STSJ Galicia 140/2008, 28 de Febrero de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:8540
Número de Recurso4636/2004
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución140/2008
Fecha de Resolución28 de Febrero de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00140/2008

SENTENCIA NÚM.

Procedimiento ordinario nº 4636/2004

NO NOME DE EL-REI

A Sección Segunda da Sala do Contencioso

administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

ILMOS. SRS.

D. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE

D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

A Coruña, veinte e oito de febreiro de 2008.

O recurso contencioso administrativo núm. 4636 /2004 pendente de resolución nesta Sala,

presentado pola COMUNIDADE DE MONTES VECINALES EN MANO COMUN DE SAN

SALVADOR DE POIO, representado polo procurador Sr. Castro Bugallo e asistido do letrado Sr.

Escariz Vázquez, contra o acordo de 26.102004 do CONCELLO DE POIO . É parte demandada o

CONCELLO DE POIO, coa representación do procurador Sr. López Rioboo e coa asistencia do

letrado Sr. Echagüe e LANZAMAR SA, coa representación da procuradora Sra. Miranda Osset e

coa asistencia do letrado Sr. García Martínez.

A contía do recurso é indeterminada. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión.

TERCEIRO

Trala proba e mailo trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza.

CUARTO

Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.

É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA .

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é a aprobación definitiva do estudio de detalle da parcela 109 en Boa Vista.

O recorrente alega que o estudio de detalle é nulo por: a) realiza unha parcelación urbanística - art. 204 Lei 09/2002 - e facer adxudicación de aproveitamentos urbanísticos; b) creación dun vial público; c) ilegalidade da ordenación de volúmenes; d) falta de prazas de aparcamento e e) non se acredita que a parcela formara parte do plan parcial Boa Vista.

Os demandados rebaten estas alegacións.

Para resolve-lo debate partirmos duns datos indubidables que resultan do expediente e das alegacións das partes; a PARCELA 109, de 4.860 m2 se pretende dividir en catro;

  1. PARCELA 109.1 de

3.352,93 m2, da que se segrega unha parcela de 667,22 m2 - onde están os petroglifos - que se atribúe ó Concello, e resulta a parcela 109.1.a de 2.685,71 m2 onde se prevé a construcción de 6 vivendas - en grupos de dous - e a que se lle aplicará a Ordenanza 5-grado B, B ) PARCELA 109.2 de 512,04 m2; C) PARCELA 109.3 de 524 m2 e D) PARCELA 109.4 de 522,42 m2; as tres aplicaselle a ordenanza 5-grado A.

O recorrente considera que esta actuación supón infrinxi-lo artigo 73.2.f da Lei 09/2002 que establece: Os estudios de detalle non poderán, en ningún caso: parcela-lo solo.

Os codemandados negan que o Estudio de Detalle realice parcelación ningunha, xa que esta efectuouse con posterioridade - o proxecto é de 06.06.2003 e a aprobación realizouse en acordo de

24.01.2005: licenza de parcelación, que reproduce as previsións reflicitidas no estudio de detalle -; o único que figura no estudio de detalle é unha división ideal, máis onde se efectúa a parcelación foi no expediente seguido ó respecto.

Figura na documentación xuntada polos demandados que o proxecto de parcelación presentouse o

06.06.2003 - o estudio de detalle presentouse o 02.09.2003 - e que se aprobou logo do Estudio de detalle, o

24.01.2005 reproducindo o reflicitido na planimetría do Estudio de detalle polo que, a PARCELACIÓN denunciada realízase - xuridicamente - por outro instrumento urbanístico, o competente para facelo, e non consta que o acordo de 24.01.2005 fose obxecto de recurso, polo que debemos rexeitar que o estudio de detalle incorra nunha ilegalidade por facer unha parcelación prohibida no artigo 73.2.f Lei 09/2002.

SEGUNDO

Resolta esta cuestión compre entrar a avalia-la alegación respecto do VIAL proxectado no estudio de detalle. Discrepan as partes verbo da súa cualificación xurídica: vial público ou privado.

O artigo 73.2.d establece que os estudios de detalle non poderán, en ningún caso, PREVE-LA APERTURA DE VÍAS DE USO PÚBLICO QUE NON ESTEAN PREVIAMENTE CONTEMPLADAS NO PLAN QUE DESENVOLVAN OU COMPLEMENTEN.

Tódalas partes coinciden en que o vial proxectado e que atravesa a parcela 109, separando físicamente a parcelas 109.1.a das demais, non esta previsto no PXOM de Poio, senón que se crea ex novo co estudio de detalle.

O recorrente sostén que estamos ante un vial público por a) conecta nos dous extremos co viario municipal, b) realízanse recuamentos respecto do vial, c) es de uso publico e d) ten como finalidade, non facilita-lo acceso os garaxes, senón propiciar un aproveitamento urbanístico excepcional. O Concello - de acordo cos informes dos seus técnicos - indica que estanmos ante un vial privado coa única finalidade de darlle servizo so garaxes das seis vivendas previstas na parcela 109.1.a, e só conecta co viario público pola rúa Illa de Tambo.

O codemandado indica que estamos ante un acceso de tipo privado - a construir sobre o terreo da parcela 109.1.a - e para acceder ás vivendas pareadas e que só conta cunha conexión co viario público.

No plano do folio 55 do expediente - ordenación de volúmenes e alturas - figura que o VIAL DISCUTIDO parte da ría Illa de Tambo e remata a escasa distancia da rúa que da acceso ó edificio núm.69

, sen conexión física - aínda que non existe problemas de cotas ou necesidade de grandes actuacións para facelo ( informe da testemuña-perito Sr. Martínez González )-. O informe do servizo de urbanismo da Xunta parte de que o vial conecta en dous puntos co viario público e que da servizo a varias parcelas, polo que estamos ante un vial público.

Como indica a STSX Navarra de 16.11.2007: En relación con los Estudios de Detalle la jurisprudencia se ha pronunciado reiteradamente. Así la STS de 13.7.99 (Pte. Sr. Sanz Bayón) los define como: " una figura complementaria del planeamiento, de cuya naturaleza normativa participan, pero no por ello tienen virtualidad absoluta, sino limitada en cuanto no pueden cumplir validamente otras funciones, que las previstas en los artículos 14 de la Ley del Suelo de 1976 y 65 del Reglamento de Planeamiento, es decir, respecto de alineaciones y rasantes, completarlas o reajustarlas y adaptarlas, y en cuanto a volúmenes, asignárselos en concreto a las parcelas o reordenar los efectiva y concretamente ya asignados, quedando fuera de su ámbito legal, la posibilidad de establecer determinaciones propias del Plan, completando o adaptando determinaciones distintas y desde luego, alterar el contenido de aquel". La STS 16.12.98 (rec. 1612/1992 -mismo Ponente) afirma que: Los Estudios de Detalle, constituyen uno de los instrumentos del planeamiento urbanístico, si bien ocupan el último lugar de ese escalofón, por lo que en virtud del principio de jerarquía normativa no pueden infringir o contradecir las determinaciones de los demás Planes de rango superior, y por ende las Normas Subsidiarais de Planeamiento, siendo en función, a tenor de lo dispuesto en ese articulo 14 de la Ley del Suelo y el 65 del Reglamento de Planeamiento Urbanístico, como ha...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS, 11 de Octubre de 2011
    • España
    • 11 Octubre 2011
    ...Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia de 28 de febrero de 2008, en su recurso contencioso administrativo número 4636/2004 , la cual, en consecuencia, Condenar a las partes recurrentes en las costas del presente recurso de casación, en los términos expresados. Así por e......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR