STSJ Galicia 2209/2010, 4 de Mayo de 2010

PonenteJOSE ELIAS LOPEZ PAZ
ECLIES:TSJGAL:2010:6021
Número de Recurso4299/2006
ProcedimientoRECURSO SUPLICACION
Número de Resolución2209/2010
Fecha de Resolución 4 de Mayo de 2010
EmisorSala de lo Social

RECURSO SUPLICACION 4299 /2006

CRS

ILMOS/AS. SRES/AS. MAGISTRADOS D./Dña.

ANTONIO OUTEIRIÑO FUENTE

JOSE ELIAS LOPEZ PAZ

LUIS FERNANDO DE CASTRO MEJUTO

A CORUÑA, CUATRO DE MAYO DE DOS MIL DIEZ.

La Sala de lo Social del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, compuesta por los Sres. Magistrados citados al margen y

EN NOMBRE DEL REY

ha dictado la siguiente

SENTENCIA

En el recurso de Suplicación número 0004299 /2006 interpuesto por MUTUA MONTAÑESA, CONSERVAS CARNOTA

contra la sentencia del JDO. DE LO SOCIAL nº 002 de SANTIAGO DE COMPOSTELA siendo Ponente el/a Ilmo/a. Sr/a. D/Dña. JOSE ELIAS LOPEZ PAZ.

ANTECEDENTES DE HECHO
PRIMERO

Que según consta en autos se presentó demanda por Evangelina, Magdalena, Rosalia, María Dolores en reclamación de ACCIDENTE siendo demandado el INSTITUTO NACIONAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL, la TESORERIA GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL, el SERGAS, MUTUA MONTAÑESA y CONSERVAS CARNOTA. En su día se celebró acto de vista, habiéndose dictado en autos núm. 0000175 /2005 sentencia con fecha veintiocho de Marzo de dos mil seis por el Juzgado de referencia que estimó la demanda.

SEGUNDO

Que en la citada sentencia se declaran como hechos probados los siguientes:

PRIMEIRO

As actoras veñen prestando servizos para a empresa Conservas Carnota SA coas seguintes antiguedades, categorías profesionais e salarios anuais: NOME CATEGORIA SALARIO

Dona Rosalia auxiliar de fabricación 10.401 euros

Dona María Dolores auxiliar fabricación 10.481,04

Dona Evangelina auxiliar de fabricación 5.213,64

Dona Magdalena auxiliar fabricación 10.436,28

;- SEGUNDO.- A empresa Conservas Carnota SA dedícase á actividade de alimentación e foi aperturada no ano 1999. TERCEIRO.- As primeiras eleicións sindicais celebradas na empresa tiveron lugar o 15 de decembro de 2000, e como resultado foron elexidas como membro do comité de empresa catro trabaliadoras polo sindicato C.C.0.0 : Sra. Rosalia, Sra. Magdalena, Sra. María Dolores e Sra. Evangelina . Polo Sindicato C,I.G, unha traballadora: Sra. Jacinta . CUARTO.- 0 11 de febreiro de 2002 a inspección de traballo levantou a acta 163/02 contra a hoxe demandada en materia de prevención de riscos laborais polo accidente sofrido pola traballadora Sra. Sagrario (damos o seu contido por reproducido). Por resolución da autoridade laboral de data 19 de xuño de 2002 confirmase dita acta. QUINTO.- 0 14 de febreiro de 2002 a inspección laboral levantou a acta 186/02 por infracción de normas laborais: modificación de condicións sustanciais de traballo impostas unilateralmente, en concreto por mudanza dos horarios de traballo e horas extraordinarias (damos o seu contido por reproducido). Por resolución da autoridade laboral de 19 de xuño de 2002 confirmouse a acta de infracción. SEXTO.- 0 18 de setembro de 2003 a inspección de traballo levantou a acta 1248/03 por infracción do previsto no artígo 41 ET por parte da empresa, consistente na imposición unilateral da modificación sustancial das condicións de traballo ao proceder á variación da semana pactada de ferias para todos os trabaliadoras nos meses de xullo e agosto (damos o seu contido por reproducido).A autoridade laboral por resolución de 2 de febreiro de 2004 confirmou dita acta de infracción. A Inspección de traballo remitiu dita acta de infracción ao Ministerio Fiscal por se os feítos puideran ser constitutivos do delito contido no artigo 315 CP. A Fiscalía procedeu a incoar dilixencias informativas que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros. SÉTIMO.-0 13 de febreiro de 2004 a ínspección de traballo levantou a acta 160/04 por infracción do artigo 31.2 do convenio colectivo, e por modificación unilateral por parte da empresa das ferias (damos o seu contido por reproducido).A empresa presentou recurso de alzada contra dita acta. OITAVO.- As funcións propias da categoría de auxiliar de fabricación nunha empresa de producción de conservas do tipo da demandada son as seguintes: descarga, estirar para desconxelar, recoller para lavado, emparrillado, refacer palets en cocción, troceado, empaque e outras análogas. Algunhas delas como o empaque resultan máis descansadas físicamente, e outras como a descarga, o lavado de peixe como o polvo ou o refacer palets, esixen un notabel esforzo físico por supoñer a carga de pesos, ou se se realizan en cámaras frigoríficas polas baixas temperatura de esta, até o ponto de que neste caso se precisa de prendas especiais. NOVENO.- Nos meses de xuño a setembro producese na empresa demandada un repunte da producción por coincidir normalmente coa campaña do berberecho do Reino Unido, e polo desembarco de bonito, neste último caso entre xullo e outubro. No mes de decembro hai unha parada productiva, e a empresa acostuma a non funcionar desde o 15 de decembro ao 15 de xaneíro, periodo no que non se fan na mesma máis que funcións de limpeza e mantimento. DÉCIMO.- Por mor de dita parada productiva, a empresa sempre concedeu as ferias exclusivamente en decembro, xaneiro e Semana Santa. Por este motivo o sindicato C.C.0.0. formúlou en data 25 de febreiro de 2003 papeleta de conciliación de conflicto colectivo perante o SMAC. As partes aceitaron someterse ao Acordo Interprofesíonal Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflictos de Traballo(AGA), designandose como mediador a don Torcuato de Aspe. 014 de marzo de 2003 as partes chegaron ao seguinte acordo: "1°-A semana de vacacións do 15 ao 21 de decembro de 2003 trasladase para ser disfrutada por todos os traballadores rotativamente nos meses de xullo e agosto de 2003. 2°-En outubro de 2003, as partes reuníranse co obxecto de negociar o calendario de vacacións do ano 2004". UNDECIMO.- No mes de xullo de 2003 a empresa non establecera nengún calendario de ferias para dar cumprimento ao acordo do AGA. Tras diversos requirimentos das membros do comité de empresa para que fixasen o calendario de ferias, a empresa concedeullas do día 7-7-03 ao 13-7-03 ás cinco membros do comité de empresa. A traballadora dona Pedro Francisco solicitou o disfrute das ferias no mes de agosto e concederonllas do 7 ao 13 de xullo. 0 Sr. Bruno, xerente do centro, chamou unha por unha a case todas as restantes traballadoras ao seu despacho para preguntarlles sobre a data na que querían disfrutar as ferias. Once traballadoras solicitaron e viron concedidas as súas ferias no mes de agosto. As restantes traballadoras asinaron un escrito elaborado pola empresa co seguinte teor: "Como trabajadora de Conservas Carnota S.A.U. elijo disfrutar las vacaciones que me faltan del año 2003, preferentemente, en diciembre del citado año". DUODECIMO.- Tras disfrutar das súas ferias no mes de xullo, e ao reincorporarse ao seu traballo, a Sra. Pedro Francisco é destinada pola xerencia a realizar permanentemente traballos no exterior, do tipo de cortar maleza, cortar leña, picar xelo, limpar os contenedores de lixo e limpar atún. DECIMOTERCEIRO.- Antes do disfrute das ferias en xullo de 2003, as membros do comité de empresa realizan maioritariamente funcións de empaque, e rotativamente outras funcións consideradas máis pesadas como o lavado do atún, a colocación de palés ou a descarga de camións. Até agosto de 2003 o normal era que practicamente todas as auxiliares de fabricación rotasen polos traballos máis pesados para que non foran desempeñados sempre polos mesmas empregadas. Desde agosto de 2003 as traballadoras membros do comité de empresa non voltaron a ser chamadas á sección de empaque, e foron destinadas de xeito permanente a realizar os traballos máis pesados, evitando sempre concederlles tempos de descanso entra o desempeño de tarefas. DECIMOCUARTO.-Das traballadoras que disfrutaron as súas ferias nos meses de xullo e agosto, 11 delas disfrutaron dos restantes días entre o 15 e o 19 de decembro. Cinco traballadoras, incluidas todas as membros do comité, tres días antes do inicio das ferias de decembro receberon a comunicación verbal de que terían que traballor os días 22, 24, 26, 29 e 31 de decembro. Nestas datas a empresa estaba parada polo que apenas lle foron encomendadas algunhas funcións de limpeza. DECIMOQUINTO.- Durante unha xuntanza entre as membros do comité de empresa (agás Doña. Evangelina ) e o xerente sobre o mes de maio ou xuño de 2003, o Sr. Bruno insultou ás traballadoras con expresións do tipo "zorra, terrorista, hipocrita, falsa". Noutra reunión, presente o inspector de traballo, dixolles que se "anduviesen con cuidado" e que "les hacía falta un negro en la cama". Sobre estes feitos, e en xeral, sobre os delitos imputados á empresa demandada, as actoras declararon perante o Xulgado de Paz de Carnota en cualidade de ofendidas e prexudícadas. No Xulgado de instrucción de Muros, nas Dilixencias previas 131/2004 declararon en cualidade de imputados don Luis, encargado da empresa e don Bruno . DECIMOSEXTO.- Dona Evangelina causou baixa médica o 4 de marzo de 2004 e permaneceu nesa situación até o 27 de maio de 2004. Acodeu a consulta a USM de Noía derívada polo seu médico de cabeceira debido a un cadro de ansiedade, e até ese intre non tivera antecedentes psiquiatricos. Diagnosticase un Trastorno adaptativo mixto reactivo a unha situación altamente ansioxena vivida no seu entorno laboral. Desde que se incorporou a Sra. Evangelina, quen realiza xornada de tarde, non foi incluida nos turnos de rotación de traballos que facían as súas compañeiras de turno, polo que as veces permanecía soa realizando as mesmas funcións, mentras as demáis mudaban de sección. DECIMOSEXTO.- Dona María Dolores atopase a tratamento desde maio de 2004 na USM do Hospital Virxe da Xunqueira de CEE, remitida polo médico de cabaceira por cadro de ansiedade reactiva a conflicto laboral. Presentaba intensa ansiedade somatizada con facilidade para o desbordamento ansioso. Alteración do ritmo nictameral con...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR