RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética na industria e servizos para o ano 2013.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA |
Rango de Ley | Resolución |
A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional das enerxías e a busca de novas fontes enerxéticas calou de forma importante no enfoque das administracións públicas, que unanimemente están a actuar neste campo prestando o seu apoio ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética ou enerxías renovables se están a desenvolver na actualidade.
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) xa contén na súa lei de creación –Lei 3/1999, do 11 de marzo– unha referencia expresa ao fomento destas actividades, concretada mediante o impulso das iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, á mellora do aforro e a eficiencia enerxética, ao fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, á óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia. Igualmente recolle a participación na xestión e prestación de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.
A Xunta de Galicia, mediante o desenvolvemento do Plan Impulsa-Lugo, do Plan Impulsa-Ourense, do Plan Ferrol, Eume e Ortegal e do Plan Revive Costa da Morte pretende impulsar o crecemento e a creación de riqueza nos concellos comprendidos nos devanditos plans. Dada a situación económica actual, na cal as provincias de Lugo e Ourense e os concellos de Ferrolterra e da Costa da Morte se viron afectados con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das empresas existentes, así como unha menor implantación de novas iniciativas empresariais, considérase fundamental que o Inega conceda unha puntuación adicional ás iniciativas empresariais implantadas nestas áreas xeográficas coa finalidade de estimular o seu desenvolvemento económico e social.
Para o desenvolvemento dos obxectivos anteriores, o Inega establece este sistema de subvencións, complementario dos creados por outras entidades públicas, relacionados con proxectos que fomenten o aforro e a eficiencia enerxética en empresas do sector industrial e de servizos.
A dotación da presente convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega para o ano 2013 -2014 ascende a 2.550.000 euros para esta liña de axudas.
Como un dos órganos encargados de desenvolver a política enerxética da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Inega considera de máximo interese potenciar as actuacións de mellora do aforro e a eficiencia enerxética, as enerxías renovables e a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores en Galicia.
Por todo o anterior, en virtude do disposto nos artigos 7.1 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
RESOLVO:
Aprobar as bases reguladoras da concesión de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e convocar a todos aqueles interesados en solicitalas en función do establecido nestas
Bases reguladoras
-
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e de servizos, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
-
O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva, e axustarase ao disposto nas propias bases sen prexuízo do establecido na seguinte normativa de alcance xeral: Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, do 18 de novembro); Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño); Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20, do 29 de xaneiro); Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro); Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades delas dependentes (DOG nº 241, do 17 de decembro).
-
As axudas recollidas na presente resolución están suxeitas ás condicións que se establecen no capítulo I do Regulamento (CE) núm. 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 y 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías), publicado no DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008, e ás disposicións do capítulo II do dito regulamento.
A presente convocatoria refírese ás que aparecen definidas dentro da sección 4ª do dito capítulo II como Axudas para a protección do ambiente concedidas ao investimento en medidas de aforro enerxético (artigo 21).
Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 5 destas bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma. O período de execución dos investimentos comezará unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará en función dos prazos previstos no artigo 21, podendo ter carácter bianual. Tratándose de grandes empresas, deberá verificarse, ademais, que o proxecto responde a algún dos criterios previstos no artigo 8.3 do citado Regulamento xeral de exención por categorías sobre o efecto incentivador das axudas.
Para as actuacións bianuais entenderase que os investimentos realizados desde a data límite de xustificación do exercicio corrente ata o final do ano corresponderán á anualidade seguinte e, por tanto, poderanse presentar para o cobramento na devandita anualidade.
-
A concesión das axudas financiarase con cargo aos orzamentos do Inega para os exercicios 2013-2014, na aplicación orzamentaria A2.733A.770.0, de conformidade coa seguinte distribución:
Exercicio 2013, cun importe de 1.500.000 euros.
Exercicio 2014, cun importe de 1.050.000 euros.
-
O importe dos fondos previstos para cada concepto entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios de valoración fixados no artigo 13 destas bases.
-
De producirse a ampliación de crédito, publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.es), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver. Só poderán concederse novas subvencións no exercicio 2013, debendo iniciarse a execución dos investimentos tamén no presente exercicio e antes de que remate o prazo de xustificación previsto para os investimentos.
-
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:
-
As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, incluídas no sector da industria (sección C e D do CNAE-2009), coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, e no sector servizos.
Serán consideradas pemes (categoría de microempresa, pequenas e medianas empresas) aquelas que cumpran coa definición que establece o anexo I do Regulamento (CE) núm. 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto (DOUE núm. L 214/38, do 9 de agosto).
-
As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto dos contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. O pagamento dos servizos que prestan as ditas empresas baséase na obtención de melloras de eficiencia enerxética e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos. Contarase en todo caso con visto e prace do titular da instalación, por se der lugar a modificación do contrato existente entre ambas as partes.
-
-
As persoas ou entidades que resulten beneficiarias da subvención e que con posterioridade contraten a xestión enerxética, total ou parcialmente, a unha empresa de servizos das definidas no punto anterior deste artigo, poderán solicitar a modificación da resolución de concesión no sentido de que pase a ser beneficiaria esta última, xuntando unha copia cotexada do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba