Decreto 11/2007, do 10 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 143/2006, do 27 de xullo, polo que se establece a ordenación dos campamentos de turismo en Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

En desenvolvemento das prescricións contidas na Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, aprobouse o Decreto 143/2006, do 27 de xullo, polo que se establece

a ordenación dos campamentos de turismo en Galicia.

Esta norma supuxo a adecuación da normativa turística á nova realidade dos campamentos de turismo, actualizando tanto os requisitos de instalación, funcionamento e servizos como o réxime administrativo que, ata a súa entrada en vigor, estaban regulamentados polo Decreto 236/1985, do 24 de outubro, agora derrogado.

Aínda que son numerosas as novidades que introduce o Decreto 143/2006, interesa destacar a nova regulamentación disposta para a obtención da preceptiva autorización turística, simplificándose os trámites procedimentais. En concreto, substitúese a obrigatoria consulta sobre as posibilidades legais do campamento por unha potestativa solicitude de informe previo indicativo.

Nesta liña, o artigo 68 ofrécelle ao interesado a posibilidade de solicitar un informe previo indicativo sobre o cumprimento dos requisitos sinalados nesta norma e que determine a viabilidade do proxecto para efectos da administración turística.

Aínda que queda claro ao longo da norma o carácter potestativo do informe previo indicativo, o artigo 73, relativo á documentación exixida para a obtención da autorización de apertura e clasificación turística, fala de preceptivo informe indicativo. Polo tanto, para o principio de seguridade xurídica, parece necesaria unha modificación do dito precepto, co obxecto de reafirmar o carácter potestativo do informe previo indicativo.

Tamén se fai preciso modificar os modelos de solicitude incluídos como anexos II, III e IV da norma para incluír a lexislación aplicable en cada procedemento.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria, e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, logo de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR