STSJ Galicia 813/2008, 3 de Diciembre de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:6412
Número de Recurso16559/2008
Número de Resolución813/2008
Fecha de Resolución 3 de Diciembre de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00813/2008

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 16559/2008

RECURRENTE: Patricia

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, tres de decembro de dous mil oito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 16559/2008, ANTES TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO PO

NÚM. 8775/2006, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por dona Patricia , representada pola procuradora dona MARIA MAR PENAS FRANCOS, e dirixida polo letrado don JORGE JUAN

SOUTO MARIÑAS, contra ACORDO DO 22-06-06 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OUTROS DA AXENCIA

TRIBUTARIA ESPECIAL DE GALICIA SOBRE DECLARACION DE RESPONSABILIDADESOLIDARIA EN PROCEDEMENTO

EXECUTIVO POR DÉBEDAS TRIBUTARIAS DE José . 15/2848 E ACUM./2005. É parte a

Administración demandada o TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REXIONAL DE GALICIA, representado polo

AVOGADO DO ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 149.527´02 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 22.06.2006 do TEAR que rexeita a reclamación contra a declaración de responsabilidade solidaria -con D. José - de Dª Patricia e a prorroga da medida cautelar de embargo de bens.

Para resolve-las pretensións do recorrente é necesario facer un sucinto relato dos feitos.

  1. José , casado con

Dª Ana María , e cunha filla -Dª Patricia - era o administrador da sociedade LANOSA SL. A AEAT iniciou unha inspección da sociedade, ditando actas no mes de xuño de 2001 por importe de -arredor-700.000 euros.

Iniciado expediente de responsabilidade subsidiria contra o administrador. O Sr. José , este rematou o 29 do mes de setembro de 2003: responsable de 697.186,67 euros, dos que só puideron percibirse 36 euros e uns céntimos.

Os Srs. José e Ana María doáronlle a súa filla Dª Patricia o 18.04.2001 catro fincas rústicas sitas en Curtis.

O 19.04.2001 os esposos substitúen o réxime de gananciais polo de separación de bens, atribuíndose a esposa o patrimonio - o piso da Coruña, rúa DIRECCION000 núm. NUM000 - NUM001 cunha hipoteca da que restaban por pagar 2.156,20 euros, e unvehículo-, asumindo débedas bancarias por importe de 40.242,93 euros -e o esposo as acción da empresa Lanosa SL- valor contable de 12.000 euros e débedas coa AEAT por importe de 700.000 euros -, un vehículo e 9.616,19 euros.

A esposa vende a súa filla este piso -da rúa DIRECCION000 núm. NUM000 - NUM001 - o 20.04.2004 por 92.548,89 euros. Constitúe unha hipoteca de 86.000 euros.

A AEAT declarara á Sra. Ana María - esposa- o 13.09.2005 responsable solidaria das débedas do seu esposo - o TEAC anulouno por innecesario. A esposa non declara ingresos por traballo/profesionais dende o ano 1995 e cancelou as débedas que lle foran atribuidas.O matrimonio adquirirá en documento privado un inmoble en Culleredo -finca rexistral NUM002 - que se inscribiu no rexistro só a nome da esposa, asumindo esta o pagamento dunha hipoteca de 114.432,70 euros de principal.

A filla declara -no IRPF- uns ingresos nos anos 2002-2003-2004 de arredor 10.000 euros.

SEGUNDO

Dado que son dous os actos que se recorren compre resolver con carácter previo os que afectan á declaración de responsabilidade solidaria.

O recorrente alega. A) incompetencia, con base no feito de que o acordo de 13.09.2005 dictouno a Xefa da dependencia rexional de recadacion -Sra. Alicia - PS (por substitución) e non consta no expediente o correspondente acordo nin a causa que impuxo a dita substitución, con infracción da Resolucion de

05.03.2004.

Aínda que é certo que non consta a causa que provocou a susbtitución, non é esta unha causa de nulidade, dado que, como indica o artigo 17.2 Lei 30/92, a substitución non implica alteración da competencia, e no nexiste dúbida posible de que o acto dictouno a Xefatura da dependencia rexional de recadación. Ademais, e como indica a SAN de 30.03.2007: Pues bien, en lo que atañe a la incompetencia denunciada hay que partir de que el artículo 62.1 b) de la Ley 30/1992 , limita la nulidad de pleno derecho a los supuestos de incompetencia material o territorial; y ello habría de tomarse en consideración para modular la calificación de la nulidad, en la hipótesis de que aquella incompetencia pudiera considerarse «manifiesta». La más autorizada doctrina, así como la jurisprudencia mayoritaria han venido distinguiendo entre la incompetencia material y la territorial de una parte y la jerárquica, de otra, entendiendo, ya con anterioridad a la reforma legal, que sólo los dos primeros tipos de incompetencia podían generar la nulidad radical (cfr. SSTS de 28 de abril de 1977, 14 de mayo de 1979 y 15 de junio de 1981, entre otras). Además para generar la nulidad la incompetencia ha de ser manifiesta, sin que exija un esfuerzo dialéctico su comprobación o, dicho de otro modo, como también ha tenido ocasión de reiterar la jurisprudencia del Tribunal Supremo, ha de ser clara, incontrovertida y grave, sin que sea precisa una labor previa de interpretación jurídica (SSTS de 12 de junio de 1986 y 22 de marzo de 1988, entre otras muchas), utilizando términos tales como «patente» o «ostensible» o «notoria» para adjetivar la incompetencia (STS de 20 de febrero de 1992).

Con arreglo, pues, a reiterada jurisprudencia del Tribunal Supremo la expresión «manifiestamente incompetente» significa evidencia y rotundidad, es decir, que forma clara y notoria el órgano administrativo carezca de competencia alguna en la materia. Tratándose de competencia funcional hay que fijarse en si la desviación de competencia es patente,...

Resulta claro que non estamos ante un suposto de incompetencia manifesta o que obriga a rexeitar este motivo.

  1. Denegacion da proba polo TEAR. O recorrente, no recurso económico administrativo solicitara a practica de tres probas documentais, e concedéronlle unha delas, rexeitando as outras: Estas consistían no requirimento a dependencia de recadacion para que determinara a débeda de Dº José a 18.04.2001, os pagos efectuados e embargos e requirimento para a achega da escritura da vivenda da rúa Anxo Senra.

Resulta evidente que esta última non só é innecesaria, senón que trátase dunha escritura de propiedade da propia recorrente quen puido achegala, como fai no actual recurso.

A outra documental tampouco era indispensable para resolve-la controversia, dado que os pagos posteriores á declaración de responsabilidade non poden ser tidos en conta neste debate (si na recadacion final) e, como falarmos dunha responsabilidade SOLIDARIA SAN 17.10.2005: señalar que la...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS, 9 de Marzo de 2012
    • España
    • March 9, 2012
    ...Cuarta, del Tribunal Superior de Justicia de Galicia en el recurso del citado orden jurisdiccional seguido ante la misma bajo el núm. 16559/2008 en materia de declaración de responsabilidad solidaria por aplicación del artículo 131.5 de la Ley General Tributaria en procedimiento ejecutivo p......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR