Real decreto 1141/2007, do 31 de agosto, de ampliación das funcións traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, en materia de colexios oficiais ou profesionais (título de xestor administrativo).

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorMINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Rango de LeyReal Decreto

A Constitución española, no seu artigo 149.1.30ª, resérvalle ao Estado a competencia exclusiva sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais.

A través do artigo 3 da Ley orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidad autónoma galega, transfíreselle á Comunidade Autónoma, no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais.

Mediante Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, traspasáronselle as funcións da Administración xeral do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de colexios oficiais ou profesionais.

Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regulan o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias, así como a forma e condicións a que han de axustarse os traspasos de funcións e servizos á Comunidad Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 19 de xuño de 2007, o oportuno acordo, cuxa virtualidade práctica exixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia, por proposta da ministra de Administracións Públicas, e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día trinta e un de agosto de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, adoptado polo Pleno na súa reunión do 19 de xuño de 2007, polo que se amplían as funcións traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, en materia de colexios oficiais ou profesionais (expedición do título de xestores administrativos).

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servizos nos termos que resultan do propio acordo.

Artigo 3º

A ampliación a que se refire este real decreto terá efectividade a partir da data sinalada no acordo da Comisión Mixta, sen prexuízo de que o Ministerio de Administracións Públicas produza, ata a entrada en vigor deste real decreto, de ser o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servizos no mesmo réxime e nivel de funcionamiento que tiveron no momento da adopción do acordo.

Disposición derradeira

Única.-Entrada en vigor.

Este real decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Dado en Palma de Mallorca o trinta e un de agosto de dous mil sete.

Juan Carlos R.

Elena Salgado Méndez

Ministra de Administracións Públicas

ANEXO

Carmen Cuesta Gil e Antonio Losada Trabada, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta, que tivo lugar o día 19 de xuño de 2007, adoptouse un acordo polo que se amplían as funcións traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia, relativas a colexios oficiais ou profesionais nos termos que a continuación se expresan:

  1. Referencia ás normas constitucionais, estatutarias e legais en que se ampara o traspaso.

    A Constitución española, no seu artigo 149.1.30ª, resérvalle ao Estado a competencia exclusiva sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais.

    A través do artigo 3 da Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega transfíreselle á comunidade autónoma, no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais.

    Mediante Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, traspasáronselle as funcións da Administración xeral do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de colexios oficiais ou profesionais.

    Á súa vez, o Estatuto orgánico da profesión de xestor administrativo, aprobado polo Decreto 424/1963, do 1 de marzo, modificado por diversos reais decretos, regula o exercicio persoal da profesión de xestor administrativo.

    Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, regulan o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias, así como a forma e condicións a que han de axustarse os traspasos de funcións e servizos á Comunidade Autónoma de Galicia.

    Sobre a base destas previsións constitucionais, estatutarias e legais procede realizar a ampliación de funcións da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de colexios oficiais ou profesionais.

  2. Funcións da Administración do Estado que asume a Comunidade Autónoma de Galicia.

    Traspásanselle á Comunidade Autónoma de Galicia as seguintes funcións que en materia de xestores administrativos vén desempeñando a Administración do Estado no ámbito da dita comunidade autónoma:

    1. A convocatoria e desenvolvemnto das probas para a obtención do título de xestor administrativo, de conformidade co Consello Xeral de Colexios de Xestores Administrativos.

    2. A expedición do título de xestor administrativ,o ao que se lle recoñecerá validez en calquera outro lugar do territorio español.

    A Comunidade Autónoma de Galicia colaborará coa organización colexial de xestores administrativos correspondente ao ámbito territorial de Galicia na confección e redacción do temario das probas para a obtención do título de xestor administrativo, especialmente co fin de garantir o coñecemento do dereito propio de Galicia e da lingua galega.

    Así mesmo, a Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade cos preceptos constitucionais, garantirá a validez no seu ámbito territorial, nos mesmos termos e condicións que os expedidos por esta comunidade autónoma, dos títulos de xestor administrativo que foran expedidos polo ministro de Administracións Públicas ou polos órganos correspondentes daquelas comunidades autónomas con funcións traspasadas nesta materia.

    Funcións que reserva para si a Administración do Estado.

    O recoñecemento, validación ou homologación, no seu caso, dos títulos de xestor administrativo doutros estados da Unión Europea que habilitan para o exercicio en España desta profesión.

  3. Data de efectividade da ampliación.

    A ampliación de funcións obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 1 de setembro de 2007.

    E para que conste, expedimos esta certificación en Madrid o 19 de xuño de 2007. Carmen Cuesta Gil e Antonio Losada Trabada. Secretarios da Comisión Mixta.

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR