Decreto 24/2005, do 10 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento de tres vogais do Consello do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller de relevante prestixio no eido das ciencias sociais, económicas e xurídicas.

SecciónII. Autoridades e Persoal
EmisorCONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO
Rango de LeyDecreto

No artigo 5 do Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se refunde a normativa existente en materia de muller, e de conformidade co disposto no mesmo artigo da Lei 3/1999, do 14 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, se dispón que formarán parte do Pleno do Consello cinco persoas de relevante prestixio no eido das ciencias sociais, económicas e xurídicas, designadas polo Consello da Xunta de Galicia.

Polos decretos 188/1991, do 30 de maio, 123/1994, do 28 de abril e 15/2001, do 11 de xaneiro, nomeáronse cinco vogais do Consello do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Como queira que tres deles, María Teresa Fernández Piñeiro, Fe Rodríguez Rocha e María Paz García Rubio formularon a súa renuncia a continuar como membros do consello por razóns persoais, faise necesario, polo tanto, a súa substitución como vogais do devandito órgano.

Na súa virtude e, de acordo co establecido no Decreto 312/1999, do 11 de novembro, por proposta da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de febreiro de dous...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR