - RDL 02/2004- condiciónase a entrada en vigor da ordenanza a outro requisito que á súa publicación no BOP ( art. 17.4 RDL 02/2004 e 70.2 Lei 07/1985 ), e tampouco pode entenderse que este réxime sexa modificado pola Lei 32/2003 , que se limita a establecer unha obriga de cooperación entre administracións.

O eventual incumprimento desta cooperación non leva consigo que a ordenanza non entre en vigor, senón, no seu caso, a responsabilidade que proceda do Concello e a esixir pola Comisión do mercado de telecomunicacións. Como indica a STSJ Navarra de 30.11.2008: E por último, no escrito de conclusións alegou a recorrente o incumprimento dos requisitos de publicidade e información establecidos polos Artigos 29.2 e 31 L.G . Telecomunicacións de 2003 en relación ao apartado (34) da Directiva 2002/20 CE e 49.3 da mesma Lei Estatal .

Pero o discutido incumprimento de tales requisitos sen prexuízo da «sanción» ou «corrección» que procede no ámbito sectorial de telecomunicacións non é obstáculo á validez e eficacia da Ordenanza recorrida xa que esta cumpre o requisito de publicidade establecido pola norma que regula o procedemento para a súa elaboración

Para o suxeito pasivo da taxa, a entrada en vigor da ordenanza coincide coa publicación no BOP, polo que, rexeitamos este motivo.

Tampouco concorre a nulidade que se denuncia polo feito de que, segundo o recorrente, non se expuso a Ordenanza no taboleiro de anuncios do Concello durante 30 días, dado que, como resulta da certificación xuntada coa contestación á demanda, existiu un erro no expediente (no se fixo constar esta circunstancia) cando o certo é que estivo exposto entre o 07.11 e o 13.12.2008, polo que ningunha irregularidade se cometeu, nin o recorrente sufriu míngua dos seus dereitos por esta causa.

TERCEIRO.- Verbo das demais cuestións; como ben indica o letrado do Concello, tanto a sentenza do TS de 19.02.2009, como outras dos Tribunais Superiores de Xustiza - citadas na nosa sentenza 576/2010 - dan resposta as diversas cuestións suscitadas; así, dixemos:

Verbo do fondo da controversia, este Tribunal - seguindo a xurisprudenza do TS e da maioría dos TSX- xa resolveu a impugnación contra outras ordenanzas fiscales doutros concellos polo mesmo concepta: taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local por parte das empresas de telefonía móvil, onde se alegaban- en esencia- idénticos motivos, e por esixencias do principio de seguridade xurídica, as reproducimos.

Así no Po 15282/2008 - sentenza de 20.01.2010- dixemos (tratábase da Ordenanza de Pontevedra):.... O segundo dos motivos é a vulneración da doutrina das SSTS 18.06 e 17.07.2007 ; segundo o recorrente estas sentenzas sentan como doutrina que as empresas de telefonía móbil están excluídas da Taxa do artigo 24.1.c RDL 02/2004 , sen que lle poida ser reclamada a taxa do artigo 24.1.a .

Non podemos compartir esta pretensión, e para estes efectos facemos nosos os fundamentos da STSJ La Rioja de 12.03.2009 ( rec. 181/2008 ):

O sinalado parágrafo do art. 24.1.c) TRLHL («Non se incluirán neste réxime especial de cuantificación da taxa os servizos de telefonía móbil») fai explícita referencia ao réxime especial de cuantificación, do que en ningún caso pode concluirse, con descoñecemento deses termos legais, que a exclusión faga referencia a toda a taxa en xeral, senón máis ben o contrario, isto é, que se exclúen os servizos de telefonía móbil do réxime especial de cuantificación o que, polo menos implicitamente, significa que estarán incluídos no réxime xeral de cuantificación da taxa, o previsto na letra a) do mesmo precepto legal, sempre que teña lugar a utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local para a prestación daqueles servizos de telefonía móbil.

O igualmente transcribido parágrafo do mesmo art. 24.1.c) TRLHL («As taxas reguladas neste parágrafo c) son compatibles con outras taxas que poidan establecerse pola prestación de servizos ou a realización de actividades de competencia local, das que as empresas a que se refire este parágrafo c) deban ser suxeitos pasivos conforme ao establecido no artigo 23.1.b) desta lei, quedando excluída, polo pagamento desta taxa, a exacción doutras taxas derivadas da utilización privativa ou o aproveitamento especial constituído no chan, subsolo ou voo das vías públicas municipais,») tampouco pode conducir á conclusión pretendida na demanda polos seguintes argumentos:

  1. Aínda que o tenor literal do precepto («as taxas reguladas neste parágrafo», «o pagamento desta taxa», «exacción doutras taxas») puidese indicar que se trate doutra taxa diferente da derivada en xeral da utilización privativa ou o aproveitamento especial do chan, subsolo ou voo, non é ese o significado da norma.

  2. No novo texto legal procedente da Lei 25/1998 establécese: As taxas consistentes no 1,5 por 100 dos ingresos brutos procedentes da facturación «son compatibles con outras que poidan establecerse pola prestación de servizos ou a realización de actividades de competencia local, das que as mencionadas empresas deban ser suxeitos pasivos conforme ó establecido no art. 23 desta Lei », co que quedou corrixida a doutrina en interese da Lei sentada reiteradamente polo Alto Tribunal.

    Así resulta das xustificacións das emendas que propuxeron engadísese o inciso: «A modificación proposta pretende reflectir con claridade, e evitando calquera tipo de dúbida, a existencia dunha especial tributación destas Empresas para as taxas por utilización privativa ou aproveita minto especial que non impide que deban tributar, cando de acordo coa Lei sexan suxeitos pasivos das taxas por prestación de servizos ou realización de actividades» (emenda núm. 67);

    A modificación pretende clarificar a existencia dunha especial tributación destas Empresas para as taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial que non impide que deban tributar, cando de acordo coa Lei sexan suxeitos pasivos das taxas por prestación de servizos ou realización de actividades

    (emenda núm. 83).

  3. O que fixo a redacción da Lei 51/2002 , que pasou ao Texto refundido, é limitarse a ratificar a compatibilidade das taxas o importe das cales resulte da aplicación deste réxime especial de cuantificación, coa taxa por licenza de obras e calquera outra por prestación de servizos ou realización de actividades, precisando a exclusión (incompatibilidade) con outras taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial en chan, subsolo ou voo o importe do cal resulte da aplicación do réxime xeral de cuantificación.

    d). A doutrina legal contida na STS do 16 de xullo de 2007 fai explícita referencia á «salvidade prevista no propio...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS, 24 de Mayo de 2013
    • España
    • 24 Mayo 2013
    ...del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, de fecha 21 de octubre de 2010, en el recurso contencioso-administrativo nº 15122/2009 , interpuesto contra la Ordenanza reguladora de la tasa por la utilización privativa o el aprovechamiento especial del dominio público local a favor de empres......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR