Decreto 197/2006, do 19 de outubro, polo que se regula a distribución do fondo complementario do fondo de cooperación local para o ano 2006.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA |
Rango de Ley | Decreto |
Exposición de motivos.
O artigo 49, dous, da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, establece dentro do Fondo de Cooperación Local a creación dun fondo complementario, dotado con 6.000.000 de euros, que será distribuído entre os municipios de Galicia con
forme os criterios que se determinen regulamentariamente segundo a proposta que realice a Comisión Galega de Cooperación Local.
En reunión celebrada o 12 de xullo do 2006 o citado órgano paritario acordou a proposta dos indicados criterios de repartición, en liña coa utilización de variables xa previstas no Decreto 5/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula transitoriamente a repartición dos fondos principal e adicional do Fondo de Cooperación Local.
Como consecuencia, de conformidade co ditame do Consello Consultivo de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezanove de outubro de dous mil seis,
DISPOÑO:
Este decreto ten por obxecto a aprobación dos criterios de distribución para o exercicio de 2006 do fondo complementario do Fondo de Cooperación Local establecido no artigo 49, dous, da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.
A dotación do fondo complementario, 6.000.000 de euros, repartirase inicialmente entre tres grupos de municipios conforme a seguinte distribución:
Un 25%, 1.500.000 euros, para repartir entre todos os concellos da Comunidade Autónoma; un 50%, 3.000.000 de euros, para repartir entre os concellos de menos de 15.000 habitantes; e un 25%, 1.500.000 euros, para repartir entre os concellos con poboación situada entre 15.000 e 50.000 habitantes.
O número de habitantes está referido á poboación de dereito que resulte dos datos oficiais dispoñibles a 1 de xaneiro de 2006.
A repartición dos 1.500.000 euros para distribuír entre todos os concellos da Comunidade Autónoma efectuarase conforme o establecido nas alíneas a) e b) do artigo 5 do Decreto 5/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Fondo de Cooperación Local durante o período 2002-2004, coa modulación que resulte por aplicación dos...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba